Blogia

vgomez

PLANTAS CURIOSAS XI

Wolffia arrhiza / Imaxe: Christian Fischer/Wikimedia.

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

11. 
Wolffia  arrhiza, máis coñecida como lentella de auga. Pertence á familia das lemnáceas (Lemnaceae). É a planta máis pequena do planeta: pesa 0,5 gramos e o seu diámetro oscila  entre 8,8 e 1,3 milímetros, o que fai que unha ducia delas caiba comodamente na cabeza dun alfinete. Acuática, é orixinaria de Malaisia e Australia. Son nunha 40% proteína, o que as coloca ao mesmo nivel que a soia, e por iso utilízase como alimento.

Mañá outra!

XESTIONAR A FRUSTACIÓN, O FRACASO E A DERROTA

 

Como se xestionan as emocións nun vestiario cheo de estrelas do fútbol? E como afronta un xogador un partido complicado, ou unha lesión grave? Joaquín Valdés, psicólogo da selección española de fútbol, asegura que a maior parte do seu traballo baséase na observación: “O meu labor é un traballo de equipo co resto do corpo técnico, especialmente co adestrador”. Para optimizar o rendemento e a motivación dos xogadores, Valdés prioriza que estes aprendan primeiro a xestionar a frustración, o fracaso e a derrota: “Perder é algo que vai ocorrer. Cando chegue, é fundamental ser capaz de extraer unha aprendizaxe positiva desa experiencia”. Joaquín Valdés estudou Psicoloxía do deporte e Maxisterio. Comezou a súa carreira deportiva como judoka profesional e foi adestrador de judo, esquí, tenis, natación, atletismo e golf. No mundo do fútbol, empezou como psicólogo no Sporting de Xixón. Desde entón desenvolveu a súa carreira da man do adestrador Luís Enrique, en equipos como a Roma, o Celta de Vigo ou o FC. Barcelona.

PLANTAS CURIOSAS X

Rosa negra / Imaxe: bebee.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

10.  
Rosas negras. A roseira é un arbustos do xénero Rosa e da familia das Rosaceae con máis de 100 especies. Moitas delas son nativas de Asia e un número menor procede de Europa, América do Norte e África noroccidental. Todas elas forman un grupo de arbustos erectos e plantas trepadeiras ou rastreiras, con ramas que frecuentemente están protexidas por espiñas.

Xa na antigüidade grega foi considerada a raíña das flores. A súa beleza e o seu arrecendo fan que na actualidade sexa a flor máis cultivada do mundo e que se empregue tanto na xardinaría ornamental como na floristaría e na industria da perfumaría.

Pero poucas veces atopamos, de forma natural, rosas de cor negro. Pero hai un lugar onde si florecen desa cor. É un pobo pantasma, mergullado baixo as augas do río Éufrates. É a aldea de Halfeti, ao sur de Turquía. Alí as flores nadas vermellas como o sangue tórnanse no verán escuras ata alcanzar o negro máis sofisticado.

Mañá outra!

PROTAGONISTAS DA GRAN OXIDACIÓN?

Unha das imaxes do posible fósil, atopado en rochas de Sudáfrica / Andrea Corpolongo

Historicamente, o ser humano viuse a si mesmo como o cume da natureza. Pero o rexistro fósil di algo moi distinto. Durante a maior parte da historia da Terra, os únicos seres vivos que existiron foron microorganismos como as bacterias; estas viviron desde hai uns 3.800 millóns de anos (ou mesmo antes) e aínda hoxe dominan o planeta. De feito, as plantas terrestres e os mamíferos non apareceron ata moito máis tarde, hai uns 850 millóns de anos e uns 320 millóns de anos, respectivamente, mentres que os humanos non apareceron ata hai uns centos de miles de anos. Máis que dominar, o home acaba de chegar a un lugar no que outros seres fixéronlle un oco.

E non só é o noso caso. A vida tal como coñecémola existe grazas a unha gran catástrofe: a Gran Oxidación. Hai uns 2.400 millóns de anos un grupo de bacterias (cianobacterias) comezou a facer a  fotosíntesis e a liberar osíxeno á atmosfera. Eses  microbios  oxidaron o planeta e mataron a moitos seres que non puideron soportalo (de feito, hoxe en día o osíxeno séguenos envellecendo e desgastando os nosos libros e máquinas). Pero foi grazas a estas bacterias como, tempo despois, as células complexas, os organismos  multicelulares, os animais e todo o que coñecemos puido aparecer.

