Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

ATOPAN FÓRA SO SISTEMA SOLAR UN PLANETA PARECIDO A XÚPITER NA SÚA XUVENTUDE

ATOPAN FÓRA SO SISTEMA SOLAR UN PLANETA PARECIDO A XÚPITER NA SÚA XUVENTUDE

Recreación artística ol planeta extrasolar 51 Eridani b /Danielle Futselaar & Franck Marchis, SETI Institute 

Cando os dinosauros se extinguiron, hai uns 65 millóns de anos, o planeta 51 Eridani b aínda non existía. Este mundo situado fóra do noso Sistema Solar acaba de ser descuberto utilizando o instrumento , que foi instalado no telescopio South Gemini de Chile o ano pasado. E segundo calculan os astrónomos, naceu hai só 20 millóns de anos. Que no reloxo cósmico é moi pouco tempo.

Segundo sosteñen os seus descubridores nunha investigación publicada na semana pasada na revista Science, as súas características recordan a como debía ser Xúpiter na súa xuventude, polo que esperan que o seu estudo contribúa a saber máis sobre como se formou o noso sistema solar. E é que unha das melloras formas de entender como o noso sistema evolucionou é observar outros sistemas planetarios que se encontran nas primeiras etapas de formación.

51 Eridani b é un millón de veces máis débil que a súa estrela (51Eridani). A súa masa é aproximadamente o dobre que a de Xúpiter, o que representaría a metade ou menos da masa que teñen os planetas novos que foron localizados ata agora con instrumentos terrestres. 

Tamén é un dos máis fríos dos que foron localizados, aínda que en comparación co noso é un inferno: A súa temperatura é de 430º C, así que é moi cálido para o que estamos afeitos na Terra. Non obstante, é moito máis frío que a maior parte dos planetas parecidos a Xúpiter que os astrónomos localizaron arredor doutras estrelas, e cuxa temperatura é duns 1.700º C. O Noso Xúpiter ten uns -143 º, así que Eri b está no medio".

Polo que respecta á posibilidade de que 51 Eridani b poida albergar algún tipo de vida, os investigadores  cren que é "bastante improbable", aínda que afirma que non dispoñen de ningún dato que lles permita afirmar tanto que non hai vida coma que a hai: "5Eri b é un xigante gasoso moi parecido ao noso Xúpiter, así que non ten unha superficie sólida ou un océano, e os astrónomos cren que isto sería necesario para que puidese albergar algunha forma de vida. Tamén é moi novo, só ten 20 millóns de anos. A vida na Terra tardou 1.000 millóns de anos en aparecer dende que se formou. Pero é posible que 51 Eri b teña lúas, ou que estas se estean a formar na actualidade, que sexan moi parecidas aos satélites de Xúpiter e que poderían chegar a ser lugares adecuados para que se dese a vidaEstas lúas hipotéticas estarían demasiado lonxe da estrela 51 Ericomo para ter auga líquida na súa superficie, pero se recibisen a calor das mareas de 51 Eri b e tivesen auga líquida en océanos subterráneos baixo a súa superficie xeada, podería formarse a vida".

Non obstante, a investigación subliña que esta teoría son "especulacións" súas baseadas no que sabemos dos planetas xigantes do noso propio sistema solar, pero aínda non dispoñen de ningún dato que suxira que podería haber vida.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

ASÍ XURDÍU O ROSTRO HUMANO

ASÍ XURDÍU O ROSTRO HUMANO

De esquerda a dereita, reconstrución da cara de australopiteco, “Homo habilis”, “Homo erectus” e “Homo sapiens”/ Getty

Unha extensa revisión de centos de cranios de primates, humanos actuais e homínidos extintos deron como resultado un apaixonante relato de como e cando xurdiu esa rareza evolutiva que chamamos cara.

