Blogia
vgomez

NOMES PROPIOS

PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO XIII EDICIÓN CATEGORÍA ECOLOXÍA E BIOLOXÍA DA CONSERVACIÓN

Sandra Díaz, Sandra Lavorel e Mark Westoby / D.M. Cáceres/R. C./C. Stacey

Os ecólogos Sandra Myrna Díaz (Córdoba-Arxentina, 1961), Sandra Lavorel (Lyon-Francia, 1965) e Mark Westoby (Hayes-Middlesex-Reino Unido, 1947) foron galardoados polas súas achegas na investigación e catalogación das características funcionais das plantas co Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría de Ecoloxía e Bioloxía da Conservación.

Cada ano, os científicos describen unhas 20.000 novas especies de plantas e animais. Pequenos bloques para construír o monumental edificio que supón o inventario completo do mundo natural, unha tarefa colosal que comezou en 1758 coa 10ª edición do libro Systema Naturae do sueco Carl Linnæus. Pero, ademais de ter un nome para cada especie, tamén é importante coñecer as súas características. A achega dos galardoados ao coñecemento do reino vexetal permitiu catalogar a relación de cada planta e os seus trazos físicos (como a altura, o tipo de follas ou o tamaño das súas sementes) coa contorna no que viven.

FONTE: elcomercio.es e elmundo.es

PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO XIII EDICIÓN EN BIOLOXÍA E MIOMEDICINA

David Julius e Ardem Patapoutian gañadores do Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría Bioloxía e Biomedicina / Fundación BBVA

David Julius (Nueva York,1955) , científico da Universidade de California en San Francisco, e Ardem Patapoutian (Líbano, 1967), do Instituto Scripps, na Jolla, Estados Unidos, recibiron na décimo terceira edición do Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría de Bioloxía e Biomedicina por “identificar os receptores que nos permiten percibir a temperatura, a dor e a presión”, segundo sinala a acta do xurado.

Os achados dos dous investigadores axudan a comprender a complexidade do tacto, quizais o menos estudado dos cinco sentidos humanos. “Julius e Patapoutian”, di o xurado, “desvelaron as bases moleculares e neuronais para as sensacións térmicas e mecánicas do corpo humano”. O traballo dos dous premiados abre, ademais, novas posibilidades para o desenvolvemento de terapias e tratamentos que reduzan a dor aguda e crónica xerado por traumas e outras enfermidades, por exemplo a dor asociada a procesos  inflamatorios como a artrite.

FONTE: Juan M. Hernández Bonilla/elpais.com/ciencia

HEDY LAMARR: ACRIZ E INVENTORA

 

A  austriaca Hedwig Eva Maria Kiesler (1914-2000), coñecida como Hedy Lamarr, foi en moitos aspectos unha incomprendida e unha adiantada ao seu tempo, especialmente ao que a tecnoloxía refírese.

Considerada polos seus profesores como superdotada, empezou os seus estudos de enxeñería aos 16 anos, pero tres anos máis tarde, en 1933, abandonou a enxeñería atraída pola súa vea artística, dano os primeitos pasos na academia berlinesa do director Max  Reinhardt.  

O seu primeiro papel importante chegou aos dezaoito anos, 1933, con Ecstasy (Éxtase), unha película de factura checa que pasou aos anais da Sétima Arte polo seu elevado contido erótico (aparecía completamente espida) e porque protagonizou o primeiro orgasmo feminino da historia do cinema. Foi un verdadeiro escándalo, Hedy estivo en boca de medio mundo, o Papa Pio XI denunciou o filme e mesmo Hitler chegou a prohibir a súa proxección nas salas alemás.

Pouco tempo despois casou co fabricante de armas austriaco Fritz Mandl, trinta anos maior que ela, o provedor oficial de armas dos réximes fascistas italiano e alemán. Foi unha época gris, na que o seu esposo exerceu un férreo control sobre a súa vida ata o punto de obrigala a abandonar os estudos cinematográficos.

Os acontecementos que propiciaron o inicio da Segunda Guerra Mundial, unidos á súa condición de xudía, favoreceron que deixase a Mandl, o primeiro dos seus seis esposos, e fuxise a Inglaterra disfrazada de asistente doméstica.

