Blogia

vgomez

APOLO XI: 50 ANOS

 

Dentro duns días cumpriranse 50 anos da chegada do home á Lúa: Apolo 11. Esta misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, aluando o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar.

A tripulación do Apollo 11 estaba composta polo comandante da misión Neil A. Armstrong, de 38 anos; Edwin E. Aldrin Jr., de 39 anos e piloto do LEM, alcumado Buzz; e Michael Collins, de 38 anos e piloto do módulo de mando.

O comandante Neil Armstrong foi o primeiro ser humano que pisou a superficie da Lúa, o 20 de xullo de 1969 ás 2:56 (hora internacional UTC) ao sur do Mar da Tranquilidade (Mare Tranquillitatis), seis horas e media despois de ter aluado.

Nos dous vídeos superiores tedes o documental, emitido pola Canle Historia, sobre a carreira espacial entre a Unión Soví­etica e Estados Unidos a mediados do século  XX. Os avances, programas e misións que ambas as nacións levaron a cabo para ser os primeiros en poñer a un home sobre a superficie da Lúa.

Monento histórico!

PLANTAS CURIOSAS IV

Psychotria elata / Imaxe: floresyplantas.net

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

3. Psychotria elata, máis coñecida como flor do bico ou beizos de muller debido á forma das súas brácteas, que conforman nun momento do proceso de floración, a forma duns sensuais beizos pintados de carmín. Trátase dunha planta arbustiva, da orde das Gentianales e da familia das Rubiaceae, orixinaria do Putumayo colombiano que crece no sotobosque tropical en Centroamérica e América do Sur, polo que a podemos  encontar ao pé das árbores dos bosques tropicais e a beiras de mananciais e arroios en Costa Rica, Panamá, Colombia e Ecuador. As súas follas son grandes, de cor verde intensa, con veas secundarias elevadas no feixe e planas no envés, que poden chegar a medir uns 25 centímetros de longo e entre 6 e 8 de anchura.orde das  Gentianales da familia das  Rubiaceae

A rechamante forma destes beizos, que moitos pensan erroneamente que se trata da súa flor, son un par de brácteas grandes de cor vermella intensa que protexen ás súas flores pequenas e brancas, polo que son follas modificadas que acompañan ás flores, protéxenas e ás veces, como neste caso, cambian de cor para atraer polinizadores como colibríes e bolboretas.

Mañá outra!

PLANTAS CURIOSAS III

PLANTAS CURIOSAS III

Drácula simia / Imaxe: supercurioso.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

3. Drácula simia, máis coñecida como orquídea cara de mono.

Estas orquídeas proveñen do sueste do Ecuador e dos bosques peruanos, onde florecen durante todo o ano en elevacións de 2.000 metros de altura. Descuberta en 1978 polo botánico Luer. O seu nome científico provén de Drácula polos dous espolóns longos dos sépalos, que lembran os cabeiros do vampiro máis famoso, e simia , pola  carita do mono que aparece no seu interior.

Cada flor é diferente, non todas teñen a mesma imaxe e conta con mais de 120 especies, que ofrecen unha gran variedade de cores e tamaños: desde as máis diminutas que precisan dunha lupa para observalas ata as de 20 cm. de anchura.

Mañá outra!

 

REFLEXIÓNS PARA ACADAR A FELICIDADE

O Dalái Lama / Imaxe: Instagram@dalailama

O actual Dalái lama (océano de sabedoría),líder espiritual do lamaísmo ou budismo tibetano, é Tenzin Gyatso (1935, 84 anos), proponnos algunhas reflexións para acadar a felicidade:

“O home sorpréndeme, porque sacrifica a súa saúde para gañar diñeiro. Logo sacrifica o seu diñeiro para recuperar a súa saúde. Logo é tan ansioso sobre o futuro que non goza o presente; como resultado non vive no presente nin o futuro; o home vive coma se nunca fóra a morrer, e morre coma se nunca vivise”.

“A maioría dos nosos problemas teñen a súa orixe no apego a cousas que de forma errónea cremos permanentes”.

“O verdadeiro propósito desta vida é a felicidade, a cal é sostida por esperanza. Non temos ningunha garantía a futuro pero vivimos coa esperanza de algo mellor. Esperanza significa seguir tentándoo, pensar que se pode facer”.

“Só existen dous días no ano nos que non podes facer nada. Un chámase onte e outro mañá. Por tanto, hoxe é o día ideal para amar, crecer, facer e vivir”.

“Ás veces as cousas saen mal, iso é normal, pero temos un dito no Tíbet: ‘Nove veces fallas, nove veces volves tentar”.

“Pensar que o futuro da humanidade solucionarase con rezos e pregarias relixiosas non é realista. Hai que tomar acción. Facer algo”.

Reflexións moi profundas!

A CULTURA PONNOS EN CONTACTO CO NOSO POTENCIAL

 

Leva máis de 50 anos subido aos escenarios e defínese a si mesmo como “un xograr”. Un orador e un contador de historias que cre no poder da palabra. Rafael Álvarez, coñecido como ‘O Bruxo’, asegura que tivo que inventar "a súa propia forma de facer teatro” para poder transmitir ao público aquilo que lle importa. Actor de teatro, cinema e televisión, caracterizouse sempre pola súa peculiar interpretación e posta en escena de grandes personaxes do teatro clásico español, como o Lazarillo de Tormes ou O Quixote. Místico e profundo, pero tamén cheo de humor, desde hai uns anos produce e representa a obra ‘Autobiografía dun yogui’. Unha adaptación do libro de quen considera o seu mestre, o yogui hindú Paramahasanda Yogananda. Rafael Álvarez recibiu numerosos premios pola súa traxectoria e interpretación teatral. Entre eles destacan o ‘Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert’ en 2009 e a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2002, máximo galardón que concede o Ministerio de Cultura español.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS X

Rematamos coas de pobos de Galicia!

PLANTAS CURIOSAS II

PLANTAS CURIOSAS II

Orchis italica / Imaxe: quedeflores.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

2. Orchis italica coñecida comunmente como a flor do home espido pola peculiar aparencia do seu labelo.

É unha orquídea que se atopa en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra, arredor do Mediterráneo, por Oriente Medio, e o norte de África. As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, medran dende os tubérculos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides. A inflorescencia que é erecta en espiga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O tallo está cuberto por unha bráctea cor verde até 2/3 da súa lonxitude.

Presenta unha densa floración con flores pequenas en forma cónica. Os tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos, estes extremos soltos dos dous laterais cúrvanse cara arriba e o central arquéase cara abaixo. Forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor púrpura con liñas converxentes de ton máis intenso. O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes, é de cor rosa esbrancuxada e está profusamente moteado con puntos de rosa máis intensa. O labelo presenta tres lóbulos, o central, máis ancho, ten dúas identacións profundas (no centro sobresae un floco moito máis fino que os flocos que quedan a ambos lados), e dous lóbulos máis pequenos e delgados un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara afora e cara arriba. Ten ademais dous pétalos moi reducidos no interior que non se observan a simple vista. Florece desde marzo até xuño. A cor pode variar desde a esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Mañá outra!

SOPA DE LETRAS X

ABEGONDO           ARZÚA           CARNOTA          CEDEIRA

MONTERREI          ENTRIMO       CEA                    LEIRO

ARBO                     BUEU             FOZ                    COMBARRO

MONTERROSO      CHANTADA    CERVANTES        GONDOMAR