Blogia

vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: DURMIR A MONA

Durmir a mona” é unha expresión que describe o soño causado pola embriaguez. Esta frase emprégase para facer referencia a unha persoa que ten resaca por beber moito alcol e dorme para recuperar enerxías. 

Cal é a orixe da expresión?

Esta expresión ten moitos anos de antigüidade. Crese que hai máis de 500 anos xa se podía oír, só que ao ser unha frase que se transmitía oralmente non existen rexistros dela.
Existen moitas teorías sobre a orixe da expresión. Unha das máis populares dela esta relacionada coa época colonial e o comercio marítimo. Durante os séculos  XVI e  XVII transportábanse monos desde África cara a América e Europa co fin de vendelos a circos. Na viaxe, os tripulantes entretíñanse emborrachando aos monos con viño e ron, así rían dos seus mareos e caídas. Os primates, logo dalgunhas horas ebrios, caían rendidos e durmían o resto da viaxe, o que lle permitía aos mariñeiros mantelos tranquilos.

Por outra banda, moitas persoas anímanse a comparar o comportamento dunha persoa ebria co dun mono. Quizais por esta razón é que se uso este animal como figura.

E así tamén, outra versión tamén di que a orixe desta frase atópase nos circos e feiras ambulantes con animais onde  embriagaban aos monos para que se convertan nunha atracción para o publico.

FONTE: respuestas.tips      Imaxe: pinterest.com

#DígochoEu: Non digas *bache

 

Os buratos das estradas non son *baches! En galego temos varias palabras para substituír ese termo e Esther Estévez Casado váinolas dicir.

#DígochoEu

MARTE SEGUE PERDENDO AUGA E MÁIS RÁPIDO DO QUE SE PENSABA

Na Terra, a auga é vida; foi unha ferramenta esencial para a evolución da vida na Terra. Outros planetas rochosos como Marte e Venus tamén posuían este recurso, moita auga pero, na actualidade, Marte é un deserto xeado e seco e Venus, un mundo infernal de ácido presurizado.

En setembro de 2020 coñecemos que hai moita máis auga da que se pensaba baixo o xeo de Marte (auga líquida salgada).

Agora, un equipo de científicos determinou que a auga de Marte está a desaparecer aos poucos da superficie. Segundo os datos da nave espacial MAVEN da NASA a auga da atmosfera non está confinada na capa inferior senón que descubriron que escapa ao espazo, pois MAVEN atopou auga na atmosfera superior de Marte, onde os átomos de hidróxeno e osíxeno rompen ao reaccionar cos ións presentes no aire e o hidróxeno liberado pérdese no espazo.

Os científicos puideron rastrexar este comportamento estacionalmente para mostrar que a abundancia de auga alcanzou o seu punto máximo durante o verán austral. E o que é máis sorprendente, as tormentas de po como a que acabou co rover Opportunity da NASA aumentan a perda atmosférica.

Isto cambia por completo a forma en que pensamos que o hidróxeno, en particular, estaba a perderse no espazo”, afirma o químico planetario Shane Stone da Universidade de Arizona en Tucson no seu estudo publicado na revista Science.

A superficie de Marte foi moldeada por auga fluíndo no pasado, xa o sabemos, pero hoxe o planeta é un deserto árido e avermellado. Anteriormente, os científicos pensaban que a auga de Marte perdíase nun "goteo lento e constante", cando a luz solar dividía a auga na atmosfera inferior e o hidróxeno difundíase gradualmente cara arriba, di Stone.

Pero MAVEN, que leva orbitando o planeta vermello desde 2014, recolleu moléculas de auga na ionosfera de Marte, a altitudes duns 150 quilómetros. Un dato realmente rechamante pois, con anterioridade, a auga máis alta que se viu era de apenas 80 quilómetros.

"A entrega de auga estacional e mediada por tormentas de po á atmosfera superior podería xogar un papel substancial na evolución do clima marciano desde o seu estado cálido e húmido hai miles de millóns de anos ata o planeta frío e seco que observamos hoxe", apunta Stone.

