Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA V

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

9. Galiña vella fai bo caldo

É un eloxio á xente maior, especialmente ás mulleres. A experiencia é un grao. Do mesmo xeito que unha galiña vella achega un sabor delicioso ao caldo, as mulleres maiores teñen moito que achegar pola súa experiencia. Podemos aprender moito delas.

10. Ser máis listo que un allo

 

Os allos son todo cabeza. De aí a alusión a este alimento para referirse a alguén intelixente.

FONTE: xenera.com, blog.mundo-r.com/es e rumbogalicia.com       Imaxes: clarin.com e frutos-hortalizas.com

Continuará...

O DENGUE: PODE SER ENDÉMICO EN GALICIA?

Pasaron case 20 anos desde que en 2004 se detectara por primeira vez a presenza dun mosquito tigre (Aedes albopictus), orixinario de Asia, na península ibérica. Foi en Cataluña. Desde entón foise estendendo, comezando pola costa mediterránea, ata acreditarse a súa presenza en distintas comunidades autónomas: Andalucía, Castela-A Mancha, Aragón, Pais Vasco…e nun total de 40 provincias, ademais de en Portugal. Durante dúas décadas Galicia mantívose como territorio libre de mosquito tigre, un status que cambiou o pasado 9 de agosto, cando un veciño de Moaña comunicou o achado dun exemplar (validado posteriormente por entomólogos) a través da app Mosquito Alert.

“Era cuestión de tempo que Galicia se sumase ao resto de territorios peninsulares afectados polo mosquito tigre”, apunta Yasmina Martínez Barciela, investigadora do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo (UVigo). Por iso, e en previsión deste escenario, se creou a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec) co fin de detectar a súa chegada e actuar en consecuencia o máis rápido posible.

En apenas tres meses foron localizados exemplares de mosquito tigre nos concellos pontevedreses de Moaña, Cangas, Vigo, Redondela e Vilaboa, conforme cos datos facilitados pola Consellería de Sanidade que lidera a ReGaVivec, da que tamén forman parte Medio Rural e as universidades de Vigo e Santiago de Compsotela

Desde agosto e ata o 30 de outubro, a app Mosquito Alert recibiu 251 avisos de posibles exemplares, das que un cento foron “notificacións confirmadas” por entomólogos da ReGaViVec, en tanto que as outras 151 foron clasificadas como “notificacións probables”.

Destes 251 avisos de presenza de Aedes albopictus, 173 chegaron desde Moaña (72 confirmados e 101 probables); 61 desde Vigo (22 confirmados e 30 probables), 10 desde Redondea (4 confirmados e 6 probables) e 7 de Cangas (2 confirmados e 5 probables). Pola súa banda o exemplar localizado en Vilaboa caeu nunha das trampas da rede de vixilancia entomolóxica.

A densidade de mosquitos tigre en Galicia foi in crescendo, rexistrándose o pico máis alto nos meses de setembro e outubro. “Isto é consecuencia do aumento das precipitacións que favorece a formación de criadeiros, e o mantemento dunhas temperaturas lixeiramente cálidas que propician o seu crecemento e actividade” sinala a investigadora Martínez Barciela.

“Nos vindeiros meses, e coa entrada do inverno, é previsible que a presenza do vector diminúa considerablemente. De feito, xa estamos a ver nas últimas semanas un descenso da súa actividade. Os adultos non resisten as baixas temperaturas e as larvas ven afectado o seu desenvolvemento” explica esta bióloga.

O mosquito tigre é un posible vector de enfermidades como o dengue pero iso non quere dicir que necesariamente vaia transmitilo. Tal como explica a bióloga Yasmina Martínez, os lugares onde hai alerta sanitaria por transmisión autóctona deste virus non só teñen unha presenza do vector en altas densidades, senón que tamén teñen unha presenza constatada do virus. En Galicia, subliña a investigadora da UVigo “o risco de transmisión autóctona do dengue é moi baixo porque, aínda que agora estea presente o vector, non está o virus: non é endémico, nin está en circulación entre a poboación”.

A alerta sanitaria por dengue autóctono está acendida en varios países do sur de Europa como Italia, no que neste ano 2023 se rexistraron 66 casos de dengue local; Francia, onde se contabilizaron 36 ou España onde se diagnosticaron 3. Dado que entre o 40% e o 80% dos casos son asintomáticos, a cifra real podería ser moito máis alta, razón que explica as alertas.

En Galicia, no que vai de 2023, diagnosticáronse 6 casos de dengue, todos eles importados, é dicir, que se contaxiaron noutro país ou zona, segundo confirman fontes da Consellería de Sanidade.

O mosquito tigre é unha especie cun limitado desprazamento autónomo (é raro que se afaste máis de 200 metros do seu lugar de cría) polo que a súa dispersión está ligada ao ser humano. Factores como o movemento global de persoas e mercadorías e o cambio climático, cun aumento xeneralizado das temperaturas e cambios nos ecosistemas, facilitan que estas especies se adapten a vivir fóra do seu hábitat natural.

Conter ou obstaculizar a expansión dunha especie invasora como o mosquito tigre “supón todo un reto”, sinala a investigadora Yasmina Martínez, quen confía no traballo de vixilancia vectorial que se está a facer man a man entre a Dirección Xeral de Saúde Pública, ReGaVivec, Mosquito Alert e os concellos. Tamén é vital, engade, a concienciación e colaboración cidadá, que pode impedir a posta de ovos e o crecemento das larvas con accións sinxelas como eliminar puntos de auga estancada (bebedoiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie… ) cun baleirado ou coa renovación da auga cada 3-4 días.

