Blogia

vgomez

A CARTA: NADAL COCA-COLA 2020

 

Se hai días foi o anuncio de Gadis e despois Lotería Nacional, tócalle agora a Coca-cola.

O máis importante é estar presentes na vida das persoas que nos importan. Ese é a mensaxe que quere transmitir Coca-Cola polo Nadal, especialmente nun ano tan difícil como iste ante a tremenda incerteza que rodea á celebración dunhas atípicas festas debido ao coronavirus.

Desta forma, e baixo o lema “Este Nadal, o mellor agasallo es ti”, a marca presenta unha historia chea de aventura e amor, na que un pai embárcase nunha trepidante viaxe por todo o mundo co obxectivo de chegar ao Polo norte e entregar a Papá Noel a carta da súa filla.

A petición da carta... "Por favor tráeme ao meu pai á casa polo Nadal".

Emotivo! Iso si, xogando cos sentimentos a flor de pel mestes momentos e preto desta data tan sinalada.

Hai que recoñecer que son uns artistas!

ESTA BACTERIA VIVIU UN ANO ENTEIRO NO ESPAZO

Bacteria Deinococcus radiodurans despois dun ano enteiro vivindo sen protección algunha nunha plataforma instalada fóra do módulo presurizado da ISS / abc.es

Enormes flutuacións de temperatura, radiación ultravioleta, microgravidade, baleiro... Desde logo, sobrevivir ás durísimas condicións do espazo exterior non resulta unha tarefa fácil. Un exemplo: os astronautas da ISS, tras a súa permanencia na Estación Espacial Internacional (o americano Scott Kelly estivo alí un ano enteiro), volven á Terra con alteracións no ADN, os telómeros e a microbioma intestinal, ademais dunha considerable perda de masa ósea e muscular. E todo iso a pesar de estar, a maior parte do tempo, protexidos no interior da estación orbital.

Pero ese non parece ser o caso da bacteria Deinococcus radiodurans, que conseguiu manterse viva e sa tras un ano enteiro vivindo sen protección algunha nunha plataforma instalada fóra do módulo presurizado da ISS. É dicir, completamente "espida" e exposta directamente ás condicións do espazo exterior.

Nun artigo recentemente publicado na revista Microbiome  por un equipo de investigadores de Austria, Xapón e Alemaña, explícase como as bacterias, previamente deshidratadas en terra, enviáronse á ISS para ser colocadas nunha plataforma especial instalada no exterior da estación espacial. Aínda que, neste caso, e para imitar as condicións de Marte, os microbios estaban tras unha xanela de vidro que bloqueaba a luz ultravioleta en lonxitudes de onda inferiores aos 190 nanómetros.

"Os resultados deste estudo -escriben os científicos- poden axudar a comprender mellor como hai que protexerse en Marte, cuxa atmosfera absorbe a radiación UV por baixo dos 190-200 nanómetros. Para imitar esa condición, o noso experimento na ISS incluíu unha xanela de vidro de dióxido de silicio".

Noutros estudos o mesmo tipo de bacteria xa fora exposta ao espazo durante tempos máis longos (mesmo durante tres anos), pero neste traballo non se trataba de establecer un novo récord, senón de comprender que é exactamente o que fai que D. radiodurans poida sobrevivir nesas condicións extremas.

a, b Imaxes SEM de células de Deinococcus radiodurans recuperadas despois da exposición para LEO. c,d Imaxes TEM de células de Deinococcus radiodurans recuperadas despois da exposición para LEO. e, f Imaxes SEM de células de Deinococcus radiodurans de control terrestre. g, h Imaxes TEM das células de Deinococcus radiodurans de control terrestre.

Tras un ano completo de exposición á intensa radiación espacial, sen gravidade e sometidas a cambios continuos de temperatura, desde a conxelación á ebulición, as bacterias regresaron á Terra e foron rehidratadas. Como control, outra colonia de bacterias similares (que nunca saíu do laboratorio terrestre) fora tamén deshidratada durante o mesmo período de tempo.

Os investigadores acharon que a taxa de supervivencia foi moito máis baixa entre as "bacterias espaciais" que entre as da versión de control que permaneceu na Terra. Pero o importante é que as que conseguiron sobrevivir no espazo parecían estar ben, aínda que volveran algo "diferentes" ás súas irmás terrestres.

De feito, estaban cubertas de pequenas protuberancias, similares a vesículas, e activáronse diferentes mecanismos de reparación, ao mesmo tempo que algunhas proteínas de ARNm volvéronse máis abundantes.

Os investigadores non están do todo seguros de por que se formaron as vesículas (que se poden ver na imaxe do comezo do artigo), aínda que teñen algunhas ideas respecto diso. Por exemplo, poderían xurdir, escriben, "como unha resposta rápida á tensión, o que aumenta a supervivencia cando desaparecen as causas desa tensión. Ademais, as  vesículas da membrana externa poden conter proteínas importantes para a adquisición de nutrientes, a transferencia do ADN, o transporte de toxinas, o que aumenta a activación de mecanismos de resistencia tras a exposición ao espazo".

