Blogia

vgomez

A CULTURA A GOLPE DE CLIC

Para visitar o Museo do Prado fai falta dedicar moito tempo e estar en Madrid. Mentres non podamos volver contemplalo en directo, podemos achegarnos a el virtualmente.

Para que vexades como facelo, poñerei un exemplo.

A familia de Filipe IV, coñecida popularmente dende o século XIX como As Meninas , é probabelmente a obra máis importante do pintor español Diego Velázquez, realizada no ano 1656.

Para facer a visita virual preme AQUÍ. Para escoitar toda a información, preme nos auriculares.

Se che gustou, podes acceder a outros contidos e obras premendo en Museo del Prado.

A cultura a golpe de clic!

FONTE: museodelprado.es Imaxe: elpais.com

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXIX

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXIX

VERTICAIS: 1. Aixola 2. Trade 3. Banco 4. Cepillo 6. Trencha 9. Formón.

HORIZONTAIS: 5. Martelo 7. Serrón 8. Berbequí 10. Garlopa.

Ferramentas de carpinteiro!

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO

Se digo Rusia, Canadá, China ou Estados Unidos, seguro que pensades que estou a falar dos países máis grandes do mundo. Pola contra, existen 10 países que son os máis diminutos do globo, pero todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos. O seu tamaño é, precisamente, un dos seus encantos. Lamentablemente, por agora non os poderemos visitar, pero pode servir para facer unha escolla para un futuro, espero que próximo.

Nesta serie, que hoxe comezo, ímolos coñecer, empezamos polo maior. Imos aló!

1. Malta

País insular membro da Unión Europea, densamente poboado, composto por un arquipélago (Malta, Gozo e Comino, os illotes de Cominetto e Filfola e outras illas menores como as Illas de San Pablo), situado no centro do mar Mediterráneo.

Superficie: 316 km2   Poboación: 475.700 (2018)

Capital: A Valeta        Cidade máis poboada: Birkirkara

Idiomas oficiais: Maltés e Inglés

Forma de goberno: República

Moeda: € (Euro)

Sempre foi un enclave único e orixinal, no punto máis estratéxico do Mediterráneo, cunha historia riquísima e fascinante e unha fusión de culturas que se converteu no seu gran atractivo turístico. Neste arquipélago formado por tres diminutas illas o viaxeiro atopa templos prehistóricos, cantís salpicados de fósiles, calas escondidas, recunchos perfectos para o submarinismo, palacios, igrexas, fortalezas e unha historia sorprendentemente intensa. O turismo, con todo, chega atraído tamén por outros reclamos, como as praias ou a aprendizaxe de idiomas. Unha vez ali, dáse un conta de que hai moito que descubrir en tan pequeno espazo: desde os antigos templos de pedra e históricos vínculos árabes, ata a cociña de inspiración siciliana, e un peculiar ambiente británico, herdanza de anos de dominio anglosaxón.

Mañá, seguiremos co seguinte país!

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

UN OSO PARDO NO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO

Un oso pardo coouse no Parque Natural do Invernadeiro, no macizo central ourensán, segundo o rexistro realizado polas cámaras da película "Montaña ou Morte", producida por Felipe Lage para Zitun Films e dirixidas por Pela do Álamo.

As imaxes correspóndense coas cámaras de fototrampeo que o equipo de produción ten, desde hai dous anos, repartidas por este espazo natural protexido propiedade da Xunta de Galicia para rexistrar fauna salvaxe, contando para iso co asesoramento dos axentes ambientais do Invernadeiro Ricardo Prieto Rocha e Tomás Pérez Hernández.

As gravacións realizadas en diferentes puntos, e que se incorporarán á película en fase de desenvolvemento, que conta con financiamento da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a colaboración do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta en Ourense, foron cualificadas como "sorprendentes" por Xosé Benito Reza, enxeñeiro de montes que, entre 1995 e 1999, dirixiu este parque natural ourensán. "Non hai constancia de que o oso pardo chegase nunca ata aquí, a este santuario da fauna. Si que houbo mozos aventureiros que, desde o norte (León e Asturias), chegaron ata o río Sil por Rubiá e Valdeorras", relataba Reza, quen datou a principios do século XX a presenza do último exemplar ourensán que resultou "abatido" en Padrenda.

O exemplar do  Invernadeiro, un macho de entre tres e cinco anos, é segundo Zeitun Films o primeiro en ser gravado na zona, e "o primeiro que transita esta comarca nos últimos 150 anos". Segundo os axentes ambientais do  Invernadeiro, o animal puido pasar o inverno no parque procedente, segundo as primeiras hipóteses, da zona do Courel.

FONTE: Laura Fernández/laregion.es

DESCOBREN UN NOVO TIPO DE CÉLULAS NO CORPO DA MULLER

Imaxe de glándulas mamarias. Estes órganos atravesan profundos cambios ao longo da vida, nos que os macrófagos recentemente descubertos desempeñan un papel moi importante /  Dr Caleb Dawson, Walter and Eliza Hall Institute

As tecnoloxías máis avanzadas de toma de imaxes en 3D permitiron descubrir un novo tipo de célula que pasara desapercibida ata o de agora. Científicos da Universidade de Melbourne (Australia), acharon unha célula inmune especializada en manter san o tecido dos condutos mamarios, onde se produce e transporta o leite e onde aparecen a maioría dos cancros de mama. Estes achados publicáronse e  Nature Cell Biology.