O traballo, publicado na revista PLoS One,  estuda dúas partes do cranio: a posterior que contén o cerebro e os ósos frontais que compoñen o rostro. No encaixe destas dúas pezas está a clave para comprender por que os humanos non temos cara de mono, aínda que moitas veces nos vexamos moi parecidos a eles. A mostra inclúe chimpancés, gorilas, bonobos e orangutáns. En todos eles observouse a mesma regra inmutable no desenvolvemento das súas cabezas: canto máis grande é o neurocranio, máis grande faise tamén a cara. O tamaño é importante pois eses rostros anchos serven de soporte para unha dentición poderosa necesaria para unha vida na xungla comendo brotes, follas, froitos e, ocasionalmente, carne.

A investigación tamén analiza cranios de varias especies de australopitecos, homínidos que xa camiñaban ergueitos e que viviron en África dende hai uns 3,5 millóns de anos. As súas caras parecen, así mesmo, sometidas á mesma lei de desenvolvemento observada nos grandes primates. Despois produciuse un "cambio radical" coa aparición das primeiras especies do xénero Homo, o noso. Estas especies desenvolveron un cerebro cada vez maior e, a medida que o seu cranio medraba, a cara comezou a minguar coma se un necesitase dos recursos biolóxicos da outra. Este proceso é continuo no tempo. Iníciase en África co Homo habilis hai uns 2,5 millóns de anos e continúa, a media que se conquista territorio, con Homo Erectus, en Asia; Homo georgicus, en Xeorxia; Homo antecessor, en Atapuerca (Burgos), e o home neandertal, o noso parente humano máis próximo e que se extinguiu hai uns 30.000 anos. O punto máis avanzado chega con Homo sapiens, a cara máis pequena e estreita de todos os homínidos.

O estudo incluíu análise de cranios de sapiens que viviron en África hai 160.000 anos así como poboacións posteriores de cromañóns, pobos neolíticos e humanos actuais de varias nacionalidades.

A pregunta do millón é por que, de súpeto, os patróns físicos comezaron a cambiar para dar lugar a un cerebro maior e unha cara máis pequena. Débese en parte a que os Homo "estábanse a adaptar a un ámbito e a unha situación totalmente nova", apuntase no traballo. Entre eses cambios estivo o xiro cara a unha dieta carnívora, esencial para sustentar un cerebro que necesitaba o 22% de toda a enerxía do corpo (o dun chimpancé require o 8%).

O rostro humano tamén é único pola súa inmadurez. Comparados con outros primates, os sapiens teñen un período de desenvolvemento durante a nenez e adolescencia moi longo e, non obstante, chegan á idade adulta mantendo trazos xuvenís. Por iso, un cranio dun home e un chimpancé son visiblemente diferentes, pero o dun neno e un chimpancé bebé son moito máis similares, e mesmo o dun home adulto se parece máis ao do chimpancé bebé.

E como sería a nosa cara se non se tivese producido ese "cambio radical"? Teriamos quedado na zona de adaptación dos australopitecos e nunca teriamos despegado, teriamos caras máis grandes e probablemente nunca se tería desenvolvido un cerebro tan grande como o noso.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

OS PRIMEIROS "ANIMAIS" DA TERRA REPRODUCÍANSE COMO OS AMORADOS

OS PRIMEIROS "ANIMAIS" DA TERRA REPRODUCÍANSE COMO OS AMORADOS

 

Un equipo científico da Universidade de Cambridge, Reino Unido, descubriu que o organismo complexo máis antigo da Terra, que viviu no territorio da actual provincia canadense de Terra Nova e Labrador hai 540 millóns de anos, era un ser que se reproducía como os amorodos.

Os paleontólogos investigaron o proceso de reprodución do organismo complexo máis antigo achado na Terra. Trátase do “Fractofusus”, que vivía no fondo mariño hai 500 millóns de anos e cuxos fósiles atopáronse  en Terra Nova, Canadá. Por un lado, a súa vida estática asemellábao ás plantas, e por outro eran parecidos ás lapas mariñas, aínda que os científicos non se poñen de acordo á hora de afirmar se eran animais ou plantas, informa a revista “Nature”.

