Blogia

vgomez

HUMOR REAL: REPOSTAS AO COMPOTAMENTO HUMANO

A viñeta de onte, no xornal El País de El Roto (Andrés Rágafo García-Madrid, 1947), plama a resposta do noso planeta ao ataque constante por parte do home.

O medio ambiente está ameazado polas accións do home, o desenvolvemento industrial e económico das nacións influíron na deterioración das condicións de vida na Terra.

Debido ao crecemento demográfico e os cambios nos usos do chan os establecementos humanos están máis preto das poboacións silvestres de animais, e auméntase a exposición a enfermidades infecciosas. Ao redor de dous terzos das enfermidades infecciosas humanas orixínase nos animais: concretamente, máis do 60 por cento das 400 novas enfermidades infecciosas humanas que apareceron nos últimos 70 anos. Ditas enfermidades, causadas  polos máis diversos patóxenos: virus, bacterias, fungos e/ou parasitos, denomínanse zoonose.

Ago estamos facendo mal!

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS DO PANADEIRO

Imprescindibles para o pan de cada día!

MÁIS MÚSICA PARA O CONFINAMENTO

A Orquestra Sinfónica de Castela e León e Noa (Achinoam Nini - Tel-Aviv-Israel,1969) presentan unha colaboración especial, coa gravación realizada por 63 músicos da OSCYL e a cantante israelí de A vida é bela, á que Noa púxolle a letra despois de gañar esta composición o Óscar. Para todos os que forman parte da Orquestra supuxo unha gran emoción poñela ao dispor de todo o público, nestes momentos de confinamento e perdas que estamos a vivir, pero confiados en que todos xuntos superarémolo.

Grazas!

XESTO AMBIENTAL DO MES DE MAIO

En maio comeza a calor e con el o ritual do cambio de armario: a roupa de abrigo pasa ao banco e as camisetas de manga curta pasan ao conxunto titular. E, neste proceso, talvez tires ou compres algo de roupa. É bo momento para pararse a pensar na composición plástica das túas pezas.

No seu artigo "20 formas de reducir o plástico na túa rutina", o blog do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) explica que a roupa fabricada con tecidos sintéticos “libera diminutos microplásticos que terminan no noso océano e nos nosos pulmóns. Incluso as alfombras sintéticas liberan este tipo de partículas”. Ao comprar novas pezas, procura que estean feitas con tecidos naturais e, se vas desfacerte do que xa non te poñas, podes plantexarte doalo ou mesmo reparalo, se ten algún dano.

FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com

CANTO SABES DE GALICIA LXXV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é…

1- Lugo. Monumento del Bimilenario, ubicado na Praza de Santo Domingo. Consta dunha aguia, obra de Santiago de Santiago, feita de bronce fundido inspirada nuha aguia imperial da época romana achada nas excavacións de O Courel, sobre unha columna de 15 m de altura, deseñada por Antonio González Trigo. A primeiro aguia, de ás pechadas, inaugurouse en decembro de 1976, pero na primavera do 1977 a aguia é substituída pola actual de ás abertas.

2 - Vigo. O Sireno, obra do escultor Francisco Leiro, preside a Porta do Sol. Sobre dúas columnas sitúase unha figura fundida en aceiro, representación dun personaxe imaxinario, híbrido de peixe e home, coa mirada posta no mar.

3 – A Coruña. O Millenium, monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha, deseñados polo artista Gerardo Porto.

 4 – Ourense. Monumento a Concepción Arenal, ubicada na praza do mesmo nome, fronte ao Palacio de Xustiza. Estátua  en broce, con pedestal de granito, obra do segoviano Aniceto Marinas, no ao 1898.

E imos coa pregunta de hoxe!

75. Nesta fermosa imaxe amosa a ría de Ferrol. Ao fondo da mesma vese a fortaleza da Palma ou castelo de Nosa Señora da Palma, do século XVI, situada no concello de Mugardos. Nun primeiro plano, donde se tomou a fotografía, está outra fortaleza que protexe a ría. Como se chama?

- Santa Cruz

- San Antón

- San Felipe

- Do Cardeal

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: tripadvisor.co.uk

HAI QUE INVENTAR UN MODO DISTINTO DE ESTAR NO MUNDO


Como será o mundo e a sociedade despois desta época de incerteza? A doutora en Ciencias Políticas e catedrática de Socioloxía, María Ángeles Durán, sostén que os cambios afectarán o corazón mesmo das sociedades que hoxe coñecemos. Non só haberá que adaptarse ao teletraballo e o distanciamento social, senón que tamén haberá que repensar como protexer aos nosos maiores de futuras crises sanitarias.

Esta pandemia creo que afectará á idea do que é a calidade de vida, o dereito que cada persoa teña a decidir que é o que quere e que é o que non quere en relación cos últimos anos da súa vida. Temos que pensar que, cando sexamos dous mil millóns de persoas maiores de 65 anos, o grupo de idade que máis medra en toda a poboación mundial, haberá que inventar un modo distinto de estar no mundo para as persoas maiores", reflexiona.

María Ángeles Durán é doutora ’honoris causa’ polas universidades Autónoma de Madrid, Valencia e Selecta, dirixiu o Departamento de Análise Socioeconómica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e na actualidade imparte cursos de posgrao e realiza traballos de asesoramento para diversos organismos e institucións internacionais.

Foi a primeira muller que logrou unha cátedra de Socioloxía en 1982, a primeira que recibiu o Premio Pascual Madoz para Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas, a primeira presidenta da Federación Española de Socioloxía e tamén a pioneira que recibiu o Premio Nacional de Investigación en Socioloxía e Ciencia Política 2018. Publicou máis de 200 obras sobre envellecemento poboacional, desigualdade, feminismo e saúde, con títulos como ‘A riqueza invisible do coidado’, ‘Os custos non sanitarios das enfermidades crónicas’ ou ‘Se Aristóteles levantase a cabeza’. Na última década desenvolveu o seu traballo de investigación sobre o “cuidatoriado”, unha clase social emerxente formada por “as que coidan”, normalmente mulleres que atenden aos seus maiores dependentes, sen remuneración nin dereitos nin visibilidade.

SOPA DE LETRAS DO PANADEIRO

FORNO          LEÑA          FARIÑA          PENEIRA

AUGA             PA              RODO             VARREDOIRO

LÉVEDO         ARTESA

CANTO SABES DE GALICIA LXXIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é…

- A anguía en empanada e a lamprea escabechada.

- Lamprea e salmón pola Pascua a sazón.

- Escorredizo como unha anguía.

- Quen pesca con chaqueta cábenlle os peixes nunha pandeireta.

- Labrego con cana á porta pouco lle medra a horta.

- Pola boca more o peixe.

 E imos coa pregunta de hoxe!

74. Hai monumentos e lugares que son moi representativos de lugares de Galicia. Identifica as imaxes co lugar:

- Ourense

- Vigo

- Lugo

- A Coruña

Mañá a solución e a última proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e Almanaque Agrícola ZZ ano 2015 Imaxe: esculturaurbana.com, galiciaenfotos.com, infohostal.com, http://guiaturisticadevigo.blogspot.com