Blogia

vgomez

CREAN UN IMPLANTE QUE TRADUCE AS SINAIS CEREBRAIS EN PALABRAS

Implante que traduce as sinais cerebrais en palabras / Imaxe: elmundo.es

Neuroenxeñieros da Universidade de Columbia, en Nova York (EE. UU.), crearon un sistema que traduce pensamentos nun discurso intelixible e reconocible, o que podería supoñer novas formas para que os computadores comuníquense directamente co cerebro.

Este avance, que aproveita o poder dos sintetizadores de voz e a intelixencia artificial, senta as bases para as persoas que non poden falar, como quen vive con esclerose lateral  amiotrófica (ELA) ou se recuperan dun accidente  cerebrovascular, recuperen a habilidade de comunicarse co mundo exterior.

Décadas de investigación demostraron que cando as persoas falan e mesmo se imaxinan falando, aparecen patróns reveladores de actividade no seu cerebro.

Un patrón de sinais distinto tamén aparece cando escoitamos a alguén falar ou imaxinamos que escoitamos.

O equipo de investigadores recorreu a un “vocoder”, un algoritmo  computarizado que poden sintetizar palabras despois de recibir capacitación en gravacións de persoas que falan. Esta tecnoloxía é a mesma que usa Amazon Echo e Siri Apple.

O equipo planea máis adiante probar as palabras e frases máis complicadas e mesmo aspira a que o seu sistema sexa parte dun implante similar aos usados con algúns pacientes con epilepsia que traducen os pensamentos do usuario directamente en palabras.

“Isto daríalle a alguén que perdeu a súa capacidade de falar, ben sexa por unha lesión ou por enfermidade, unha nova oportunidade de conectarse co mundo”, afirman os investigadores.

Os resultados desta investigación publicaronse onte na revista Nature.

FONTE: efefuturo.com/ciencia

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL V

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é SI. A especie de medusa Turritopsis nutricula podería ser considerada como o único animal no mundo que realmente vive eternamente. Este hidrozoo, de forma acampanada e apenas medio centímetro de lonxitude, non morre tras alcanzar o seu estado adulto, senón que volve á súa forma xuvenil e repite o seu ciclo vital ata alcanzar unha segunda madurez... Este proceso pode repetilo ata un número de veces potencialmente infinito, segundo os científicos. As ameixas e as tartarugas poderiamos consideralas animais “case” inmortais pola súa enorme lonxevidade.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é o animal máis rápido?

- Basilisco común

- Escaravello tigre

- Ácaro

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

SOLUCIÓN AO GRUCIGRAMA III

VERTICAIS: 1. Viena 2. Sevilla 3. Kiev 5. Toledo 6. Alaska 7. Dublín 10. Bueu

HORIZONTAIS: 4. Mérida 8. Alhucemas 9. Rabat 11. León

Foi un pequeno repaso de Xeografía!

CRUCIGRAMA III

VERTICAIS: 1. Capital de Austria 2. Cidade española na que se atopa unha torre albarrana, coñecida como Torre do Ouro 3. Capital de Ucrania 5. Provincia española na que se atopa Consuegra, famosa polos seus muíños de vento 6. É o estado de maior extensión dos que formas os Estados Unidos 7. Capital de Irlanda 10. Concello galego ao que pertencen administrativamente as Illas Ons

HORIZONTAIS: 4. Capital da comunidade autónoma de Extremadura 8. Conxunto de tres illotes españois, situados fronte a costa mediterránea de Marruecos 9. Capital de Marruecos 11. Provincia española na que se atopan As Médulas, as minas de ouro situadas a ceo aberto maís grandes do Imperio Romano

Mañá a solución!

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL IV

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Golfiño.  Cando se trata de memoria a longo prazo, os golfiños superan con fartura aos elefantes. Un estudo da Universidade de Chicago (EE. UU.) concluía que estes mamíferos acuáticos teñen a memoria social máis duradeira xamais rexistrada en especies animais; tanto que son capaces de lembrar e recoñecer o asubío característico doutro golfiño co que conviviron despois de que transcorresen máis de 20 anos sen escoitalo.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Existe algún animal inmortal?

- Si

- Non

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

Portada do libro / Imaxe: labiblos.com

Hoxe celébrase o DÍA DO LIBRO. O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Aínda que noso país a data de celebración está asociada á morte de Cervantes, non é certo, pois morreu o día 22 aínda que foi enterrado o día 23.

Nesta data propónovos o libro, cuxa portada vedes na parte superior: "TRES DÍAS E UNHA VIDA"

Tres días e unha vida de Pierre Lemaitre (París, 1951) coa tradución ao galego de Moisés Barcia Rodríguez (Moaña-Pontevedra, 1971). Un libro de Rinoceronte Editorial S.L. do ano 2019.

Novela de suspense na que se retrata a traxectoria vital dun adolescente que, nun fugaz e  impremeditado arranque de ira, vese envolvido nun crime e debe cargar co horror e a culpa polo resto dos seus días. O relato, dividido en tres momentos  espaciados no tempo (1999, 2011 e 2015), é unha invitación para acompañar o fascinante proceso de formación da psique de Antoine  Courtin, durante o cal se albisca o  lacerante destino dunha persoa que, paradoxalmente, foi vítima da súa propia culpabilidade.

Merece a pena lela!

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL III

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Gurgullo. Os  curculiónidos coñecidos como gurgullos, da familia dos escaravellos, representan unha familia de insectos que se nutren con alimentos vexetais como pode ser a madeira ou grans como o arroz. Hainos dos cereais, das noces, dos fungos... e poden representar unha praga tremendamente molesta.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

3. O animal coa memoria máis duradeira é...

- Golfiño

- Elefante

- Oso formigueiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

EH, QUE ISTO VAI EN SERIO

 

O filósofo e pedagogo José Antonio Mariña desenvolveu ao longo das últimas décadas unha corrente de pensamento que resume na súa proposta de “Pacto Educativo”. Propón unha mobilización da sociedade civil, como compromiso que reúna a familias e escolas a favor do alumnado, para reclamar á clase política que cumpra cos seus compromisos respecto a a mocidade. Inclusión educativa, autonomía pedagóxica, creatividade, motivación, talento e convivencia son algúns dos aspectos que desenvolve en libros como ‘Espertade ao Diplodocus’, ‘O bosque pedagóxico’, ‘Obxectivo: xerar talento’ ou ‘A intelixencia que aprende’. José Antonio Mariña, fundador da Universidade de Pais, é tamén autor do ‘Libro Branco da Profesión Docente’, por encargo do Ministerio de Educación, onde abre o debate sobre as novas correntes de innovación pedagóxica. “España perdeu o tren da Ilustración, perdeu o tren da Industrialización. Se España perde o tren da aprendizaxe, convertémonos no bar de copas de Europa. E eu, para os meus alumnos, non o quero. De maneira que hai que empezar a dicirlle á sociedade: «Eh, que isto vai en serio», e que podemos ter un problema de paro xuvenil crónico gravísimo porque non estamos a poñer as medidas necesarias para atallalo, e é un asunto dunha gran inxustiza social”, conclúe Mariña.