Blogia

vgomez

A CULTURA PONNOS EN CONTACTO CO NOSO POTENCIAL

 

Leva máis de 50 anos subido aos escenarios e defínese a si mesmo como “un xograr”. Un orador e un contador de historias que cre no poder da palabra. Rafael Álvarez, coñecido como ‘O Bruxo’, asegura que tivo que inventar "a súa propia forma de facer teatro” para poder transmitir ao público aquilo que lle importa. Actor de teatro, cinema e televisión, caracterizouse sempre pola súa peculiar interpretación e posta en escena de grandes personaxes do teatro clásico español, como o Lazarillo de Tormes ou O Quixote. Místico e profundo, pero tamén cheo de humor, desde hai uns anos produce e representa a obra ‘Autobiografía dun yogui’. Unha adaptación do libro de quen considera o seu mestre, o yogui hindú Paramahasanda Yogananda. Rafael Álvarez recibiu numerosos premios pola súa traxectoria e interpretación teatral. Entre eles destacan o ‘Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert’ en 2009 e a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2002, máximo galardón que concede o Ministerio de Cultura español.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS X

Rematamos coas de pobos de Galicia!

PLANTAS CURIOSAS II

PLANTAS CURIOSAS II

Orchis italica / Imaxe: quedeflores.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

2. Orchis italica coñecida comunmente como a flor do home espido pola peculiar aparencia do seu labelo.

É unha orquídea que se atopa en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra, arredor do Mediterráneo, por Oriente Medio, e o norte de África. As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, medran dende os tubérculos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides. A inflorescencia que é erecta en espiga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O tallo está cuberto por unha bráctea cor verde até 2/3 da súa lonxitude.

Presenta unha densa floración con flores pequenas en forma cónica. Os tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos, estes extremos soltos dos dous laterais cúrvanse cara arriba e o central arquéase cara abaixo. Forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor púrpura con liñas converxentes de ton máis intenso. O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes, é de cor rosa esbrancuxada e está profusamente moteado con puntos de rosa máis intensa. O labelo presenta tres lóbulos, o central, máis ancho, ten dúas identacións profundas (no centro sobresae un floco moito máis fino que os flocos que quedan a ambos lados), e dous lóbulos máis pequenos e delgados un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara afora e cara arriba. Ten ademais dous pétalos moi reducidos no interior que non se observan a simple vista. Florece desde marzo até xuño. A cor pode variar desde a esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Mañá outra!

SOPA DE LETRAS X

ABEGONDO           ARZÚA           CARNOTA          CEDEIRA

MONTERREI          ENTRIMO       CEA                    LEIRO

ARBO                     BUEU             FOZ                    COMBARRO

MONTERROSO      CHANTADA    CERVANTES        GONDOMAR

PLANTAS CURIOSAS

PLANTAS CURIOSAS

Flor de colibríes verdes/ Imaxe: verne/elpais.com/twitter.com/Melitaea

A natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

Con esta serie, imos coñecer plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas. Comezamos!

1. Crotalaria cunninghamii, tamén coñecida como flor de colibríes verdes.

Ë unha planta da familia Fabaceae, a das  leguminosas. É nativa e estendida no interior do norte de Australia. Leva o nome do botánico de principios do século  XIX Allan Cunningham. É unha planta  colonizadora de dunas de area inestables.

É un arbusto perenne que medra ata aproximadamente 1 a 3  m de altura. Ten ramas  peludas ou lanosas e follaxe verde opaca. As follas ovaladas son de ao redor de 30 mm de longo, as flores grandes e verdes do chícharo están raiadas con liñas negras finas, e as  vainas de sementes en forma de club son ata 50 mm de longo. As flores da planta medran en espigas longas nos extremos das súas ramas. A flor parécese moito a un colibrí que esta unido polo seu pico ao talo central da cabeza de flor.

Mañá, outra!


