#DígochoEu: É correcto dicir 'mexericas'?
É correcto dicir mexericas e cal é o significado? Esther acláranolo!
#DígochoEu
É correcto dicir mexericas e cal é o significado? Esther acláranolo!
#DígochoEu
Unha botella de plástico pode tardar ata mil anos en descompoñerse. Unha, mil anos. E cada minuto véndense un millón de botellas de plástico no mundo. Cada minuto, un millón. Uns datos vertixinosos que chocan co uso que lle damos a este material e que se traducen nuns dos maiores problemas ambientais aos que se enfronta o ser humano. “Hai unha cousa que unha civilización intelixente xamais debería facer con semellante material, con semellante tecnoloxía, e é utilizala para fabricar cousas deseñadas para converterse en lixo”, sentencia o economista Manuel Maqueda.
Licenciado en Economía pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito pola UNED, Maqueda é o primeiro profesor de Economía Circular e Regenerativa en Harvard. Este experto en contaminación por plásticos é fundador de varias ONG e empresas sociais e tamén codirector de Albatross, un documental que expón a situación destas aves mariñas acosadas pola inxestión do lixo plástico no océano Pacífico. Nun mundo con excedente de información, o profesor aposta por buscar solucións desde o pensamento sistémico e advirte da aceleración silenciosa dos problemas aos que nos enfrontamos. “En principio, parece que non ocorre nada e, de súpeto, catapún. O cambio climático, a perda de biodiversidade… Todas as alteracións que hai nos ecosistemas son funcións exponenciais”, avisa o experto.
Os esforzos de Manuel Maqueda céntranse en deixar un mundo mellor ás próximas xeracións: “O meu traballo, na educación e nas ONG, ten ese obxectivo: ser un bo devanceiro e facer honra a este tempo tan especial e tan importante que nos tocou vivir”.
O inverno de 2023-2024 no hemisferio norte comeza hoxe, 22 de decembro de 2023 ás 4 horas 27 minutos hora oficial peninsular. Esta estación durará aproximadamente 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2024 co comezo da primavera.
O inicio do inverno no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o Sol presenta a súa máxima declinación sur. O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa menor elevación sobre o horizonte ao mediodía e describe no ceo o arco máis curto. Como resultado, ese é o día con menos horas de Sol do ano. Ademais, durante varios días a altura máxima do Sol ao mediodía parece non cambiar, e debido a iso, ao comezo do inverno tamén se lle chama solsticio de inverno (do latín solstitium, Sol quieto).
O comezo do inverno no hemisferio norte coincide co comezo do verán no hemisferio sur.
Que non sexa moi frío!
FONTE e Imaxe: astronomia.ign.es
O acento diacrítico é un signo ortográfico que se emprega para distinguir dúas palabras homógrafas, pero que se diferencian polo timbre, aberto ou pechado, ou porque unha palabra é tónica e outra átona. Un exeplo témolo en besta e bésta.
#DígochoEu
En galego non comemos *calabacín . Entón cal é a palabra correcta?
#DígochoEu
Que non falte o humor no Nadal / Faro de Vigo/Luis Davila
O Nadal é unha festividade moi arraigada na cultura galega e, por ende, está moi presente na súa fala. Existen unha gran cantidade de palabras e refráns para referirse a esta celebración e as súas tradicións. Con todo, estes termos e expresións non sempre se empregan ben. Institucións como a Real Academia Galega (RAG) lanzan propostas como o Portal das Palabras para promover os vocábulos propios da lingua e fuxir dos castelanismos e erros gramaticais. Aquí se inclúen os termos do Nadal que máis se empregarán nestas datas e que son máis susceptibles de pronunciarse incorrectamente como grilanda, xaneira ou lotaría.
Nadaliña é unha palabra que ten varias acepcións relacionadas co Nadal. Por unha banda é un sinónimo de panxoliña ou vilancico, é dicir, unha canción popular de tema relixioso que se canta nestas épocas. Pero tamén é unha felicitación ou mensaxe de afecto con texto, imaxes e mesmo música que nas proximidades do Nadal se envía a familiares e amigos.
Sen dúbida, unhas das partes preferidas da poboación chegada a época do Nadal é a decoración. Para isto podemos empregar grilandas, que son unha ‘tira de tecido con flores e follar, en forma de onda ou de coroa’, apunta a Real Academia Galega. É un adorno típico nas casas nestas festividades, como tamén o son os festóns, un aderezo de ‘flores e follatos entretecidos formando unha especie de trenza, que se colga por dous puntos en forma de arco’.