As medicións de MAVEN suxiren que as fugas son moito máis altas do previsto. Durante o últimos mil millóns de anos, o quecemento estacional, as tormentas de po rexionais anuais e as supertormentas decenais provocaron que Marte perdese suficiente auga como para cubrir o planeta cun océano global de máis de medio metro de profundidade, estimaron os investigadores. Iso é só unha pequena porcentaxe da auga que Marte perdeu ao longo de toda a súa historia (o que sería suficiente para asolagar o planeta nun océano ata mesmo moitas decenas de metros de profundidade), di Stone, pero é a principal maneira pola que o planeta continúa secándose a día de hoxe.

Se te estás preguntando se a Terra pode sufrir a mesma sorte, a resposta é sinxela. A Terra si que perde constantemente auga debido a ese ’escape atmosférico’, pero o ritmo é demasiado lento como para que perigen os organismos terrestres. Aínda nos quedan uns 2.000 millóns de anos que gozar desta canica azul.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

"NON O SEI": UNHA FRASE CLAVE PARA A CIENCIA E A VIDA


Amou a ciencia desde neno e sempre se interesou por esclarecer os seus misterios e segredos. Na actualidade, Ignacio Crespo é médico e un dos mozos divulgadores máis relevantes do panorama científico español. “É moi difícil que as persoas entendan o papel crucial dos avances científicos se non llos explicamos”, asegura.

Para el, a frase “non o sei” é fundamental na evolución da ciencia, pero tamén para a vida: “Admitir que hai cousas que non sabemos permítenos ter curiosidade, indagar e aprender. Así  construímos o noso espírito crítico”, defende.

Graduado en Medicina, Crespo é autor do blogue S de Stendhal e colabora habitualmente na sección de ciencia de programas de radio como ‘De certo’ e ‘Coffee Break’. Imparte conferencias, charlas e monólogos co fin de facer a ciencia máis comprensible á sociedade. O seu primeiro libro, ‘Unha selva desinapses: o que escondes no teu cerebro’ é unha invitación para indagar e comprender o misterioso funcionamento do noso cerebro.

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XVII (FIN)

Remato coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que puxemos a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Datación por radiocarbono. A datación por radiocarbono é un método de datación radiométrica que utiliza o isótopo radioactivo carbono-14 (14C) para determinar a idade de materiais que conteñen carbono ata uns 50 000 anos. O 14C ten unha vida media de 5730 anos, (que é moi corta en comparación con outros isótopos usados en datación radiométrica) e descomponse en nitróxeno.​ Noutros métodos de datación, os pesados isótopos  parentais ​​producíronse por nucleosíntesis en supernovas, o que significa que calquera isótopo parental cunha vida media curta xa debería estar extinto. O 14C, con todo, créase continuamente a través das colisións dos neutróns xerados polos raios cósmicos co nitróxeno na atmosfera superior e, por tanto, permanece nun nivel case constante na Terra. O 14C termina como un compoñente traza no dióxido de carbono atmosférico (CO2).

Esquema da proporción de  isótopos de 12C e 14C tanto na atmosfera como nos organismos vivos. Esta proporción é a mesma en todos os casos, xa que se transmite duns organismos a outros mediante a cadea alimenticia a partir dos organismos vexetais que o toman da atmosfera.

No momento que un organismo morre, a proporción entre os seus isótopos de carbono comeza a cambiar. A cantidade de 12C mantense igual que cando estaba vivo pero a cantidade de Carbono-14 diminúe debido á inestabilidade deste  isótopo. O que lle sucede ao 14C é que, ao ser inestable, transforma un dos seu neutróns nun protón no que se coñece como proceso de decaemento, converténdose nun isótopo de 14N que si que é estable. O 14C é o que se denomina o isótopo pai, e o 14N é o isótopo fillo.

A cantidade de 14C dun resto orgánico redúcese de maneira exponencial, formando unha curva. O 14C tarda 5.730 anos en reducir á metade a súa cantidade na mostra, o que se coñece como semivida ou período de semidesintegración. Isto significa que 5.730 anos despois de morrer o organismo, os seus restos terá a metade de 14C que cando vivía; e que cando pasen outros 5.730 anos (aos 11.460 anos de morrer) o resto terá a metade da metade do 14C orixinal ou, o que é o mesmo, un cuarto do 14C orixinal.



