Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO LII

ENCRUCILLADO LII

 

VERTICAIS: 1. Arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas do norte de África, das que dista 4 km e constituído por tres illas principais: illa do Congreso, Isabel II e illa do Rei 3. Río de Rusia cunha cunca de aproximadamente 3.000.000 de km² que chega ata terras de Casaquistán, Mongolia e China, sendo o máis occidental dos tres grandes cursos de auga de Siberia 6. Montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3.404 metros sobre o nivel do mar, a segunda da Península Ibérica e a terceira de España 7. Moeda de Samoa (Estado Independente de Samoa), introducida en 1967.

HORIZONTAIS: 2. O Rei Alfonso XIII tamén era coñecido como o… 4. Crustáceo mariño da orde dos decápodos, de cacho groso de forma ovada e superficie pouco rugosa, dotado de grosas pinzas no primeiro par de patas, de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre, con nome científico Cancer pagurus 5. Capita da República de Bulgaria 6. Parque Natural do Baixo Miño integrado na Serra do Galiñeiro 8. O cabo de Gata está localizado no sur da península ibérica, fronte ao mar Mediterráneo, na provincia de… 9. Apelido do escritor lugués autor do libro de contos Á lus do candil (orixinalmente Á lús do candil e subtitulada Contos a carón do lume), publicado en 1953.

#DígochoEu: Os signos do zodíaco (1ª parte)

 

Sabías que moitos dos signos do zodíaco teñen unha versión ’clásica’ e outra(s) máis enxebre(s)? Presta atención e revisa con Esther Estévez Casado os teus coñecementos do horóscopo galego.

#DígochoEu

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA XIV (FIN)

Remato coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

14. Os meandro do Melero (Extremadura)

No límite oriental da serra de Gata, dentro da comarca das Hurdes e debuxando a fronteira entre Cáceres e Salamanca, podemos observar este espectacular  meandro que forma o río Alagón. Un meandro é unha curva sinuosa descrita polo curso dun río, que se forma con maior facilidade nos ríos das chairas aluviais con pendente moi escasa, dado que os sedimentos adoitan depositarse na parte convexa do meandro, mentres que na cóncava, debido á forza centrífuga, predomina a erosión e o retroceso da beira.

O meandro do Melero atópase no parque natural das Batuecas, Sierra de Francia (Extremadura). Iso si, sendo mais exactos o mesmo meandro separa Extremadura de Castela e León.

Iste fenómeno natural no que o Alagón dá unha volta sobre si mesmo para engulir un illote repleto de árbores (Isla de Romerosa) visto dende o mirador da Antigua é impresionante.

Quedan, aínda, moitas outras paisaxes espectacuñares deste país chamado España, pero serán motivo doutra serie.

Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, es.wikipedia.org e elrincondesele.com   Imaxe: es.wikipedia.org

SABÍAS QUE... (DIAPAUSA EMBRIONAL DOS CANGUROS FEMIAS)

Os canguros femias teñen tres vaxinas, dous úteros e son capaces de recorrer á  diapausa  embrional, é dicir, interrompen o desenvolvemento da súa cría esperando o bo momento para sacala ao mundo e que teña o maior éxito posible. As dúas vaxinas laterais son as que levan o esperma do macho a cada útero e a vaxina central é por onde descende o embrión para nacer. Despois duns trinta días de xestación, a cría, aínda moi diminuta, de non máis de dous gramos, pasa ao  marsupio, o peto externo no ventre da nai. Aí aléitase durante meses protexida por unha membrana e termina de formarse antes de asomar a cabeza. Durante este período, a nai é capaz de quedar embarazada de novo e poñer en pausa o que ocorre no seu útero.

En definitiva, cada cousa ao seu tempo.

FONTE: Agathe Cortes/elpais.com/ciencia    Imaxe: expertoanimal.com

O MÁIS ALÓ DE MAESHOWE

 

Maeshowe é un túmulo neolítico construído ao redor do 2800 a. C. nas Illas Orcadas en Escocia. Consiste nun grande montículo de máis de sete metros de altura por 35 de diámetro que encerra un complexo de pasaxes e cámaras.

