#DígochoEu: Especial Día da Xente do Mar #vaidepeixe
Hoxe #vaidepeixe. Unímonos á celebración do Día da Xente do Mar! (25 de xuño) Coñeces todas estas palabras?
Hoxe #vaidepeixe. Unímonos á celebración do Día da Xente do Mar! (25 de xuño) Coñeces todas estas palabras?
Cando se fala de “carácter”, a miúdo confúndese este concepto con “temperamento”. Pero segundo explica Rosa Rabbani, doutora en Psicoloxía Social, o carácter vai moito máis alá: “O carácter é aquilo que definen os nosos trazos, tanto positivos como negativos”. Que podemos facer para mellorar o noso carácter e ter unha vida máis plena? Segundo conta Rabbani, a clave está “en coñecernos a nós mesmos”. Coñecer as nosas fortalezas e debilidades permitiranos mellorar a autoestima e ampliar a nosa mirada interior. Fortalecer as “virtudes do carácter” é a chave que nos conduce a forxar unha identidade, asentando as bases da nosa personalidade.
Pódese educar o carácter? Para Rabbani, o carácter “non só pódese, senón que se debe educar”. E é que se non aprendemos a coñecernos desde nenos, “como saberemos cales son nosas mellores virtudes, pero tamén os trazos que debemos puír?”. Psicoloxía e ciencia únense no traballo de Rosa Rabbani: “Grazas ao concepto de neuroplasticidade do cerebro, hoxe sabemos que o carácter está en constante evolución. E que ata o noso último alento podemos traballar en mellorar o carácter e, por tanto, a nosa vida”, conclúe.
Rosa Rabbani é doutora en Psicoloxía Social, psicóloga clínica e terapeuta familiar. É autora dos libros ‘Maternidade e traballo. Conflitos por resolver’ (2010) e ‘O bo carácter: claves para sacar partido á túa forma de ser’ (2021). Tamén forma parte do ‘Proxecto Virtudes’, un programa internacional para a educación do carácter, galardoado por Nacións Unidas como un modelo educativo apto para todas as culturas. Un dos piares deste programa -o manual ‘Guía de Virtudes’- foi patrocinado pola UNESCO.
Neste novo episodio de fonética falamos das palabras que acaban en -orro e -orra.
#DígochoEu

O cometa 2014UN271 (o círculo do centro da imaxe), rodeado de estrelas, que aparecen alongadas polo movemento do telescopio / Luca Buzzi
Un equipo de astrónomos descubriu un xigantesco cometa sucando o Sistema Solar. O obxecto, bautizado 2014UN271, ten entre 100 e 300 quilómetros de lonxitude, segundo un dos seus descubridores, o brasileiro Pedro Bernardinelli, da Universidade de Pensilvania (EE UU). O tamaño é tan extraordinario que os expertos dubidaron nun principio de se se trataba dun diminuto planeta ( Plutón ten uns 2.370 quilómetros de diámetro) ou dun enorme cometa. O pasado martes, a astrofísica búlgara Rosita Kokotanekova, do Observatorio Europeo Austral, confirmou que se trata dun cometa descomunal.
O obxecto foi identificado o 19 de xuño a partir de datos tomados entre 2014 e 2018 polo Observatorio Interamericano do Cerro Tololo, en Chile. O cometa atópase na actualidade a unhas 20 veces a distancia media entre a Terra e o Sol, pero calcúlase que en xaneiro de 2031 esa separación reducirase á metade. Se se confirma o seu tamaño, é o maior cometa observado no Sistema Solar en tempos modernos, desde que hai rexistros científicos, segundo destaca a investigadora Luisa Lara, do Instituto de Astrofísica de Andalucía (CSIC). O soado cometa Ale-Bopp, que se converteu nun espectáculo a primeira ollada en 1997, presentaba un diámetro duns 60 quilómetros. O cometa Halley, observado en 1986, tiña uns 10 quilómetros.
O punto máis próximo da órbita do 2014UN271 estará á altura de Saturno no ano 2031, subliña Lara. “Que ninguén espere ver unha tremenda bóla no ceo durante o día”, advirte a astrofísica. O cometa chega desde a nube de Oort, un enxame de miles de millóns de obxectos xeados que rodea o Sistema Solar como unha casca. Os cometas son bólas de xeo e rocha, restos da orixe do noso sistema planetario, hai uns 4.600 millóns de anos.
O novo obxecto detectouse grazas ao Mapeado da Enerxía Escura, un proxecto de 400 científicos en sete países para localizar centos de millóns de galaxias. A procura do cometa requiriu uns 20 millóns de horas de procesamento de datos por computador, segundo Bernardinelli.
O astrónomo italiano Luca Buzzi tamén confirmou o pasado martes, grazas a observacións co telescopio SkyGems de Namibia, que o obxecto 2014UN271 ten “unha clara actividade cometaria”, incluída unha coma, a característica nube de po e gas que rodea o núcleo dun cometa.
A Axencia Espacial Europea puxo en marcha en 2019 a misión Comet Interceptor, que será lanzada en 2028 para estudar un cometa aínda por determinar. A nave espacial quedará aparcada no espazo á espera dun obxectivo adecuado. A astrofísica Luisa Lara, que coordina a participación española, descarta que a misión europea póidase dirixir ao 2014UN271, demasiado afastado.
A investigadora lembra que a tecnoloxía para detectar obxectos celestes deu un salto de calidade, permitindo en pouco tempo fitos como a observación de Oumuamua, un asteroide interestelar de 200 metros de lonxitude, e de 2I/Borisov, un cometa chegado desde outro sistema estelar. “Agora non se nos escapa nada. Estou convencida de que veremos máis nuns meses. É simplemente cuestión de mirar e estarán”, sentenza.
FONTE: Manuel Ensede/elpais.com
Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.
A contestación correcta á pregunta de onte é Un 95 % do volume dos océanos aínda non se coñece. Son varias as iniciativas científicas postas en marcha para pescudar máis sobre eles e a vida mariña que albergan. Un dos proxectos internacionais máis importantes levados a cabo foi o Censo da Vida Mariña, de máis de 10 anos de duración no que se documentaron 226.000 especies eucariotas.
E imos coa pregunta de hoxe!

