Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO LXXXI

VERTICAIS: 1. Arbusto da familia das cistáceas do que existen distintas especies, de ata un metro de altura, follas ovadas e flores con pétalos de cor branca con base amarela ou alaranxada 2. Instrumento de metal de grandes dimensións, variante da tuba, formado por un tubo circular que se coloca arredor do corpo e se apoia no ombro 4. Peixe mariño da familia dos gádidos do que existen varias especies, parecido á pescada, coas aletas do ventre en forma de filamento, que habita en fondos areosos e é apreciado pola súa carne delicada 6. Rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium).

HORIZONTAIS: 3. Nome da moeda da Federación de Rusia 5. Nome polo que é coñecido o pintor galego José Otero Abeledo 7. Capital administrativa de Suráfrica 8. Organización de Países Exportadores de Petróleo 9. Arquipélago, de bloque granítico, situado no Océano Atlántico, a 10 km ao oeste de Peniche, na costa de Portugal 10. Pillabán, rapaz que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen malicia.

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Avespa asiática (Vespa velutina). É unha especie de avespa orixinaria de Asia. Procede da China, a India e Indonesia. Considérase unha especie invasora en Galicia. Triplica en tamaño a abella europea, pois as raíñas chegan a medir 40 mm, aínda que o resto dos individuos non pasan dos 30 mm.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

12. Como se chama a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas?

- Ornitoloxía

- Apicultura

- Lepideptoloxía

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: xunta.gal

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 18)

 

Traémosche outra recompilación de vídeos da conta de Tiktok do #DígochoEu, neste caso aprendendo galego cos filtros máis virais!

#DígochoEu: Cal é a forma verbal incorrecta?

 

Cal é a forma verbal incorrecta? Patricia Santana pon a proba os seus coñecementos lingüísticos.

#DígochoEu 

A ORIXE DAS PALABRAS: A INIMIGO QUE FOXE, PONTE DE PRATA

O Gran Capitán / biografiasyvidas.com  e guerra medieval / lavanguardia.com

A inimigo que foxe, ponte de prata”. Refírese esta expresión á conveniencia de, non só non poñer obstáculos, senón facilitar a marcha do inimigo ou persoa que nos estorbe, librándonos así dela, sen esforzo nin perda de enerxías. Esta máxima militar, tan repetida, atribúese a Gonzalo Fernández de Córdoba, chamado tamén O Gran Capitán (1453-1515). O autor desta atribución é o toledano Melchor de Santa Cruz de Donas quen, no seu libro Floresta española de apotegmas y sentencias (Toledo, 1584), traza un anecdotario do gran caudillo conquistador de Nápoles. A tal Floresta é unha das coleccións máis importantes de contos e anécdotas do século XVI e mestura frases anecdóticas, sentenzas, contiños, chistes, misceláneas e datos biográficos de moitos personaxes. Moito do que explica Melchor de Santa Cruz no seu libro foi repetido infinidade de veces sen explicar a súa procedencia. No que se refire a esta frase “A inimigo que foxe, ponte de prata”, Melchor de Santa Cruz, na segunda parte, capítulo III, escribe: “O Gran Capitán dicía que os capitáns ou soldados cando non había guerra eran como chemineas no verán”. Máis abaixo: “... El mesmo dicía: ao inimigo que foxe facédelle a ponte de prata”. Esta expresión foi recollida por moitos autores do Século de Ouro e logo foi usada abundantemente ata os nosos días. Cervantes, por exemplo, na parte II, capítulo LVIII do seu Don Quixote, cando este é arroiado pola manda de touros bravos e estes seguen o seu camiño, exclama, provocándoos: “Detédevos e esperade, canalla malandrina; que un só cabaleiro espéravos, o cal non ten condición nin é de parecer dos que din que ao inimigo que foxe, facédelle a ponte de prata”. Igualmente, Lope de Vega na súa obra A estrela de Sevilla (acto 1º, escena IV) expresa: “que ao inimigo hase de facer ponte de prata”.

FONTE: José M. Manzano Callejo/nuevatribuna.es

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Trátase dunha avespa. Á vista das imaxes podemos distinguilas fácilmente. As avespas, por exemplo, son negras ou marrón escuro e amarelas, e dependendo da variedade poden ser case escuras por completo, como no caso da avespa asiática. As abellas en cambio son de cor parda máis ou menos escuro e dourado, non amarelo brillante. As avespas posúen a súa característica “cintura”, unha zona moi estreita que separa o tórax do abdome, mentres que no caso das abellas o estreitamento non é tan notable. Ademais, a abella ten aparencia peluda, pois presenta peliños de queratina en tórax, cara, abdome e patas, mentres que a avespa non.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Unha especie invasora, que chegou a Galicia en 2011, ataca as abellas melíferas europeas (Apis mellifera), podendo acabar con gran parte dunha colmea en pouco tempo e minguar a súa produtividade. Como se chama esta especie invasora?

- Abesouro (Bombus hortorum)

- Avespa asiática (Vespa velutina)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: cadenaser.es

#DígochoEu: Non é un sinónimo de 'serpe'

 

Retamos a Rodrigo Vázquez a que adiviñe cal das seguintes palabras non é un sinónimo de ’serpe’. Ti sabes a resposta?

#DígochoEu

PERSEIDAS 20201

Perseidas / Imaxe: elmundo.es/ciencia

Como cada verán, as Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo irrompen na bóveda celeste, do 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo na noite do 12 ao 13, cunha Tasa Horaria Zenital (THZ) por encima dos 110 meteoros/h. Corpo proxenitor cometa 109P/Swift-Tuttle. O seu radiante é a constelación de Perseo (alfa: 46 delta: +58).

Para gozar deste espectáculo nocturno hai que fuxir das cidades e da contaminación  lumínica. Débense buscar zonas elevadas e afastadas, onde se poida observar abertamente o ceo sen obstáculos nin grandes áreas iluminadas preto.

A chuvia de meteoros pódense ver en todas partes do ceo pero hai que ter moi en conta o lugar de onde parten para contemplalas mellor. Neste caso, a nosa referencia debe ser a constelación de Perseo que sae polo horizonte nordés un pouco antes da medianoite

As bágoas de San Lorenzo contan ademais cunha aliada que non lles restará protagonismo: a lúa nova entrou o día 8, e esta noite, momento máximo, estará de camiño a cuarto crecente de cara o día 15, polo que esta baixa luminosidade permitirá unha mellor observación do fenómeno. Ademais o tempo atmosférico acompañará.

Disfrutade do espectáculo!