Hoxe hai moitas dúbidas acerca de como ocorreu esta Gran Oxidación, porque tivo lugar hai moito tempo e porque os responsables eran minúsculos seres brandos. Andrew Czaja, investigador na Universidade de Cincinnati (Estados Unidos) presentou o pasado mes o que pode ser un  interesantísimo achado: o de supostos fósiles de bacterias que existiron fai 2.500 millóns de anos e que puideron ser algunhas das protagonistas da Gran Oxidación. O achado foi anunciado na Conferencia de Ciencia da Astrobiología, celebrada en Washington (EE. UU.), pero non foi publicado aínda nunha revista científica.

De aí a importancia do posible achado. Estes supostos fósiles existiron uns 100 ou 200 millóns de anos antes da Gran Oxidación, un período no que, segundo Czaja, só atopáronse outros catro microfósiles.

O líder da investigación atopou estes posibles microfósiles nun estromatolito, unha rocha formada pola mineralización dos restos e sedimentos deixados atrás por cianobacterias en épocas pasadas, e que atopou nunha viaxe por Sudáfrica.

O profesor levounas a clase para mostrarllas aos seus estudantes, pero atopou unhas estrañas burbullas. Andrea Corpolongo, estudante de doutoramento de Czaja, comezou a examinalos. Estas burbullas resultaron ser esferas ocas feitas de queróxeno, un material orgánico. Algunhas esferas eran alongadas e outras tiñan estrañas  protuberancias.

Os investigadores non saben que tipo de microbio poden estar a observar, pero como as burbullas acháronse nun estromatolito, suxeriron que debe tratarse de cianobacterias.

Con todo, de ser así, serían unhas moito máis grandes que as actuais: teñen tamaños de 60 a 100 micras (unha  micra é a milésima parte dun milímetro), mentres que a maioría das cianobacterias actuais vai das cinco ás dez.

Ademais, as cianobacterias actuais tampouco teñen estas protuberancias. Estes investigadores sinalaron que lles lembran ás protuberancias que se forman nalgunhas células que atravesan o proceso de xemación, polo cal células grandes reprodúcense asexualmente por medio dunha fragmentación moi desigual.

FONTE: G.L.S./abc.es/ciencia

6 LUGARES FERMOSOS E INUSUAIS DO MUNDO

 

Non pensamos a miúdo nisto, pero o noso planeta é unha fonte de misterios. Nin unha, nin dez e nin sequera vinte vidas serían suficientes para ir a todos os lugares da nosa vasta terra. Pero sabes que? Esta non é unha razón para poñerse triste. Porque vivir aprendendo constantemente cousas novas é moito máis interesante. E hoxe temos a oportunidade de seguir aumentando os nosos coñecementos sobre o noso planeta.

No vídeo superior tes a posibilidade de descubrir 6 lugares fermosos e inusuais do mundo.

E quen sabe, igual pode que visites algún deles na túa vida!

PLANTAS CURIOSAS IX

 Kigelia africana / Imaxe: dkespanol.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

7.
Kigelia africana, maís coécida como ábore das salchicas ou árbore salchicón. É unha especie de árbore pertencente á familia das bignoniáceas. Orixinaria do
Senegal, pero atópase tamén enTanzania, Mozambique, nos humidais no oeste de Quenia e ao norte de Sudáfrica.

É unha árbore de tamaño medio (10 a 15 m), con amplas e grandes follas pinnadas con 8 a 10 folíolos ovalados de 30 cm de lonxitude. Estas follas son perennes ou  caducifolias, dependendo do clima onde medre. As súas grandes flores (que se abren ábren pola noite) acampanadas con 5 pétalos emiten un cheiro nauseabundo e produce froitos secos. O cheiro atrae aos morcegos que a polinizan. Dan lugar a grandes acios de froita marróns colgantes. A miúdo, considérase que o contido das súas fibras non é comestible para os seres humanos, pero a nivel local cómense cocidos.

Mañá outra!

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XI

VERTICAIS: 1. Fisterra 3. Vilán 5. Manzaneda 8. Ártabro 9. Antela

HORIZONTAIS: 2. Pedroso 4. Tambo 6. Farallóns 7. Trevinca 10. Plancha 11. Ortegal 12. Estai

Orografía de Galicia!

PLANTAS CURIOSAS VIII

Strelitzia reginae / Imaxe: waterwisebotanicals.com

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

7. Strelitzia reginae , máis coñecida como ave do paraíso.
É unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da familia das estrelitziáceas. Planta herbácea (de porte arbustivo cunha altura media de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m), con follas, con longos pecíolos, alternas, pinnatinervadas e dísticas. As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculada.

É orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.

Mañá outra!