Blogia

vgomez

CANTO SABES DE GALICIA LVIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Un campo de concentración. O edificio foi reconvertido en prisión polo bando sublevado na Guerra Civil xa en xullo de 1936; nestes primeiros meses de conflito houbo un número indeterminado de execucións extraxudiciais de detidos. Existe constancia documental do seu uso como campo de concentración en outubro de 1937, e en novembro de 1939 volveu pasar a depender da Dirección Xeral de Prisións. Chegou a albergar a máis de 2000 presos.

E imos coa pregunta de hoxe!

69. Na imaxe superior, aparece o antes e despois da chamada Lagoa de Antela. Atópase en Xinzo da Limia (Ourense). Como vedes o seu tamaño minimizouse, desaparecendo case totalmente. Cal foi a razón dese suceso?

- Unha grande sequía nos anos 50

- Polo cambio climático

- Desecación realizada polo home

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxes: eldiario.es e lavozdegalicia.es

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXVIII

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXVIII

VERTICAIS: 1. Volanta 3. Veta 4. Trasmallo 6. Arrastre 7. Femieiro 9. Xeito.

HORIZONTAIS: 2. Miño 5. Francada 8. Rasca 10. Bicheiro.

Máis artes e aparellos da pesca galega!

CRUCIGRAMA XXXVIII

CRUCIGRAMA XXXVIII

 

VERTICAIS: 1. Arte de pesca de fondo, de forma rectangular e composta por un só pano, que pode alcanzar unha extensión considerable 3. Aparello de pesca parecido ao tramallo, composto por un só pano de malla pequena 4. Aparello de pesca composto por tres panos superpostos de forma rectangular, os exteriores de malla larga e o interior de malla estreita, que forma coma unha parede de rede no mar, na que quedan presos os peixes 6. Modalidade de pesca en que un ou dous barcos arrastran a rede polo fondo 7.  Modalidade de pesca que consiste en atar varias femias de xiba vivas a un extremo dunha sedela pola parte traseira e lanzalas a auga, atando o outro extremo a unha vara que leva atravesada por encima da borda a embarcación. As femias unha vez no fondo fan de reclamo dos machos, estes vense atraídos por elas con ánimo de aparearse, cando se encontran cerca da femia, o pescador por medio dun bicheiro ou do trueiro captura o macho 9. Arte de pesca que consiste nunha rede longa que se estende e deixase durante horas para que a sardiña que se despraza co cambio de marea malle nela.

HORIZONTAIS: 2. Aparello de pesca semellante ao trasmallo, aínda que máis alto e de fío máis delgado, que se emprega para pescar peixe plano e crustáceos 5. Arte de pesca semellante ao arpón, xeralmente de entre tres e cinco dentes e forma variable, que se emprega para pescar distintas variedades de peixes 8. Arte de pesca con tralla de chumbo e cortiza, que se emprega basicamente na captura da raia 10. Pau longo cun gancho de metal no extremo, utilizado para usos diversos nunha embarcación.

HUMOR REAL: MAÑÁ É O GRAN DÍA

Xenial a viñeta de Davila (Luis Davila Malvido- Pontevedra, 1972) no xornal Faro de Vigo, sobre a saída dos menores de 14 anos que se plicará a partir de mañá, domingo.

Será beneficioso para eles? Terá consecuencias para eles e para os que conviven con el na casa? O tempo nolo dira!

Premendo AQUÍ terás as condicións nas que se deben realizar os desprazamentos por parte da poboación infantil, publicados hoxe no BOE.

Mañá é o gran día día!

CANTO SABES DE GALICIA LXVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é o Can Palleiro. Esta raza de can, de tamaño medio, tradicionalmente, era ou can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e  tamén de  garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias. Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. A orixe da raza remóntase ós cans pastores que empregaban as tribos das rexións do centro de Europa, os antergos comúns doutras razas de cans como o pastor alemán, o pastor belga e outros cans pastores europeos.

E imos coa pregunta de hoxe!

68. Seguro que para moitos, especialmente vecinos de A Guarda (Pontevdra) e visitantes desta zona, a imaxe superior é coñecida. Para os que non a coñecen está en Camposancos, concretamente na Pasaxe. Este edificio albergou un importante colexio Xesuíta, sendo a súa construción, a orixe das universidades de Deusto e Comillas. Pero tamén pasou este edificio á historia por algo, totalmente diferente. Saberías dicir a que?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es, lamarea.com  Imaxes: lamarea.com

ESCALEIRA DO DIAÑO: PATRÓN MATEMÁTICO DE SINCRONIZACIÓN DOS GRANDES TERREMOTOS

Simógrafo rexistrando movemento sísmico / Imaxe: wipr.pr

A irrupción de grandes terremotos podería seguir un patrón matemático chamado Escaleira do diaño, no que un grupo de eventos sísimicos están separados por longos aínda que irregulares intervalos de silencio. Polo menos esta é a hipótese que expón o equipo liderado polo sismólogo Yuxuan Chen, da Universidade de Missouri (Columbia), quen acaba de publicar os resultados das súas investigacións en Bulletin of the Seismological Society.

O achado difire do patrón predito polo modelo clásico de terremotos, que suxire que se producirían sismos de forma periódica ou case periódica en función dos ciclos de acumulación e liberación de tensión tectónico. É dicir, que os terremotos sucederían en intervalos de tempo máis ou menos predicibles segundo a actividade da tectónica de placas. Con todo, Chen e os seus colegas afirman todo o contrario: as secuencias periódicas son relativamente raras.