FONTE: Begoña Márquez/gciencia.gal/saúde

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA IV

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

7. Malo será

É unha expresión moi empregada na nosa terra, que convida ao optimismo. Vén significar que, aínda que haxa adversidades, sempre se sae adiante, xa que as malas etapas sempre teñen un final. Non duran para sempre. Neste senso tamén se emprega Nunca choveu que non escampase.

8. Ser un toxo

O toxo é esa planta silvestre con flores amarelas e espiñas. Imaxínaste como sería darlle un abrazo a un toxo? Pois, así máis ou menos pódeste sentir cando abrazas a alguén que é un toxo. Entón, que significa ser un toxo? En xeral, chámaselles así ás persoas impertinentes, ariscas ou bastas.

FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es        Imaxes: crtvg.es e laregion.es

Continuará...

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA III

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

5. Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale!

Que significa? Pois que por moi boa relación que se teña, o diñeiro é o diñeiro. Non imos ser flexibles nas negociacións por moita amizade que haxa.

6. Marcho que teño que marchar

 

Ti podes irte porque tes outros plans ou reunións, porque estás canso ou porque chegas tarde a outra cita. Con todo, o teu amigo galego dirache: marcho que teño que marchar e vaise. Así, sen máis voltas. E é que este é un deses argumentos que non se debaten porque non é que se vaia porque quere, vaise porque non queda outra. E ti tes que entendelo.

FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es        Imaxes: baztanturismo.eus e lavozdegalicia.es

Continuará...

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA II

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

3. Se chove que chova

A meteoroloxía, a pesar do cambio climático, nunca foi moi boa en Galicia. Así que, para nós, o tempo chuvioso ou desapracible non debe ser un impedimento para os nosos plans, polo que sempre imos facer o que queremos e “se chove, que chova… Todo en sentido metafórico... Unha frase equivalente é Eche o que hai, condo toca sesignares cando non que outra opción.

4. Morra ou conto

Non hai mellor forma de terminar ou resolver unha conversación. Con isto acábase e pecha toda conversación ou discusión posible. Ao dicir morra ou conto un galego acaba a charla e sen problemas aparentes, todo de bo ambiente. Sería algo moi similar a Deixámolo aquí.

FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es        Imaxes: idealgalego.com e crtv.es/rgxenera.com

Continuará...

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA

Imos falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

1. OUTRA VACA NO MILLO

A expresión Outra vaca non millo emprégase para indicar que unha persoa actúa igual de mal que outra ou que un feito ou acción é igual de inconveniente que outro anterior. Equivale a Outro que tal baila ou  Eramos poucos e pariu a avoa! (por se xa non houbese cousas malas ata o momento, chega outra máis).

2. CAER DA BURRA

A expresión Caer da burra emprégase cando un decátase do erro no que se estaba. Darse conta, por fin, de algo que non se conseguía entender aínda sendo evidente.

FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es        Imaxes: xenera.com e cope.es

Continuará...

CINE: NAPOLEÓN

Esta fin de semana chega aos cines a película Napoleón, baseada na historia real de Napoleón Bonaparte, que describe principalmente o ascenso ao poder do líder francés.

Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Napoleon

Ano: 2023

Duración: 158 min.

País: Estados Unidos

Xénero: Cine épico. Drama.

Dirección: Ridley Scott

Guión: David Scarpa

Música: Martin Phipps

Fotografía: Dariusz Wolski

Produtora: Coprodución Estados Unidos-Reino Unido: Apple Studios, Scott Free Productions, Apple.

Distribuidora: Columbia Pictures, Apple TV+

Reparto: Joaquin Phoenix, Vanessa Kirby, Tahar Rahim, Rupert Everett, Mark Bonnar, Paul Rhys, Ben Miles, Riana Duce, Ludivine Sagnier, Edouard Philipponnat, Miles Jupp, Scott Handy…

Sinopse: Un retrato orixinal das orixes de Napoleón Bonaparte, que foi ascendendo desde a súa alistamiento nas forzas da Revolución Francesa como oficial de baixo rango, desmarcándose como un brillante estratego ata volverse o desapiadado emperador de toda Francia, así como a súa relación coa Emperatriz Xosefina, único amor verdadeiro.

Ultaviolenta, pero a interpertación de Napoleón fai unha película colosal!

O ANUNCIO DA LOTARIA NACIONAL 2023

Xa chegou outro dos momentos máis esperados do ano. Se hai uns día saíu o anuncio de Gadis da serie Vivamos como galegos, hoxe tócalle ao anuncio da Lotaría de Nadal 2023 co lema ’A sorte de ternos’.

A protagonista do anuncio é unha muller nova que vive tensa e esquéceselle comprar o décimo que o seu pai pediulle. A moza sente moi mal e vaise a durmir, desexando que "desapareza todo o mundo".

Cando se esperta dáse conta de que está soa en Madrid, vai comprar o décimo que o seu pai quería e vaise a durmir triste. Pola mañá espértase cos berros dos nenos de San Ildefonso, e ve ao seu pai co décimo desexado, vendo que todo volveu á normalidade. "O décimo? O décimo é para isto, para estar xuntos", dille o pai.

Nunca mellor dito: é unha sorte!