Blogia

vgomez

CRUCIGRAMA II

VERTICAIS: 1. Gota do líquido transparente que segregan as glándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritación ou dunha emoción 3. Escritor galego autor de "Un ollo de vidro" 5. Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras 8. Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal etc., polo xeral negativos 11. Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota

HORIZONTAIS: 2. Considerada a mellor praia do mundo, e que se atopa en Galicia 4. Concello galego no que desemboca o río Miño 6. Peixe mariño comestible da familia dos muxílidos, do que existen diversas especies, de corpo alongado e máis ben cilíndrico, cor gris azulada polo lombo e prateada polo ventre 7. Mítico rei céltico de Galicia 9. Parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza 10. Localidade galega onde se prepara o mellor polbo do mundo 12. O que completa iste dito: "O Miño leva a fama e o ... a auga"

Mañá a solución!

CINE:"MIA E O LEÓN BRANCO"

 

Nesta Semana Santa, chega aos cines a película "Mia e o león branco", unha película familiar que pretende crear conciencia. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Mia et le lion blanco

Año: 2018

Duración: 98 minutos

País: Francia

Xénero: Drama

Produtora: Coproducción Francia-Sudáfrica-Alemania; Galatée Films / Outside Films / Film Afrika Worldwide / Pandora Films / M6 Films / Canal+

Dirección: Gilles de Maistre

Guión: Prune de Maistre, William Davies

Música: Armand Amar

Fotografía: Brendan Barnes

Reparto: Daniah De Villiers, Mélanie Laurent, Langley Kirkwood, Ryan Mac Lennan, Lionel Newton, Lillian Dube, Brandon Auret

Sinopse: Dende que era unha nena, Mia comeza unha relación extraordinaria con Charlie, un cachorro de león branco nado na granxa de leóns dos seus pais en Sudáfrica. Durante varios anos, medrarán xuntos e vivirán unha amizade incondicional. Cando ela cumpre 14 anos, e Charlie xa se converteu nun fermoso león adulto,  Mia descobre que vano vender. Ao saber que o seu amigo está en perigo,  Mia e o león emprenderán unha viaxe a través da sabana en busca dunha terra onde Charlie poida vivir en liberdade.

Boa película para estas vacacións!

O PRIMEIRO VOO DO STRATOLAUNCH

O Stratolaunch, no seu primeiro voo de proba sobre o deserto de Mojave (California). o venres 13 de abril / France Pres/elpais.com

Stratolaunch, o avión máis grande do mundo, voou este sábado por primeira vez, segundo as imaxes difundidas nas redes sociais por testemuñas do despegamento. É un avión que leva desenvolvendo durante anos a compañía dedicada ao lanzamento de foguetes Stratolaunch Systems, impulsada por Paul Allen, o finado fundador de Microsoft.

O despegamento tivo lugar nas instalacións onde se desenvolveu o aparello, no deserto de Mojave, en California, ao norte dos Ánxeles. O avión máis grande do mundo ten unha envergadura de 117 metros, superior ao longo dun campo de fútbol e maior que a de calquera outro avión, aínda que a lonxitude da súa dobre fuselaxe (do morro á cola), 72 metros, é inferior á dalgúns avións comerciais. Está equipado con seis grandes motores como os usados nos Boeing 747. É tan grande que ten dúas cabinas, unha en cada fuselaxe, pero só úsase unha para pilotalo.

O aparello está especialmente deseñado para o lanzamento de satélites. Pode alcanzar unha altura de 35.000 pés (algo máis de 10,5 quilómetros) e desde aí soltar foguetes que se acendan e sitúen en órbita os satélites que transporte.

Decenas de fotógrafos, afeccionados á aeronáutica e especialistas presenciaron o primeiro despegamento do aparello. O avión máis grande do mundo está fabricado principalmente de fibra de carbono para ser á vez lixeiro e resistente e ter unha gran capacidade de carga.

FONTE: cincodias.elpais.com

WORLD PRESS PHOTO 2019

 

Nena chorando na fronteira. Ise é o título da mellor fotografía do ano segundo o concurso World Press Photo 2019. Fíxoa o estadounidense John Moore para a axencia  Getty cando un policía de fronteiras en McAllen (Texas) cacheaba, o 12 de xuño de 2018, a Sandra Sánchez, de Honduras, e nai de Yana, de dous anos.

World Press Photo, foi fundada en 1955 e é unha organización independente sen ánimo de lucro con sede en Ámsterdam (Países Baixos).

Se queres coñecer o resto de finalistas e os gañadores nas diferentes categorias preme AQUÍ.

FONTE: worldpressphoto.org e es.wikipedia.org

EXPERIMENTOS PARA FACER NA CASA

 

No vídeo superior tes 19 experimentos sinxelos para facer na casa e resultados espactaculares.

Iso si, respecta as normas de seguridade!

DATOS RECICLAXE 2018

 

A reciclaxe de envases domésticos medrou en 2018 o mesmo que a suma dos tres anos anteriores. A achega cidadá aos contedores amarelo (envases de plástico, latas e briks) e azul (papel e cartón) aumentou máis dun 12%, unha tendencia que se repetiu en todas as Comunidades Autónomas. Dende Ecoembes, a organización que xestiona a recuperación destes refugallos, cualificouse o ano de "histórico e clave": "Separar o lixo xa é un hábito incontestable que forma parte da paisaxe urbana", afirmase na presentación do informe anual. "Son 36 millóns de cidadáns os que están a lograr este cambio social".

Segundo datos da entidade, cada español achegou 15,7 quilos de envases de plásticos, latas e  briks, un 12,3% máis que en 2017. Respecto a os envases de papel e cartón, cada fogar separou 18,1 quilos, un incremento do 12,4%. Tras este exercicio, a taxa de reciclaxe destes desperdicios, que supoñen aproximadamente o 8% do lixo urbano xerado en España, sitúase no 78,8%, por encima do 65% que esixe a UE para esta tipoloxía de aquí a 2025.

 Segundo as súas estimacións, os 1,4 millóns de toneladas de refugallos reciclados deixaron aforros ambientais de 1,45 toneladas de materias primas, 1,6 toneladas de CO2 e 20,3 millóns de m3 de auga. Ao que hai que sumar 9.400 postos de emprego verde creados.

 En España, cada cidadán xera 460 quilos de lixo ao ano, segundo  Eurostat.

FONTE: elpais.com/espacioeco

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS

Demasiado fácil, non?

HUMOR REAL: "ELECCIÓNS"

 

Xa estamos en Campaña Electoral e o humorista gráfico El Roto (Andrés Rábago García, Madrid, 1947) na súa vineta diaria no xornal El País, trata o tema das diferentes promesas dos partidos políticos.

A bos entendedores pucas palabras!