Na capital inglesa entrevistouse co produtor Louis B. Mayer, quen a conseguiu o seu primeiro papel para a Metro Goldwin Mayer, foi un punto de inflexión na súa  apoteósica carreira, xa nos EE UU.

Na década dos trinta e corenta compartiu repartición con actores da talla de Spencer Tracy, Jame Stewart ou Clark Gable. Hedy non só foi aplaudida polas súas excelentes interpretacións, senón que ao mesmo tempo foi considerada a muller máis bela do mundo. Anos máis tarde o seu inesquecible rostro serviu de inspiración para dous personaxes coñecidos por todos os públicos: Brancanireves e Catwoman.

Ata aquí a parte máis coñecida, pero quizais non todos saiban que debaixo dese rostro agraciado escondíase unha mente prodixiosa para a invención e que algúns dos os seus descubrimentos acabaron cristalizando na tecnoloxía que utilizamos a diario, como o Wifi e o Bluetooth.

Foi durante a Segunda Guerra Mundial cando descubriu o seu talento innato para a física e as matemáticas, dous ingredientes que unidos á súa enorme creatividade deron solucións a varios problemas complexos. Por exemplo, foi ela quen deu a idea a Howard Hughes de revolucionar o deseño das ás dos avións, engadindo curvas e conseguindo formas máis  aerodinámicas.

Ademais, traballou en novos sinais de tráficos, en pastillas para transformar a auga en refrescos ou nun sistema de transmisión de radio con saltos de frecuencia, espectro expandido, que impedisen que os sinais de control dos torpedos dos aliados puidesen ser interceptadas polos nazis.

Desgraciadamente Hedy adiantouse en varias décadas, non había tecnoloxía suficiente para poder facer fronte a aquelas invencións. Foi moito tempo despois, cando a idea das frecuencias cambiantes deu orixe ao Bluetooth e a Wifi, de forma que se poidan evitar as interferencias producidas por outros dispositivos próximos.

A súa traxectoria, polo menos, cristalizou en dous recoñecementos: Hedy Lamarr ten a súa estrela propia no Paseo da Fama de Hollywood e foi incluída no Salón da Fama dos Inventores de Estados Unidos. Ademais, e disto seguramente estaría moi orgullosa, todos os 9 de novembro, a data do seu nacemento, na súa Austria natal celébrese o «Día do Inventor».

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es e wikipwdia.org

PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO EDICIÓN XIII

Karen O’Brien, Neil Adger e Ian Burton, XIII Premios Fundación BBVA na categoría de Cambio Climático (EP)/lavanguardia.com

Os investigadores Ian Burton, Neil Adger e Karen Ou’Brien obtiveron o Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na súa décimo terceira edición polas súas achegas sobre a forma de afrontar a crise climática. Todos eles incorporaron de maneira pioneira o concepto de adaptación á hora de afrontar os efectos do cambio climático. Cambiaron pois o paradigma da actuación fronte o quecemento, pois con anterioridade aos seus estudos as actuacións centrábanse e limitábanse á mitigación de emisións de gases de efecto invernadoiro.

O xeógrafo Ian Burton (Derby, Reino Unido, 1935), profesor emérito da Universidade de Toronto, abordou estes asuntos desde a investigación sobre desastres naturais, e foi pioneiro á hora de promover o concepto de ‘adaptación’ para facer fronte aos efectos do cambio climático que, á luz das previsións, son xa inevitables.

Neil Adger (Ballymena, Irlanda do Norte, Reino Unido, 1964), que recoñece o papel inspirador de Burton, concentrou a súa investigación nun dos principais efectos sociais do cambio climático: as migracións. Gran parte do traballo de Adger, catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Exeter (Reino Unido), inclúe toma de datos sobre o terreo, coa realización de enquisas e entrevistas a poboación local en países como Vietnam e Bangladesh. As súas conclusións mostran que o grao de vulnerabilidade dunha poboación ao cambio climático depende moi directamente de medidas sociais e políticas, non unicamente do clima en si.