Seguindo coa decoración temos o acivro, ao que tamén te podes referir como acevo ou xardón. É da familia das aquifoliáceas, de follas coriáceas e beiras onduladas e espiñentas, co froito en drupa vermello. Arredor desta planta creáronse moitas tradicións ao longo da historia. Os celtas consideraban o acivro sagrado e que atraía a boa sorte. Os xermanos colocaban unha póla del na porta das súas casas para afastar os malos espíritos. É unha planta que resiste as xeadas e que dá o seu característico froito en pleno inverno, polo que se emprega como símbolo da continuidade da vida. Na actualidade é unha especie moi valorada que se atopa en perigo de extinción.
O visgo é a planta que no Nadal se coñece como a planta do amor. A esta planta atribúenselle propiedades ‘máxicas’, existindo tradicións de orixe galaica e celta relacionadas coa fertilidade e o amor. Ate os nosos días chegou a tradición de bicarse cando nos atopamos debaixo dunha póla de visgo. É necesario non confundir esta planta co acivro xa que ambas as dúas se empregan como enfeites de Nadal.
A primeira cita é o sorteo da lotaría do Nadal o 22 de decembro, o xogo de azar no que para gañar teñen que coincidir unha serie de números no boleto.
Coa casa ben decorada e cos amigos convidados chegamos a Noiteboa, do 24 ao 25 de decembro, previa ao día de Nadal. Esta palabra non só se usa para referirse a esta celebración, senón que tamén é unha ave nocturna.
As xaneiras son para o Aninovo o que as nadaliñas para o Nadal: cántigas populares que se recitan o último día do ano para atraer a boa sorte. Tamén, o termo ‘aninovo’ pode utilizarse para referirse a un conxunto de coplas populares que se cantan para despedir o ano que remata e celebrar a entrada do que empeza, informa a RAG.
Na noite vella, a do 31 de decembro, celébrase a tradición de escoitar as badaladas das doce da noite e comer o mesmo número de uvas para entrar no ano con bo pé. O característico son que escoitamos, e que recibe o nome de badalada, prodúcese cando o badalo golpea na campá.
Non poden faltar as palabras para referirnos ao tempo que acompaña estas festas. Nesta caso a invernada é o tempo cru e rigoroso que dura varios días e que é típico do inverno. O frío e o mal tempo dan sentido ás recomendacións de buscar abrigo, e é por iso que nesta listaxe tamén é preciso incluír un refrán típico desta data: No mes de Nadal a carón da lareira vaite sentar. Existen moitas variantes de refráns relacionados co tempo atmosférico, xa sexa polo frío ou polos días curtos e as noites longas.
Para acompañar estas datas sempre hai nas sobremesas uns bos turróns que se compran na turronaría. Pero o turrón tamén ten outras acepcións. Na RAG indican dous significados para esta palabra, ademais do produto que se consome en Nadal: (Animal) que turra ou truca e Que porfía nas súas ideas ou actitudes e non escoita razóns, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal.
FONTE: gciencia.com
Remato coa serie, adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Monarquía federal constitucional e parlamentaria.
Xefe de Estado: Felipe (Philippe Léopold Louis Marie de Belgique) Primeiro ministro: Alexander de Croo
Parlamento: Monarquía parlamentaria. A Cámara de Deputados está composta por 150 membros elixidos directamente mediante un sistema electoral proporcional.
O Senado está composto por 71 membros, dos cales 40 son elixidos directamente (15 polos votantes francófonos e 25 polos flamencos, existindo outros 21 membros procedentes de eleccións de segundo grao en representación das Comunidades). En ambos os órganos as eleccións son cada 4 anos. As tres Rexións contan así mesmo con asembleas lexislativas -Consellos- cuxos deputados son elixidos directamente cada 5 anos. As eleccións provinciais e locais son cada 6 anos.
Niveis de goberno: Baixo o sistema de monarquía constitucional parlamentaria, Bélxica é, desde 1993, un Estado Federal cuxa organización político administrativa divídese en tres niveles: o Estado federal, as Comunidades e as Rexións. Divídese en 3 rexións e 10 provincias: a rexión de Bruxelas, a rexión flamenca con 5 provincias (Anveres, Limburgo, Flandes Oriental, Brabante Flamenco, e Flandes Occidental) e a rexión Valona con outras 5 provincias (Brabante Valón, Hainaut, Lieja, Luxemburgo e Namur)
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer mellor este país.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
Paisaxe con liques en Goginan, Gales, Reino Unido, en marzo de 2023 / Mike Kemp (In Pictures via Getty Images)
Os liques non son plantas, son fungos dun grupo especial que ten unha facilidade moi grande para asociarse con algas e formar iso que chamamos liques. Hainos de moi diversos tipos, pero característicamente son unha asociación simbiótica obrigada dun fungo cun alga unicelular que se presenta como unha colonia dentro do fungo. Liques parecidos aos actuais existen no planeta desde fai máis de 300 millóns de anos, pero os grandes liques son moito máis modernos. Estes acompañan frecuentemente aos bosques ou crecen formando alfombras na tundra ou costras protectoras noutros ambientes inhóspitos.