"Descubrimos unha poboación completamente nova de células inmunes especializadas, ás que chamamos macrófagos dos condutos, apertadas entre dúas capas da parede dos condutos mamarios», explica un dos coautores do traballo.

Grazas ás imaxes tridimensionais, os investigadores observaron como estes macrófagos buscan ameazas nestes condutos e traballan para mantelos sans e limpos, "coméndose", é dicir, fagocitando, ás células produtoras de leite mortas, unha vez que finaliza a lactación.

"Sorprendeunos descubrir que estas células xogan un papel esencial no proceso coñecido como  involución, no que a lactación finaliza, as células produtoras de leite morren e o tecido mamario necesita volver á súa situación orixinal", dixo o investigador.

Os autores están convencidos de que comprender o funcionamento destas células é esencial para atopar novas vías coas que tratar o cancro de mama, posto que estes condutos son a orixe de moitos deles. Ademais, observaron que non hai outras células que poidan levar a cabo o traballo que fan estes macrófagos dos condutos.

"Como investigadores de cancro de mama, sabemos que é necesario comprender que células fan cada cousa, de forma que podamos identificar os intrincados procesos celulares que desregúlanse nos casos de cancro", dixo outra das coautoras.

Os investigadores tratarán de explorar as funcións destes macrófagos nas distintas etapas do desenvolvemento das glándulas mamarias, como a maduración ou o embarazo. Ademais, tratarán de pescudar que papel teñen estes macrófagos no crecemento e dispersión dos tumores.

"A medida que o cancro medra, estes  macrófagos multiplican o seu número". Sospeitamos que estes reducen a resposta inmune do organismo, o que podería ter perigosas implicacións para o crecemento e o desenvolvemento do cancro nestes lugares que xa de seu teñen tendencia a xeralo", indican.

Os investigadores agora traballarán en pescudar como bloquear a actividade destes macrófagos, debido a que cren que isto podería ser unha terapia contra o cancro de mama.

Convén lembrar que a maioría dos órganos do corpo, incluíndo o cerebro, o fígado, os pulmóns ou a pel, teñen a súa propia poboación de macrófagos. Estes son fundamentais para regular as primeiras etapas da resposta inmune e controlan a inflamación e o funcionamento dos órganos.

FONTE: abc.es/ciencia

CRUCIGRAMA XXXIX

VERTICAIS: 1. Ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns dez centímetros, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira 2. Instrumento que consta dunha delgada barra de ferro ou aceiro rematada en espiral nun extremo, e no outro nun cabo de madeira para agarralo, que se emprega para facer furados na madeira e noutros materiais non moi duros  3. Mesa dotada con diversos mecanismos sobre a que se realizan os traballos dun carpinteiro, entre outros 4. Utensilio de madeira de forma alongada, que leva incrustada, atravesándoo, unha coitela, empregado en carpintaría para quitarlle pequenas láminas á madeira e tornala lisa  6. Ferramenta de carpinteiro que se emprega para desbastar a madeira e está formada por un mango e unha folla plana de metal, grosa, longa e afiada no extremo 9. Ferramenta de carpinteiro semellante ao escoupro, pero de folla máis larga e menos grosa.

HORIZONTAIS: 5. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins 7. Serra de man empregada polo carpinteiro 8. Aparello constituído por unha manivela dobrada en dous cóbados, en forma de asa, cunha barrena no extremo inferior, utilizado en carpintaría para facer furados na madeira 10. Ferramenta do carpinteiro máis longa ca o cepillo e con puño, que serve para labrar ou tornar lisas as superficies de madeira.

REFRANERIO POPULAR GALEGO DO MES DE MAIO

O refraneiro foi considerado durante séculos posuidor da sabedoría popular; nel podíase atopar solución moral a case todos os problemas que afectaban o home: matrimonio, morte, diñeiro,... Nos acudiremos a el, por meses, neste caso o de maio, para atopar as ensinanzas que nos aporta aos traballos do campo e ao tempo.  

 Imos aló!

Auga de maio,

pan todo o ano.

 

Maio ventoso,

para o labrador fermoso,

para o mariñeiro desastroso.


A sardiña en maio

xa pinga no borrallo.

 

Santa Cruz de maio,

o lobo e o corvo nado,

e o raposo medio criado.

 

Quen queira ter pirixel todo o ano

que o semente no mes de maio.

 

Maio pardo

San Xoan craro

FONTE: Almanaque Agrícola ZZ syngenta

CANTO SABES DE GALICIA (FIN)

Remato, hoxe, coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretendeu facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é San Felipe. Este Castelo ou fortaleza foi construído no século XVI. Xunto a este castelo na ría tamén se atopan o Castelo da Palma e o Castelo de San Martín, hoxe en día en ruínas, que conformaban en conxunto o escudo defensivo da ría. Este sistema foi mandado proxectar polo capitán xeneral do Reino de Galicia, o marqués de Cerralbo aos enxeñeiros Fratín, Spanochi e Muñíz.

Espero que este percorrido, que nun principio naceu como unha idea de dez ou vinte preguntas e que rematou nun montón delas (podendo durar máis, pero nalgún momento tiña que rematar), servise para o que se proxectou.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: wikipwdia.es