CINE: ELCANO E MAGALLANES, A PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO

 



 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Elcano e Magallanes, a primeira volta ao mundo", unha cinta de animación "non documental" sobre "unha das fazañas multiculturais máis importantes da historia, co fin de resaltar a España e a figura de Juan Sebastián Elcano que é pouco coñecida no  mundo. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Elcano e Magallanes, a primeira volta ao mundo

Título Orixinal: Elcano y Magallanes, la primei¡ra vuelta al mundo

Xénero: Animación

Nacionalidade: España

Ano: 2019

Produtora: Dibulitoon Studio / TVE / ETB

Duración: 89 minutos

Director: Anxo Alonso

Guión: José Antonio Victoria, Garbiñe Losada

Música: Joseba Beristain


Sinopse: Unha das aventuras máis emocionantes xamais contada: A Primeira Volta ao Mundo. Unha viaxe circular que empeza onde acaba, pero a partir do cal nada será igual. Esta é a crónica de dous navegantes que colleron o temón da historia para cambiar o rumbo da humanidade. Unha viaxe que se iniciou baixo o mando de Fernando de Magallanes e que concluíu Juan Sebastián Elcano, o verdadeiro protagonista desta historia. Tormentas, fame, tribos e todo tipo de incribles aventuras interpoñeranse no seu camiño. Cinco embarcacións partiron do porto de Sevilla en 1519. Tres anos despois só unha conseguiu volver, completando así unha aventura ao redor dun planeta cuxa  redondez quedou finalmente demostrada.

Interesante!

NON HAI METANO EN MARTE

Recreación artística da sonda ExoMars, frenando para colocarse na órbita sobre Marte / ESA/ATG MEDIALAB

O penúltmo fin de semana de xuño, a axencia espacial norteamericana (NASA) informou da detección, por parte o rover Curiosity (o laboratorio móbil situado na superficie de Marte), da "maior cantidade de metano que se mediu durante a misión". O metano pode ser de orixe orgánica ou xeolóxica. A primeira hipótese espertou o soño de detectar indicios de vida no planeta vermello. Con todo, o equipo do  orbitador TGO da misión ExoMars (das axencias espaciais europea e rusa, ESA e  Roscosmos) desménteo. “Non hai metano en Marte nin o houbo nos últimos 350 anos”, afirma o  astrofísico español e integrante deste último equipo científico, José Juan López Moreno.

O Curiosity, a pasada fin de semana, segundo a NASA, informou detectar 21 partes de metano por mil millóns de unidades por volume, tres veces máis da cantidade supostamente rexistrada durante unha proba en 2013. Con todo, pouco despois, os niveis diminuíron a unha parte por mil millóns por volume, parámetros normais que se detectan de forma habitual.

A propia axencia recoñece que o Curiosity carece de instrumentos para identificar a orixe do metano e considera que o achado foi un “penacho” transitorio que non se corresponde con ningún patrón que o asocie cunha fonte permanente de emisión.

"O misterio do metano continúa. Estamos máis motivados que nunca para seguir medindo e unindo os nosos cerebros para descubrir como se comporta o metano na atmosfera marciana", dixo Ashwin Vasavada, científico do proxecto Curiosity.
 
López Moreno discrepa e descarta que haxa misterio sobre o metano en Marte porque sinxelamente non hai nin o houbo, polo menos, en máis de tres séculos e medio. Aválao o seu equipo nunha investigación publicada en Nature en función dos datos dos equipos a bordo do TGO, denominados NOMAD e ACS e deseñados especificamente para medir a composición da atmosfera de Marte e a distribución en altura de cada compoñente. Estes equipos, “cunha precisión igual ou maior á dos sistemas do  Curiosity” e moi superior aos instrumentos a bordo de Mars Express, segundo o astrofísico español, orbitan desde 2018 o planeta vermello a 400 quilómetros de altura e non detectaron nunca concentracións de metano superiores a 0,05 partes por mil millóns.

O científico do equipo europeo e ruso cre que se pode tratar dun erro na lectura da  espectografía ou que non identificasen que a fonte do gas sexa o propio rover Curiosity, xa que pode concentrar ata 1.000 veces máis metano que o que puidese existir na atmosfera.

FONTE: Raul Limón/elpais.es/ciencia

O FARO DE CHIPIONA

Faro de Chipiona / Imaxe: cadiztur.com

A súa característica principal é que é o faro máis alto de España, o terceiro de Europa e o quinto de todo o mundo. Atópase e Chipiona (Cádiz-Comunidade Autónoma de Andalucia).

A súa construción estivo a mans do enxeñeiro catalán Jaime Font e foron necesarios catro anos para culminar a súa edificación no ano 1867.

Construíuse para indicar a entrada do río  Guadalquivir,  ten 69 metros e 322 chanzos para chera á súa parte máis alta.

Foi mencionado na época romana en textos de Pomponio Mela (xeógrafo latino) e Estrabón (xeógrafo, viaxeiro e historiador grego) como un potente faro en Caepionis, hoxe Chipiona, para advertir aos navegantes que pretendían remontar o río Betis dos peligrosos escollos de Salmedina, non quedando ningún tipo de restos daquela construción.

FONTE: cadiztur.com