Blogia

vgomez

CANTO SABES DE SUÍZA? VI

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é 4. Aleman (65%), Francés (22%), Italiano (8%) e Romanche (0,5%)

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Aproximadamente, cal é a poboación de Suíza?

- 7.500.000 habitantes

- 8.500.000 habitantes

- 9.500.000 habitantes

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: exteriores.gob.es e es.wikipedia.org     Imaxes: felicesvacaciones.es

NUNCA ABANDONAMOS A NOSA INFANCIA

 

O neno vive nun mundo onde todo é posible, reflexiona Gustavo Martín Garzo, que reivindica para si mesmo esa mirada infantil que ve o mundo como unha posibilidade. O escritor e psicólogo venera a cinematografía e a literatura co fervor dos amantes. “A fascinación paréceme esencial tanto na literatura como no cinema”, reflexiona.

Licenciado en Filosofía e Letras e Psicoloxía na Universidade de Valladolid, Martín Garzo é un dos escritores da literatura española contemporánea máis singulares e respectados. Ostenta algúns dos premios literarios máis importantes: o Premio Nacional de Narrativa, o Premio Miguel Delibes ou o Premio Nadal. En 2004 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por ‘Tres contos de fadas’. As súas obras máis recentes son ‘O país dos nenos perdidos’ e ‘O último atardecer’.

As historias de Martín Garzo son un reflexo da vida cotiá, pero tamén unha porta aberta á imaxinación e á reflexión sobre os grandes temas da existencia. O escritor defende a mirada do neno cara á natureza: “Os nenos fíxanse nas formigas, nas pombas que se pousan á beira. Asómbralles que se boten a voar. Viven en comunicación co mundo. E esa comunicación, nós, en gran parte, perdémola”, sentenza.

O ONTE E O HOXE DA HUMANIDADE

 

A cura de humildade que che dá o estudo da evolución humana, é a maior lección que un ser humano pode aprender”, explica José María Bermúdez de Castro, paleoantropólogo e codirector dos xacementos arqueolóxicos de Atapuerca. Para el, estudar aos seres humanos que viviron miles de anos atrás “é unha mostra do pequeniños que somos”, pero tamén nos permite ver en perspectiva o que somos capaces de facer como humanidade: “Tomando conciencia do noso pasado como especie, podemos proxectar cara ao futuro”, asegura.

Bermúdez de Castro formaba parte do equipo que comezou as escavacións do que hoxe é un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do mundo: a serra de Atapuerca. Estudou Ciencias Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid, onde tamén impartiu clases e doutorouse. Tamén foi profesor do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o University College de Londres. Na actualidade, exerce como coordinador do Programa de Paleobioloxía do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) e é covicepresidente da Fundación Atapuerca. O seu traballo de investigación centrouse fundamentalmente nos ámbitos da antropoloxía física, a evolución humana e a prehistoria. Entre os principais premios obtidos, destaca o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, outorgado en 1997 ao equipo investigador de Atapuerca e recibido polo primeiro director (Emiliano Aguirre) e os tres codirectores actuais (Juan Luís Arsuaga, José María Bermúdez de Castro e Eudald Carbonell). José María Bermúdez de Castro ocupa a cadeira K da Real Academia Española (RAE) desde 2022.

ESTAMOS ANTE UNHA EMERXENCIA LINGÜÍSTICA?

Persoas segundo a lingua que falan habitualmente / IGE
Un dato expón por enriba de calquera outro o envellecemento do galego: en Galicia, só o 14,27% dos mozos de entre 5 e 14 anos falan sempre galego, fronte ao 48,48% das persoas de máis de 65. Dito doutra maneira: o galego é sobre todo patrimonio dos baby boomers, a xeración dos que agora teñen en torno a 60 anos ou máis. Así o reflicte con claridade o último informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), que tamén revela que só o 18,89% dos menores de 15 anos aprenderon a falar en galego, fronte ao 65,72% dos de 65 ou máis anos. O profesor da Universidade de Vigo (UVigo) Benigno Salgado explica que estamos ante unha situación de “emerxencia lingüística”.