Os investigadores sinalan que os seus resultados poderían ter implicacións para a avaliación do risco sísmico. Por exemplo, descubriron que estas grandes secuencias de terremotos (aquelas con eventos de magnitude 6.0 ou superior) son "máis explosivas" do esperado, o que significa que a agrupación temporal de terremotos conta cunha maior probabilidade de que se repitan eventos similares pouco despois. Pero a brecha irregular entre as repeticións tamén fai que sexa máis difícil predicir un tempo de recorrencia media entre grandes terremotos. É dicir: se os terremotos replican ao longo de días ou meses, cal de todos os eventos sísmicos ocorridos teremos que ter en conta como clave á hora de realizar o patrón?

Os sismólogos elaboraron catálogos sísmicos para poder predicir catástrofes: recompilaron todos os rexistros dispoñibles de sismos por zonas ao longo da historia para poder descubrir un posible patrón de repetición. Con todo, o equipo de Chen sinala que dado que os tempos xeolóxicos son moito máis longos que os humanos, estes catálogos poden incluír eventos demasiado curtos para capturar todo o patrón da escaleira, o que fai "difícil saber se os poucos eventos nun catálogo ocorreron dentro dun grupo de terremotos ou abarcaron tanto grupos como quiescentes intervalos". Isto é: se o grupo de terremotos que corresponde ao mesmo evento terminou ou é outro distinto. "Por esta mesma razón, debemos ser cautelosos ao avaliar un evento ’atrasado’ só porque o tempo medido desde o evento anterior ha pasado algún ’tempo de recorrencia medio’ baseado nun catálogo incompleto", agregaron.

A Escaleira do Diaño, tamén chamada función de Cantor, é un fractal demostrado por sistemas dinámicos non lineais, no que un cambio en calquera parte podería afectar o comportamento de todo o sistema. Na natureza, o patrón pódese atopar por exemplo en secuencias de sedimentación, cambios nas taxas de elevación e erosión da superficie ou reversións no campo magnético da Terra.

Chen tivo un encontro inesperado con este patrón matemático. "Topeime con este tema hai uns anos cando lin sobre o estudo de dous investigadores da UCLA sobre o patrón temporal dun notorio asasino en serie, Andrei Chikatilo, que matou polo menos a 52 persoas de 1979 a 1990 na ex Unión Soviética", explica. "O patrón de tempo dos seus asasinatos era a escaleira do diaño. Os investigadores estaban a tratar de entender como funcionaba a mente do criminal, como as neuronas estimúlanse entre si no cerebro. Intrigoume porquedeime conta de que os terremotos funcionan de maneira similar: que unha falla a ruptura podería estimular a actividade noutras fallas mediante a transferencia de tensión".

Os factores que controlan os eventos sísmicos agrupados son complexos e poderían involucrar a tensión que estimula un terremoto, os cambios nas propiedades de fricción e a transferencia de tensión entre fallas ou segmentos de fallas durante unha ruptura, entre outros factores, afirma Gang Luo, da Universidade de Wuhan. Sinala que os intervalos parecen estar inversamente relacionados coa taxa de deformación tectónica de fondo para unha rexión ou zona.

FONTE: abc.es/ciencia

A FELICIDADE EN TEMPOS DE INCERTEZA


Sonja Lyubomirsky é unha das persoas que máis sabe no mundo acerca da felicidade, ademais de recoñecida científica polos seus traballos de divulgación sobre psicoloxía positiva. Nesta época de incerteza e cambio social, a experta arroxa luz cun enfoque científico sobre a importancia de ser amable, de practicar a gratitude, e de como a conexión entre persoas é un dos elementos crave para ter unha mente sa, ser feliz e facer felices aos que nos rodean.

Tras máis de trinta anos de investigación, Lyubomirsky demostra, que aquilo que anhelamos case nunca nos fai felices cando o conseguimos e que, en cambio, as adversidades a miúdo contribúen á nosa felicidade, facéndonos evolucionar, apreciar as cousas boas e desenvolver a nosa creatividade: “Teño a esperanza, de que cando superásemos todo isto, sexamos máis fortes, máis maduros e máis cultos que antes”.

A felicidade non é unha meta á que chegar, senón un estado emocional que cultivar: “Conleva traballo e esforzo como calquera cousa que queiramos conseguir na vida”. Un 50% do nivel de felicidade nunha persoa está determinado xeneticamente, un 10% depende da situación e circunstancias da vida, e o 40% restante está suxeito ao noso control. Por que non aproveitalo ao noso favor nos tempos que corren?

Sonja Lyubomirsky é Doutora en Psicoloxía social e da personalidade pola Universidade de Stanford, actualmente profesora do Departamento de Psicoloxía da Universidade de California en Riverside. E unha das psicólogas máis preeminentes do noso tempo.


CANTO SABES DE GALICIA LXVII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Reveriano Soutullo. Este compositor galego, naceu en Ponteareas-Pontevedra en 1880 e morreu en  Madrid en 1932. Se aínda non coñeces ese xenial pasodobre "Puenteareas" preme AQUÍ.

E imos coa pregunta de hoxe!

67. En Galixia existen catro razas de cans autóctonas:  guicho, o perdigueiro, o palleiro e o podengo galego. A cal destas razas corresponde a imaxe superior, recoñecida pola Xunta de Galicia, por medio da Consellería do Medio Rural e do Mar, e o Ministerio de Medio Ambiente, por medio da publicación no DOGA 91 (11 maio de 2001) na Orde de 26 de abril de 2001?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es  Imaxes: wikipedia.org