Tamén Karen Ou’Brien (Aquisgrán, Alemaña, 1963), catedrática de Xeografía Humana da Universidade de Oslo, investiga o impacto en poboacións vulnerables que, segundo o seu traballo, están sometidas a unha dobre exposición: ao cambio climático e á globalización. Segundo explicou onte ela mesma, “se na fotografía unha dobre exposición refírese a dúas imaxes que se solapan e crean unha imaxe borrosa, con este concepto expresamos como os procesos de globalización e do cambio climático superpóñense e crean desigualdade. Ambos os procesos non só solápanse, senón que retroaliméntanse”.

FONTE: lavanguardia.com

A CIENCIA NO 2020 (VI)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...


XUÑO


1. Confirmado: pódese extraer enerxía dun buraco negro: Un equipo de investigadores lograron demostrar  experimentalmente o efecto proposto por Penrose e, posteriormente o tamén físico Yakov Zel’dovich, polo que un obxecto mergullado nos límites exteriores do horizonte de sucesos dun buraco negro cargaríase enerxía negativa. Con todo, este estudo non nos axudará a xerar enerxía aquí na Terra.

2. Descobren o ovo fósil máis grande da era dos dinosauros: Os expertos estiman que ten uns 68 millóns de anos, unha data próxima ao evento de extinción da maior parte de dinosauros. Foi descuberto na Antártida, ten o tamaño dunha enorme pataca engurrada, foi alcumado “The  Thing” (A Cousa) e non ten unha casca dura.

3. Agrandan o cerebro duns monos coa axuda dun xene humano: Un equipo de científicos do Instituto Max Planck de Bioloxía e Xenética Celular Molecular en colaboración co Instituto Central de Animais Experimentais logrou crear cerebros de mono máis grandes do habitual ao dar aos fetos de tití un xene que é exclusivo dos humanos. O xene ARHGAP11 B só atópase en humanos e activa as células nai do cerebro para formar máis células nai, un requisito previo para un cerebro máis grande.

4. O Ártico rexistra a súa temperatura máis alta: Un rexión de Siberia, no Círculo Polar Ártico, alcanzou máis de 38 °C, 17 °C por encima da temperatura normal para un 20 de xuño. As elevadas temperaturas empezan a  derretir o permafrost.

Continura. Mañá xullo!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 

A poeta e tradutora viguesa Xela Arias será a homenaxeada en 2021 pola Real Academia Galega ao dedicarlle as Letras Galegas do ano que vén. A decisión tomouna o plenario da RAG onte pola tarde. A institución quere así render tributo a “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.

A Real Academia Galega tamén quere recoñecer “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”.

Xela Arias será a quinta muller á que se dedica as Letras Galegas, dun total de 58 homenaxeados. Antes ca ela foron Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno.

Xela Arias naceu en Sarria (Lugo), pero xa de pequena mudouse a vivir en Vigo polo traballo do seu pai, Valentín Arias, mestre, xerente de Galaxia e presidente da Asociación de Tradutores Galegos. Morre nesta cidade en 2003 aos 41 anos dun ataque cardíaco.

FONTE: Irene Bascoy/farodevigo.es          Imaxe: culturagalega.gal

PANDEMIAS E VACINAS

Nesta época de pandemia e prontas vacinas que podan atallala, hai dous nomes que saltaron ás noticias e seguro que moita xente non acaba de coñecer a súa importancia. Refírome a denominada "Operación Blamis" e o "Hospital de Pandemias Isabel Zendal". O curioso é que ambos nomes están intimamente ligados.

Referente ao primeiro, o Ministerio de Defensa denominou o seu despregamento militar contra a Covid-19 como ‘Operación Balmis’, en homenaxe ao médico militar alacantino, Francisco Javier Balmis, que emprendeu en 1803 a gran xesta de vacinación masiva contra a varíola en América Latina e Filipinas.

A segunda Isabel Zendal Gómez, encargada de coidar e acompañar aos nenos que serviron de portadores da vacina desde España ata América e Filipinas nos seus propios corpos.

