SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXIV

Insectos!

Insectos!

MOSCA MOSQUITO SATÓN FORMIGA
AVESPA TÉRMITE ABELLA GRILO
LAGOSTA ESCARAVELLO CHINCHA BOLBORETA
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
12. O neno de Turkana

É o esqueleto máis completo descuberto ata o de agora. O neno de Turkana, un fósil case completo (tan só faltan mans e pés) de 1,6 millóns de anos de antigüidade, do que algúns científicos chaman Homo ergaster, unha poboación africana temperá de Homo erectus, é considerado o esqueleto máis completo dun humano prehistórico xamais atopado.
O neno, que foi descuberto en 1984 na rexión de Turkana en Quenia, mide 160 cms, o que indica que os homínidos volvéronse considerablemente máis altos desde os días de Lucy, hai 3,2 millóns de anos.
Crese que a causa da morte do neno foi unha septicemia xeneralizada a partir da infección dun dente.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
Moito usamos o "non digas" e o "dígocho eu" e resulta que nos faltaba por comentar precisamente ese verbo! Non, *decir non é correcto! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu

Unha misteriosa e descoñecida capa no centro da Terra. Aínda que pareza unha idea sacada dunha novela de Xulio Verne, en realidade é a teoría que sostén un equipo de investigadores da Universidade Nacional de Australia (ANU), que aseguran confirmar a existencia dun núcleo interno máis interno no interior do noso planeta. E non só iso: esta nova zona tería importantes implicacións na formación terrestre, xa que segundo os autores, a súa presenza indicaría que se produciron dous arrefriados distintos (e non só un, como se pensaba ata o de agora) ao longo da nosa historia. Os resultados acaban de publicarse en Journal of Geophysical Research: Solid Earth.
A teoría dominante actual sinala que hai 4.600 millóns de anos o noso planeta era unha gran esfera de po cósmico e gases unidos pola atracción gravitacional. A contracción deses materiais e a radioactividade dos elementos máis pesados provocou que se quentase, fundíndose uns 600 millóns de anos despois pola influencia da temperatura e a gravidade.
Máis tarde, nun período hai entre 500 e 2.000 millóns de anos atrás (os científicos aínda non chegaron a un acordo), empezouse a arrefriar, o que provocou a diferenciación entre a cortiza, o manto e o núcleo interno e o externo. Os silicatos máis lixeiros ascenderon para dar lugar á cortiza e o manto, mentres que os elementos pesados, ferro e níquel, afundíronse e formaron o núcleo.
"Tradicionalmente ensináronnos que a Terra ten catro capas principais: a codia, o manto, o núcleo externo e o núcleo interno", afirma a autora principal do estudo, quen recoñece que esta capa é difícil de observar. Con todo, as súas propiedades únicas poderían sinalar que, efectivamente, ocorreu un segundo e descoñecido fenómeno de arrefriado na Terra durante a súa formación. "Atopamos probas que poden indicar un cambio na estrutura do ferro, o que suxire quizais dous eventos de arrefriado por separado na historia do noso planeta".
En realidade, a idea non é nova: xa se propuxo hai un par de décadas. Investigacións anteriores indicaban existen cristais de ferro no máis profundo do núcleo que apuntan nunha dirección de leste a oeste, a diferenza do núcleo interno externo, que ten os cristais que apuntan de norte e sur. Este dato desconcerta a moitos xeólogos, e algunhas teorías explicaban este fenómeno agregando, precisamente, este núcleo máis interno, que ocuparía a metade do diámetro do núcleo interno xeneral. Pero, ata o de agora, non se tiñan datos consistentes para apoiar esta hipótese.
FONTE: B.P./abc.es
En galego non temos *paiasos nin *paiasas! E tampouco *paiasadas! Entón como é? Esther Estévez Casado danos a solución.
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
11. O fósil de dinosauro mellor conservado do mundo

Borealopelta markmitchelli é unha especie de herbívoro acoirazado que viviu hai uns 110 millóns de anos, na actual Alberta (Canadá). Este dinosauro parecido a unha piña, medía 5,5 metros de longo e debía pesar 1,2 toneladas.
É un dos mellores fósiles da súa clase xamais atopados, e ofreceunos unha imaxe sen precedentes da anatomía e a vida dos dinosauros con armadura.
Este dinosauro acoirazado (parente do famoso anquilosaurio) representa unha rareza; este animal terrestre flotou durante moitos quilómetros mar dentro antes de afundirse, intacto, sepulto e finalmente recuperado millóns de anos despois.
É un dos dinosauros mellor conservados que se descubriu: non só o esqueleto principal está case completo, senón que tamén se conservan espiñas e placas óseas que compoñen a súa armadura.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
Pasos a seguir:
FONTE: usc.es/gl