Os paleontólogos británicos cren que os Fractofusus usaban unha estratexia combinada de reprodución que lle permitía propagarse en distintas áreas do seu hábitat. Neste proceso utilizábanse propágulos, unhas estruturas das plantas capaces de desenvolverse de xeito separado para dar lugar a un novo organismo idéntico ao que o formou, que lles servían para propagarse por grandes extensións. Pero tamén ao igual que os amorodos, utilizaban estolóns, segmentos enraizados de planta cuxa separación dá lugar a plantas fillas. Esta estratexia servíalle para propagarse por áreas próximas ao organismo.

Fonte: RT/Ciencia

PREDICIÓN: NOVA IDADE DE XEO NO 2030-2040

PREDICIÓN: NOVA IDADE DE XEO NO 2030-2040

O Sol, nunha imaxe do Soar Dynamics Observatory, da NASA o pasado 15 de Xullo / Imaxe:NASA

A noticia causou impacto entre climatólogos de todo o mundo. E non é para menos. Un grupo internacional de investigadores da Univesidad de Northumbria, acaba de revelar, durante o Encontro Nacional de Astronomía en Llandudno, en Gales, que estamos a punto de experimentar unha nova "Pequena Idade de Xeo" similar á que conxelou unha boa parte do mundo durante o século XVII e principios do XVIII. Será entre 2030 e 2040.

Como é sabido, o campo magnético do Sol varía ao longo do tempo. E estas variacións magnéticas na ardente atmosfera solar teñen unha influencia directa na radiación electromagnética que emite o astro rei, así como na intensidade dos seus fluxos de plasma e no número de manchas na súa superficie. A variación na cantidade de manchas solares ten unha estrutura cíclica, con máximos que se producen cada once anos e que teñen efectos concretos sobre o medioambiente da Terra. Eses efectos poden medirse observando a presenza de certos isótopos (como o carbono 14 ou o berilio 10) en glaciares ou nas árbores.

Pero existen numerosos ciclos diferentes que se repiten unha e outra vez, con diferentes períodos e propiedades, aínda que os mellor coñecidos son os de once e noventa anos. O primeiro maniféstase cunha redución periódica de manchas sobre a superficie solar. E a súa variante de 90 anos asóciase coa redución periódica no número de manchas en determinados ciclos de once anos.

No século XVII produciuse un prolongado período de calma, chamado "o Mínimo de Maunder", que se estendeu dende 1645 a 1700 e durante o cal as manchas solares practicamente desapareceron por completo. Durante este período, en efecto, apenas contabilizáronse unhas 50 manchas solares en lugar das preto de 50.000 habituais. A análise da radiación solar, ademais, demostrou que os seus máximos e mínimos coinciden case sempre cos máximos e mínimos en canto ao número de manchas.

Esta redución da actividade implica unha diminución da radiación solar de 3 W por metro cadrado, máis do dobre do habitual, o que levará a un agravamento invernal extremo e a veráns moi fríos.

Se se produce na actividade solar unha redución similar á rexistrada durante o Mínimo de Maunder, tamén a atmosfera terrestre se arrefriará. Segundo os investigasdires, se as actuais teorías sobre o impacto da actividade solar no clima terrestre son certas, entón o próximo mínimo de 2030 traerá un arrefriamento significativo, moi similar ao acontecido durante o século XVII.

Non obstante, só durante os próximos 5 e 15 anos será posible ter unha certeza absoluta sobre o acertado destas predicións.

A idea de que a actividade solar afecta ao clima na Terra apareceu fai xa moito tempo. Sábese, por exemplo, que abonda unha lixeira variación dun 1% na actividade solar para causar cambios medibles na distribución de temperaturas e do fluxo de aire en todo o planeta. Os raios ultravioleta teñen efectos fotoquímicos, que levan á formación de ozono na atmosfera, a unha altura de 30 ou 40 km. E o fluxo de raios ultravioleta aumenta considerablemente cando se produce unha labarada solar. O ozono, que absorbe os raios do sol o suficientemente ben, quéntase como consecuencia deste aumento de radiación e afecta ás correntes de aire nas capas baixas da atmosfera e, en consecuencia, ao clima.

