SOLUCIÓN CRUCIGRAMA X

VERTICAIS: 1. Pomelo 2. Améndoa 3. Mandarina 4. Uva 6. Claudia
HORIZONTAIS: 2. Abelá 5. Mazá 6. Castaña 7. Granada 8. Caqui 9. Noz 10. Piña

VERTICAIS: 1. Pomelo 2. Améndoa 3. Mandarina 4. Uva 6. Claudia
HORIZONTAIS: 2. Abelá 5. Mazá 6. Castaña 7. Granada 8. Caqui 9. Noz 10. Piña

VERTICAIS: 1. Froita cítrica que pertence á familia das rutáceas e que procede da árbore Citrus paradisi. Duns 15 centímetros de tamaño, está recuberta cunha casca grosa e carnosa, amarela ou rosácea 2. Froito da amendoeira 3. Froito dunha árbore da mesma familia ca a laranxeira, máis pequeno ca a laranxa e cunha pel que se desprende facilmente 4. Froito da vide 6. Variedade de ameixa moi doce, de forma redonda, pel de cor verde e polpa amarelada.
HORIZONTAIS: 2. Froito de forma case esférica e cuberto dunha casca dura, que encerra unha semente oleaxinosa comestible de cor branca e sabor agradable, que moitas veces forma parte das tabletas de chocolate 5. Froito comestible de carne branca e pel fina de cor verde amarela ou vermella segundo as variedades e da que tamén se obtén a sidra 6. Froito comestible do Castanea sativa, que é o elemnto esencia dunha festa popular galega que se celebra no inverno 7. Froito da milgranda, de forma arredondada, casca dura dunha cor amarelada tirando a vermella, carne constituída por moitos grans de cor granate ou vermella escura, de sabor doce, que conteñen gran cantidade de zume 8. Froito do Diospyros kaki (fíxate no nome) 9. Froito da nogueira, que consta dunha parte carnosa e comestible, a semente, e dunha casca leñosa e dura dividida en dúas metades 10. Froito comestible dunha planta tropical americana, o ananás, de aspecto parecido ao froito do piñeiro.

