Blogia

vgomez

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (I)

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (I)

Figuras homenaxeadas Letras Galegas ao longo da historia:

ROSALÍA de Castro (1963)

Daniel Rodríguez CASTELAO (1964)

Eduardo PONDAL (1965)

Francisco AÑÓN (1966)

Manuel CURROS Enríquez (1967)

Florentino López CUEVILLAS (1968)

Antonio NORIEGA Varela (1969)

Marcial VALLADARES Núñez (1970)

Gonzálo López ABRENTE (1971)

Valentín Lamas CARVAJAL (1972)

Manuel LAGO González (1973)

Xoán Vicente VIQUEIRA (1974)

BOLBORETAS VIII

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

7. Bolboreta tornasolada

A bolboreta tornasolada (Apatura iris) é unha fermosa bolboreta da familia Nymphalidae. Atópase ao longo de Europa central e occidental, chegando a súa distribución ata o norte da Península Ibérica, incluída Galicia.

Os adultos da Apatura iris caracterízanse polas súas ás marróns con liñas brancas e cun pequeno anel laranxa situado nas ás secundarias. As bolboretas macho caracterízanse polo brillo violeta das súas ás, brillo do que as femias carecen. As eirugas da especie son de cor verde, con pintas brancas e amarelas, e caracterízanse polos seus dous grandes cornos.

Como curiosidade destaca que os machos desta especie senten atraídos por cheiros tan pouco agradables para nós como a suor, os excrementos humanos e o alcatrán requentado.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  gl.wikipedias.org        Imaxe: Kristian Peters/gl.wikipedia.org

SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (I)

SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (I)

ROSALÍA          CASTELAO          PONDAL

AÑÓN               CURROS             CUEVILLAS

NORIEGA         VALLADARES     ABRENTE

XARVAJAL        LAGO                 VIQUEIRA

O SONO NA SOCIEDADE DAS PRÉSAS



Nunha sociedade con “tecnoestrés” e “hiperiluminada” esquecemos un aspecto clave na saúde física e mental: o descanso nocturno.  Jana Fernández, Máster en Fisioloxía do Sono e autora do libro ‘Aprende a descansar’ e de podcasts sobre benestar e descanso, sinala a importancia de durmir suficientes horas e en condicións adecuadas. A hixiene do sono sería un aspecto máis do autocoidado, como a adecuada alimentación e practicar deporte. A falta de sono afecta as capacidades cognitivas de nenos, adolescentes e adultos, porque está implicado en funcións como aprender, asimilar e lembrar.

Durmir é unha función fisiolóxica esencial. Durante o sono prodúcese todo un proceso de limpeza do noso cerebro. É cando consolidamos a memoria e a aprendizaxe e equilíbrase o noso sistema nervioso, por exemplo, para ter unha boa saúde mental. Pola noite crecemos e rexenéranse os tecidos, porque é o momento no que segregamos maior cantidade de hormona de crecemento e fortalécese a resposta inmune do organismo”. Con todo, advirte a autora, afixémonos a vivir entre pantallas de luz azul baixo luz artificial, a un ritmo frenético que lle resta horas ao descanso, confiando no vello mito de recuperar o sono perdido durante a fin de semana.

BOLBORETAS VII

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

6. Bolboreta tornasolada

 

Esta bonita bolboreta (Apatura iris) habita en bosques caducifolios ao longo de Europa central e occidental, chegando a súa distribución ata o norte da Península Ibérica, incluída Galiza.

É un dos  ninfálidos de maior tamaño cunha envergadura  alar de 70-80 milímetros nos machos e 80-92 mm nas femias. Os adultos da Apatura iris caracterízanse polas súas ás marróns con liñas brancas e cun pequeno anel laranxa situado nas ás secundarias. As bolboretas macho caracterízanse polo brillo violeta das súas ás, brillo do que as femias carecen. As eirugas da especie son de cor verde, con pintas brancas e amarelas, e caracterízanse polos seus dous grandes cornos.

Como curiosidade destacamos que os machos desta especie senten atraídos por cheiros tan pouco agradables para nós como a suor, os excrementos humanos e o alcatrán requentado.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  gl.wikipedias.org        Imaxe: Rosenzweig, wikimedia

#DígochoEu: Non digas *tubería

 

En galego temos tubos e tamén tubas, pero non temos *tuberías!

 #DígochoEu

A LÚA ESTÁ ROUBANDO AUGA Á TERRA

Depósitos de xeo superficiais no polo sur lunar (esquerda) e polo norte segundo os datos da sonda india Chandrayaan 1 / NASA

Unha nova investigación suxire que a Lúa ten auga porque a toma da magnetosfera terrestre a través dos ións de hidróxeno e osíxeno que escapan da atmosfera superior da Terra: forman o permafrost lunar que logo se converte en auga líquida.

