Blogia

vgomez

CANTO SABES DE PAÍSES BAIXOS? XVI

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é Descartes. René Descartes (1596-1650) matemático, físico e filósofo francés, aínda que viviu boa parte da súa vida en Países Baixos. O resto: Regard Reve (escritor), Rembrandt (pitor) e Erasmos de Róterdam (filósofo, filólogo e teólogo) eran todos neerlandeses

 

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

16. Identifica:

 

- Rei de Paises Baixos

- Primeiro Ministro

Mañá a solución e remate serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: matematicasdesdecero.com e es.wikipedia.org 

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA V

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

9. Galiña vella fai bo caldo

É un eloxio á xente maior, especialmente ás mulleres. A experiencia é un grao. Do mesmo xeito que unha galiña vella achega un sabor delicioso ao caldo, as mulleres maiores teñen moito que achegar pola súa experiencia. Podemos aprender moito delas.

10. Ser máis listo que un allo

 

Os allos son todo cabeza. De aí a alusión a este alimento para referirse a alguén intelixente.

FONTE: xenera.com, blog.mundo-r.com/es e rumbogalicia.com       Imaxes: clarin.com e frutos-hortalizas.com

Continuará...

O DENGUE: PODE SER ENDÉMICO EN GALICIA?

Pasaron case 20 anos desde que en 2004 se detectara por primeira vez a presenza dun mosquito tigre (Aedes albopictus), orixinario de Asia, na península ibérica. Foi en Cataluña. Desde entón foise estendendo, comezando pola costa mediterránea, ata acreditarse a súa presenza en distintas comunidades autónomas: Andalucía, Castela-A Mancha, Aragón, Pais Vasco…e nun total de 40 provincias, ademais de en Portugal. Durante dúas décadas Galicia mantívose como territorio libre de mosquito tigre, un status que cambiou o pasado 9 de agosto, cando un veciño de Moaña comunicou o achado dun exemplar (validado posteriormente por entomólogos) a través da app Mosquito Alert.

Era cuestión de tempo que Galicia se sumase ao resto de territorios peninsulares afectados polo mosquito tigre”, apunta Yasmina Martínez Barciela, investigadora do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo (UVigo). Por iso, e en previsión deste escenario, se creou a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec) co fin de detectar a súa chegada e actuar en consecuencia o máis rápido posible.

En apenas tres meses foron localizados exemplares de mosquito tigre nos concellos pontevedreses de Moaña, Cangas, Vigo, Redondela e Vilaboa, conforme cos datos facilitados pola Consellería de Sanidade que lidera a ReGaVivec, da que tamén forman parte Medio Rural e as universidades de Vigo e Santiago de Compsotela

Desde agosto e ata o 30 de outubro, a app Mosquito Alert recibiu 251 avisos de posibles exemplares, das que un cento foron “notificacións confirmadas” por entomólogos da ReGaViVec, en tanto que as outras 151 foron clasificadas como “notificacións probables”.

Destes 251 avisos de presenza de Aedes albopictus, 173 chegaron desde Moaña (72 confirmados e 101 probables); 61 desde Vigo (22 confirmados e 30 probables), 10 desde Redondea (4 confirmados e 6 probables) e 7 de Cangas (2 confirmados e 5 probables). Pola súa banda o exemplar localizado en Vilaboa caeu nunha das trampas da rede de vixilancia entomolóxica.

A densidade de mosquitos tigre en Galicia foi in crescendo, rexistrándose o pico máis alto nos meses de setembro e outubro. “Isto é consecuencia do aumento das precipitacións que favorece a formación de criadeiros, e o mantemento dunhas temperaturas lixeiramente cálidas que propician o seu crecemento e actividade” sinala a investigadora Martínez Barciela.

Nos vindeiros meses, e coa entrada do inverno, é previsible que a presenza do vector diminúa considerablemente. De feito, xa estamos a ver nas últimas semanas un descenso da súa actividade. Os adultos non resisten as baixas temperaturas e as larvas ven afectado o seu desenvolvemento” explica esta bióloga.