O estudo foi publicado en 2019 a partir dunha enquisa estrutural a fogares sobre o coñecemento e uso do galego, unha análise idiomática nas súas distintas formas e o seu uso en distintos ámbitos sociais. Os resultados plasman con claridade como a medida que se retrocede en idade, o galego como idioma exclusivo vai descendendo con forza. Así, entre os que teñen entre 50 e 64 anos fálano sempre o 32,78%, porcentaxe que baixa ao 20,66% entre 30 e 49 e ao 18,94% entre 15 e 29. Coa lingua de aprendizaxe ocorre algo similar: pasa ao 46,88% nos que teñen entre 50 e 64 anos, ao 33,46% entre 40 e 49, ao 30,42% nos que están na trintena e ao 27,82% entre os 15 e os 29 anos. A evolución é similar entre os que usan máis o galego que o castelán ata os 49 anos, aínda que as diferenzas a partir dos 50 anos son menos acusadas.

Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases / IGE

O castelán úsase como único idioma polo 44,13% nas persoas de entre 5 e 14 anos, para baixar progresivamente ata o 13,65% dos maiores de 65. O dato máis prometedor para o futuro do galego é que un 44,34% da poboación o usa para falar cos seus fillos, fronte ao 31,20 que usa o castelán. Entre os que combinan ambos idiomas, iso si, abundan máis os que dan preferencia ao castelán (13,85%) que os que llo dan ao galego (9,50%). Sorprende tamén as diferencias entre provincias. Así, fronte ao 24,25% do colectivo de entre 5 e 14 anos que fala sempre en galego en Lugo, a porcentaxe baixa ao 7,99% en Ourense e ao 5,32% en Pontevedra. 

Persoas de 5 a 16 anos que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases / IGE

Benigno Salgado considera que esta situación era “previsible” dende os anos 80. “Houbo un período de transición, pero dende 2010 as cousas van de mal en peor, como as mensaxes que se lle trasladan á xente”, alega. Segundo explica, a situación que sofre o galego na actualidade é comparable a outras comunidades, como Cataluña, Valencia ou País Vasco. “Cando un idioma baixa na capital, que é de onde saen as innovacións, o español trasládase a todos os sitios. É importante investigar a transmisión lingüística familiar“.

Na súa opinión, o envellecemento da poboación non foi o factor decisivo para abandonar a lingua. A partir dos anos 70 as persoas empezaron a trasladarse a núcleos de poboación máis grandes e o rural foise baleirando, á vez que se foron instaurando prexuízos contra o galego de pais a fillos. “No rural era onde residía a forza da lingua. Agora, o lugar físico do galego desapareceu”, sostén o profesor. Tamén cre que a emigración “continua” foi un elemento clave que explica a deterioración da lingua no país e insiste na necesidade dos cambios de “arriba cara abaixo” e viceversa. “A xente ten que concienciarse de que as linguas son riqueza, de que che dan a posiblidade de imaxinar, de crear. É unha ferramenta para facer cousas. Se pensamos todos da mesma maneira non imos solucionar os problemas, nin o da lingua nin o do quecemento global”, alega.

FONTE: Víctor García/gciencia.com

CANTO SABES DE SUÍZA? V

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é 26. A saber: Aargau, Appenzell Ausserrhoden, Appenzell Innerrhoden, Basilea-Cidade, Basilea-Campo, Berna, Friburgo, Glaris, Grisones, Xura, Lucerna, Neuchâtel, Nidwalden, Obwalden, San Gall, Schaffhausen, Schwyz, Solothurn, Thurgau, Ticino, Uri, Valais, Vaud, Zug e Zürich.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cantos idiomas oficiais ten Suíza?

- 1

- 2

- 3

- 4

- 5

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: exteriores.gob.es e es.wikipedia.org     Imaxes: shuttersock e orgamazingtalker.es

II Premios #DígochoEu

A Cidade da Cultura acolleu a segunda edición dos Premios #DígochoEu, onde resultaron premiados centros de toda Galicia. Ademais, outorgáronse os galardóns do concurso ’Unha canción para Esther’, coa presenza dos cinco finalistas: King Kids, Diego de Braelle, Rhome, Chamaquito Pistolas e Chris Indian e hydn. Ademais, ao remate do programa, estreouse a nova canción de Digochiño, interpretada por Xeración M e As Xeitosas.

#DígochoEu

OS CIENTÍFICOS DEMOSTRARON QUE LA LÚA CHEA NON NOS INFÚE E NINGUES OS CRE

A Lúa cheaa ten un largo folclore / Istock/ankarb

A Lúa inflúe nas mareas, e como somos o 80% de auga…Quod Erat Demonstrandum. Con semellante frase lapidaria o noso interlocutor dá por demostrado o efecto da Lúa chea no comportamento humano. Bendita ignorancia! Se esprememos un corpo humano sacamos a auga suficiente para un charco e… alguén viu mareas nun charco?

