Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? III

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é 1933. O ascenso de Adolf Hitler ao poder comezou en setembro de 1919 en Alemaña​ cando se uniu ao partido político coñecido como Deutsche Arbeiterpartei, DAP, o Partido Obreiro Alemán. En 1920 cambiou o seu nome a Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (NSDAP), Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán, comunmente denominado Partido Nazi. Este partido político formouse e desenvolveu durante a posguerra da Primeira Guerra Mundial, como partido antimarxista e oposto ao Tratado de Versalles e ao goberno democrático de posguerra da República de  Weimar. Defendía o nacionalismo extremo e o panxermanismo, así como o antisemitismo. Pode considerarse que o «ascenso» de Hitler rematou en marzo de 1933, despois de que o Reichstag adoptase a Lei de Concesión de Plenos Poderes de 1933, que daba virtualmente a Hitler a capacidade de exercer constitucionalmente a partir dese momento un poder ditatorial e sen obxeccións legais. O 30 de xaneiro de 1933 o presidente Paul von Hindenburg nomeara a Hitler chanceler.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Hitler sufriu moitos atentados (todos eles errados). Cantos exactamente?

- 23

- 32

- 43

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a pronunciar siglas en galego

 

Moito se fala ultimamente do código QR na hostalaría, pero, estalo pronunciando correctamente? Esther Estévez Casado ensínanos a pronunciar 5 siglas en galego.

#DígochoEu

CIENTÍFICOS CREAN POR ERRO UN PEIXE HÍBRIDO



Unha fertilización sorpresa nun viveiro de peixes conduciu á creación dun novo peixe híbrido a partir de dúas especies que están máis separadas na árbore evolutiva que os humanos e os ratos. Os científicos tentaban salvar da extinción ao esturión ruso e, no canto diso, cruzárono accidentalmente con outra especie creando esta estraña mestura.

Así, o esperma dun peixe espátula estadounidense (Polyodon spathula) foi capaz de fertilizar os ovos dun esturión ruso (Acipenser gueldenstaedtii) para crear un grupo híbrido de animais nunca antes visto. Formado polos gametos de sete individuos, o grupo que naceu exhibiu diferentes proporcións de características das dúas especies, e taxas de supervivencia máis aló dos 30 días que oscilaron entre o 62% e o 74%.

Ambos animais representan dous das especies de peixes máis grandes e lonxevas do mundo, cunha antiga diverxencia da árbore evolutiva que os conforma como fósiles vivos. Existen en diferentes partes do planeta e compartiron un devanceiro común cando os dinosauros aínda camiñaban sobre a Terra, o que levou aos investigadores para pensar que estaban demasiado lonxe da árbore evolutiva para ser hibridados. Pero aparentemente... non.

"Simplemente non o cría. Pensei, hibridación entre esturión e peixe espátula? Non hai forma", explican os autores en revista Genes.

O accidente produciuse cando os científicos do Instituto de Investigación de Pesca e Acuicultura en Hungría tentaban determinar se a introdución da reprodución asexual no peixe espátula e o esturión podería protexer o número da súa poboación, que se está esborrallando ante a sobrepesca, a contaminación e a perda de hábitat. A pesar de todo, a descendencia resultante parece estar a sobrevivir.

Os investigadores salientan que nunca foi a súa intención que as dúas especies fosen combinadas. Do mesmo xeito que moitos outros híbridos na natureza, esta descendencia é estéril.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  Imaxe: Flórián Tóth, NARIC, Research Institute for Fisheries and Aquaculture

CANTO SABES DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Comezou coa invasión de Polonia por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939. Ise día, Alemaña invadiu Polonia, usando o pretexto dun ataque polaco simulado nun posto fronteirizo alemán. A chaira polaca ofrecía unha vantaxe para o desprazamento dos blindados alemáns, aínda que os bosques e as estradas mal construídas eran problemas que facían máis arduo o avance. Alemaña avanzou usando a blitzkrieg (’guerra lóstrego’). O Reino Unido e Francia déronlle dous días a Alemaña para retirarse de Polonia. Unha vez que pasou a data límite, o 3 de setembro, o Reino Unido, Australia, e Nova Zelandia declaráronlle a guerra a Alemaña, seguidos rapidamente por Francia, Sudáfrica e Canadá.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. En que ano accedeu Hitler e o partido nacional-socialista ao poder?

