Blogia

vgomez

AS CHAPUZAS DO DESEÑO DA ESPECIE HUMANA VI (FIN)

Remato coa serie adicada as Chapuzas do “deseño” da especie humana. Non somos perfectos, a nosa especie dista moito de estar ben “deseñada”. Se onte falamos da expedición de Magallanes e a vitamina C, hoxe falaremos e remataremos a serie coa…

6. Evolución e non deseño intelixente

Ata agora vimos só algúns exemplos de deseño intelixente no noso organismo, pero a lista é inxente: a canle do parto, a multitude de ósos en pés relativamente pouco flexibles, o mecanismo de coagulación do sangue, o cóbado de aia, o xenoma humano, etc.

Podemos explicar moi ben a nosa especie como resultado de procesos evolutivos que están moi lonxe dun deseño intelixente. No Homo sapiens actuaron as mesmas forzas que en calquera outra especie que existise ou exista: selección natural, deriva xénica, hibridación, etc.

Somos o resultado de procesos non determinísticos que ocorreron, pero puideron non ocorrer. E, séntese, pero non temos un papel relevante no proceso evolutivo. Todo o contrario, somos, como tantas outras especies, froito do azar.

FONTE: Marcial Escudero/quo.eldiario.es/ciencia

ENCRUCILLADO CXXX

VERTICAIS: 1. Enreixado moi mesto de barras de madeira ou metal cruzadas, que se coloca nas ventás para mirar o exterior sen ser visto, ou como adorno 4. Capital de Namibia 6. Símbolo do elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio 7. Insecto da orde dos coleópteros, do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten luz na escuridade e de nome científico Lampyris noctiluca  8. Apelido do escritor coruñes, autor da novela O lapis do carpinteiro (1998).

HORIZONTAIS: 2. Organización paramilitar de orixe ruso, mercenarios na guerra de Ucraina 3. Árbore da familia das betuláceas, que pode acadar os vinte metros de altura, de copa moi poboada, con follas arredondadas e dentadas, flores en amento, casca de cor parda e madeira de cor clara, moi dura e lixeira e de nome científico Alnus glutinosa 5. Ave nocturna da familia dos caprimúlxidos, de cor apencada parda e cinsenta, boca grande rodeada de barbas na parte superior e de nome científico Caprimulgus europaeus 9. Apelido, polo que é coñecida, a cantante raíña do rock and roll, que faceceu recentemente aos 83 anos 10. Río que discorre polas provincias de Xaén, Albacete, Mrcia e Alicante, e que desemboca en Guardamar-Alicante, no mar Mediterráneo.

A ORIXE DAS PALABRAS: DUN PLUMAZO

Facer, dicir ou borrar algo dun plumazo significa que se fai ao instante, rapidamente, sen demasiados miramientos. É unha locución amplamente utilizada e que ten numerosas variantes.

Provén da época previa á invención da imprenta, na que os libros eran escritos enteiramente a man (tanto o orixinal como as súas correspondentes copias ou exemplares). Isto facíase utilizando unha pluma, que era o utensilio usado para escribir. Todos eses volumes tamén debían pasar polos correspondentes censores da época (adoitáballe corresponder a un representante da Iglesia facer a revisión), que tachaban aquelas partes, frases ou palabras que non querían que se lesen. O xesto do pulso co que se tachaba ou emborranchaba algo coa pluma pasou a ser coñecido popularmente como plumazo e, co tempo, orixinou outras expresións como dunha plumada para referirse á acción de facer algo moi rápido.

FONTE: Rocío Carmona/lavanguardia.com       Imaxe: historiaescritura.com

AS CHAPUZAS DO DESEÑO DA ESPECIE HUMANA V

Continúo coa serie adicada as Chapuzas do “deseño” da especie humana. Non somos perfectos, a nosa especie dista moito de estar ben “deseñada”. Se onte falamos da garganta e o atragoamento, hoxe falaremos…

5. A expedición de Magallanes e a vitamina C

Dos aproximadamente 250 mariñeiros que partiron con Magallanes e Elcano, só 18 completaron a circunnavegación da Terra hai xa máis de 500 anos. Un dos grandes problemas durante a travesía foi o escorbuto, unha enfermidade que sobrevén tras longas tempadas sen consumir alimentos frescos.

