Blogia

vgomez

SETE CONSELLOS PARA DURMIR BEN

 

Nunha sociedade con “tecnoestrés” e “hiperiluminada” esquecemos un aspecto crave na saúde física e mental: o descanso nocturno. Jana Fernández, Máster en Fisioloxía do Soño e autora do libro ‘Aprende a descansar’ e de podcasts sobre benestar e descanso, sinala a importancia de durmir suficientes horas e en condicións adecuadas. A hixiene do soño sería un aspecto máis do autocoidado, como a adecuada alimentación e practicar deporte. A falta de soño afecta as capacidades cognitivas de nenos, adolescentes e adultos, porque está implicado en funcións como aprender, asimilar e lembrar.

Durmir é unha función fisiolóxica esencial. Durante o soño prodúcese todo un proceso de limpeza do noso cerebro. É cando consolidamos a memoria e a aprendizaxe e equilíbrase o noso sistema nervioso, por exemplo, para ter unha boa saúde mental. Pola noite medramos e rexenéranse os tecidos, porque é o momento no que segregamos maior cantidade da hormona du crecemento e fortalécese a resposta inmune do organismo”. Con todo, advirte a autora, afixémonos a vivir entre pantallas de luz azul baixo luz artificial, a un ritmo frenético que lle resta horas ao descanso, confiando no vello mito de recuperar o soño perdido durante o fin de semana.

INVENTORES QUE SE ARREPENTIRON DAS SÚAS CREACIÓNS VII

Continúo coa serie adicada a es serie de inventores que, a pesar de que as súas creacións coparon os titulares dos medios de comunicación da época, arrepentíronse dos seus propios inventos, atormentando continuamente a súa conciencia.

Hoxe falaremos de...

7. Robert Propst: Oficina de Acción

Actualmente, para a maioría das persoas, estar nun cubículo de oficina pode parecer o peor dos castigos. Con todo, este non era o obxectivo principal do seu inventor,o americano Robert Propst (Colorado, 1921-2000), quen ao ver o que se fixo coa súa creación, lamentouse profundamente.

A finais dos anos sesenta e inicios da década do setenta, os deseños futuristas estaban de moda. Sobre a base disto, Propst deseñou un estilo de oficina futurista no que se prescindía de portas e paredes reais.

Iste invento recibiu o nome de “Oficina de Acción” e, nos seus primeiros modelos presentábase como unha oficina ao aire libre, con paredes falsas que ofrecían espazo para colocar o traballo e manter contacto cos compañeiros de traballo.

Tecnicamente, o deseño orixinal contemplaba unha maior cantidade de espazo para os usuarios dos cubículos. Pola súa banda, outro beneficio asociado ao invento de Propst é que resultaba máis económico para as empresas.

Desta forma, o invento foi adoptado por unha gran parte das empresas a nivel mundial. Con todo, co pasar dos anos, o deseño foise desvirtuando ata converterse nos espazos pequenos e limitados que a maioría dos usuarios rexeitan apaixonadamente.

En atención a isto, o inventor, cando tiña uns 80 anos de idade, manifestou estar arrepentido e lamentar o resultado do seu invento, o que, nas súas palabras, chamou unha “tolemia monolítica”.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es e tekcrispy.com     Imaxe: hermanmiller.com e tekcrispy.com

INVENTORES QUE SE ARREPENTIRON DAS SÚAS CREACIÓNS VI

Continúo coa serie adicada a es serie de inventores que, a pesar de que as súas creacións coparon os titulares dos medios de comunicación da época, arrepentíronse dos seus propios inventos, atormentando continuamente a súa conciencia.

Hoxe falaremos de...

6. Ethan ZuckermanADS

Se hai algo en común entre a maioría dos usuarios de internet é un odio desmedido cara á “ADS” ou avisos de publicidade emerxente. Estes anuncios adoitan aparecer en case todas as páxinas de internet, interrompendo a experiencia dos usuarios, o que xera frustración.

A boa noticia é que o estadounidense Ethan Zuckerman (4 de xaneiro de 1972), o pai da ADS, comparte esta opinión e arrepíntese do seu invento. Na década do noventa, Zuckerman traballaba para un sitio web chamado Tripod.com. Esta era unha plataforma que se encargaba de comercializar contidos e servizos de internet.

Aos poucos, a empresa consolidouse como provedora de aloxamento de páxinas web, polo que necesitaban ampliar o seu capital a partir de publicidade, co obxectivo de manter á boia o negocio. Desta desesperación xurdiu a idea dun dos obxectos dixitais máis molestos na historia: os anuncios de publicidade emerxente.

Nun principio, o obxectivo era que as marcas patrocinantes non se preocupasen por asociacións entre os anuncios e os contidos plasmados nas páxinas web. Por exemplo, ao aparecer nunha xanela distinta, non se asociaría o anuncio dunha gran compañía nunha páxina onde se comparten contidos pornográficos.

