HUMOR REAL: O NOSOS IDIOMA

Viñeta de Davila (Luis Davila Malvido, Pontevedra1972) no xornal Faro de Vigo de hoxe, Día das Letras Galegas.
Sen palabras!

Viñeta de Davila (Luis Davila Malvido, Pontevedra1972) no xornal Faro de Vigo de hoxe, Día das Letras Galegas.
Sen palabras!

Ricardo Carballo Calero / Imaxe: colexiofingoi.com
Ricardo Carballo [Carvalho] Calero é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.
Ricardo Carballo [Carvalho] Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carballo, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Ata 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carballo Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carballo posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador, iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea", que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carballo atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carballo Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.
Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.
Se queren profundizar na sua biogrfía e obra, preme AQUÍ.

As igrexas reabren para o culto, iso si, cumprindo as medidas de distanciamento social e reducindo aforo. Iste é o tema da vineta de hoxe no xornal Faro de Vigo do humorista gráfico Davila (Luis Davila Malvido-Pontevedra,1972).
Xenial!
Jorge Sánchez Blas, máis coñecido como Jorge Blass (Madrid, 1980) protagoniza neste vídeo un espectáculo para asombro de nenos e maiores. É a primeira vez que este mago enfróntase a un show completo a domicilio e seguro que non defrauda a ninguén, e seredes testemuñas de como a maxia atravesaba as vosas pantallas e chegaba ata as vosas mans.
Grazas Jorge!

O Concurso en liña de mensaxes de amor coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, xa ten gañadores. No concurso cada participante podía enviar un máximo de dúas mensaxes de ata 350 caracteres escritas en lingua galega, ben en prosa, ben en verso.
Na categoría B (de 20 a 35 anos) hai gañadores da nosa localidade:
Segundo premio: Un vinilo dos Dire Straits, de Denís Vicente Rodríguez (A Guarda, Pontevedra)
Gústame cando bailamos
e fechamos os ollos
e as mans devalan unha sobre a outra
O arrecendo da música
quenta os corpos
que tornan
nus
para nós.
Só para nós.
Xa non hai apenas aires entre os
nosos corpos, que agora
Coma un vinilo dos Dire Straits
nun reprodutor dos anos 90.
E as mans devalan unha sobre a outra.
Terceiro premio: Fuxitivas, de Silvia Pérez Rodríguez (A Guarda, Pontevedra)
Quedeime durmida
apoiada a ti,
sen darme conta, estaba xa
subida a un vagón.
Era distinto aos anteriores
tiña as portas abertas
de par en par.
Facía tempo que non me tremían as pernas
o bicar a alguén.
Eramos dúas fuxitivas,
das historias, de amor romántico.
Xa non sigo nese vagón,
ando na procura dun
que me faga sentir
igual de valente.
Se queres ver a versión musicada de Un vinilo dos Dire Straits, interpretada por Xermán Bugallo, preme AQUÍ.
Se queres ver a versión musicada de Fuxitivas, interperada por Xermán Bugallo, preme AQUÍ.
Parabéns!
FONTE: lingua.gal
O refraneiro foi considerado durante séculos posuidor da sabedoría popular; nel podíase atopar solución moral a case todos os problemas que afectaban o home: matrimonio, morte, diñeiro,... Nos acudiremos a el, por meses, neste caso o de maio, para atopar as ensinanzas que nos aporta aos traballos do campo e ao tempo.
Imos aló!

Auga de maio,
pan todo o ano.
Maio ventoso,
para o labrador fermoso,
para o mariñeiro desastroso.
A sardiña en maio
xa pinga no borrallo.
Santa Cruz de maio,
o lobo e o corvo nado,
e o raposo medio criado.
Quen queira ter pirixel todo o ano
que o semente no mes de maio.
Maio pardo
San Xoan craro
FONTE: Almanaque Agrícola ZZ syngenta
O señor das moscas
O avión dun grupo de nenos ingleses evacuados da guerra estrélase e cae ao mar. Os nenos chegan a unha illa deserta e alí teñen que aprender a sobrevivir. Aventuras, thriller e experimento social moi realista. Trátase dunha adaptación da novela homónima do premio Nobel de literatura William Golding.
Que a disfrutedes!
Moitas grazas a tod@s!