A coñecida como Real Expedición Filantrópica de Vacinación, comezou o 30 de novembro de 1803, cando  a corveta María Pita partíu do porto da Coruña levando a vacina das variola a América. A fronte o médico Francisco Javier Balmis, acompañado polo cirurxián catalán Josep Salvany e unha das figuras crave no éxito da misión, a galega Isabel Zendal, encargada de coidar e acompañar aos nenos que serviron de portadores da vacina desde España ata América e Filipinas nos seus propios corpos.

Quixera pararme nela, pois tardouse moito tempo en darlle o recoñecemento que merece.

Isabel Zendal Gómez, naceu na Agrela (Parada, Ordes-A Coruña) o 26 de febreiro de 1773. Empezou a traballar en 1800 na Casa dos Expósitos do Hospital de Caridade, chegando a ser reitora. A súa función alí era a de coidar dos orfos de entre sete e catorce anos a cambio dunha  escasísima remuneración. Un dos motivos polos que non dubidou en aceptar a oferta de Balmis, moito mellor, e embarcarse en 1803 na Real Expedición  Filantrópica da Vacina.

A súa función sería a de coidar dos 22 nenos orfos de entre tres e nove anos que foran  inoculados coa vacina contra a variola e que servirían de portadores da solución durante a viaxe. Nenos que, pola súa condición, non quería ninguén; excepto Isabel, que levou ao seu propio fillo Benito, de dez anos, a quen criou como nai solteira.

Zendal permaneceu nove anos de navegación e roteiros terrestres para inmunizar por centos de miles de persoas na primeira gran campaña de vacinación universal da historia da humanidade. O seu papel foi decisivo, arriscando a súa saúde por coidar ao nenos día e noite.

Os nenos eran necesarios para conservar o virus vacinal: cada semana  inoculábanse a dous deles co material obtido das pústulas dos vacinados a semana anterior.

Tras pasar, entre outras rexións, por Canarias, Porto Rico, Caracas ou México, Isabel Zendal partiu en 1805 cara ao Pacífico. Agora, xunto a vinte e seis nenos mexicanos.

Tras as últimas viaxes, decidiu quedar en México a pasar o resto dos seus días. Alí traballou nun hospicio de Puebla de los Ángeles xunto ao seu pequeno.

A expedición vacunou directamente a unhas 250 000 persoas.

Unha heroína esquecida que entregou a súa mocidade a España e á ciencia.

FONTE: thisistherealspain.com e gal.wikipedia.org.es    Imaxe: thisistherealspain.com

HISASHIGE TANAKA: O "EDISON" XAPONÉS

No ano 2004 o goberno xaponés acometeu a construción dunha réplica exacta dun dos bens declarado patrimonio cultural nacional, o Mannen Jimeishou ou reloxo milenario. Un extraordinario enxeño de 63 cm de altura e 38 Kg (capaz de funcionar un ano en continuo, tras darlle corda) e con seis caras. En cada unha delas, distintas representacións temporais: un reloxo tradicional xaponés, un “occidental”, as fases lunares, o desprazamento solar…

O reloxo milenario / Toshiba Science Museum

A tarefa implicou a máis dun centenar dos mellores especialistas do país que, durante un ano, estudaron minuciosamente as miles de pezas do mecanismo orixinal e fabricaron equipos específicos para producir outras iguais. Aínda así, algúns compoñentes resultaron imposibles de replicar.

O máis inaudito é que, baixo o microscopio, revelouse que os innumerables e pequenas engrenaxes do reloxo orixinal foran elaborados a man, puíndo cada dente, un a un, e axustándoos logo para encaixar á perfección. Un traballo tan exquisito, que rivalizaba e mesmo superaba aos deseños do computador.

O creador daquela marabilla da tecnoloxía mecánica era Hisashige Tanaka (1799-1881), tamén coñecido como “o Edison xaponés” debido aos seus innumerables inventos.