Cando o organismo morre, a cantidade de 14C diminúe de maneira exponencial mentres que a de 12C mantense no tempo. Cada vez que a cantidade de 14C (isótopo pai) redúcese á metade ao transformarse en 14N (isótopo fillo), consómese unha  semivida, o que supón 5.730 anos.

Chegará un momento en que todo o 14C orixinal do resto biolóxico transformouse en 14N, o isótopo pai esgótase e só existe isótopo fillo. A datación por radiocarbono deixa de ser posible. Iste, por exemplo, é o caso dos dinosauros que viviron hai máis de 65 millóns de anos e cuxos fósiles non conservan isótopos de 14C.

Desta maneira, grazas á proporción entre o isótopo de 14C e o de 14C no resto biolóxico podemos coñecer canto tempo pasou desde que o organismo morreu ata a actualidade, sempre que non fose hai máis de 60.000 anos aproximadamente, que é a idade máxima que podemos datar por este método.

E así remato esta serie. Seguro que quedan outras moitas preguntas, pero seran motivo dunha segunda parte.

Ata entón!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org e geolodiaavila.com

#DígochoEu: É o mesmo estar traballando que estar a traballar?

 

É o mesmo estar traballando que estar a traballar? Neste episodio Esther Estévez Casado resólvenos a dúbida!

#DígochoEu

COPRINUS COMATUS: UN COGUMELO AO SERVIZO DO TERCEIRO REICH

A primeira vez que tiven contacto cos este cogomelo foi cando se inagurou o actual CEIP "Manuel R. Sinde" da nosa localidade. Sobre aquel terreo cheo de entullos apareceu o Coprinus comatus.

O matacandil (Coprinus comatus), tamén coñecido como barbuda, é un cogomelo da orde dos Agaricales. O seu sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm., e a altura de até 20 cm. As lamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras. O pé é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm. de altura.

Medra en pasteiros ben abonados, parques, bordos de camiños, terreos removidos e vertedoiros, desde primavera até finais de outono. Considérase un comestible excelente, aínda que ten que consumirse o mesmo día que se colleita, cando as lamelas son fundamentalmente brancas ou a principio de rosadas. As esporas son de cor verde.

No seu consumo hai que ter coidado pois ten un inimigo o alcol, xa que produce unha substancia coñecida como coprina,  que inhibe a encima hepática encargada de metabolizar o alcol.

Como curiosidade, a última fase da vida deste cogumelo, cando ten un as lamelas negras,  tivo un papel importante durante a Segunda Guerra Mundial. Nesta época a liña que separaba a vida da morte era moi delgada. Dispoñer dun documento ou pasaporte que permitise o libre movemento pola Alemaña nazi ou a Francia ocupada era un luxo que non estaba ao alcance de calquera e que evitaba a deportación aos campos de concentración.

Con estas vimbias é fácil adiviñar o rol que desempeñaron os falsificadores de rexistros matrimoniais, partidas de nacemento, pasaportes e  salvoconductos durante a contenda. Un dos máis famosos e heroicos foi Adolfo Kaminsky, un membro da resistencia francesa que co seu traballo de ourive conseguiu salvar centos de vidas humanas.

O que o  falsificador de París non sabía é que a contraespionaxe nazi contaba entre as súas filas cun aliado de excepción, o Coprinus comatus. O servizo de intelixencia teutón descubriu, por casualidade, que coa súa tinta poderíase verificar a autenticidade dos documentos alemáns.

O proceso que as autoridades levaba a cabo era moi sinxelo. Á tinta habitual que usaban para redactar pasaportes,  salvoconductos, documentación clasificada… engadían a tintura obtida a partir do Coprinus comatus. Se máis adiante queríase verificar a autenticidade bastaba con analizar a escritura baixo un microscopio, se atopaban trazos de esporas a lexitimidade era incuestionable, en caso contrario estaban diante unha falsificación. Desta forma, o Coprinus comatus converteuse nun involuntario xermanófilo do Terceiro Reich.
A natureza, como moitas veces, vólvese contra o ser humano!
FONTE: gal.wikipedia.org e Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia    Imaxe: wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a conxugar o verbo dar

 

O verbo dar é un dos verbos nos que máis e mete a zoca, así que moita atención á explicación de Esther Estévez Casado!

#DígochoEu