Blogia
vgomez

UN PAÍS CHAMADO ESPAÑA

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO (FIN)

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Tui. Esta cidade está situada na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra e na comunidade autónoma de Galicia. O detalle para identificar a fotografía é a súa famosa catedral (que xunto coa concatedral de Vigo, é unha das sedes episcopais da Diocese de Tui-Vigo) e o río Miño. Como curiosidade, esta catedral considérase catedral-fortaleza. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833.

Catedral de Tui

E con esto remato esta serie que espero que axudase e coñecer o noso país doutra maneira.

Ata outra serie!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe rutasdelaslenguas.com


ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XVI

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Cuenca. Esta cidade é a capital da provincia do mesmo nome, situada na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. O detalle para identificar a fotografía é o cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, onde se atopan as famosas casas colgantes. tamén serve para a identificación a súa catedral, no centro da imaxe, do século XII.

E Imos coa proposta de hoxe!

16. Identifica esta cidade:

- Ourense

- Tui

- Betanzos

- Pontevedra

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe hoteles.net

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XV

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Pontevedra. Esta cidade é a capital da provincia do mesmo nome, situada suroeste de Galicia, nas rías Baixas, nas beiras do río Lérez. Precisamente este detalle, o do río Lerez ao seu paso pola cidade e o comezo da ría de Pontevedra é o que serve para identificar a foto.

E Imos coa proposta de hoxe!

15. Identifica esta cidade:

- Ourense

- Soria

- Cuenca

- Logroño

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe lasnoticiasdecuenca.es

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XIV

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Salamanca. Esta cidade é a capital da provincia do mesmo nome, na Comunidade Autónoma de Castela e León. O detalle para identificar a fotografía é a Praza Maior, de estilo barroco, deseñada polos arquitectos Alberto e Nicolás Churriguera, sendo o espazo público máis importante da cidade.

E Imos coa proposta de hoxe!

14. Identifica esta cidade:

- Bilbao

- Pontevedra

- A Coruña

- San Sebastián

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe diariodepontevedra.es

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XIII

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Vigo. Esta cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia. É o concello máis poboado de Galicia. O detalle para identificar a fotografía é a súa ría e ao fondo as Illas Cies, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

E Imos coa proposta de hoxe!

13. Identifica esta cidade:

- Zaragoza

- Burgos

- Teruel

- Salamanca

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe tripadvisor.es

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XII

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Bilbao. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome, no territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. O detalle para identificar a fotografía é a súa ría, desembocadura que forma o sistema dos ríos Nervión e Ibaizabal, así como os seus últimos afluentes, na súa chegada ao mar Cantábrico, no golfo de Biscaia. Atravesa Bilbao, dividindo a cidade en dúas: á dereita, a Zona vella (ou Sete Rúas) e, á esquerda, o Ensanche.

E Imos coa proposta de hoxe!

12. Identifica esta cidade:

- Bilbao

- Barcelona

- Vigo

- Oviedo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe mundodeviagens.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XI

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Lugo. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome, pertence a comunidade autónoma de Galicia. Naceu como tal no ano 25 a. C. e fundouna Paulo Máximo. O detalle para identificar a fotografía é a súa muralla, a única do mundo que conserva todo o seu perímetro orixinal das innumerables que existían no antigo Imperio Romano. Ten máis de dous quilómetros de extensión.

E Imos coa proposta de hoxe!

11. Identifica esta cidade:

- A Coruña

- San Sebastián

- Alicante

- Bilbao

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO X

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Barcelona. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome, é a capital da comunidade autónoma de Cataluña. O detalle para identificar a fotografía é esa linea diagonal verde, que corresponde á Avenida Diagonal, unha das principais arterias da cidade ideada por Ildefons Cerdà dentro do seu plan de ensanche da capital catalá.

E Imos coa proposta de hoxe!

10. Identifica esta cidade:

- Ávila

- Lugo

- Toledo

- Trujillo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe elprogreso.es