Fontes de vitamina C / elmundo.es

A non inxesta de vitamina C fai que os seus niveis baixen e non poidamos sintetizar unha proteína, o coláxeno, que é esencial para manter e rexenerar moitos dos nosos tecidos. O noso organismo ten o roteiro de síntese da vitamina C, pero está incompleta. Eso explica por que non podemos producila e temos que consumila en alimentos frescos. Algo que non lles sucede aos gatos, que son capaces de sintetizar a súa propia vitamina C polo que non sofren nunca a enfermidade do escorbuto. 

FONTE: Marcial Escudero/quo.eldiario.es/ciencia

Continuará...

#DígochoEu: Como é? Fai anos ou hai anos?

 

Hai anos ou fai anos? A solución a este enigma está na precisión! 

#DígochoEu

O CEO DO MES: XUÑO 2023

4 de xuño: Lúa Chea. Lúa de amorodo.

10 de xuño: Cuarto Minguante

18 de xuño: Lúa Nova

21 de xuño: Comezo do verán

26 de xuño: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Nada reseñable.

AS CHAPUZAS DO DESEÑO DA ESPECIE HUMANA IV

Continúo coa serie adicada as Chapuzas do “deseño” da especie humana. Non somos perfectos, a nosa especie dista moito de estar ben “deseñada”. Se onte falamos dun punto cego nos ollos, hoxe falaremos…

4. A garganta e o atragoamento

Outro dos exemplos máis soados de mal deseño do noso corpo é o da garganta humana. Unha das primeiras causas de morte non natural de persoas sas na nosa especie é o atragoamento. O ano pasado en España morreron o dobre de persoas por atragoamento que por accidente de coche.

Os condutos que levan alimentos e aire mestúranse de maneira moi perigosa nalgúns puntos do noso organismo, e a farinxe é o punto máis crítico.

Manobra de Heimlich / elcorreo.com/vivir

Normalmente a auga e os alimentos viaxan desde o exterior ao esófago e o aire á traquea. Pero algunhas veces algo falla, e os alimentos van cara á traquea bloqueando o fluxo de aire, o que pode desencadear consecuencias fatais como a morte por asfixia. Non estamos ben deseñados, por exemplo, para comer uvas a gran velocidade.

FONTE: Marcial Escudero/quo.eldiario.es/ciencia

Continuará...

AS CHAPUZAS DO DESEÑO DA ESPECIE HUMANA III

Continúo coa serie adicada as Chapuzas do “deseño” da especie humana. Non somos perfectos, a nosa especie dista moito de estar ben “deseñada”. Se onte falamos das dores de costas, hoxe falaremos…

3. Un punto cego nos ollos

O ollo humano é tamén un exemplo de chapuza evolutiva. A retina está cuberta de fotorreceptores que captan a información lumínica que o nervio óptico posteriormente manda ao noso cerebro. O problema é que no punto en que o nervio óptico cruza a retina non hai fotorreceptores, o que fai que todos teñamos un punto cego en cada ollo.

 

Ollo dun polbo / Shutterstock/Osman Temizel

Esto non ocorre noutras especies con ollos similares aos nosos, como por exemplo os polbos, xa que o ollo de tipo cámara xerouse de maneira alternativa dúas veces no curso da evolución. Nos ollos do polbo as fibras do nervio óptico están detrás da retina, polo que non necesitan atravesala por ningún punto no seu camiño ao cerebro, e os polbos, a diferenza de nós, non teñen punto cego.

FONTE: Marcial Escudero/quo.eldiario.es/ciencia

Continuará...