Blogia

vgomez

CASTROS DE GALICIA III

 

Continúo coa serie CASTROS DE GALICIA. Hoxé tócalle ao castro de San Cibrao de Las.

Tamén coñecido como A Cidade, Lambrica, Lansbrica, Lanobrica ou Lansbricae está situado a 18 km de Ourense, entre os termos municipais de Punxín (o concello onde eu nacín) e San Amaro. Emprázase sobre unha pequena elevación, a 473 msnm, ao lado do dominante Monte de San Trocado, de 550 msnm, no que tambén atopáronse restos dun castro dun período inicial da cultura castrexa. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese observar un período de ocupación continuada que abarca desde o século II a. C. ata o século II, e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

Polo seu tamaño pode ser comparado co Castro de Santa Trega, do que falamos onte, e coas Citanias do norte de Portugal, poboados da cultura castrexa que se caracterizan polo seu avanzado estado de romanización (aculturación) e as súas grandes dimensións.

Atendendo á súa tipoloxía, pódese afirmar que se trata dun xacemento correspondente á etapa final da cultura castrexa, na que o proceso de romanización configurou unha sociedade cunha cultura definida, a coñecida tamén como cultura galaico-romana, na que o sistema social preexistente está nun proceso de cambio e adaptación ao sistema romano, de modo que ambas as culturas mestúranse.

O castro estrutúrase en dous recintos amurallados de forma elíptica case concéntricos, cun lixeiro alongamento no eixo nordés-suroeste, cunhas dimensións de 294 m do eixo Leste-Oeste e de 420 m do eixo maior. Deste xeito, a superficie intramurallas é de 95.900 m², distribuídos en 8.750 m² de acrópole e 87.150 m² de anteacrópole.

Mañá outro castro!

OS VERMES QUE DEGRADAN O PLASTICO EN 40 MINUTOS

A invención do plástico durante a primeira metade do século XX foi un logro brillante que cambiou a sociedade durante as décadas seguintes. Os plásticos introducíronse de tal maneira nas nosas vidas que actualmente unha sociedade sen plásticos sería simplemente impensable.

O plástico é un material polimérico derivado dos combustibles fósiles. Está formado por monómeros, pequenas moléculas que se repiten decenas de miles de veces.

Dentro desta estrutura polimérica, atopamos pequenas moléculas chamadas aditivos que inclúen antioxidantes, plastificantes, colorantes, etc.

O uso de aditivos é o que permite aos plásticos adquirir a forma e as características que coñecemos. Unha das máis destacadas é a súa asombrosa resistencia.

De feito, os residuos de plástico poden permanecer no medio ambiente durante décadas, estendéndose por todo o planeta e chegando ao recuncho máis escondido de calquera contorna, xa sexa a auga, terra ou o aire.

Así é como a mellor característica deste material transformou un milagre do século XX (a invención do plástico) nunha das pragas do século XXI: a contaminación xerada pola omnipresente propagación de residuos plásticos.

Un recente descubrimento colocou a lupa nalgunhas larvas de insectos, capaces de romper as estruturas das poliolefinas máis resistentes, como o polietileno (PE) e o poliestireno (PS).

En concreto, unha delas, a larva do lepidóptero Galleria mellonella, tamén chamado verme da cera, mostrou unha actitude extremadamente ávida de degradación do plástico.

A capacidade do verme da cera foi descuberta no laboratorio no que traballa Federica Bertocchini (Biologa molecular, especializada en biotecnoloxía de insectos, Centro de Investigaciones Biológicas Margarita Salas (CIB – CSIC)), como resultado dunha boa dose de interese polo medio ambiente e de preocupación polo plástico, xunto cun pouco de sorte.

Como apicultora afeccionada, manipulaba colmeas e panais de forma habitual. Os vermes da cera considéranse unha praga que infecta as colmeas, polo que non é raro atopalos dentro dos panais. Nunha ocasión, embolsei os vermes utilizando unha bolsa de plástico comercial común. Ao pouco tempo, atopei a bolsa chea de buracos.

A sorte uniuse ao meu interese persoal por atopar unha forma de desfacernos do plástico, e o que seguiu foi a análise en laboratorio do plástico tras o contacto co invertebrado, e o descubrimento da súa capacidade para degradalo.

Vermes da cera nun anaco de panal de colmea. Producen continuamente o fío branco, como unha rede ou unha telaraña, que se aprecia na imaxe.

A degradación do plástico no medio ambiente procede en gran medida de mecanismos abióticos, como a exposición á radiación UV ou á calor.

A degradación microbiana observada ata agora en condicións experimentais é extremadamente baixa, o que significa un tempo de incubación moi longo (meses) con moi pouca eficacia. Esta é unha das principais razóns polas que aínda non existe ningunha ferramenta biotecnolóxica que nos permita acabar co plástico.

Afortunadamente, a posibilidade de degradación por medios biolóxicos non se limita aos microorganismos. Atopáronse varias larvas de insectos, pertencentes á orde dos lepidópteros e coleópteros, capaces de descompor polímeros plásticos resistentes, como o PE e o PS.