Esquema do feixe de luz xerado cunha velocidade de rotación controlable / U.C./ JILA
Un equipo de investigadores liderado por científicos españois observou unha nova propiedade da luz que no futuro podería ter aplicacións no estudo e manipulación dos entes máis pequenos da natureza como átomos, proteínas, moléculas e virus.
O achado suma unha nova calidade da luz que pode medirse e controlarse. O láser é unha variante de luz amplificada e focalizada que ten un enorme interese científico e médico debido a que se pode controlar a súa dirección, intensidade e lonxitude de onda. O novo descubrimento céntrase na capacidade de acelerar ou frear a velocidade de rotación dun feixe de luz, algo que os autores do descubrimento denominan "auto torque", unha palabra prestada do inglés.
“É unha nova propiedade que ata agora non se observou”, explica Laura Rego, física óptica da Universidade de Salamanca e primeira autora do estudo, publicado na prestixiosa revista Science e destacado na súa portada.
Rego compara o seu descubrimento cun condutor que move as súas dúas mans en diferentes sentidos para virar o volante. “Nós predixemos teoricamente e observado de forma experimental que o mesmo é posible con feixes de luz. Podemos cambiar a velocidade de rotación, é dicir, cambiar o momento angular da luz, algo que ata agora non se fixo”, explica esta física óptica de 25 anos. Trátase dunha propiedade natural da luz. O feixe, unha vez creado nas condicións adecuadas, ten a capacidade de acelerar ou frear a súa rotación por si só.
Hai 30 anos desenvolvéronse feixes de luz láser que se desprazan rotando ao redor dun punto, unha especie de tornado lumínico. Do mesmo xeito que un bulebule, estes feixes poden atrapar moléculas e partículas cun tamaño de milmillonésimas partes dun metro e facelas virar, o que permite observalas en tres dimensións. O ano pasado, o estadounidense Arthur Ashkin gañou o Nobel de Física polo desenvolvemento destas “ferramentas de luz” e a súa aplicación ao mundo da bioloxía. Este tipo de luz tamén serve para almacenar e transmitir información e para o entrelazamiento cuántico de partículas.
Ata agora só puidéronse crear bulebules de luz cunha velocidade de rotación constante. Rego, xunto ao seu compañeiro Carlos Hernández-García e o seu xefe de grupo, Luís Plaja, todos da Universidade de Salamanca, realizaron os cálculos teóricos que demostraban que esa velocidade pode ser variable. Con eses cálculos na man contactaron con científicos de JILA, un dos principais centros de investigación en física e fotónica de EE UU, situado na Universidade de Colorado (EE UU). Alí existen as instalacións necesarias para desenvolver este tipo de feixes de luz, un equipamento cun custo duns dous millóns de euros, explica Hernández-García. “Primeiro créanse feixes de luz láser infravermella focalizada intensamente sobre unha nube de gas. Ao cruzala, os pulsos de láser transfórmanse en feixes con forma de vórtice cunha lonxitude de onda próxima á dos raios X e cuxa velocidade é variable ao longo do tempo”, explica.
“Por agora este achado non ten unhas aplicacións directas para mellorar os móbiles ou o almacenamento de memoria, pero si é unha ferramenta boa para estudar a dinámica electrónica en tempos moi curtos que van desde unha milbillonésima de segundo a unha trillonésima de segundo. Son os tempos máis curtos nos que se pode facer ciencia con luz. Isto dános un novo grao de liberdade, pois incluímos poder controlar o factor tempo”, resalta.
“É un descubrimento físico fundamental”, opina o biofísico Ricardo Arias González, introductor en España das pinzas ópticas con aplicacións biolóxicas. “É algo que se esperaba e eles demóstrano e dan a receita para conseguilo”, resalta.
É relativamente habitual que os físicos que traballan neste campo non saiban predicir as aplicacións dos seus achados. “Atkins descubriu que se podía facer atrapamiento cuántico de átomos, pero ata que non se aplicou a células e virus, moitos anos despois, o seu descubrimento permaneceu case oculto. Agora é a técnica estrela para manipular nanopartículas biolóxicas e estase investigando con partículas magnéticas controladas con luz para que xeren calor e destrúan tumores ou que liberen fármacos. Hai todo un campo por explotar, pero require moito tempo de investigación”, resalta.
“Este traballo ten implicacións moi diversas”, di Juan José García-Ripoll, do Instituto de Física Fundamental (CSIC). “A luz pode exercer forzas sobre partículas lixeiras, como átomos e moléculas. Neste caso a partícula sería moi sensible á estrutura do tornado ou bulebule de luz que construíron. Tamén ocorre que as moléculas e átomos pódense excitar pola acción destes pulsos de luz. O momento angular, como se argumenta no artigo, pode servir para excitar determinadas transicións e non outras”, destaca.
FONTE: Nuño Domínguez/elpais.es/ciencia

Roseis dun avión / Imaxe: microsiervos.com
Os avións, co seu ruído, o seu consumo de inxentes cantidades de combustible e as súas emisións, son unha das creacións humanas que máis alteran o medio. Agora un estudo ofrece datos sobre outra das súas perturbacións: os seus ronseis no ceo. O traballo destaca que están a ter un impacto sobre o clima maior que os gases de efecto invernadoiro que saen das turbinas dos aparellos. O peor é que, segundo os seus cálculos, o quecemento provocado por estas nubes artificiais triplicouse en 2050.
Estes ronseis de condensación, coñecidas no ambiente da ciencia atmosférica como contrails, fórmanse tras o paso dos avións. Mediante a complexa interacción entre partículas emitidas polos motores e o aire, a humidade deste condénsase formando estas nubes. As aeronaves xeralmente voan a unha altitude, na parte superior da troposfera, onde esa humidade está en forma de cristais de xeo. Ao paso do avión estes agrúpanse ao redor das partículas de carbono e pasan directamente a estado gaseoso. Fórmanse así cirros artificiais indistinguibles dos naturais.

