Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas *de reollo

 

En galego non miramos *de reollo! Temos outras expresións para cando miramos disimuladamente cara algún lado. Esther Estévez Casado cóntanolo!

#DígochoEu

A MULLER QUE CONSEGUI QUE O HOME CHEGASE LÚA

 

Margaret Hamilton (Paoli-Indiana-E.E. U.U., 17 de agosto de 1936). Estudou matemáticas no Earlham College e tras graduarse mudouse a Massachusetts na procura de obter un posgrao. No seu lugar comezou a traballar como desenvolvedora de software no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Comezou traballando na programación de programas meteorolóxicos para a predición do tempo.

Durante a carreira espacial da Guerra Fría entre Estados Unidos e Rusia, Margarett converteuse na cabeza do equipo de programación da NASA para a misión de levar o home á Lúa. Conseguiu xunto cos seus compañeiros crear un software válido para unha viaxe de ida e volta á lúa. A maiores Hamilton inventou un programa que lle permitía ao ordenador priorizar e refugar tarefas innecesarias, o cal salvou os dous astronautas que ían a bordo, Neil Armstrong e Buzz Aldrin, de colidir ao chegar ao satélite.

Hamilton recibiu o premio á Medalla Presidencial de Liberdade en 2016 de man de Barack Obama, e fundou Hamilton Tecnologies, a súa propia compañía de programación de software.

FONTE: bbvaopenmind.com     Imaxe: Massimiliano Minocri

#DígochoEu: Non digas *mellizos nin *trillizos

 

En galego temos xemelgos, pero non *mellizos. No capítulo de hoxe Esther Estévez Casado cóntanos como podemos substituír esta palabra!

#DígochoEu

REFRANEIRO POPULAR GALEGO DO MES DE SETEMBRO

 

"Néboa en setembro, trae o sur no ventre"

"O pan que foi ben sachado, enche o hórreo do seu amo"

"Por San Damián ten o millo da túa man" (26 de setembro)

"Se queres sacar mel, castra polo San Miguel" (29 de setembro)

"San Miguel das uvas maduras, moito tardas e pouco duras"

Despois que pase o San Miguel xa pode ir aos figos quen quixer

Por San Miguel os figos son mel

SABÍAS QUE... (FROITAS E VERDURAS)

Sabias que non é o mesmo froita que verdura?

- En termos botánicos, unha froita é a parte da planta que contén sementes. As froitas desenvólvense a partir do ovario da flor despois da polinización e posterior fertilización, formando así unha cuberta protectora sobre as sementes. Doutra banda, as verduras son todas as demais partes da planta como as raíces, os talos e as follas. Seguindo as premisas da botánica, as mazás, as cabazas e os tomates son todos froitas, mentres que algunhas raíces como a remolacha, os nabos ou as patacas son verduras. Tamén pertencen ao grupo das verduras as follas como a col rizada, as espinacas e a leituga e diversos talos como o brócoli ou o apio.

- Con todo, en termos culinarios e gastronómicos a percepción é bastante diferente. Mentres que algúns alimentos son froitas botánicamente falando, ao presentar un sabor salgado os chefs considérano verduras. Isto sucede con algunhas froitas botánicas como as berenxenas, os pementos e os tomates.

- O debate entre froitas e verduras é bastante antigo. De feito, esta controversia chegou ata a Corte Suprema dos Estados Unidos no século XIX. En 1987, aprobouse unha lei que asignaba impostos ás verduras importadas, pero non ás froitas. As empresas que se encargaban de importar tomates argumentaron que estaban exentas de pagar o imposto, xa que se trataba dunha froita e non dunha verdura. Ademais, recorreron á botánica para reforzar o seu argumento, demostrando que o tomate, ao ser o produto dunha flor, era unha froita. O goberno recoñeceu que, en termos botánicos, o tomate era unha froita. Con todo, alegaron que ao servirse como parte das comidas e non nas sobremesas considerábaselle unha verdura. As compañías víronse obrigadas a pagar os impostos, abrindo así un debate que permaneceu ata os nosos días.

FONTE: Rocío Sánchez Montilla/muyinteresante.es

XESTO AMBIENTAL DO MES DE SETEMBRO

Os microplásticos son pequenos fragmentos de plástico de menos de cinco milímetros. Algúns aparecen no proceso de descomposición ou rotura de envases máis grandes, pero outros, como é o caso das partículas que conteñen moitas cremas ou dentríficos, son así de pequenos desde a súa fabricación. Convén evitalos non só porque son imposibles de reciclar, senón tamén polos seus efectos na saúde dos humanos que son, polo momento, moi pouco coñecidos.

Substituír os produtos de hixiene e beleza con microplásticos por outros que non os conteñan é sinxelo. Mesmo se se busca algún produto con efecto exfoliante é posible atopar alternativas como produtos con sal mariño e exfoliantes a base de plantas, como sementes trituradas de albaricoque e casca de coco.

FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com

SABÍAS QUE... (ALFONSO XIII-A GUARDA)

O Xiralda / Imaxe: lavoz.es

Sabías que... Tal día coma hoxe, o 1 de setembro de 1900, o rei Alfonso XIII (que daquela tiña 14 anos), acompañado da súa nai, a raiña rexente, dona María Cristina de Habsburgo-Lorena, as infantas (María das Mercedes e Mª Teresa de Borbón) e o Presidente do Consello de Ministros, Francisco Silvela, a bordo do Giralda estivo na Guarda.

Iso si, observaron dende o mar a desembocadura do Miño, pero non desembarcaron. Foron saudados con salva e a bandeira nacional dende o cumio do Trega.

O obxectivo da viaxe era familiarizar ao mozo Alfonso XIII coa vida do mariño e poñelo en contacto directo coas terras e xentes do litoral norteño. Ademais, a viaxe serviría de campaña publicitaria da monarquía.

Esta comezara en San Sebastián o 16 de agosto. A Galicia, en concreto A Coruña, chegaron o día 22, despois de escalas en Bilbao, Xixón e Avilés. Estiveron en Galicia ata o 7 de setembro, que regresou a santander. Visitou Corcubión, Muros, Marín, Pontevedra, Vigo, A guarda, Vilagarcía de Arousa, Cariño, A Graña, Ferrol, Bares, O Barqueiro e Viveiro.

O Xiralda foi un iate construído para o famoso político, estadista e deportista angloirlandés Hugh McCalmont en 1894. Pouco antes do inicio da guerra hispano-estadounidense foi adquirido pola Armada Española para ser utilizado como aviso, e tras a contenda, foi utilizado como iate real por Alfonso XIII. Tiña unha eslora de 95 m e unha manha de 10,7 m, 3 mastros, unha potencia 8500 cv, combustible de carbón (436 t), cunha velocidade de 20,9 nudos e unha tripulación de 105 homes.

FONTE: Xosé Alfeiran/lavoz.es, MªSoledad Diz Amil/galiciasuroeste.info e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non, o *roce non fai o cariño

 

Temos un problema: o *roce non fai o cariño en galego, porque *roce é incorrecto! Esther Estévez Casado ten a solución.

#DígochoEu