Tamén a emisión de partículas cargadas aumenta coa actividade solar. E esas partículas alcanzan a Terra e móvense en complexas traxectorias, causando auroras, tormentas xeomagnéticas e problemas nas comunicacións por radio.

FONTE: Xornal abc/ciencia

O PLANETA MÁIS PARECIDO Á TERRA

 

Cando se cumpren vinte anos dende que Michel Mayor e Didier Queloz descubrisen o primeiro planeta fóra do noso sistema solar, os científicos da NASA acaban de presentar en sociedade a Kepler-Kepler-452b, un planeta de tamaño similar á Terra orbitando na zona habitable dunha estrela parecida ao Sol. A NASA cualificouno como "un curmán da Terra máis grande e máis vello".

Kepler-Kepler-452b é o planeta máis pequeno descuberto ata agora orbitando na zona habitable dunha estrela como o noso Sol. A NASA explicou en rolda de prensa que o planeta é un 60% máis grande que a Terra, polo que a gravidade na súa superficie sería o dobre, pero aínda así o seu tamaño permite aos científicos adiantar que o planeta é rochoso, cunha atmosfera máis densa e un bo número de volcáns activos. O sistema Kepler-452 encóntrase a 1.400 anos luz de distancia da Terra, na constelación de Cygnus.

Aínda que é máis grande, un ano en Kepler-Kepler-452b ten case a mesma duración que na Terra: tarda 385 días en completar a súa órbita en torno á súa estrela.

A zona habitable é a rexión ao redor dunha estrela onde as temperaturas son as axeitadas para que a auga de existir na súa forma líquida, polo que aumentan as posibilidades de que xurdise a vida. Tanto a Terra coma Kepler-Kepler-452b orbitan unha estrela con aproximadamente a mesma temperatura. Non obstante, a estrela de Kepler-Kepler-452b ten 6.000 millóns de anos, 1.500 millóns de anos maior que o noso Sol, polo que sería máis quente e máis brillante. Con Kepler-Kepler-452b, o número total de planetas confirmados alcanza os 1.030.

"Este achado apaixonante lévanos un paso máis preto de encontrar unha Terra 2.0. Este é ata agora o planeta que máis se asemella á Terra e algo que podemos chamar fogar", explicaron científicos do programa.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

PRIMEIROS INDICIOS DE QUE HAI UN CONTINENTE EN MARTE

PRIMEIROS INDICIOS DE QUE HAI UN CONTINENTE EN MARTE

Unha das mostras de rocha da posible codia continental detectada en Marte / NASA

Hai un robot do tamaño dun todoterreo que vai por Marte disparando raios láser. A súa luz concentra a potencia dun millón de lámpadas nun punto milimétrico e permite analizar as rochas a distancia. Esta tecnoloxía abre unha ventá única ao que sucedeu no planeta hai miles de millóns de anos e, grazas a ela, o Curiosity acaba de encontrar indicios do que podería ser o primeiro continente achado en Marte.

Os resultados do experimento ChemCam, publicados o pasado luns en Nature Geoscience, indican que hai rochas marcianas cunha composición moi similar á da codia continental da Terra. Este tipo de rochas forman todos os continentes terrestres e teñen unha composición diferente á codia que hai baixo os océanos. Esta actividade xeolóxica foi clave para que a Terra puidese desenvolver vida e os novos datos apuntan a que o planeta vermello tiña unha actividade similar, moito maior do que se pensaba ata agora.

O periplo do Nature Geosciencepolo cráter Gale comezou o 6 de agosto de 2012. No seu camiño, o robot topouse con pedras dunha estraña cor clara, diferentes a escuros basaltos que abundan no planeta. A orixe destas rochas esbrancuxadas, escriben os autores do estudo, parece ser "unha codia de varios quilómetros de grosor" que quedou en parte exposta na parede norte do cráter.