Forma parte do coñecido Corazón do Neolítico, é Patrimonio da Humanidade e o seu interior fascinou aos arqueólogos. Considerado unha auténtica proeza da enxeñería da época, conta no seu interior cun pasadizo de case once metros que conduce a unha tumba central que se ilumina no solsticio de inverno.

Agora, unha nova investigación publicada en Archaeological Review from Cambridge, revelou un descubrimento nesta excepcional cámara funeraria de 5.000 anos de antigüidade.

A investigación, levada a cabo por Jay van der Reijden, da Universidade das Highlands, estudou a xeometría, a forma e o deseño das cámaras funerarias laterais desta estrutura neolítica. Coñecidas como casas dos mortos debido ao seu deseño, similar ao das casas domésticas.

Esta investigadora revelou que se erixiron «ao revés» que a principal, investindo o deseño arquitectónico coma se estuvieran dentro do inframundo e foron creadas como condutos para que as almas ou espíritos dos mortos viaxasen á outra vida.

De acordo con esta especialista, os habitantes das Orcadas no Neolítico percibían o Máis aló como unha proxección investida do aquí e agora: tal como vían cando miraban os seus propios reflexos na auga. 

FONTE: abc.es/cultura

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA XIII

Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

13. O real xardín Botánico (Madrid)

No centro de Madrid existe un recollido lugar onde aínda é posible gozar da natureza e da calma. O Real Xardín Botánico é unha caixa de sorpresas para quen se achegue a el, porque está repleto de fermosos recunchos que contemplan máis de dous séculos de historia. Ademais este singular espazo introduce ao visitante no coñecemento dunha ciencia con longos anos de tradición como é a Botánica.

O Real Xardín Botánico de Madrid é un centro de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Fundado por Real Orde do 17 de outubro de 1755 polo rei Fernando VI no Soto de Faragullas Quentes, preto do río Manzanares, Carlos III ordenou o traslado á súa situación actual en 1781, ao Paseo do Prado, xunto ao Museo de Ciencias Naturais que se estaba construíndo (actualmente Museo do Prado). Este xardín botánico alberga en tres terrazas graduadas, plantas de América e do Pacífico, ademais de plantas europeas.

Mañá outro lugar alucinante!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, es.wikipedia.org e rjb.csic.es Imaxe: esmadrid.com

#DígochoEu: non digas *influínte

 

En galego non temos a palabra *influínte nin nada que acabe en -fluínte. Entón como se di? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

SENTIR QUE TE VALORAN É A PARTE MÁIS IMPORTANTE DA EDUCACIÓN

 

Neste vídeo a escritora Siri Hustvedt comparte a súa paixón pola literatura. Recoñece que de pequena xa era unha lectora  voraz e lembra unha anécdota que lle sucedeu mentres, emocionada, lía David Copperfield:  "Pensei: se isto é o que poden facer os libros, isto é o que quero facer eu". Ademais, Hustvedt fala da súa experiencia educativa e destaca os anos que pasou nunha escola de Noruega: "que aos nenos anímenos a ler, a pensar, a debuxar... marca unha gran diferenza", di. A escritora defende que unha parte importante da educación é facer sentir aos alumnos o que valen. "O neno ou a nena que senta que non pode conseguir algo, non o vai a conseguir", sentenza.

Siri Hustvedt é escritora de ficción, ensaio, poesía e artigos académicos. O seu traballo susténtase no feminismo, a arte e as ciencias. É autora de numerosas obras entre as que destacan: ‘A muller que mira aos homes que miran ás mulleres: Ensaios sobre feminismo, arte e ciencia’, ‘A muller temblorosa’ ou ‘Todo canto amei’. Logrou o Premio Princesa de Asturias das Letras en 2019.