Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A INDIA? II

Continúo coa serie, que onte empezamos, adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nova Delhi. É desde 1931 a capital da República da India, antes diso a capital era Delhi. É a sede dos poderes executivo, lexislativo e xudicial do Goberno da India.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a cidade máis poboada da India?

- Nova Delhi

- Calcuta

- Bombai

- Bangalore

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: ejeprime.com

#DígochoEu: As partes do traxe de esgrima

 

Hoxe estivemos con con Pilar Garnelo, campioa de España de esgrima da categoría de 16 anos, e repasamos con ela as partes do traxe. Non perdas detalle! 

#DígochoEu

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2023

 

Cada ano prodúcense a nivel mundial máis de 400 millóns de toneladas de plástico e crese que a metade deste material concíbese para unha vida útil dun só uso.

Menos do 10% recíclase.

Estímase que entre 19 e 23 millóns de toneladas de refugallos plásticos terminan cada ano en lagos, ríos e mares. Iso equivale ao peso de ao redor de 2200 Torre Eiffeles xuntas.

Así mesmo, os microplásticos (partículas plásticas cuxo diámetro é inferior a 5 mm) invaden os alimentos, a auga e mesmo o aire.

Estímase que as persoas inxeren máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e mesmo moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas. Os produtos plásticos dun só uso que resultan refugados ou queimados non soamente prexudican á saúde humana e a biodiversidade, senón que igualmente contaminan todo tipo de ecosistemas, desde os picos de montaña ata o leito mariño.

É posible facer fronte ao problema da contaminación por plásticos se se aproveitan os avances científicos e as solucións existentes.

Para resolver esta crise, é necesario que os gobernos, o sector privado e demais partes interesadas amplifiquen e implementen medidas eficaces dirixidas. Por tal motivo, resulta primordial que o Día Mundial do Medio Ambiente mobilice medidas ambientais transformadoras en todos os recunchos do mundo.

Ti eres parte do problema e da solución!

A METÁFORA DA PEDRA DE OURO E O COLAPSO

Licenciado en Física e Matemáticas e doutor en Física Teórica, Antonio Turiel traballa como Investigador Científico no Instituto de Ciencias do Mar do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde hai máis de dúas décadas especializouse no esgotamento dos recursos naturais e dos combustibles fósiles e as consecuencias de escaseza de certas materias primas na futura organización socioeconómica da sociedade.

A través do seu blog The Oil Crash, Turiel comparte o seu coñecemento e reflexións sobre os retos da transición enerxética, os límites do modelo de enerxía renovable eléctrica industrial e a imposibilidade dun desenvolvemento baseado no crecemento infinito nun planeta de recursos finitos, ideas que ampliou nos libros ’Petrocalipsis’ e ’Sen enerxía’. "As renovables poden producir moitísima enerxía, e eu creo que ademais son a clave do futuro enerxético, tanto pola loita contra o cambio climático como pola adaptación ao descenso enerxético. O que pasa é que as enerxías renovables teñen as súas limitacións. Non son todopoderosas, non o poden facer todo. Aínda que certamente van cubrir unha parte importante do noso consumo enerxético, van facer falta facer máis cousas que simplemente poñer sistemas renovables", conclúe o autor.

#DígochoEu: Non digas centro *urbán #DígochoEu

 

Moitos carteis hai por aí que nos indican o centro *urbán, pero é incorrecto!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A INDIA?

A India é un estado situado na Ásia medrional, tal como apreciades na imaxe superior. É un país alucinante, onde a mestura de xentes é espectacular, así como as súas tradicións e cultura. Calculase que neste ano 2023 supere en poboación a China cunha estimación de 1.428.627.700 habitantes.

Ao longo de varios días iremos coñecendo un pouco millor este gran país. Anímaste? Pois comezamos!

1. Cal é a capital da India?

- Bombai

- Nova Delhi

- Bangalore

- Varanasi

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org             Imaxes: es.wikipedia.org e pangea.es

A ORIXE DAS PALABRAS: A PAU SECO



A pau seco é unha locución que se adoita utilizar para indicar que alguén tomou algo sen acompañamento (por exemplo, un viño sen a súa correspondente tapa ou un whisky sen xeo...). Pero esta expresión, orixinalmente, nada ten que ver coa hostalería e si moito coa náutica.

Navegar a pau seco significa ter que recoller as velas do barco por mor dun forte vento ou unha tempestade, polo que hai que ir co mastro (tamén chamado pau) descuberto (ou sexa, seco). Séculos atrás a ese pau seco tamén se lle denominou árbore seca.

FONTE: Rocío Carmona/lavanguardia.com

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXX

VERTICAIS: 1. Celosía 4. Windhoek 6. Radon 7. Lucecú 8. Rivas.

HORIZONTAIS: 2. Wagner 3. Amieiro 5. Avenoiteira 9. Turner 10. Segura.

Máis cultura xeral!