En 2020 a NASA confirmou que a Lúa conta con grandes reservas de xeo, non só nos cráteres das rexións polares, onde se descubriu a finais dos anos 90 do século pasado, senón tamén en depresións máis profundas que reterían xeo durante miles ou millóns de anos.

En xeral, crese que a maior parte da auga lunar foi depositada por asteroides e cometas que chocaron coa Lúa. A maioría foi durante un período coñecido como o Bombardeo Pesado Tardío.

Nese período, ocorrido hai uns 3.500 millóns de anos, cando o sistema solar tiña ao redor de 1.000 millóns de anos, os primeiros planetas interiores e a Lúa da Terra sufriron un impacto  inusualmente forte de asteroides.

Unha investigación da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA), publicada o ano pasado, sinalou outra posible explicación: o campo magnético que rodea á Terra ou magnetósfera é capaz de “sementar” auga na Lúa mediante ións que viaxan no chamado «vento terrestre».

As observacións realizadas neste estudo detectaron altas concentracións de isótopos de osíxeno, produto de filtracións da capa de ozono da Terra, que se incrustaron no chan lunar.

Segundo unha nova investigación, realizada por científicos do Instituto Xeofísico Fairbanks da Universidade de Alaska, os ións de hidróxeno e osíxeno que escapan da atmosfera superior da Terra combínanse na Lúa e crearían ata 3.500 quilómetros cúbicos de permafrost superficial ou auga líquida subterránea, un volume comparable ao lago Huron de América do Norte, o oitavo lago máis grande do mundo.

Os investigadores basearon ese total no cálculo do modelo de volume máis baixo: considerando que só o 1% do escape atmosférico da Terra chega á Lúa.

Estes autores suxiren que os ións de hidróxeno e osíxeno entran na Lúa, non directamente a través do vento solar, senón cando o noso satélite pasa pola cola da magnetosfera da Terra, o que ocorre durante cinco días da viaxe mensual da Lúa ao redor do planeta.

Debido ao vento solar, que arrastra ao campo magnético terrestre formando unha vasta cola, algunhas das liñas do campo magnético da Terra rompen: só quedan unidas ao planeta por un dos seus extremos.

E cando a Lúa interfere coa cola da magnetosfera, algunhas destas conexións rotas repáranse, o que leva a que os ións de hidróxeno e osíxeno, que previamente escaparan da atmosfera da Terra, regresen repentinamente cara a ela.

É coma se a Lúa estivese na ducha: unha choiva de ións de auga que regresan á Terra, caen sobre a superficie da lúa”, explica Kletetschka nun comunicado. E como a Lúa non ten magnetosfera propia para repelelos, os ións combínanse para formar o permafrost lunar.

Parte dese permafrost, a través de procesos xeolóxicos e doutro tipo, como os impactos de asteroides, sitúase debaixo da superficie, onde pode converterse en auga líquida.

Medicións recentes de múltiples axencias espaciais confirmaron cantidades significativas de ións formadores de auga presentes durante o tránsito da Lúa a través desta parte da magnetosfera, o que reforza esta hipótese.

De todos os xeitos, os autores consideran que a súa suxerencia de como chegou a auga á Lúa non debe ser a única, senón que seguramente ese proceso débese a varias fontes.

FONTE: farodevigo.es/tendencias21

BOLBORETAS VI

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

5. Bolboreta isabelina

A bolboreta isabelina (Graellsia  isabellae) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Saturniidae, unha das máis vistosas da fauna europea, cunha envergadura de ata 9 cm. Foi descuberta polo naturalista español Mariano da Paz Graells en Peguerinos en 1848. Bautizouna coa denominación Saturnia isabellae como dedicatoria á raíña Isabel II de España. Posteriormente a especie foi rebautizada como Graellsia isabellae en honra ao seu descubridor. Esta bolboreta nocturna é considerada endémica da península ibérica, aínda que se atopan poboacións illadas noutras montañas europeas, que poderían ser introducidas.

Estas bolboretas son monovoltinas, é dicir teñen unha soa xeración ao ano. Voan soamente durante a noite, entre abril e xullo segundo a latitude, a altitude e o clima.

Son de gran beleza cunha  coloración  predominantemente verde sucada por veas de cor marrón avermellada. Ademais posúen nas catro ás ocelos de varias cores e as ás posteriores de ambos os sexos presentan unhas rechamantes colas dunha lonxitude máis acusada no macho.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  gl.wikipedias.org        Imaxe: Yeray Monasterio, wikimedia