 

Hisashige Tanaka / Wikimedia

Tanaka naceu en Kurume, unha cidade ao suroeste de Xapón. Fillo dun artesán tallador de carey, desde pequeno mostrou a súa afección por crear enxeñosos instrumentos. Con apenas 9 anos, sorprendeu na súa escola cun estoxo para o tinteiro cun secreto mecanismo de apertura. E con 14 inventou un tear que permitía elaborar complexos deseños que ían modernizar a industria téxtil da súa cidade.

Aos 20 anos comezou a construír as súas primeiras bonecas karakuri, pequenas bonecas autómatas que, por entón, causaban furor entre a nobreza nipoa. Fabricou os primeiros modelos con sofisticados mecanismos impulsados por bombas de auga e de aire a presión e resultaron ser un éxito, con creacións tan coñecidas como “O pequeno seteiro” ou  a “Boneca que serve té”.

Bonecas karakuri / Toshiba Science Museum

Tras convencer ao seu pai para que o liberase da responsabilidade de continuar co negocio familiar, que lle correspondía como primoxénito, dedicou os seguintes anos a percorrer o país exhibindo as súas cada vez máis soadas bonecas. Un circuíto no que se gañou o sobrenome de Karakuri Giemon, “o xenio das marabillas mecánicas”.

Cando as bonecas karakuri pasaron de moda, Tanaka optou por instalarse en Kioto e seguiu desenvolvendo novos dispositivos mecánicos, como unha potente bomba de auga antiincendios ou un tipo de lámpadas de aceite máis duradeiras e luminosas (grazas ao seu mecanismo de inxección do combustible mediante aire comprimido) que lle permitiron cultivar de novo un gran éxito.

Os seguintes anos dedicounos a ampliar os seus coñecementos de matemáticas e astronomía, do que resultaría o primeiro planetario de Xapón, e a investigar e desentrañar os segredos dos reloxos mecánicos europeos que chegaban a Xapón. E en 1848, cando sentiu preparado, embarcouse na súa gran obra mestra, o reloxo milenario, no que empeñou o seguintes tres anos da súa vida. Cando o completou, o reloxo resultou tan impresionante que acabou por elevalo como o maior inventor nacional e permitiulle vivir os seguintes anos, a rebufo da súa creación, fabricando  modelos igualmente sofisticados, aínda que máis sinxelos, prácticos e fáciles de vender.

Pero ao seu ao redor as cousas estaban a cambiar. Xapón vivía unha etapa convulsa e tras un breve conflito civil, o vello réxime asumiu o poder e o país sumiuse nun período de illamento e tradicionalismo no que todo o que tivese que ver co progreso e con occidente e a súa tecnoloxía estaba baixo sospeita. Kioto converteuse nun lugar perigoso para homes como Tanaka, que se mudou á máis tranquila cidade de Saga. Alí, co convencemento de que a tecnoloxía debía ser útil para a xente, continuou obrando prodixios, como a primeira máquina xaponesa para fabricar xeo artificial.

Tamén, impactado polo desembarco da frota armada do comodoro estadounidense Matthew Perry, comezou a traballar no desenvolvemento de enxeños con aplicacións militares para defender ao seu país. Baseándose nas tecnoloxías introducidas polos invasores occidentais, construíu (entre outras cousas) o primeiro buque de guerra a vapor xaponés e un novo tipo de canón.

Estes inventos, xunto cun novo cambio de poder e a restauración do aperturista réxime Meiji, reconciliaron a Tanaka co goberno. En 1873, xa con 73 anos, o Departamento de Industria, responsable de promover a modernización e industrialización do país, designouno para desenvolver un novo e eficiente sistema de comunicacións telegráfico que conectase todo Xapón. E para cumprir este propósito, Tanaka fundou a súa única empresa, a Tanaka Seizo-sho (Compañía de enxeñería Tanaka), a primeira produtora de equipos telegráficos de Xapón.

En 1939, tras a morte do inventor,  a compañía (rebautizada Shibaura Seisaku-sho) fusionouse coa outra gran compañía eléctrica xaponesa (Tokyo Denki) e naceu Tokyo Shibaura Denki ou, simplemente, Toshiba: a principal corporación xaponesa naquel momento e que na actualidade é unha das maiores empresas de equipos eléctricos e electrónicos do mundo.

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com