Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

VIDEOCHAMADAS EN WHATSAPP PARA O CONFINAMENTO

O estado de alarma decretado en España provocou que os cidadáns deban permanecer nas súas casas excepto para obter bens e servizos básicos e eviten saír a realizar calquera actividade de lecer, o que inclúe as visitas á familia e os amigos.

Familias, amigos e parellas que non poden atoparse, tocarse e abrazarse estes días apoiáronse na tecnoloxía para seguir programando os seus encontros.

Ante o illamento imposto, unha chamada telefónica ou un WhatsApp non basta.  WhatsApp, admite videochamadas gratuítas a través de Wi-fi ou datos móbiles, mesmo para contactos que vivan no estranxeiro. Hoxe explícoche como facelo.

Como facer videollamadas en WhatsApp:

- Abre unha conversación de WhatsApp.
- Toca a  cámarade vídeo que aparece na esquina superior dereita da xanela.
- A videollamada comezará automaticamente e soará o teléfono do destinatario.
- Unha vez que este acepte a chamada ou descolgue o teléfono, xa non hai que facer  máis nada que gozar da mesma.

 
Como facer videochamadas en grupo en WhatsApp:

- Abre unha conversación de  WhatsApp.
- Toca a cámara de vídeo na esquina superior dereita da xanela.
- A  videollamada comezará automaticamente e soará o teléfono do destinatario.
- Unha vez que o primeiro destinatario respondese, toca a icona de agregar usuario na esquina superior dereita da pantalla.
- Selecciona un segundo destinatario para sumalo á chamada actual
- Unha vez que se uniu, tamén poderás agregar un terceiro destinatario.

Unha solución sinxela que nos axudará nestes momentos tan críticos.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxe: WhatsApp/publimetro.pe

UN LIBRO PARA O CONFINAMENTO

Planeta lanzou unha iniciativa para facer máis levadío o illamento polo coronavirus a todos os seus lectores. Trátase de #KeepReadingEnCasa, que permitirá que a xente se descargue de maneira gratuíta algúns dos seus títulos máis recoñecidos.

Eu propóñovos iste libro: "Os homes que non amaban ás mulleres" do escritor sueco Stieg Larson (1954-2004). É unha novela negra que se sitúa nunha complicada fraude financeira internacional e o pasado mal enterrado dunha rica familia industrial sueca ao longo do século  XX.

Apetéche lela? Pois preme AQUÍ.

Podes acceder a outros libros a través de www.planetadelibros.com

Coma sempre digo, grazas!

E TI, QUE VES AQUÍ?



Nós vemos dúas avespas simétricas de cores psicodélicos, pero seguramente pódense ver outras figuras zoomorfas ou doutro tipo. A imaxe préstase a ese exercicio psicolóxico chamado o test de Rorschach no que o paciente vai interpretando manchas diversas. Con todo, aquí a realidade obxectiva é outra. Estamos ante unha composición realizada por Georgette Douwma, fotógrafa submarina, duplicando e contrapoñendo a imaxe dun coral do mar Vermello, en Exipto. Co seu traballo, que define como “corais caleidoscópicos”, quere resaltar a beleza dos arrecifes e alertar da súa destrución. Que ve vostede aquí entón? Nós, un tesouro que hai que salvar.

FONTE: El País Semanal

UN CONTO PARA O CONFINAMENTO

A cultura galega segue achegando o seu gran de area para facer máis levadía a corentena á poboación.

Neste caso, Kalandraka TV decidiu ofrecer sesións de contacontos gratis a través da súa canle. Tedes a oportunidade de escoitar-ver un conto contado: Loli Blanco ofrécenos "A cebra Camila".

Para velo preme AQUÍ.

Grazas!

UNHA PELÍCULA PARA O CONFINAMENTO

 

A cultura galega decidíu achegar o seu gran de area para facer máis levadía a corentena á poboación.

neste caso, o director de cinema vigués David Hernández ofrece en Vimeo a súa primeira opera prima "A felicidade dos cans" (2018), que foi premiada no Festival de Cinema de Xixón pola historia dun home en branco e negro que emprende unha viaxe a non se sabe onde en busca de si mesmo e do seu lugar no mundo por mor da crise económica que lle deixa no paro.

Grazas!

UN CÓMIC PARA O CONFINAMENTO (IV)

Coninúo con outra aportación dos creadores profesionais que liberaron gratis parte do seu traballo para ofrecer ao cidadáns entretemento durante a pandemia.

Neste caso Fandogamia Editorial a través do seu porta webcómics Fanternet ofrécenos este cómic de Ulies Lafuente Ramos: Stage One!

Apetéceche? Pois preme AQUÍ.

Grazas!

COMEZA A PRIMAVERA

Brote / Imaxe: pexels.com

A primavera comezou hoxe, 20 de marzo, ás 4 horas e 50 minutos hora oficial peninsular. Esta estación durará 92 días e 18 horas, e rematará o 20 de xuño co comezo do verán.

A primavera empeza co equinoccio de primavera e sucede cando a Terra está no centro da órbita do Sol e xusto o Sol cruza cara ao norte o ecuador celeste. Nel o día e noite teñan máis ou menos a mesma duración.

Esperemos disfrutar dela, se o coroavirus nolo permite!

UN CÓMIC PARA O CONFINAMENTO (II)

Coninúo con outra aportación dos creadores profesionais que liberaron gratis parte do seu traballo para ofrecer ao cidadáns entretemento durante a pandemia.

Miguel Ángel Martín e Juanma Espinosa apórtan "Unha historia de cans vellos", da editorial Dolmen. Un cómic con aires de noir e de western  crepuscular protagonizado por un chucho rueiro.

Apetéceche? Pois preme AQUÍ.

Grazas!