Cando dicimos que os liques son produto dunha simbiose obrigada, quero dicir que ese fungo non pode vivir se non hai un alga ou bacteria dese tipo, que é o tipo que lle convén, para simbiotizar. Por que a evolución facilitou a aparición dese ser mestura de dúas? Séguese investigando para entender mellor o seu éxito evolutivo, pero seguramente será porque serve para moitas cousas. É moi útil para moitos insectos, serve para refrescar a cortiza das árbores ou para colonizar rochas.
Ese organismo simbiótico que son os liques non teñen raíces, non se meten moito na cortiza, só mantéñense sobre ela e á árbore non lle fan ningún dano, pero proporciónanlle maior frescor e maior humidade na súa cortiza. E sobre as rochas, os liques poden penetrar a metade do seu corpo e iso axuda a ir rompendo a rocha, fan pequenas gretas nas que se forma terra, con ese pouquiño de terra xa pode empezar a desenvolverse musgos e algunhas pequenas plantas o que é o principio dun sistema máis complexo. E co paso de miles de anos pode chegar a formarse chan, así que os liques tamén colaboran na formación de chan sobre as rochas. Pero no que si colaboran en períodos moito máis curtos de tempo é en facer da rocha un sistema habitable cunha biodiversidade grande.
Os liques, grazas á participación do simbionte clorofílico, son fungos que se converten en fotosintéticos. É dicir, vólvense produtores de osíxeno. Isto é unha sorte de marabilla da evolución.
Cada especie de lique é unha especie diferente de fungo, con todo, as algas unicelulares que forman parte deses liques pertencen a uns poucos grupos moi parecidos entre si. Cada especie de lique é un fungo distinto, pero as algas que forman liques poden ser as mesmas ou distintas nuns e noutros.
Dixemos ata o de agora que os liques son organismos compostos por dous seres vivos: fungo e alga unicelular. Pero non sempre é así. Hai algúns liques que no canto de algas están simbiotizados por cianobacterias que son bacterias que poden realizar fotosíntese.
Hai liques en case todos os lugares da Terra. Pero o seu paraíso son as zonas polares. E iso é así porque alí non hai case ningún outro ser clorofílico que sobreviva, por exemplo na Antártida marítima só hai 2 especies de plantas vasculares e ao redor de 300 especies de liques. Alí forman bosques en miniatura tapizando o chan e as rochas, o escaso chan que queda, zonas que permanecen moito tempo sen cubrir pola neve ou que, mesmo, non chegan a cubrirse pola neve. Os liques resisten moi ben as baixas temperaturas e mesmo soportan que conxele a auga que teñen no interior do seu organismo. Cando iso ocorre, o lique entra nun estado letárxico e non lle pasa nada. Ao chegar o desxeo, cando sobe a temperatura, deixan de estar cubertos de neve e chégalles a luz, a auga volve ser líquida e o lique revive.
Pero os liques viven tamén, e ás veces moi ben, en case calquera medio hostil para outros seres vivos, por exemplo nos desertos. Nos desertos de Atacama ou do Kalahari hai uns enormes tapices de liques. Nos nosos mundos tépedos viven dentro dos bosques ou na súa periferia e coexisten con outros seres vivos, en particular coexisten moi ben coas plantas e os insectos. Tamén viven nas rocas espidas ás que chegan a tapizar proporcionándolles bellísimos cores.
Os únicos lugares onde non viven son os ambientes contaminados. Non viven tampouco en lugares moi intervidos polas persoas, non viven nos chans cultivados. Pero é moi de sinalar que non viven nas cidades ou nas contornas dos polos industriais debido á contaminación. Cando en medios tépedos unha non ve liques debe exporse que está a pasar aí.
Houbo un liquenólogo finés moi famoso que viviu longo tempo en París, William Nylander, que xa en 1866 notou a falta de liques en París, nos xardíns de Luxemburgo, e deuse conta de que era polo ambiente urbano que se volvía inhóspito e seco. Estamos a falar xusto da revolución industrial. E os seus estudos sobre a desaparición dos liques en ambientes contaminados son a base dos posteriores traballos sobre o uso dos liques como bioindicadores da calidade ambiental.
FONTE: Ana Crespo de las Casas/elpais.com/ciencia