O mellor de todo é que, encima e a pesar de ser unha estupidez supina, diversos científicos dedicaron parte do seu tempo para ver se hai algo de verdade niso. E a conclusión é que o suposto efecto lunar ten de todo menos efecto.

Así, Rotton e Kelly realizaron unha revisión de 37 estudos, publicados ou non, que buscaran se había algunha relación entre o ciclo sinódico lunar (así se chama o tempo entre dúas lúas cheas) e a conduta criminal e os accidentes de tráfico. E atoparon algo moi curioso: aqueles que afirmaban que había unha relación entre ambos os fenómenos contiñan un ou máis erros estatísticos, o que invalidaba o estudo. Así, un deles afirmaba que se producía un número desproporcionado de accidentes de tráfico nas horas nocturnas durante os tres días ao redor dunha lúa nova e chea. Pero cometeu un erro garrafal: os investigadores non se deron conta de que no período estudado esas lúas déronse, principalmente, en fin de semana. Ao reanalizar os datos tendo en cuenta este feito desaparecía a relación.

En 1992 Byrnes e Kelly revisaron doce estudos que buscaban algunha relación entre a lúa chea e as chamadas de emerxencia: ningún atopou proba algunha. Outro investigador, Cohn, considerou todas as chamadas á policía relacionadas con estupros (2.018 chamadas) e violencia doméstica (82.157 chamadas) durante un período de tres anos en Minneapolis. O que atopou é que se había unha relación coa hora do día e o fin de semana pero non coas fases da Lúa.

E que dicir da crenza que se producen máis nacementos en lúa chea? En 27 estudos realizados para ese efecto non atoparon ningunha relación entre as fases lunares e os nacementos. En 1991 os franceses Benski e Gerin analizaron as datas de nacemento de 4.256 nenos nados na maternidade da Gran Clínica de Grenoble, e atopáronos igualmente distribuídos ao redor de todo o ciclo lunar. E en 1995 Caton usou os datos de 45 millóns de nacementos durante 15 anos en Estados Unidos e o que atopou foi un pequeno pico ao redor do cuarto menguante. E o máis curioso, en lúa enche a taxa de nacemento era lixeiramente inferior á media.

O mesmo atopouse cos suicidios: Martin, Kelly e Saklofske revisaron os resultados dunha vintena de estudos sen atopar ningunha relación. Nin sequera os desastres axústanse ao suposto efecto da lúa chea. En 1990 Kelly, Saklofske e Culver recolleron máis dun centenar desastres naturais, explosións, accidentes en minas, incendios e secuestros sen atopar relación algunha con esa fase lunar. E Kelly, Laverty e Saklofske non atoparon relación algunha entre 364 accidentes automobilísticos en todo o mundo nos que houbera un mínimo de dez mortes ao longo de 22 anos. Igualmente, nun estudo de 1.457 desastres marítimos mundiais, Branham non atopou ningunha relación coas fases lunares.

E non só iso. Un estudo realizado en 2019 sobre os homicidios sucedidos en Finlandia entre 1961 e 2914 mostra un peculiar resultado: hai menos asasinatos cando hai lúa chea...

Os científicos investigaron case todas as situacións posibles da conduta humana coa lúa chea: cos episodios agresivos durante os partidos das ligar de hóckey, os suicidios en EE UU durante 7 anos, con episodios violentos nas prisións de Florida, cos homicidios en Cleveland (Ohio), coas admisións psiquiátricas, o número diario total de accidentes de tráfico durante un período de seis anos en Saskatchewan (Canadá), ou o número de visitas a un centro de urxencias médicas.

Non hai relación entre a Lúa chea e os ingresos psiquiátricos / Istock/IvanBastien 

Outra idea moi estendida é que os “tolos” se volven máis “tolos” durante a lúa chea. Nin por esas. En 1994 Gorvin e Roberts non atoparon ningunha relación entre as admisións en plantas psiquiátricas e as fases lunares.

Pero sabedes unha cousa? Que todos estes traballos científicos non importan o máis mínimo, porque seguiremos crendo na influencia da Lúa chea.

FONTE: Miguel Ángel Sabadell/muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES DE SUÍZA? IV

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Zürich. Ten 415.000 hab. con aglomeración 1.401.800 hab. Séguelle Xen conebra 200.548 hab., con aglomeración 603.000 hab.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Tal como dixemos, Suiza é un Estado federal con estados, chamados cantóns. Pero cantos son?

- 16

- 26

- 36

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: exteriores.gob.es e es.wikipedia.org     Imaxes: lavanguardia.com e es.wikipedia.org