Blogia

vgomez

PLANTAS CURIOSAS X

Rosa negra / Imaxe: bebee.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

10.  
Rosas negras. A roseira é un arbustos do xénero Rosa e da familia das Rosaceae con máis de 100 especies. Moitas delas son nativas de Asia e un número menor procede de Europa, América do Norte e África noroccidental. Todas elas forman un grupo de arbustos erectos e plantas trepadeiras ou rastreiras, con ramas que frecuentemente están protexidas por espiñas.

Xa na antigüidade grega foi considerada a raíña das flores. A súa beleza e o seu arrecendo fan que na actualidade sexa a flor máis cultivada do mundo e que se empregue tanto na xardinaría ornamental como na floristaría e na industria da perfumaría.

Pero poucas veces atopamos, de forma natural, rosas de cor negro. Pero hai un lugar onde si florecen desa cor. É un pobo pantasma, mergullado baixo as augas do río Éufrates. É a aldea de Halfeti, ao sur de Turquía. Alí as flores nadas vermellas como o sangue tórnanse no verán escuras ata alcanzar o negro máis sofisticado.

Mañá outra!

PROTAGONISTAS DA GRAN OXIDACIÓN?

Unha das imaxes do posible fósil, atopado en rochas de Sudáfrica / Andrea Corpolongo

Historicamente, o ser humano viuse a si mesmo como o cume da natureza. Pero o rexistro fósil di algo moi distinto. Durante a maior parte da historia da Terra, os únicos seres vivos que existiron foron microorganismos como as bacterias; estas viviron desde hai uns 3.800 millóns de anos (ou mesmo antes) e aínda hoxe dominan o planeta. De feito, as plantas terrestres e os mamíferos non apareceron ata moito máis tarde, hai uns 850 millóns de anos e uns 320 millóns de anos, respectivamente, mentres que os humanos non apareceron ata hai uns centos de miles de anos. Máis que dominar, o home acaba de chegar a un lugar no que outros seres fixéronlle un oco.

E non só é o noso caso. A vida tal como coñecémola existe grazas a unha gran catástrofe: a Gran Oxidación. Hai uns 2.400 millóns de anos un grupo de bacterias (cianobacterias) comezou a facer a  fotosíntesis e a liberar osíxeno á atmosfera. Eses  microbios  oxidaron o planeta e mataron a moitos seres que non puideron soportalo (de feito, hoxe en día o osíxeno séguenos envellecendo e desgastando os nosos libros e máquinas). Pero foi grazas a estas bacterias como, tempo despois, as células complexas, os organismos  multicelulares, os animais e todo o que coñecemos puido aparecer.

Hoxe hai moitas dúbidas acerca de como ocorreu esta Gran Oxidación, porque tivo lugar hai moito tempo e porque os responsables eran minúsculos seres brandos. Andrew Czaja, investigador na Universidade de Cincinnati (Estados Unidos) presentou o pasado mes o que pode ser un  interesantísimo achado: o de supostos fósiles de bacterias que existiron fai 2.500 millóns de anos e que puideron ser algunhas das protagonistas da Gran Oxidación. O achado foi anunciado na Conferencia de Ciencia da Astrobiología, celebrada en Washington (EE. UU.), pero non foi publicado aínda nunha revista científica.

De aí a importancia do posible achado. Estes supostos fósiles existiron uns 100 ou 200 millóns de anos antes da Gran Oxidación, un período no que, segundo Czaja, só atopáronse outros catro microfósiles.

O líder da investigación atopou estes posibles microfósiles nun estromatolito, unha rocha formada pola mineralización dos restos e sedimentos deixados atrás por cianobacterias en épocas pasadas, e que atopou nunha viaxe por Sudáfrica.

O profesor levounas a clase para mostrarllas aos seus estudantes, pero atopou unhas estrañas burbullas. Andrea Corpolongo, estudante de doutoramento de Czaja, comezou a examinalos. Estas burbullas resultaron ser esferas ocas feitas de queróxeno, un material orgánico. Algunhas esferas eran alongadas e outras tiñan estrañas  protuberancias.

Os investigadores non saben que tipo de microbio poden estar a observar, pero como as burbullas acháronse nun estromatolito, suxeriron que debe tratarse de cianobacterias.

Con todo, de ser así, serían unhas moito máis grandes que as actuais: teñen tamaños de 60 a 100 micras (unha  micra é a milésima parte dun milímetro), mentres que a maioría das cianobacterias actuais vai das cinco ás dez.

Ademais, as cianobacterias actuais tampouco teñen estas protuberancias. Estes investigadores sinalaron que lles lembran ás protuberancias que se forman nalgunhas células que atravesan o proceso de xemación, polo cal células grandes reprodúcense asexualmente por medio dunha fragmentación moi desigual.

FONTE: G.L.S./abc.es/ciencia

PLANTAS CURIOSAS IX

 Kigelia africana / Imaxe: dkespanol.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

7.
Kigelia africana, maís coécida como ábore das salchicas ou árbore salchicón. É unha especie de árbore pertencente á familia das bignoniáceas. Orixinaria do
Senegal, pero atópase tamén enTanzania, Mozambique, nos humidais no oeste de Quenia e ao norte de Sudáfrica.

É unha árbore de tamaño medio (10 a 15 m), con amplas e grandes follas pinnadas con 8 a 10 folíolos ovalados de 30 cm de lonxitude. Estas follas son perennes ou  caducifolias, dependendo do clima onde medre. As súas grandes flores (que se abren ábren pola noite) acampanadas con 5 pétalos emiten un cheiro nauseabundo e produce froitos secos. O cheiro atrae aos morcegos que a polinizan. Dan lugar a grandes acios de froita marróns colgantes. A miúdo, considérase que o contido das súas fibras non é comestible para os seres humanos, pero a nivel local cómense cocidos.