Este novo nicho comezou hai uns anos, e os acólitos fóronse sumando mes a mes, converténdoo nun campo cada vez máis amplo e de maior interese.

Todo empezou cando se descubriu que as larvas do lepidóptero Plodia interpunctella eran capaces de biodegradar o PE, grazas a unhas bacterias que colonizan o seu intestino. Pouco despois descubriuse que as larvas de coleópteros Tenebrio molitor podían ter o mesmo efecto sobre o PS, neste caso grazas a especies de bacterias aínda non identificadas no intestino.

A escala de tempo da acción de biodegradación sitúase máis no rango dunhas poucas semanas que de meses, o que presenta unha mellora en comparación coas bacterias ambientais até agora caracterizadas.

Con todo, unhas semanas é aínda moito tempo para unha ferramenta biotecnolóxica potencial.

O máis rápido entre os insectos capaces de degradar o plástico resultou ser a larva do lepidóptero Galleria mellonella, tamén chamado verme da cera, descuberto polo noso laboratorio. As súas larvas poden degradar o PE en 40 minutos desde a súa exposición.

Estes invertebrados viven e prosperan na colmea, escavando túneles dentro do panal de mel e deixando tras de si un fío de filamento que producen constantemente. Aliméntanse de todo o que atopan nesa contorna, como larvas de abella, pole ou cera.

É a similitude da cera coa estrutura química do plástico o que fai que estes vermes sexan capaces de romper o PE? Ou é outro aspecto da súa natureza? A resposta aínda se descoñece, así como os mecanismos moleculares que están detrás deste forte efecto.

Nestes momentos estamos a barallar diversas posibilidades sobre a capacidade de Galleria mellonella para biodegradar o plástico. Consideramos se pódese atribuír ás bacterias do intestino ou ao propio verme. Unha terceira posibilidade é unha acción complementaria de ambos.

En calquera caso, a identificación das encimas implicadas neste proceso será primordial para a comprensión do proceso molecular que impulsa a degradación do plástico por parte deste insecto, e será esencial para a análise do que se forma no seu lugar (identificación dos subproductos).

Coñecer isto último será a porta de entrada ao escalado do proceso. Primeiro hai que caracterizar as encimas, reproducilas en condicións de laboratorio e, finalmente, todo estará listo para o desenvolvemento da aplicación da potente ferramenta biotecnológica que supoñen.

Caracterizar a maquinaria encimática responsable da degradación do plástico dentro do verme da cera representará a paradigma de como o desenvolvemento de ferramentas biotecnolóxicas pode axudar ao ser humano a enfrontarse ás consecuencias do seu propio enxeño, como a invención do propio plástico, e o resultado que pode xerar a explotación económica dos inventos.

En xeral, os avances tecnolóxicos poderían, e é de esperar que o fagan, sacarnos dun bucle terrible e proporcionarnos a solución á praga da contaminación por plástico que nos arrasa.

FONTE: Federica Bertocchini/quo.eldiario.es/naturaleza       Imaxes:quo.eldiario.es/naturaleza

CASTROS DE GALICIA II

 

Imos co primeiro castro desta serie CASTROS DE GALICIA: O castro de Santa Trega.

Atópase na contorna do monte de Santa Trega de 341 metros de altitude, no extremo máis suroeste de Galicia, no concello da Guarda, o noso, nun lugar privilexiado desde o que domina a desembocadura do Miño. O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual da contorna fixo que fose un lugar estratéxico destacado desde moito antes do levantamento do castro.

Pertencente á cultura castrexa é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 etamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que tivo lugar entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.

O sistema construtivo reflicte uns xeitos construtivos moi respectuosos coa tradición castrexa (predominio case absoluto de construcións circulares fronte ás rectangulares) e pouco influenciado pola presenza romana (sempre urbanisticamente falando), se ben estudos máis pormenorizados poderán achegar máis datos sobre esta maior ou menor influencia romana. Case todas as construcións teñen plantas circulares ou ovaladas e son exentas, non compartindo paredes medianeiras salvo contadas excepcións. Tamén son excepción as poucas cabanas con planta rectangular e estas presentan, na súa maioría, esquinas en arco.

Está delimitado por un sinxela muralla que acolle unha extensión de terreo cuns eixos máximos de 700 metros (norte-sur) e 300 metros (este-oeste). Se ben estas dimensións non están debidamente confirmadas e a visión actual que se ten do sitio está supeditada ás sistemáticas empregadas no seu estudo arqueolóxico, á baixa porcentaxe de terreo escavado e aos estragos que tiveron lugar desde a súa descuberta (estrada, construcións no cumio, reforestación etc.).

Mañá outro castro!

#DígochoEu: Abreviando... Qrtm8 e o d+ m=

 

O #DígochoEu comeza a aventura de visitar os coles gañadores do concurso #DígochoEu e crear con eles un capítulo especial con Esther. Que ben o pasamos!