- 1933

- 1936

- 1939

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

XIII ANIVERSARIO

13 anos de vida / Imaxe: galeria.dibujos.net

Cumpre este blog 13 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas: traballaba, xubileime, unha pandemia... En datos, iste é o resumo:

Visitas ata hoxe:  334.222

Visitas no último ano:  9.706                      

Promedio mensual: 809 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 1.095

Promedio mensual: 91 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2019: 324.516

Visitas ata agosto de 2018: 305.593

Visitas ata agosto de 2017: 265.645

Visitas ata agosto de 2016: 216.744

Visitas ata agosto de 2015: 165.935

Visitas ata agosto de 2014: 137.408

Visitas ata agosto de 2013: 117.568

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

#DígochoEu: Non digas *loncha

 

Sabedes como lle chamamos en galego á porción alongada e fina de alimento? Esther Estévez Casado resólvenos a dúbida.

#DígochoEu

FORMACIÓN DA "TERRA BOLA DE NEVE"



Hai uns 717 millóns de anos, toda a Terra estivo cuberta por unha gran capa de neve e xeo. É o que se coñece como "Terra bóla de neve". Durante este evento, que os científicos cren ocorreu varias veces no curso da historia do planeta, as temperaturas medias alcanzaron os cincuenta graos baixo cero e o xeo dos polos estendeuse ata o ecuador. Unha paisaxe á vez magnífica e desoladora. O desencadenamento foi probablemente un bloqueo da luz solar provocado por unha causa aínda por esclarecer: quizais erupcións volcánicas masivas que arroxaron aerosois á atmosfera ou algas primitivas que por algún mecanismo facilitaron a formación de nubes que reflicten a luz.

Agora, un equipo de investigadores do MIT desenvolveu un modelo matemático que arroxa luz sobre a formación destas eras de frío extremo. O estudo, publicado en Actas da Royal Society A, conclúe que as glaciacións globais prodúcense cando o nivel de radiación solar que recibe a superficie do planeta cambia rapidamente nun período de tempo xeológicamente curto. É dicir, a cantidade de radiación solar non ten que diminuír a un punto particular senón que a clave está na velocidade á que o fai.

No seu modelo, os investigadores incluíron ecuacións para representar as relacións entre a radiación solar entrante e saínte, a temperatura da superficie da Terra, a concentración de dióxido de carbono na atmosfera e os efectos na absorción e almacenamento do dióxido de carbono atmosférico. Os científicos puideron axustar cada un destes parámetros para observar que condicións xeraban unha "Terra bóla de neve".

Finalmente, descubriron que era máis probable que un planeta se conxelara se a radiación solar entrante diminuía rapidamente en lugar de alcanzar un limiar crítico ou un nivel particular de luz solar. Existe certa incerteza sobre cal sería exactamente esa taxa crítica, xa que o modelo é unha representación simplificada do clima da Terra. Con todo, o equipo estima que o noso mundo tería que experimentar unha caída de ao redor do 2% da luz solar entrante durante un período de aproximadamente 10.000 anos para entrar nunha era de xeo global. O causante? Probablemente as citadas  erupciones masivas ou un proceso biolóxico.

Estas conclusións poden darnos unha lección de fronte ao futuro. "Aínda que a humanidade non desencadeará unha glaciación de bóla de neve na nosa traxectoria climática actual, a existencia de tal ’punto de inflexión inducido pola velocidade’ a escala global pode seguir sendo motivo de preocupación", sinala o autor principal do estudo. "Por exemplo, ensínanos que debemos ter coidado coa velocidade á que estamos a modificar o clima da Terra, non só coa magnitude do cambio. Podería haber outros puntos de inflexión inducidos pola velocidade que poderían ser provocados polo quecemento antropoxénico. Identificalos e limitar as súas taxas críticas é un obxectivo valioso para futuras investigacións".

Independentemente dos procesos particulares que desencadearon as glaciacións pasadas, os científicos están de acordo en que a "Terra bóla de neve" xurdiu dun efecto "desbocado": a medida que se reduce a luz solar entrante, o xeo expándese desde os polos cara ao ecuador. A medida que máis xeo cobre o globo, o planeta vólvese máis reflexivo, ou máis alto en albedo, o que arrefría aínda máis a superficie para que se expanda máis xeo. Eventualmente, se o xeo alcanza un certo grao, isto convértese nun proceso descontrolado, o que resulta nunha glaciación global. Iso si, as glaciacións mundiais na Terra son de natureza temporal, debido ao ciclo do carbono do planeta.

En resumo, os científicos están de acordo en que a formación da "Terra bóla de neve" ten algo que ver co equilibrio entre a luz solar entrante, a retroalimentación do  albedo de xeo e o ciclo global do carbono.

FONTE: J. de J./abc.es/ciencia  Imaxe: NASA

#DígochoEu: Palabras nivel pro sobre peixe

 

Hoxe Esther Estévez Casado fálanos de peixes. Toma nota de todo porque hai unha chea de palabras!

#DígochoEu