4. Que papel xogan os océanos no cambio climático?
- Os océanos non teñen ningunha relación co cambio climático, nin boa nin mala.
- Son capaces de absorber un 20 % de todo o dióxido de carbono que emitimos á atmosfera.
- Son capaces de absorber un 30 % de todo o dióxido de carbono que emitimos á atmosfera.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

Reconstrución ecolóxica do novo rinoceronte xigante Paraceratherium linxiaense na meseta do nordés do Tíbet / Yu Chen
Esta maxestosa criatura máis alta que unha casa de dúas plantas e cun peso equivalente ao de catro elefantes africanos paseábase polo nordés de China hai 26,5 millóns de anos. Estiraba o pescozo e comía as follas das árbores coma se fose unha xirafa. Trátase dunha nova especie de rinoceronte xigante, un dos mamíferos máis grandes que xamais existisen sobre a Terra. Curiosamente, carecía do famoso corno que distingue aos seus parentes modernos. O descubrimento deuse a coñecer en Communications Biology.
Paraceratherium linxiaense, como foi bautizado, era un dos máis grandes entre os indricoterios (a familia que abarca aos rinocerontes xigantes), só superado, por moi pouco, por outra especie, Dzungariotherium orgosense, que xeralmente se considera o máis grande de todos eles.
O equipo de Tao Deng, da Academia de Ciencias de China en Pequín, describiu a nova especie a partir dun cranio e unha mandíbula completamente conservados atopados en depósitos de 26,5 millóns de anos na conca de Linxia da provincia chinesa de Gansu, onde se estiveron buscando fósiles de mamíferos desde a década de 1980.

Cranio / Tao Deng
Do mesmo xeito que con outros indricoterios, P. linxiaense tiña un pescozo longo, un cranio delgado, e dous primeiros incisivos superiores en forma de cono. Como diferenza, posuía unha cavidade nasal máis profunda. É probable que vivise en áreas de bosques abertos e comese as follas das copa das árbores como fan as xirafas modernas. "O rinoceronte xigante non ten corno e parece máis un cabalo que un rinoceronte", di Deng en New Scientist.
Os investigadores cren que este animal pesaría ao redor de 21 toneladas, o equivalente ao peso de catro elefantes africanos. Serían máis grandes que calquera mamífero terrestres actual. Quizais só poderían facerlles sombra aos mamuts máis xigantescos.
Segundo os autores, esta besta antiga tiña unha estreita relación cos rinocerontes xigantes de Paquistán. Estes achados expoñen a posibilidade de que o rinoceronte xigante pasara pola rexión tibetana antes de converterse na meseta elevada que é hoxe. Desde alí, puido chegar ao subcontinente indio-paquistaní na época do Oligoceno, onde se atoparon outros especímenes de rinocerontes xigantes.
FONTE: abc.es/ciencia
Úsase bastante en galego, pero *chivarse non é correcto! E *chivatazo tampouco, claro! Anota as opcións que nos dá Esther Estévez neste episodio
Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.
A contestación correcta á pregunta de onte é Pacífico. É a parte do océano mundial de maior extensión da Terra, ocupando a terceira parte da súa superficie (unha área de 155.557.000 km2) e esténdese aproximadamente 15.000 km desde o mar de Bering limitando co Ártico polo norte, ata as marxes conxeladas do mar de Ross e limitando polo sur coa Antártida. Alcanza a súa maior anchura (da orde de 19.800 km) aproximadamente a 5 graos de latitude norte, estendéndose desde Indonesia ata a costa de Colombia. Enténdese que o límite occidental do océano está no estreito de Malaca.
E imos coa pregunta de hoxe!

3. Que porcentaxe dos océanos está aínda sen explorar?
- Un 95 % do volume dos océanos aínda non se coñece.
- Coñecemos á perfección o 95 % do volume dos océanos.
- Coñecemos a totalidade dos océanos.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza e wikipedia.org