#DígochoEu

REMATARON OS XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO 2022

Remataron os Xogos Olímpicos de Inverno 2022 que se celebraron entre o 4 e o 20 deste mes, nas cidades de Pekín e Zhangjiakou. Aquí tedes o medalleiro final:

PAÍS

OURO

PRATA

BRONCE

TOTAL

1    Noruega

15

8

11

34

2    Alemaña

10

7

5

22

3    EE.UU

8

8

5

21

23  España

0

1

0

1

España marcha destes Xogos con moi boas sensacións. A delegación nacional logrou unha histórica medalla de prata da man de Queralt Castellet en snowboard halfpipe e outros tres diplomas olímpicos: Lucas Eguibar en snowboard, Adrián Díaz e Olivia Smart en patinaxe artística e Javi Lliso en esquí acrobático big air.

Parabéns a tod@s!

FONTE: marca.com              Imaxes: olympics.com

#DígochoEu: Xogamos a adiviñar expresións en portugués

 

Xogamos a adiviñar expresións en portugués con Leo e Olaxonmario.

#DígochoEu

UN INSECTO PAU, METADE MACHO, METADE FEMIA

O insecto pau Diapherodes gigantea, que chega aos 15 cm no caso das femias (cunhas antenas duns 7 centímetros), de cor verde intenso e que non pode voar, é orixinario das selvas das Antillas menores (das illas San Vicente, Selecta e Santa Lucía do Caribe). En cativerio, considéranse mascotas relativamente fáciles de manter, alimentándose de follas de silvas, eucaliptos ou carballos.

Neste caso, Charlie, como así se chama este insecto pau xigante verde doméstico, mostrou as súas verdadeiras cores tras mudar a súa pel na súa casa en Suffolk, revelando o primeiro exemplo de xinandromorfismo desta especie ao presentar o corpo verde brillante dunha femia e as ás marróns dun macho. O lado esquerdo non é tan ancho como unha femia adulta típica, pero si é máis ancho que un macho normal.

Lauren Garfield, a súa propietaria, estrañouse moito ante esta distinta coloración e decidiu publicalo a través das súas redes sociais. Logo, Garfield púxose en contacto con Paul Brock, un experto en insectos do Museo de Historia Natural, e despois de intercambiar fotografías, accedeu a enviarlles coidadosamente a Charlie para que o examinasen.

"É un espécime particularmente impresionante", expuxeron os expertos do Museo de Historia Natural de Londres.

En particular, o insecto pau Charlie é un exemplo claro de xinandromorfo bilateral; isto é, cando as dúas metades do corpo parecen expresar características sexuais diferentes. O seu lado esquerdo é de cor verde brillante e presenta ás anteriores curtas, típicas das femias, mentres que o lado dereito é marrón con ás anteriores máis longas, como é de esperar nun macho.

A propietaria Lauren Garfield doou a súa mascota ao museo de Londres para a investigación científica que terá que ser sacrificada para estudala adecuadamente. A súa esperanza de vida habitual é dun ano.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/naturaleza          Imaxe: Paul Brock

CASTROS DE GALICIA

Un castro é un poboado fortificado, polo xeral prerromano, aínda que existen exemplos posteriores que perduraron ata a Idade Media en Europa e propios de finais da Idade do Bronce e da Idade do Hierro. Atópanse con frecuencia na península ibérica, en particular no noroeste coa cultura castrexa e na meseta coa cultura das cogotas.

A palabra castro provén do latín castrum, que significa "fortificación militar" (de aí vén a palabra española castrense, "relativo ao militar"). Outro nome co que se coñece aos castros é oppidum (en plural oppida), en particular cando son de gran tamaño.

O castro estaba carente de rúas que formen ángulos rectos e cheos de construcións de planta case sempre circular. As casas máis antigas eran maiormente de palla-barro e as máis recentes de mampostería. O teito era de ramaxe e barro e despois de varas longas. Fundamentalmente, eran estancias únicas. Sitúanse en lugares protexidos naturalmente (alturas, revoltas de ríos, pequenas penínsulas), preto de fontes e terreos cultivables e no límite entre estes e zonas máis altas de pastoreo. Estaban protexidos por un ou máis fosos, parapetos e murallas que bordeaban o recinto habitado.  

A época de máximo florecimento está entre os séculos IV-II a. C. e demostran maior contacto comercial co exterior os do sur que os do norte, e os costeiros que os do interior. Ao final do século I e coincidindo coa fase final da conquista romana, algúns presentan indicios de destrución das murallas e nalgúns casos de inmediata reocupación.

Na nosa terra, Galicia, hai multitude de castros. Esta serie, pretende facer un repaso de boa parte deses castros e a súa localización.

O próximo día, comezaremos co primeiro, que non podía ser doutra maneira, o da nosa localidade: O castro de Santa Trega.

FONTE: es.wikipedia.org            Imaxe: sites.google.com/a/menesianosreinosa.org/la-edad-antigua/home