O mosquito tigre é un posible vector de enfermidades como o dengue pero iso non quere dicir que necesariamente vaia transmitilo. Tal como explica a bióloga Yasmina Martínez, os lugares onde hai alerta sanitaria por transmisión autóctona deste virus non só teñen unha presenza do vector en altas densidades, senón que tamén teñen unha presenza constatada do virus. En Galicia, subliña a investigadora da UVigo “o risco de transmisión autóctona do dengue é moi baixo porque, aínda que agora estea presente o vector, non está o virus: non é endémico, nin está en circulación entre a poboación”.

A alerta sanitaria por dengue autóctono está acendida en varios países do sur de Europa como Italia, no que neste ano 2023 se rexistraron 66 casos de dengue local; Francia, onde se contabilizaron 36 ou España onde se diagnosticaron 3. Dado que entre o 40% e o 80% dos casos son asintomáticos, a cifra real podería ser moito máis alta, razón que explica as alertas.

En Galicia, no que vai de 2023, diagnosticáronse 6 casos de dengue, todos eles importados, é dicir, que se contaxiaron noutro país ou zona, segundo confirman fontes da Consellería de Sanidade.

O mosquito tigre é unha especie cun limitado desprazamento autónomo (é raro que se afaste máis de 200 metros do seu lugar de cría) polo que a súa dispersión está ligada ao ser humano. Factores como o movemento global de persoas e mercadorías e o cambio climático, cun aumento xeneralizado das temperaturas e cambios nos ecosistemas, facilitan que estas especies se adapten a vivir fóra do seu hábitat natural.

Conter ou obstaculizar a expansión dunha especie invasora como o mosquito tigre “supón todo un reto”, sinala a investigadora Yasmina Martínez, quen confía no traballo de vixilancia vectorial que se está a facer man a man entre a Dirección Xeral de Saúde Pública, ReGaVivec, Mosquito Alert e os concellos. Tamén é vital, engade, a concienciación e colaboración cidadá, que pode impedir a posta de ovos e o crecemento das larvas con accións sinxelas como eliminar puntos de auga estancada (bebedoiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie… ) cun baleirado ou coa renovación da auga cada 3-4 días.

FONTE: Begoña Márquez/gciencia.gal/saúde

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA IV

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

7. Malo será

É unha expresión moi empregada na nosa terra, que convida ao optimismo. Vén significar que, aínda que haxa adversidades, sempre se sae adiante, xa que as malas etapas sempre teñen un final. Non duran para sempre. Neste senso tamén se emprega Nunca choveu que non escampase.

8. Ser un toxo

O toxo é esa planta silvestre con flores amarelas e espiñas. Imaxínaste como sería darlle un abrazo a un toxo? Pois, así máis ou menos pódeste sentir cando abrazas a alguén que é un toxo. Entón, que significa ser un toxo? En xeral, chámaselles así ás persoas impertinentes, ariscas ou bastas.

FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es        Imaxes: crtvg.es e laregion.es

Continuará...

SABÍAS QUE... OS OLLOS AZUIS NON EXISTEN!

Basta con observar a quen nos rodea para comprobar a gran variedade na cor de ollos, especificamente, do iris, a parte pigmentada do ollo que rodea a pupila. O máis común é o marrón, de distintos tons e matices. Hai decenas de miles de anos toda a humanidade tiña os ollos marróns, o resto das cores xurdiu por evolución, como mutacións posteriores.

Moito menos frecuentes son os ollos verdes, que poden chegar a agrisados, e os ollos azuis, tamén con variantes máis claras ou máis intensas. O azul, cunha frecuencia de entre o 8 e o 10 % da humanidade, é máis común que o verde, que apenas o presenta entre o 2 e o 5 %.

Hai casos excepcionais, como os famosos ollos cor violeta de Elisabeth Taylor, aínda que en realidade non eran violeta senón dun azul moi intenso que, coa luz adecuada, parecían adquirir un ton violáceo. Algo similar sucede cos ollos negros, que en realidade son marróns moi escuros, e que aparentan ser negros cando non hai suficiente luz para apreciar o matiz.