Con todo, podería dicirse que abusouse do recurso, ocasionando molestias na maioría dos usuarios de internet. Por tanto, a pesar das súas boas intencións, non son poucas as veces nas que Zuckerman desculpouse publicamente pola súa invento.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es e tekcrispy.com     Imaxe: es.wikipedia.org e tekcrispy.com

UN GRAN ASTEROIDE ACOMPAÑARÁ Á TERRA DURANTE 4.000 ANOS

UN GRAN ASTEROIDE ACOMPAÑARÁ Á TERRA DURANTE 4.000 ANOS

Os asteroides troianos terrestres son corpos pequenos que orbitan arrededor dos puntos lagranxianos L4 o L5 do sistema Sol-Terra / CTIO/NOIRLab/NSF/AURA/J. da Silva/Spaceengine

A Terra ten un novo compañeiro no seu camiño. Un equipo internacional de astrónomos dirixido polo investigador Toni Santana-Ros, do Instituto de Ciencias do Cosmos da Universidade de Barcelona (ICCUB), confirmou que un asteroide de máis de 1 quilómetro de diámetro comparte órbita co noso planeta ao redor do Sol, unha traxectoria que manterá durante 4.000 anos. Este troiano, como se denomina a este tipo de obxectos, é o segundo terrestre coñecido.

Os asteroides troianos, cuxa existencia foi predita hai 200 anos polo matemático Joseph-Louis Lagrange, son corpos pequenos que se atopan nun dos dous puntos estables na órbita dun planeta ao redor do Sol (chamados Puntos de Lagrange L4 e L5). Aínda que estas rochas coñécense desde hai décadas noutros mundos do sistema solar, como Venus, Marte, Xúpiter, Urano e Neptuno, non foi ata 2011 cando o telescopio de rastrexo Pan-STARRS descubriu o primeiro troiano terrestre, 2010 TK7. Duns 300 metros de diámetro (o tamaño da Torre Eiffel), pode quedar dando voltas xunto á Terra uns longos 10.000 anos.

Os numerosos esforzos de observación dedicados na última década non volveron dar os seus froitos até decembro de 2020. Entón, os astrónomos deron co asteroide 2020 XL 5, pero a súa órbita aínda non estaba clara e, por tanto, non podía asegurarse que se tratase realmente dun troiano. "Houbo moitos intentos previos de atopar troianos terrestres, incluídos os estudos in situ, como a procura dentro da rexión L4 que levou a cabo a nave espacial OSIRIS-REx da NASA, ou a procura na rexión L5, realizada pola misión Hayabusa-2 da JAXA", explica Santana-Ros. "Todos os esforzos dedicados ata agora non permitiran descubrir ningún outro membro desta poboación", sinala.


O asteroide troiano 2020 XL5, nunha imaxe do Lowell Discovery Telescope / Nature

O pouco éxito destas procuras, segundo explican os autores, pódese explicar pola xeometría dun obxecto que orbita os puntos L4 ou L5 do sistema Terra-Sol, visto desde o noso planeta. Estes obxectos adoitan ser observables preto do Sol. A xanela de tempo de observación entre o asteroide que se eleva por encima do horizonte e a saída do Sol é, por tanto, moi pequena. Por esta razón, os astrónomos deben enfocar os telescopios nun punto baixo do ceo, onde as condicións de visibilidade son malas e coa desvantaxe extra da luz solar inminente, que satura a luz de fondo das imaxes ao cabo de poucos minutos de comezar a observación.

Para solucionar este problema, Santana Ros e os seus colegas estudaron a órbita da rocha combinando datos de arquivo con observacións que realizaron desde os observatorios Lowell Discovery, de 4,3 metros, en Arizona (EE.UU.), e SOAR, de 4,1 metros, operado polo NOIRLab da National Science Foundation, en Cerro Pachón (Chile).

Con estes datos, os investigadores confirmaron a auténtica natureza de 2020 XL 5, que describen na revista Nature Communications. Propoñen que este troiano, tres veces máis grande que o primeiro terrestre, é un asteroide de tipo C, predominantemente composto de carbono. Ademais, unha análise da súa estabilidade orbital suxire que permanecerá na súa órbita durante polo menos 4.000 anos, polo que se lle cualifica de transitorio.

Os autores creen que a rocha podería ser expulsada do cinto de asteroides principal, despois dunha interacción con Xúpiter. Con todo, recoñecen que fai falta máis investigación para confirmar as súas orixes.


