Blogia

vgomez

SOLUCIÓN DALLE AO MIOLO!

O problema de onte de Dalle ao Miolo! podemos resolvelo de dúas maneiras. Vexamos!:

1ª SOLUCIÓN: Ao cabo de 3 horas, a candea longa, debido a que tarda 7 horas en consumirse por completo, gastaría 3/7 da súa altura (3/7 de 28 cm, 3x28/7 = 12 cm) e medirá, por tanto, 28-12 =16 cm.

A candea curta gastará 3/11 da súa altura inicial descoñecida, h, quedándolle 8/11 de candea sen consumir. 8h/11 = 16, de onde h = 22 cm. Como apáganse as dúas ao memo tempo, e nese intre teñen a mesma altura, podemos plantexar a seguinte ecuación: 8 h/11 = 16, de donde h = 16x11/8 = 22 cm

 

2ª SOLUCIÓN: A primeira candea tarda 7 horas en consumirse, e mide 28 cm. Iso quere dicir que cada hora queima 28/7 = 4 cm. Como está 3 horas acesa durante a festa, ao apagarse debe medir 12 cm menos (4x3 = 12), é dicir, 16 cm (28-12 = 16).

Dinnos que nese momento, as candeas son iguais, polo que a outra candea nese momento mide tamén 16 cm. E como a súa duración é de 11 horas, aínda deben quedarlle 8 horas para consumirse totalmente (11-3 = 8), polo que deducimos que se queima a razón de 16/8 = 2 cm por hora.

Agora podemos obter a súa altura cando estaba completa: 11 horas por 2 cm que queima cada hora, son 22 cm o que tiña orixinalmente.

Espero que o resolverades!

#DígochoEu: Non digas ao, ho!

 

Escríbese ’ao’ pero o galego non sempre se le tal cal se escribe!  

#DígochoEu

DALLE AO MIOLO!

Colocamos no xardín dúas velas de distinta altura. A máis longa mide 28 cm e tarda en consumirse 7 horas, mentres que máis curta, que é máis grosa, tarda en consumirse 11 horas. Acendémolas as dúas á vez cando empeza a festa e ao cabo de 3 horas, cando se van os amigos, apagámolas. Nese momento teñen as dúas a mesma altura. Que altura tiña a vela máis curta en orixe?

Mañá a solución!

FONTE: Carlo Frabetti/elpais.com

CANTO SABES DE SUÍZA? VIII

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Franco Suízo. É a moeda de curso legal en Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio". O franco suízo (CHF) dividese en 100 céntimos. O seu valor con respecto ao euro é 1 € =0,9924 CHF

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é proximadamente a superficie de Suíza?

- 31.000. km2

- 41.000. km2

- 51.000. km2

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: colnect.com/es e es.wikipedia.org

SABÍAS QUE... POR QUE ALGÚNS QUEIXOS TEÑEN BURACOS?

Ao contrario do que dita a crenza popular o queixo Gruyére non é sinónimo de queixo con buracos, xa que en caso de presentalos tenos de forma escasa e do tamaño dun chícharo. Pola contra, se pensamos nun queixo repleto de enormes buracos tratarase dun Emmental. Ao parecer a orixe da confusión débese a que antigamente calquera queixo suízo, incluído o Emmental, chamábase Gruyére.

En calquera caso, do que non cabe dúbida é que a codia e a presenza ou non de buracos son parte da personalidade dos queixos, sendo os buracos uno dos fenómenos que máis hipnotiza aos consumidores.

Na industria queixeira os buracos son coñecidos como ollos, mentres que a un queixo sen ollos denomínaselle cego.

No ano 1917, hai máis dun século, o científico estadounidense William M Clark defendeu a teoría que os buracos dos queixos eran o resultado da formación de dióxido de carbono, tras a fermentación do ácido láctico.

Para entender esta hipótese debemos analizar o proceso de elaboración do queixo. O primeiro paso é o callado, que consiste en separar a callada sólida do leite do soro líquido.

É posible callar o leite por simple acidificación, como sucede co requeixo, ou utilizando fermentos, é dicir, bacterias coas súas correspondentes encimas. Estes microorganismos, entre os que se atopa Propionibacter shermanii, transforman o ácido láctico en ácido propiónico, ácido acético e dióxido de carbono a unha temperatura próxima aos 20-24ºC.

O gas, ao non poder saír ao exterior xa que a codia impídello, queda atrapado e forma buracos perfectamente definidos. Ao mesmo tempo, o ácido acético e o ácido propiónico proporcionan ao queixo Emmental o sabor dulzón característico.

Con todo, hai uns anos esta teoría foi desmontada. Un grupo de científicos chegou á conclusión de que os ollos do Emmental ou do Appenzell son a consecuencia de minúsculas partículas de trigo que se atopan nos caldeiros do leite durante o proceso de elaboración. A medida que o queixo vai madurando estas partículas producen buracos cada vez máis grandes que terminan dando orixe aos ollos.

Esta hipótese susténtase co achado de que nas últimas dúas décadas o número de ollos destes queixos diminuíu de forma considerable facéndose, ademais, máis pequenos. A explicación a este cambio baséase en que ao utilizar métodos máis modernos de muxido diminuíuse drasticamente o número das micropartículas de feno.

Coa axuda dun método de tomografía por computador púidose saber que as macropartículas son responsables tanto do tamaño, como do número e a localización dos buracos.

As macropartículas de trigo son moi insignificantes, da orde dos 50 micrómetros, e a cantidade é extremadamente pequena, aproximadamente 5-10 mg de micropartícula por cada mil litros de leite. En Román paladino, as micropartículas de feno non teñen efecto algún sobre a saúde do consumidor.

Con todo, noutros casos os buracos son producidos por bacterias coliformes, trátase de buracos moi pequenos e que teñen un sabor e un aspecto desagradable, ademais de que visualmente o queixo aparece distendido ou inchado. Estes buracos son indesexables, ademais de indicadores de contaminación fecal.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXIX

VERTICAIS: 1. Peaña 2. Bogotá 4. Aconcagua 6. Grivna 7. Larpeiro.

HORIZONTAIS: 1. Pb 3. Marraxo 5. Genil 8. Licantropía 9. Suez.

Máis cultura xeral!

CANTO SABES DE SUÍZA? VII

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 8.500.000 habitantes. Exactamente 8.796.668, senso aprevisión para este ano a superación dos 9 millóns de habitantes.

  

E imos coa pregunta de hoxe!

 

7. Cal é a moeda oficial de Suíza?

- Euro

- Franco Suízo

- Florin

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: swissinfo.ch e es.wikipedia.org     Imaxes: populationpyramid.net e bbva.ch

ENCRUCILLADO CXXIX

VERTICAIS: 1. Soporte sobre o que se coloca unha estatua, figura etc. 2. Capital da república de Colombia 4. Cumio máis alto de América, situado no oeste de arxentina 6. Moeda de curso legal en Ucraína 7. Que come moito.

HORIZONTAIS: 1. Símbolo químico do Chumbo 3. Peixe da familia dos isúridos, de corpo fusiforme e robusto, fociño cónico e dentes semellantes nos dous maxilares, estreitos e cun dente máis pequeno a cada lado da base, e cor verdosa no dorso e abrancazada no ventre, do que existen diversas especies 5. Segundo río máis longo de Andalucia, despois do Guadalquivir, do que é afluente 8. Trastorno mental no que o enfermo cre ser un lobo e compórtase como tal 9. Canal artificial navegable que une o mar Mediterráneo e o mar Roxo.