Os mapas mostran o quecemento (medido en milivatios por metro cadrado) inducido polas contrails en (a) 2006 e (b) 2050. Á dereita, a radiación estimada para o mesmo ano, pero tendo en conta (c) o extra de calor provocada polo quecemento global ou (d) a mellora na eficiencia dos motores / Bock y Burkhardt, Atmos. Chem. Phys., 2019
Agora, dúas físicas atmosféricas do Centro Aeroespacial Alemán (DLR), estimaron o impacto no clima destes ronseis no momento actual e para 2050. O traballo, publicado na revista especializada Atmospheric Chemistry and Physics, conclúe que estas nubes contribúen ao cambio climático máis que os propios gases de efecto invernadoiro (GEI) emitidos polos motores dos aparellos e que a súa achega ao quecemento global triplicarase en 2050 respecto a 2006, ano que usan como punto de partida para o seu estudo.
FONTE: Miguel Ángel Criado/elpais.com/ciencia
Ranga Yogeshwar é o divulgador científico máis prestixioso de Alemaña. Licenciado en física, durante 25 anos conduciu un dos programas de divulgación máis exitosos da televisión alemá. Ao longo da súa traxectoria profesional, recibiu máis de 60 premios, entre os que destacan un doutoramento honorario da Universidade de Wuppertal, a Cruz Federal de Mérito da RFA, a Orde do Mérito do Estado de Renania do Norte-Westfalia e a Orde de Mérito du Grand-Duchei de Luxemburgo. No seu libro ‘Próxima estación: futuro’, arroxa unha mirada optimista respecto a todas as posibilidades que ofrece a tecnoloxía, á vez que alerta da necesidade de establecer unhas normas éticas que a regulen: “Coa intelixencia artificial, poderiamos acabar dándonos conta de cal é o noso verdadeiro valor como humanos”, conclúe.
Yogeshwar, entende a educación como o vehículo principal para converternos na persoa que queremos ser. “A educación é moito máis que aprender algo para ter un traballo, proporciónanos unha visión do mundo. Temos que aprender a vivir nun mundo cambiante, e iso significa que habemos de ter unha educación máis sutil, diferente á educación que coñecemos e coñecemos nas nosas escolas”, sostén.

Armadura medieval / Imaxe: disfracesbacanal.com
Nos exercicios de combate, os cabaleiros mediavais empregaban armas de ferro ordinario que carecían de fío e levaban na punta un botón, como os floretes con que se aprende esgrima. Recibían o nome de armas negras, en oposición á que usaban nos torneos que eran de aceiro filoso e que tiñan o extremo afiado, ou como se dicía entón, a punta en branco. Nesas lizas, os contendentes presentábanse diante do árbitro ou mestre de armas acompañadas dos seus escudeiros, quen portaba helmos cos seus penachos e os respectivos escudos.
A grande pompa desta cerimonia con música de fanfarrias e o espectáculo das armaduras relucentes e os estandartes ao vento quedaron asociados á frase “estar de punta en branco”, que tomou o sentido de mostrarse coas mellores galas.
Pasaron os tempos feudais, pero o devandito subsiste. Só que agora aplícase a calquera que loce impecablemente desde o peiteado ata os pés, ou como nós dicimos "estar de domingo".
Vestido de domingo. Como para un torneo… de elegancia.
FONTE: lasfrasesparahoy.com e outros
2 de xullo: Lúa Nova. Eclipse total solar (non visible dende España)
5 de xullo: Afelio (maior distancia da Terra ao Sol:1.521.042.783 km)
9 de xullo: Cuarto Crecente
16 de xullo: Lúa Chea. Eclipse parcial lunar (visisble dende o noso país)
24 de xullo: Cuarto Minguante
Chuvia de meteoros: Delta-Acuáridas: do 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo o 29 de xullo. Son causadas polo cometa 96P/Machholz, sendo o seu radiante a constelación de Acuario. Perseidas (bágoas de san Lorenzo): do 13 de xullo ao 26 de agosto, con máximo o 11-12 de agosto. Son causadas polo cometa Swift–Tuttle, tendo o seu radiante na constelación de Perseo.

Simpático porquiño coa súa mensaxe / Imaxe: elconfidencialdeciudadreal.com
Aínda que soe estraño, a mañá do domingo tiña para os veciños de Mota del Cuervo (Cuenca) unha inesperada sorpresa, unha lexión de simpáticos porquiños fabricados 100% con material reciclado invadira o pobo. Todos eles portaban pancartas con diferentes mensaxes nos que podía lerse: “protexe as túas augas do xurro”, “salvemos o turismo”, “non deixes que ensucien o teu pobo de caca”, “a un pobo con amor propio non lle poñen macrogranxas”, “non queremos cheiros pestilentes”, etc.
A curiosa e ecolóxica maneira de protestar contra as macrogranxas porcinas utilizada nunha localidade de Castela-A Mancha en setembro de 2018 foi iniciativa da plataforma veciñal ‘Pobo Sustentable’.
FONTE: elconfidencialdeciudadreal.com