Blogia
vgomez

ZONA VERDE

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XX (FIN)

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é Reino Unido. A 26ª Conferencia das Partes (COP 26) celebrarase en Glagow (Escocia-Reino unido) en novembro de 2020.

E así remata esta serie sobre medio ambiente.

Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e globalcitizen.org

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XIX

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é Madrid. A conferencia estaba orixinalmente planificada para realizarse en Brasil, pero o goberno dese país desistiu a fins de 2018. Chile asumiu a presidencia e, por tanto, a organización do evento, establecendo como sede o Parque Bicentenario de Cerrillos, en Santiago de Chile. Con todo, o goberno chileno suspendeu a realización da conferencia a pouco máis dun mes da súa celebración, debido á serie de protestas ocorridas nese país, sendo cambiada a súa sede á Madrid, iso si, baixo a presidencia de Chile.

E imos coa pregunta de hoxe e última desta serie!

19. Onde se celebrará a 26ª Conferencia das Partes (COP 26) de 2020?

- Francia

- Italia

- Reino Unido

Mañá a solució!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e globalcitizen.org


OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XVIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é 1997. O protocolo foi adoptado o 11 de decembro de 1997 en Kioto, Xapón, pero non entrou en vigor ata o 16 de febreiro de 2005. En novembro de 2009 eran 187 os estados que o ratificaban. Estados Unidos, que era cando se asinou o protocolo o maior emisor de gases de invernadoiro4​ (desde 2005 o é China), nunca o ratificou.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. A 25.ª conferencia das partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP25), celebrouse entre o 2 e o 15 de dicembro de 2019 en...

- Chile

- París

- Madrid

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es Imaxe: miteco.gob.es


OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XVII

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é ao contedor amarelo. O mesmo sucede cos tapóns fabricados con diferentes polímeros plásticos que irán ao mesmo contedor: o amarelo. Outra cousa son os tapóns de rosca que irán xunto coa botella ao contedor verde (iglú).

E imos coa preguinta de hoxe!

 

17. En que ano se adoptou o Protocolo de Kioto?

- 1997

- 2015

- 2019

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es Imaxe: es.slideshare.net


O PROPÓSITO AMBIENTAL DO MES: XANEIRO 2020

Que se deixar de fumar, que se aprender un idioma, que se apuntarse ao ximnasio... Os propósitos do ano novo adoitan ser pequenos xestos para mellorar algún aspecto da nosa vida: estar máis saudables, ter mellor forma física, poder viaxar máis... Pero, que che parecería se a este 2020 sumamos un propósito para tentar mellorar o planeta?

Cada mes, deixareiche un xesto que ir incorporando a túa vida diaria para empregar moitos menos plásticos.

Comezamos!

1. XANEIRO 2019: Á compra con tuppers e tarros



Normalmente, cando vas ao supermercado a por algo para comer como unhas pezas de froita, doces, carne ou peixe, esta acaba nun envoltorio ou pequena bolsa de plástico que á súa vez acaba dentro doutra bolsa. Iso, supoñendo que o produto non vaia de seu sobreenvasado: envolto e sobre unha bandexa de poliespán envolta en papel filme. Este xaneiro, podes propoñerche evitar todos eses plásticos cuxa vida remata nada máis chegar a casa e colocar a comida no frigorífico e o  frutero. Como? Indo á compra con tuppers, tarros e varias bolsas ou mallas pequenas de tea, e tentando comprar a granel.

Nos supermercados non adoitan poñer ningún tipo de péga a que o carniceiro ou peixeiro garde o produto directamente nun tupper (moito menos en tendas de barrio e establecementos especializados en produtos a granel) e unha vez que te afás é moito máis cómodo: ao chegar a casa xa terás todo en recipientes, listo para gardar na neveira. Ademais, podes tentar facer parte da túa compra en tendas de produtos a granel. Non só poderás comprar a cantidade exacta de legumes (ou pasta, ou café, ou froita…) que necesites, senón que ademais evitarás ter que tirar bandexas ou envases de plástico extra. Actualmente hai tendas a granel, mesmo de produtos de limpeza, en practicamente todas as provincias españolas.

A intentalo!

FONTE: P. Cantó/ Verne/elàis.com Ilustración: L. Bou

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XVI

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é Gro Harlem Brundtland. O termo desenvolvemento sustentable utilizouse por primeira  vez no Informe Brundtland, realizado pola ex-primeira ministra norueguesa Gro Harlem Brundtland (Baerum-Noruega, 1939).

E imos coa pregunta de hoxe!

16. En que contedor débense tirar as cortizas de botella?

- Azul

- Amarelo

- Verde (xenérico)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e ecoembes.com Imaxe: catadelvino.com

 

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XV

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é ambos. En efecto, ningún destes obxectos deben acabar no contedor amarelo. Pero, a pesar de que hai obxectos de vidro que non son reciclables mediante o procedemento habitual, en España somos bos recicladores de vidro. Por exemplo, só no noso país, durante o ano 2016 recicláronse un total de 753.509.183 quilogramos de vidro. É máis, se puxésemos as botellas recicladas desde 1998 una tras outra, a distancia que ocuparían sería 9 veces a distancia entre a Terra e a Lúa.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Quen acuñou o termo “sustentabilidade”?

- Naomi Klein

- Rachel Carson

- Gro Harlem Brundtland

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e playbuzz.com Imaxe: esambiental.com.br

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XIV

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é satisfai as necesidades do presente sen comprometer as posibilidades das xeracións futuras. O desenvolvemento sustentable é a capacidade dunha sociedade para cubrir as necesidades básicas das persoas sen prexudicar o ecosistema nin ocasionar danos no medio ambiente. Deste xeito, o seu principal obxectivo é perpetuar ao ser humano como especie, satisfacendo as súas necesidades presentes e futuras, mediante o uso responsable dos recursos naturais.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Sabes cal destes obxectos non deben tirarse no contedor de vidro (iglú verde)?

- Un vaso

- Unha lámpada

- Ambos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e nationalgeographic.com.es