En xeral, por tanto, pódese dicir que hai tres tipos de ollos pola súa cor: marróns, verdes e azuis, con abundantes variacións de cada un deles. Pero, se isto é así, por que dicimos que non existen ollos azuis?

Antes de continuar, aclaremos o concepto. Existen ollos que chamamos azuis, e cuxo íris percíbese como azul. Pero non son realmente azuis, non hai un pigmento azul que achegue esa cor aos ollos. Para entender isto, é necesario comprender como se compón a cor dos ollos, e que entendemos por ‘cor’.

A cor dun obxecto está determinado pola luz que reflicte. Un obxecto que reflicte todo o espectro de forma uniforme percíbese branco, mentres que un que absorbe toda a luz é negro. Cando un obxecto absorbe parte da luz, por exemplo, por efecto dun pigmento, e reflicte outra parte, percibímolo da cor da luz reflectida: as follas das árbores, por exemplo, son normalmente verdes, porque o pigmento de que dispoñen, a clorofila, absorbe a luz vermella e azul, e reflicte a luz verde, que chega aos nosos ollos.

A cor de ollos é un trazo xeneticamente determinado, no que interveñen ata 16 xenes, responsables de controlar a produción de melanina no iris. A melanina é o pigmento que achega a cor, o mesmo que temos na pel e o pelo. Existen dous tipos principais de melanina. A eumelanina máis escura (absorbe máis luz) que achega unha cor marrón, e a feomelanina máis clara (absorbe menos luz) que achega tons ocres. No íris dáse unha mestura de ambos os pigmentos.

A cantidade de melanina nun tecido determina a intensidade da cor, mentres que a composición relativa de eumelanina e feomelanina determina o ton. Por exemplo, nos ollos cor abelá domina a eumelanina, pero se o pigmento maioritario é a feomelanina, a cor do ollo adquire un ton máis parecido ao mel.

Evidentemente, os ollos azuis teñen moi pouca cantidade de melanina. Poderíase pensar (e de feito, antigamente pensábase) que, a cambio, o iris dunha persoa con ollos azuis tería algún pigmento que lle confira a cor azul, así como a melanina confire a cor marrón. Pero non existen pigmentos azuis nos ollos.

Por iso dicimos que os ollos que vemos como azuis non son realmente azuis. E por iso, entendendo a cor deste xeito, o titular é correcto. Non existen ollos azuis, porque non hai ollos con pigmentos desa cor.

O iris do ollo ten dúas capas. A capa posterior ou epitelio pigmentario, que contén sempre melanina (nos ollos de calquera cor). Pero a que marca a diferenza é a capa máis superficial ou estroma, composta por fibras que poden estar ou non cargadas de pigmento. Nos ollos marróns, as fibras do estroma conteñen abundante melanina; nos ollos verdes, moi pouca; e nos ollos azuis non teñen pigmento algún, e as fibras mantéñense incoloras.

O motivo polo que os ollos azuis percíbense con ese ton non radica no seu pigmentación, senón que é consecuencia do efecto Tyndall, un fenómeno polo que a luz é dispersada por partículas incoloras. Como sucede cando atravesa un prisma, ao dispersarse, a luz branca descomponse en distintas cores, que se dirixen en distintas direccións. As lonxitudes de onda máis longas, como a vermella, dispérsanse moito menos que as lonxitudes de onda máis curtas, como a luz azul. Deste xeito, a radiación vermella queda retida pola propia estrutura física, mentres que a azul é liberada, facéndose visible. Este efecto é similar á dispersión de Rayleigh, responsable de que percibamos o ceo azul, a pesar de que tampouco presentan pigmentos azuis.

As fibras incoloras do estroma conforman un medio propicio para que se produza o efecto Tyndall. Este fenómeno, polo cal un tecido incoloro vese de cor azul, coñécese como coloración estrutural, a diferenza da coloración pigmentaria. Esa é a razón pola que os ollos azuis parecen azuis, aínda que o tecido do estroma sexa incoloro.