O 2020 XL5 estará situado no punto de Lagrange durante 4.000 mil anos / CTIO/NOIRLab/NSF/AURA/J. da Silva

Polo seu tamaño, os autores creen que 2020 XL 5 sería un estupendo candidato para ser sobrevoado por unha misión científica, polo que mesmo realizaron un estudo do impulso que necesitaría un foguete para chegar ao asteroide desde a Terra. Como o punto de Lagrange L4 orbita xunto co noso planeta, necesítanse cambios de velocidade ínfimos para poder chegar. Isto implica que unha nave espacial necesitaría un orzamento de enerxía moi baixo para permanecer na súa órbita compartida coa Terra mantendo unha distancia fixa. "Os troianos terrestres poderían converterse en bases ideais para unha exploración avanzada do sistema solar; mesmo poderían converterse nunha fonte de recursos", conclúe Santana-Ros.

Precisamente, a NASA lanzou o pasado outubro a misión Lucy moito máis lonxe, cara aos asteroides troianos de Xúpiter, onde chegará dentro de doce anos. Estas rochas teñen un gran interese científico, xa que son un remanente dos comezos do noso sistema solar, hai uns 4.000 millóns de anos.

FONTE: Judith de Jorge/abc.es/ciencia

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XCIV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XCIV

 

VERTICAIS: 1. Ottawa 2. Aturuxo 3. Loureiro 5. Cela 6. Dalasi.

HORIZONTAIS: 1. OTAN 2. Antollo 4. Terra 7. Ollomol 8. Kiev.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO XCIV

ENCRUCILLADO XCIV

 

VERTICAIS: 1. Capital de Canadá 2. Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas 3. Árbore da familia das lauráceas, de copa baixa, follas perennes, lanceoladas e coriáceas, moi empregadas como condimento, froito en baga e de nome científico Laurus nobilis 5. Apelido do galego, Premio nobel de Literatura en en 1989, do que neste mes se cumpren 20 anos do seu pasamento 6. Moeda de Gambia.

HORIZONTAIS: 1. Organización do Tratado Atlántico Norte 2. Desexo non razoable e pasaxeiro por unha cousa innecesaria ou extravagante 4. Título da canción de Tanxugueiras que competiu no Benidorm Fest 7. Peixe mariño da familia dos espáridos, co corpo alongado e comprimido lateralmente, ollos grandes e brandos, de cor rosada nos costados e no ventre e cunha mancha escura onda as aletas laterais, moi apreciado pola súa carne branca e saborosa e de nome científico Pagellus bogaraveo  8. Capital de Ucrania.

PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2022: ECOLOXÍA E BIOLOXÍA DA CONSERVACIÓN

Os galardoados: de esquerda a dereita, Simon Levin, Lenore Fahrig e Steward Pickett / BBVA (Europa Press)

O XIV Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento en Ecoloxía e Bioloxía da Conservación recaeu nos ecólogos Lenore Fahrig, catedrática de Bioloxía da Universidade de Carleton (Canadá); Simon Levin, catedrático de Ecoloxía e Bioloxía Evolutiva na Universidade de Princeton (EE UU), e Steward Pickett, investigador no Instituto Cary de Estudos de Ecosistemas (EE UU), polo seu desenvolvemento da ecoloxía espacial no sentido da relación que existe entre o territorio e as formas de vida. Consiste en xestionar a “interacción entre os sistemas humanos e naturais”. Os seus estudos mostran o valor que os hábitats de menor tamaño teñen en si mesmos e como exemplos que se poden aplicar en territorios de maiores dimensións. Estes elementos son imprescindibles para deseñar áreas naturais protexidas, trazar as estradas e proxectar cidades sustentables.

Parabéns!

FONTE: elpais.com/ciencia

INVENTORES QUE SE ARREPENTIRON DAS SÚAS CREACIÓNS V

Continúo coa serie adicada a es serie de inventores que, a pesar de que as súas creacións coparon os titulares dos medios de comunicación da época, arrepentíronse dos seus propios inventos, atormentando continuamente a súa conciencia.

Hoxe falaremos de...

5. Philo Farnsworth: Televisión


O inventor estadounidense Philo Taylor Farnsworth (Beaver-Utah, 19 de agosto de 1906 - Salt Lake City-Utah, 22 de marzo de 1971), creou a primeira televisión totalmente electrónica. Iso si, Farnsworth tiña unha visión idealizada do que sería a televisión na sociedade. Segundo a súa crenza, permitiría que as persoas aprendesen unhas doutras, sendo a TV un medio de educación e que, ademais, resolvería os problemas mundiais. Este inventor, que viviu ata 1971, viu que a televisión se convertía en algo que non esperaba. Nin era unha ferramenta educativa nin resolvera problemas globais, senón como un mero entretemento no que moitas persoas pasan demasiadas horas ao día. Así que arrepentiuse tamén da súa creación.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org      Imaxe: news-sentinel.com