Mañá outra!

6 LUGARES FERMOSOS E INUSUAIS DO MUNDO

 

Non pensamos a miúdo nisto, pero o noso planeta é unha fonte de misterios. Nin unha, nin dez e nin sequera vinte vidas serían suficientes para ir a todos os lugares da nosa vasta terra. Pero sabes que? Esta non é unha razón para poñerse triste. Porque vivir aprendendo constantemente cousas novas é moito máis interesante. E hoxe temos a oportunidade de seguir aumentando os nosos coñecementos sobre o noso planeta.

No vídeo superior tes a posibilidade de descubrir 6 lugares fermosos e inusuais do mundo.

E quen sabe, igual pode que visites algún deles na túa vida!

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XI

VERTICAIS: 1. Fisterra 3. Vilán 5. Manzaneda 8. Ártabro 9. Antela

HORIZONTAIS: 2. Pedroso 4. Tambo 6. Farallóns 7. Trevinca 10. Plancha 11. Ortegal 12. Estai

Orografía de Galicia!

PLANTAS CURIOSAS VIII

Strelitzia reginae / Imaxe: waterwisebotanicals.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

7. Strelitzia reginae , máis coñecida como ave do paraíso.
É unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da familia das estrelitziáceas. Planta herbácea (de porte arbustivo cunha altura media de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m), con follas, con longos pecíolos, alternas, pinnatinervadas e dísticas. As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculada.

É orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.

Mañá outra!

CRUCIGRAMA XI

VERTICAIS: 1. Cabo situado na costa coruñesa, en plena Costa da Morte, destino final para moitos peregrinos do Camiño de Santiago 3. Cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas, na provincia de A Coruña 5. Cumio de 1.778 m, situado no Macizo Galaico, na provincia de Ourense, onde se atopa unha estación de esquí 8. Denominación do golfo que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum 9. Lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense.

HORIZONTAIS: 2. Monte situado no concello de Santiago de Compostela, acadando os 641 m e que se atopa a 3 km do casco urbano 4. Illa que atópase no fondo da ría de Pontevedra, pertence ao concello de Poio, e que tivo un uso militar 6. Illas que forman un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como Trileucos no século II a. C. polos gregos 7. Pico da serra do Eixe, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, sendo o maior punto de altitude do territorio galego pois está a 2.127 m de altutude 10. Illa situada na punta nordeste do concello de Ribadeo (Lugo) e que acolle o principal faro da contorna 11. Cabo situado no concello de Cariño (A Coruña), sendo un dos punto máis setentrionais da Península Ibérica, só superado polo cabo da Estaca de Bares 12. Cabo localizado na parroquia de Oia (Vigo). A súa localización privilexiada cara á saída da ría e a súa orientación ao oeste fan deste punto un lugar inmellorable en canto a vistas sobre o Océano e as  Illas Cíes.

OS BOSQUES PODEN SER AS CENTRAIS ELÉCTRICAS DO FUTURO



A maioría das distopías futuristas que retratou a ciencia ficción literaria e cinematográfica mostran un planeta inhóspito,  desertizado, no que a vida natural foi arrasada, ben por puro esgotamento ou por desastre nuclear. Pero a biotecnoloxía pode conseguir que estas predicións funestas non cheguen a cumprirse. Son moitos os científicos e as compañías que se esforzan por atopar fontes de enerxías limpas que permitan manter as subministracións que necesitamos e, ao mesmo tempo, non atenten contra a integridade do planeta. Exploradas, e probadas suficientemente, a enerxía solar ou a eólica, entre as tradicionais, ábrense agora tamén novas posibilidades con tecnoloxías máis disruptivas, que se atreven a imaxinar posibilidades novas.

Unha delas é a proposta dun grupo de estudantes andaluces, quen inventou un sistema para obter enerxía eléctrica a través das plantas. Javier Rodríguez, estudante de  Nanociencia e Nanotecnoloxía na  Universitat Autónoma de Barcelona, e Pablo Manuel  Vidarte e Rafael Rebollo, estudantes de Enxeñería Multimedia de La Salle Universitat Ramon Llull, son os artífices desta idea, xerme de Arkyne Technologies (Bioo) , empresa que ten a dúas deles como cofundadores. A súa carta de presentación é Bioo Lite, unha maceta que xera suficiente enerxía como para cargar un smartphone a través do porto USB que incorpora. O sistema aproveita a materia biolóxica que refugan as plantas durante a  fotosíntese para obter enerxía a un custo mínimo. Nesta mesma liña, o seu novo produto é Bioo Pass Wifi, unha planta que ofrece acceso inmediato a Internet sen necesidade de contrasinais con tan só achegar o teléfono móbil.

O obxectivo de Arkyne Technologies é innovar nun terreo, o das enerxías renovables, onde aínda hai moito percorrido por diante. Utilizando os seus sistemas, Vidarte e os seus socios aseguran que uns 100 metros cadrados de leitugas (á marxe de proporcionar unhas boas ensaladas) serían suficientes para abastecer as necesidades enerxéticas dun fogar familiar. O espazo requirido sería moito menor se, en lugar de vexetación baixa, co que contásemos fose con árbores. “A nosa proposta expón unha simbiose entre tecnoloxía e natureza. En lugar de tallar os bosques poderiamos convertelos nas centrais eléctricas do futuro” asegura  Vidarte.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpaís.es/ciencia