O estudo axudaranos a comprender se as bacterias son capaces de sobrevivir noutros planetas, ou mesmo viaxar entre eles, algo que irá cobrando cada vez maior importancia a medida que os humanos (xunto aos xermes que transportan) empecen a viaxar máis aló da Luna, penetrándose no Sistema Solar.

FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XIII

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cabezón do Trega. Trátase dunha cabeza antropomorfa labrada en pedra na que aparecen perfectamente definidos nariz, ollos e orellas, ademais dunha liña de relevo na parte traseira que parece  delimitar un casco ou o cabelo. Rafael Rodríguez, director da escavación, aventura unha posible función protectora desta cabeza de guerreiro de entre o século I a. C. ao I d. C. que depositada no exterior da muralla, ofrece protección aos habitantes en  analogía coas têtes coupés, cabezas cortadas da Galia.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Heinrich Schliemann foi o descubridor da mítica cidade onde o poeta Homero sitúa a acción da súa epopea, a Ilíada. Pero sabes onde se atopan as ruínas de Troia?

- Nas ladeiras do monte Ida, en Creta

- No outeiro de Hissarlik, preto do estreito dos Dardanelos, en Turquía

- Na península do Peloponeso, aos pés do monte Taigeto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 7)

 

Esther Estévez Casado continúa coa serie de episodios sobre vogais abertas e pechadas!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LVIII

VERTICAIS: 1. Vidio 2. Casalderrey 5. RAE 8. Acedía.

HORIZONTAIS: 3. Misisipi 4. Madeira 6. Ártabro 7. Acra 9. Kentucky 10. Tixola.

Repaso de cultura xeral X!

ENCRUCILLADO LVIII

VERTICAIS: 1. Cabo que se atopa no litoral asturiano no concello de Cudillero e próximo á poboación de Rega de Abaixo, na parroquia de Oviñana 2. Apelido da escritora pontevedresa, autora do libro de narrativa infantil, de 1992, Dúas bágoas por Máquina, co que gañou o Premio Merlín  5. Real Academia Española 8. Peixe da superorde dos teleósteos, do que existen varias especies, semellante ao linguado, aínda que máis pequeno e de inferior calidade.

HORIZONTAIS: 3. Segundo río máis longo dos Estados Unidos de América, que flúe do centro en dirección sur a través de dez estados ata desaguar no golfo de México (océano Atlántico), preto de Nova Orleáns 4. Arquipélago atlántico pertencente a Portugal, constituído como unha rexión ultraperiférica da Unión Europea 6. Denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao arco litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum 7. Capital de Ghana 9. Un dos estados, que se atopa no interior do leste dos Estados Unidos, cuxa capital é Frankfort e a súa cidade máos poboada é Louisville 10. Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos.

O REDESCUBRIMENTO DA ARAÑA RAPOSO

Araña raposo (Alopecosa fabrilis)  / Mike Waite/surreywildlifetrust.org

A organización Surrey Wildlife Trust (SWT) do Reino Unido observou unha especie de araña que se cría extinta: unha enorme araña raposo (Alopecosa fabrilis). Viron a esta cazadora nocturna arrastrándose nunha área de adestramento do Ministerio de Defensa (MOD) en Surrey, Inglaterra.

Trátase da primeira vez que se ve esta araña desde 1993. O achado, aínda que foi unha sorpresa, non foi accidental, xa que o entusiasta das arañas e membro de SWT, Mike Waite, leva buscándoa moito tempo.

Tras moitos meses, días e horas, finalmente atopou varios machos adultos e unha gran araña raposo femia, que tiña 5,5 centímetros de diámetro, incluídas as súas grandes e  peludas patas.

Estas arañas posúen unha excelente vista grazas a un par de grandes ollos na parte superior da cabeza (dúas á fronte e catro ollos máis pequenos xusto encima da boca). A súa visión é envolvente grazas aos oito ollos repartidos polo cefalotórax.

Esta especie de araña nocturna é moi veloz e destaca pola súa excelente camuflaxe. É un dos membros máis grandes da familia de arañas lobo (que cazan a outras arañas máis pequenas). Fano de noite e perseguen ás súas presas para atrapalas velozmente en lugar de construír unha rede, como a maioría das súas conxéneres. Unha vez apresada a vítima, inxéctanlle un veleno que licua os seus órganos internos.

Trátase, sen dúbida, dun redescubrimento emocionante!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza e surreywildlifetrust.org

#DígochoEu: O festival dos sentidos

 

En anteriores capítulos falamos de sabores, lembras?  Pois no de hoxe Esther Estévez Casado explícanos os sentidos! Non a perdas de vista...

#DígochoEu