FONTE: Álvaro Bayón/muyinteresante.es/naturaleza     Imaxe: OPHfoto/iStock

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XV

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é España. A guerra dos Oitenta Anos (coñecida en España como guerra de Flandes e nos Países Baixos como guerra de independencia dos Países Baixos)​ foi unha guerra que enfrontou ás Dezasete Provincias dos Países Baixos contra o seu soberano Felipe II de España. A rebelión contra o monarca comezou no ano 1568, en tempos de Margarita de Parma, gobernadora dos Países Baixos, e finalizou no 1648 co recoñecemento da independencia das sete Provincias Unidas, hoxe coñecidas como Países Baixos. Como pretexto, as relacións de Margarita coa nobreza neerlandesa protestante nunca foron do todo fluídas. Este feito, sumado á súa inoperancia e á distancia existente entre ambos os países, fixo que se fosen afastando cada vez máis da política española en busca dos seus intereses económicos e políticos cun aire de independencia que comezaba a xestarse no ambiente. Os países que hoxe se coñecen como Bélxica e Luxemburgo formaban parte das Dezasete Provincias, pero permaneceron leais á Coroa (os territorios baixo o dominio do Bispado de Lieja non formaban parte das Dezasete Provincias, senón directamente estaban no Sacro Imperio Romano Germánico). O resultado final da guerra dos Oitenta Anos foi a independencia oficial dos Países Baixos tras a Paz de Westfalia; pero non está tan claro que esta fose a causa da guerra. Esta foi o resultado final das discrepancias entre a Monarquía Hispánica e a parte dos súbditos aos que tiñan que gobernar nestas provincias.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Na seguinte lista do mundo da cultura hai un personaxe que non pertence aos Países Baixos. Pódelo atopar?

- Erasmo de Róterdam

- Rembrandt

- Descartes

- Gerard Reve

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e bbc.com

COP 28

Dubái (Emiratos Árabes Unidos) convértese no epicentro mundial do diálogo achega do cambio climático. Baixo o lema Unite.Act.Deliver (Unir, Actuar, Ofrecer resultados), a COP28 preséntase como un fito na axenda climática global desta década coa presentación do primeiro balance mundial sobre os avances globais respecto a os obxectivos do Acordo de París, adoptado en 2015 na COP21.

A visión da Presidencia da COP28, articúlase ao redor de 4 eixos de acción:

1. Acelerar a transición enerxética e reducir as emisións a 2030: O obxectivo de triplicar a capacidade renovable en 2030 é unha das grandes metas deste cume. Tamén se pretende duplicar o cociente de eficiencia enerxética, aumentar a electrificación e reducir as emisións de metano a 2030 así como o uso de combustibles fósiles.

2. En materia de financiamento climático: cumprir as promesas feitas e sentar as bases para un novo acordo global nese ámbito. O financiamento é un tema clave nun ano no que se debate a reforma do sistema financeiro multilateral para responder mellor ás necesidades dos países en desenvolvemento. Elementos importantes son asegurar que se cumpra o obxectivo de duplicar o financiamento para adaptación en 2025 así como avanzar para sentar as bases do Novo Obxectivo Colectivo Cuantificable de Financiamento Climático que deberá aprobarse en 2024 e cubrir as necesidades dos países en desenvolvemento.

3. Situar no centro da acción climática á natureza, as persoas, as vidas e os medios de vida. Na COP 28 espérase a posta en marcha do Fondo para Perdas e Danos, aprobado en Exipto o ano pasado e un dos principais resultados da COP27, así como avanzar na adopción dun marco robusto para o Obxectivo Global de Adaptación. Por primeira vez nunha COP celebrarase unha reunión ministerial sobre o nexo clima-saúde.

4. Mobilizar a todos os actores para organizar a COP máis inclusiva da historia. Espérase unha moi alta participación de mozas, así como delegacións paritarias e con representación de comunidades indíxenas.

Veremos que sae desta. Igual xa é demasiado tarde!

FONTE: iberdrola.com      Imaxe: right2city.org

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXLVII

Personaxes da serie Asterix!