Tras torrar 22 destas pedras co láser e analizar os seus compoñentes, os responsables de ChemCam aseguran que son ricas en feldespatos, o que apunta a que teñen unha orixe magmática. De feito, resaltan, a súa composición é similar á da codia continental máis antiga que se achou na Terra. A súa existencia implica que o planeta vermello tiña no seu interior unha actividade xeolóxica moito maior do que se pensaba. De forma análoga ao que sucedeu no noso planeta, ese magma tería moldeado a codia ata facer aflorar a materia prima necesaria para formar continentes.

O novo achado é "moi importante", aínda que aínda sexa pronto para asegurar a existencia de "un gran continente". Os datos mostran que o planeta non só é moito máis diverso en minerais do que se pensaba, senón que ademais estes foron transformados polo magma para dar lugar a unha gran diversidade de rochas. Isto, á súa vez, ten importantes implicacións para a posibilidade de vida. Marte puido ser un xemelgo da Terra moito mellor dotado en orixe para xerar vida. De feito hai a posibilidade de que toda a vida da Terra proveña do planeta vermello. En todo caso, a existencia de actividade xeolóxica reforza as posibilidades de bioloxía en Marte.

DONTE: Xornal El País/ciencia

ASÍ É O CORAZÓN DE PLUTÓN

 

Coas novas imaxes tomadas en Plutón, pola sonda New Horizons da NASA, comezan a mostrar en detalle como é o centro dunha grande extensión con forma de corazón. Trátase dunha zona de chairas xeadas, sen cráteres e que parecen indicar que se formou fai só 100 millóns de anos.

Os responsables da misión bautizaron esta zona como a planicie Sputnik, o nome do primeiro satélite lanzado ao espazo. As imaxes amosan que o corazón de Plutón parece a superficie dun enorme charco xeado no que as diferentes placas teñen unha extensión duns 20 quilómetros separadas de profundas gretas.

A nova imaxe tomouse cando a sonda estaba a 77.000 quilómetros do planeta. Nela poden observarse formacións que parecen mostrar que Plutón ten actividade xeolóxica. Os responsables da misión esperan poder confirmalo a medida que a sonda envíe as imaxes de maior resolución tomadas a unha menor distancia.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

DESCUBRIMENTO CASUAL DE GRANDES VOLCÁNS SUBMARINOS FONTE ÁS COSTAS AUSTRALIANAS

DESCUBRIMENTO CASUAL DE GRANDES VOLCÁNS SUBMARINOS FONTE ÁS COSTAS AUSTRALIANAS

Fondo mariño / Imaxe:csirofrvblog.com

Catro enormes volcáns submarinos, que poderían ter uns 50 millóns de anos, foron accidentalmente descubertos fronte ás costas de Sídney-Australia, por un equipo de científicos que buscaba larvas de lagosta.

O grupo de volcáns foi encontrado a uns 250 quilómetros da costa, coa axuda do mapeo por sonar do chan submarino do Investigador, un novo buque australiano de investigación de alta mar.

Os catro volcáns teñen grandes cráteres en forma de cunca. O máis grande ten 1,5 quilómetros de diámetro na súa base e 700 metros de altura. Estes encóntranse a case cinco quilómetros baixo a auga.

"Fomos alí para observar os remuíños da corrente do leste de Australia e encontrar estes volcáns foi totalmente fortuíto. Imaxinemos o que pode haber á volta da esquina se continuamos explorando esta área", sinalan os investigadores, que cren que os volcáns se formaron por unha serie de cambios nas placas xeolóxicas que causaron a separación de Australia e Nova Zelandia.

O mapeo do buque Investigator cóntanos parte da historia de como Nova Zelandia e Australia se separaron fai ao redor de 40 e 80 millóns de anos, e agora axudará aos científicos a enfocarse nunha futura exploración do fondo mariño para descubrir os segredos da codia da Terra.

FONTE: rt.com/ciencia