Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XI

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Johannes Gutenberg. Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en c. 1398 e finado o 3 de febreiro de 1468, foi un ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión ao menos en tres dos seus procesos: nas matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, na prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O seu invento fixo posible a publicación de libros en grandes cantidades e foi un dos factores máis decisivos para a difusión das ideas do Renacemento en toda Europa.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal foi o escándalo que forzou ao presidente dos Estados Unidos Richard Nixon a renunciar ao cargo?

- Escándalo de Lewinsky

- Escándalo de Watergate

- Escándalo Irán-Contra

- Controversia de Whitewater

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? X

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1914. A Primeira Guerra Mundial (28 de xullo de 1914-11 de novembro de 1918), tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito mundial entre dúas coalicións: os Aliados (ou Acordo) e as Potencias Centrais. Os combates tiveron lugar principalmente en Europa e Oriente Medio, así como en partes de África e Asia-Pacífico. En Europa os combates caracterizáronse pola guerra de trincheiras, o uso xeneralizado de artillería, metralladoras, armas químicas (gas) e a introdución de tanques e avións. Foi un dos conflitos máis mortíferos da historia, cun saldo duns 10 millóns de militares mortos e máis de 20 millóns de feridos, alén duns 10 millóns de mortos civís por causas que incluían o xenocidio.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Quen creou a primeira imprenta funcional?

- Johannes Gutenberg

- Nikola Tesla

- Benjamin Franklin

- Henry Ford

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: 1guerramundiaal.blogspot.com e biografiasyvidas.com

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? IX

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 15 de marzo. Posiblemente, un dos gobernantes da Antigüedad clásica máis soadas de toda a historia. Caio Xulio César, nado (12 ou 13 de xullo de 100 a. C.) e asasinado en Roma (15 de marzo de 44 a. C.), foi tamén un hábil político que a punto estivo de converterse no primeiro emperador da República. O temor entre algúns senadores a que alcanzase o poder absoluto, deu pé a unha conspiración que acabou coa súa morte a mans de Bruto e Casio.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. En que ano comezou a Primeira Guerra Mundial?

 - 1914 

- 1917

- 1937

- 1941

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e okdiario.com

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? VIII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Neil Armstrong. (1930-2012), este astronauta estadounidense foi o primeiro home en pisar a Lúa, o 20 de xullo de 1969 como comandante da misión Apolo 11.

E imos coapregunta de hoxe!

8. En que data foi asasinado Xulio César?

- 15 de abril

- 15 de marzo

- 15 de maio

- 15 de febreiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e historia.nationalgeographic.com.es

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? VII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Dinastía Xia. A dinastía Xia  (c. 2070-1600 a.C.) presenta un problema historiográfico fascinante: os textos chineses tradicionais descríbena detalladamente, pero a evidencia arqueolóxica é ambigua. Os rexistros históricos chineses narran que Yu o Grande fundou a Xia despois de controlar as inundacións catastróficas do río Amarelo. Yu estableceu o principio da sucesión hereditaria, transformando o liderado tribal en monarquía dinástica. A Xia supostamente gobernou durante dezasete xeracións antes de que o seu último rei, Jie, fose derrocado por Tang de Shang debido á súa tiranía. A esta dinastía seguironlle as dimastías antigas Shnag e Zhou, ata chegar ata a Qin, a primeira dinastía imperial.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Quen foi o primeiro home que pisou a Lúa?

- Buzz Aldrin

- John Glenn

- Neil Armstrong

- Yuri Gagarin

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: institutointernet.net e tec.com.pe

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? VI

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Constantino e Licinio. O Edicto de Milán (Edictum Mediolanense), tamén coñecido tamén como A tolerancia do cristianismo, foi un decreto promulgado en Milán no ano 313. O edicto foi asinado por Constantino I e Licinio, dirixentes respectivamente dos imperios romanos de Occidente e Oriente e estableceu a liberdade de relixión no Imperio Romano, dando fin ás persecucións dirixidas polas autoridades contra certos grupos relixiosos, particularmente os cristiáns. Anteriormente, o 30 de abril de 311, o emperador Galerio emitira na cidade un edicto coñecido como o Edicto de Tolerancia en SárdicaNel concedíase indulxencia ós cristiáns, recoñecéndose a súa existencia legal e a liberdade para celebrar reunións e construír templos para o seu Deus, polo que a persecución dos mesmos finalizaría.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal foi a primeira dinastía chinesa?

- A dinastía Qin

- A dinastía Ming

-A dinastía Tang

- A dinastía Han

- A dinasta Xia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e santiagotoledoo.wixsite.com

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? V

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nagasaki. A arma nuclear Little Boy foi soltada sobre Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida pola detonación da bomba Fat Man o xoves 9 de agosto sobre Nagasaki. Entre 105.000 e 120.000 persoas morreron e 130.000 resultaron feridas.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Quen foi o emperador romano que asinou o Edicto de Milán para legalizar o cristianismo?

- Augusto

- Nerón

- Marco Aurelio

- Constantino e Licinio

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e historiaromana.veertualia.com

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? IV

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Europa. Foi a pandemia de peste bubónica máis devastadora da historia da humanidade, que afectou a Eurasia e o norte de África no século XIV e que alcanzou un punto máximo entre 1347 e 1353. De acordo co coñecemento contemporáneo, a pandemia irrompeu en primeiro lugar en Asia, para chegar despois a Europa a través dos roteiros comerciais. É difícil coñecer o número de falecidos, pero modelos contemporáneos calcúlano entre 80 a 200 millóns en Eurasia. Isto significa que provocou a morte do 30% ao 60% da poboación de Europa. A peste non só decimou a poboación senón que destruíu a brillante civilización europea da baixa Idade Media, da construción das catedrais e do Feudalismo e Mercantilismo, que foi substituída pola bastante diferente civilización dos Descubrimentos e do Renacemento, logo que a poboación volveu medrar.

E imos coa pregunta de onte!

4. Á parte de Hiroshima, cal outra cidade xaponesa foi bombardeada polas bombas atómicas en 1945?

- Tokio

- Nagasaki

- Osaka

- Nagoya

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz e propia   Imaxe: adrianvalverde2001.blogspot.com e libertaddigital.com