Blogia
vgomez

ZONA VERDE

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VIII

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

8. HAI QUE ELIXIR ENTRE COIDAR A ECONOMÍA E COIDAR O PLANETA


Esta é unha falsa dicotomía que vai en liña co que dixemos onte. O planeta é, de momento, a nosa única casa, e non haberá economía posible se non o coidamos. O problema é que o actual sistema económico funciona sobre a falsa premisa de que vivimos nun planeta de recursos ilimitados. Os recursos son finitos e isto debe terse en conta na ecuación, xa que actualmente estámolos extraendo a unha velocidade moito maior da que o planeta é capaz de repoñer.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VII

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

7. A SUPERPOBOACIÓN É O PROBLEMA

Esta afirmación debe ser matizada. É certo que somos moitos e isto ten un impacto ambiental obvio, pero tamén sucede que en torno ao 10 % da humanidade (as persoas máis ricas) emite preto do 50 % da emisións de gases con efecto invernadoiro, así que o problema é máis ben en que puntos do planeta prodúcese o incremento demográfico, pois non consome o mesmo, por exemplo, un cidadán europeo que un nado nunha aldea de India.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VI

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

6. FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO VAI EMPEORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA


Esta afirmación non ten moito sentido se temos en conta que o cambio climático xa está a ter consecuencias negativas sobre a nosa vida e que, de non detelo, estas irán a peor. Ademais, moitas das accións destinadas a deter as emisións tamén nos beneficiarán noutros aspectos: por exemplo, respirar un aire de mellor calidade e máis san nas nosas cidades.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO V

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

5. ISTO É ALGO CÍCLICO, XA HOUBO OUTROS CAMBIOS CLIMÁTICOS ANTES


Aínda que, polo menos no ámbito científico, o negacionismo xa parece superado, nalgunhas contornas aínda se escoitan ese tipo de comentarios que parecen restar importancia ao problema. Efectivamente, non é a primeira vez que cambia o clima na historia da Terra, pero está demostrado que a actividade humana acelerou iste proceso. Ademais, sexa de quen sexa a culpa, sabemos que de non frealo as consecuencias serán catastróficas así que máis nos vale facelo.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO IV

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

4. A TECNOLOXÍA VAI SOLUCIONAR O PROBLEMA


O tecnoptimismo é outro pensamento moi perigoso supón delegar toda a esperanza en que alguén invente unha solución tecnolóxica que nos libre do cambio climático. Ese ‘algo inventarán’ implica crer nun remedio máxico e milagroso que seguramente non chegue nunca. O cambio climático é un problema complexo e por iso non hai unha solución única.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO III

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

3. DÁ IGUAL O QUE EU FAGA PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO


É certo que, sen unha estratexia política e global para avanzar cara á  descarbonización da economía, a loita contra o cambio climático será un fracaso. Con todo, isto tampouco nos exime de dar pasos na nosa vida cotiá para emitir menos gases con efecto invernadoiro. Todo suma e calquera acto conta, isto non é unha carreira de todo ou nada, e cada gramo que se deixe de emitir é igualmente valioso.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO II

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

2. O CAMBIO CLIMÁTICO NON ME AFECTA


De maneira tradicional, o cambio climático identificouse coa figura do oso polar nadando nun iceberg no medio dun mar de xeo que desaparece. Quizais por iso moitas persoas sintan que este é un problema alleo a elas. Con todo, todo estamos xa sufrindo en maior ou menor medida as consecuencias do cambio climático: algúns fenómenos meteorolóxicos extremos ou que nos pique un mosquito tigre en latitudes nas que antes non había son algunhas delas.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

Do cambio climático escribiuse e díxose moito, e en moitas ocasións os grupos de presión negacionistas contribuíron á proliferación de afirmacións falsas que persisten hoxe en día, cando xa case ninguén nega que o cambio climático sexa unha realidade.

Moitas destas mentiras aprovéitanse da incerteza inherente á ciencia: sabemos que o clima está a variar e que o seguirá facendo, pero os modelos non poden prever con exactitude milimétrica todos os detalles destes cambios. Da mesma forma, sabemos que os últimos anos foron os máis calorosos desde que se teñen rexistros, pero cada vez que se produce un episodio de frío ou nevadas intensas óese algunha voz supostamente experta que confunde clima con meteoroloxía e afirma que as baixas temperaturas son unha proba de que a Terra non se está quentando.

Hoxe en día xa case ninguén nega o cambio climático, pero os enganos que circulan sobre o mesmo non só teñen que ver coa súa existencia. Hai moitos mitos sobre as súas causas, sobre as súas implicacións e por suposto ao redor das súas solucións. Falamos dun problema moi complexo sobre o que aínda hai moito por saber, pero que xa nos está afectando: as súas consecuencias non forman parte dun futuro distópico afastado senón que xa son realidades. Tampouco existe unha solución única e máxica para frealo, e poñer escusas ou botar balóns fose para evitar facerlle fronte tampouco axuda a manexar o problema.

Dende hoxe, e diariemente, intentaremos desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático. Comezamos!

1. O EFECTO INVERNADOIRO É UN PROBLEMA AMBIENTAL


Aínda que son termos que van da man, o efecto invernadoiro é unha cousa e o cambio climático outra. O efecto invernadoiro en si mesmo non é un problema, de feito é un fenómeno natural decisivo para a vida tal e como a coñecemos na Terra e refírese á capacidade dalgúns dos gases que hai na atmosfera de reter parte da calor que chega dende o Sol e evitar que volva ao espazo. O problema é que a acción humana fixo que aumente tanto a cantidade de gases con efecto invernadoiro que se está provocando un quecemento global extra.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es