Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXIV

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Narmer. É unha das figuras máis grandes na historia da humanidade, crese que foi o primeiro faraón do Antigo Exipto. É amplamente recoñecido por unificar o Alto e o Baixo Exipto. Ademais, sentou as bases para unha das civilizacións máis duradeiras e influentes xamais coñecidas pola humanidade. Os egiptólogos considérano como o probable sucesor dos reis protodinásticos Horus Escorpión II e/o Horus Ka, sendo considerado por algúns o unificador de Exipto e fundador da dinastía I. A súa identidade é tema de debates en curso, aínda que a opinión dominante entre os egiptólogos identifica a Narmer co faraón Menes da dinastía I. Esta conclusión baséase na paleta de Narmer, unha placa que mostra a Narmer como unificador de Exipto, e os dous selos da necrópole de Abidos que o mostran como o primeiro rei da dinastía I.

E imos coa pregunta de hoxe!

24. A que país fai referencia "A Revolución dos Caraveis"?

a) Rusia, pola extinta Unión Soviética

b) Portugal

c) Nicaragua

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e vivaradio.es

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXIII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1776. O Día da Independencia dos Estados Unidos (Independence Day ou The Fourth of July), é o día de festa nacional que se celebra o 4 de xullo nos Estados Unidos de América. Este día marca a firma da Declaración de Independencia en 1776 na cal o país proclamou a súa separación formal do Imperio británico. Durante a independencia estadounidense, a separación xurídica das Trece Colonias de Gran Bretaña ocorreu o 2 de xullo de 1776, cando o Segundo Congreso Continental votou para aprobar unha resolución de independencia que fora proposta en xuño por Richard Henry Lee de Virginia declarando os Estados Unidos independizados. Despois de votar a favor da independencia, o Congreso centrou a súa atención na Declaración de Independencia, unha declaración explicando esta decisión, que fora preparada por un comité de cinco, con Thomas Jefferson como o seu autor principal. O Congreso debateu e revisou o texto da Declaración, finalmente aprobándoa o 4 de xullo. Precisamente neste ano, 2026, celebranse os 250 anos de ral suceso.

E imos coa pregunta de hoxe!

23. Quen foi o primeiro Faraón de Exipto?

- Aha

- Den

- Narmer

- Merneith

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: airedesantafe.com.ar e nationalgeographic.com.es

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Leonardo da Vinci. Nado en Anchiano, Toscana (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino e destacado polímata en diferentes eidos: foi pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico, icona do Renacemento italiano. La Gioconda ou Mona Lisa foi pintada entre 1503 e 1519. A pintura ao óleo en madeira exposta agora no Museo do Louvre en París é a maior atracción do museo. A Última Cea é unha pintura mural executada entre 1495 e 1497 que se atopa na parede sobre a que se pintou orixinariamente, no refectorio (comedor) do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán (Italia).

E imos coa pregunta de hoxe!

22. En que ano se declarou a independencia de Estados Unidos?

- 1786

- 1776

- 1796

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e youtube.com

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXI

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tratado de Utrecht. Asinado o 13 de xullo de 1713, no seu artigo X cede á Coroa Británica “a plena e enteira propiedade da cidade e o castelo de Xibraltar, conxuntamente co seu porto, defensas e fortalezas que lle pertencen". O istmo, do mesmo xeito que as augas adxacentes ou o espazo aéreo supraxacente, non foi cedido por España e permaneceu sempre baixo soberanía española. A ocupación de facto continuada polos británicos non cumpre os requisitos do Dereito Internacional para a adquisición de soberanía. Esa é a razón pola que España sempre subliñou que a ocupación do istmo é ilegal e contraria ao dereito Internacional e, por tanto, reclamou sempre a súa devolución sen condicións. España non recoñece a ocupación do istmo nin o enreixado como fronteira, que por certo, esta última caeu o pasado15 de xullo ao pasar a formar parte do espazo Schengen. 

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Quen pintou a "Mona Lisa" e a "Última cea"?

- Miguel Anxo

- Pablo Picasso

- Rembrandt

- Leonardo da Vinci

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org 

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XX

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Luis XVI. (Versalles, 23 de agosto de 1754-París, 21 de xaneiro de 1793) foi rei de Francia e de Navarra entre 1774 e 1791, copríncipe de Andorra entre 1774 e 1793 e rei dos franceses entre 1791 e 1792. Foi o último monarca antes da caída da monarquía pola Revolución francesa, así como o último que exerceu os seus poderes de monarca absoluto. As dez e cuarto da mañá do 21 de xaneiro de 1793, Luis XVI, chamado Luis Capeto polos revolucionarios, chegou ao lugar no que se atopaba instalada a guillotina, da entón chamada Praza da Revolución. Un ou dous minutos despois das dez e vinte, foi finalmente guillotinado.

E imos coa pregunta de hoxe! 

20. En virtude de que tratado pasou Xibraltar a mans da cora británica?

- Tratado de Westfalia

- Tratado de Amiens

- Tratado de Utrecht

- Tratado de Versalles

Maña a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e lamoncloa.gob.es

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XIX

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1939. A segunga guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Que monarca foi executado durante a Revolución Francesa?

- Carlos X

- Luis XVI

- Luis XV

- Felipe de Orleans

Maña a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: althistory.fandom.com/es e rcf.fr

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XVIII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1909. Coñécese co nome de Semana Tráxica aos sucesos acontecidos en Barcelona e outras cidades de Cataluña entre o 26 de xullo e o 2 de agosto de 1909. O desencadenamento destes violentos eventos foi o decreto do goberno de Antonio Maura de enviar tropas de reserva á guerra de Melilla, que causou un forte descontento social por ser a maioría destes reservistas pais de familia das clases obreiras. Os sindicatos convocaron unha folga xeral e o exército levou a cabo unha dura represión para dominar os disturbios. O balance dos disturbios supuxo un total de 78 mortos (75 civís e 3 militares); medio milleiro de feridos e 112 edificios incendiados (80 relixiosos). Detiveron a varios milleiros de persoas, das que 2.000 foron procesadas, resultando 175 penas de desterro, 59 cadeas perpetuas e 5 condenas á morte. Ademais clausuráronse os sindicatos e ordenouse o peche das escolas laicas.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. En que ano comexou a Segunda Guerra Mundial?

- 1936

- 1939

- 1945

- 1947

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: semanatragicadebarcelona.blogspot.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XVII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Grecia. Os Xogos Olímpicos de 1896 foron os primeiros Xogos da era moderna e foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. En que ano sucedeu a Semana Tráxica de Barcelona?

- 1809

- 1909

- 1939

Mañá a solución e outra nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org