Blogia

vgomez

CANTO SABES DE SUÍZA? X

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Dufour (Monte Rosa). É a montaña máis alta de Suíza, con 4.634 metros sobre o nivel do mar, sendo a cima máis alta dos Alpes suízos e a segunda de todos os Alpes.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Moitos son os grandes ríos europeos que pasan por Suiza, pero cal deles ten máis km aos seu paso polo país?

- Ródano

- Aar

- Rin

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e es.123rf.com

#DígochoEu: Non digas *pedorreta

 

En galego non usamos *pedorreta para referirnos a ese son que se fai coa boca imitando un peido... Sabes como podemos dicilo? Esther danos a proposta adecuada!

#DígochoEu

CANTO SABES DE SUÍZA? IX

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 41.000 km2. Exactamente 41.277 km2. Para que nos fagamos unha idea España ten 505.944 km2, é dicir aproximadamente 12 veces Suíza.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o punto máis alto de Suíza?

- Dufour (Monte Rosa)

- Matterhorn (Monte Cervino)

- Piz Bernina

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org

O MEU IMAXINARIO NACEU DE VER COUSAS BONITAS ONDE NON AS ATOPABA

 

Corazóns en chamas, estrelas e ollos, moitos ollos, confeccionan o particular universo dun dos artistas españois máis recoñecidos a nivel mundial. A brocha de Ricardo Cavolo acariñou paredes en México, Palestina ou Hong Kong. Ningún recuncho do planeta escapa ao seu variado traballo (de cores vibrantes e perfectamente recoñecibles) que abarca libros, portadas de discos, colaboracións de moda ou exposicións en galerías de arte.

Medrou rodeado de lenzos e pinceis, mentres xogaba a ser artista como o seu pai. Aínda que a infancia de Cavolo está tamén marcada pola separación dos seus proxenitores e a convivencia coa comunidade xitana en España, pegadas latentes no carácter social da súa obra artística. Desde moi neno vin dúas realidades sociais. Nesta sociedade na que vivimos ensináronnos, desde moi pequeniños, que temos que fuxir do fracaso e só buscar o éxito. E iso é esgotador, demoledor e imposible. O caso é que moi pronto deime conta de que había estes dous camiños na sociedade: a cara A, a oficial, a do éxito, e a cara B, da pobreza, o fracaso e o barro”, recoñece o ilustrador.

Licenciado en Belas Artes na Universidade de Salamanca, Cavolo usa a súa iconografía colorista para mostrar realidades sociais incómodas. E bo reflexo disto é o seu libro ‘Periferias. Gran libro ilustrado do extraordinario’, onde achega ao lector a máis dun centenar de realidades marxinais. “Encántame que a arte actúe como protesta social, da maneira que sexa, pero non ten por que ser a finalidade”, matiza Cavolo, que coa súa desbordante imaxinación trasládanos a mundos de fantasía, repleto de referencias do cómic, os videoxogos ou a cultura pop. Autor dunha decena de libros ilustrados, na súa última obra reinterpreta ’Poeta en Nova York’, de Federico García Lorca.

SOLUCIÓN DALLE AO MIOLO!

O problema de onte de Dalle ao Miolo! podemos resolvelo de dúas maneiras. Vexamos!:

1ª SOLUCIÓN: Ao cabo de 3 horas, a candea longa, debido a que tarda 7 horas en consumirse por completo, gastaría 3/7 da súa altura (3/7 de 28 cm, 3x28/7 = 12 cm) e medirá, por tanto, 28-12 =16 cm.

A candea curta gastará 3/11 da súa altura inicial descoñecida, h, quedándolle 8/11 de candea sen consumir. 8h/11 = 16, de onde h = 22 cm. Como apáganse as dúas ao memo tempo, e nese intre teñen a mesma altura, podemos plantexar a seguinte ecuación: 8 h/11 = 16, de donde h = 16x11/8 = 22 cm

 

2ª SOLUCIÓN: A primeira candea tarda 7 horas en consumirse, e mide 28 cm. Iso quere dicir que cada hora queima 28/7 = 4 cm. Como está 3 horas acesa durante a festa, ao apagarse debe medir 12 cm menos (4x3 = 12), é dicir, 16 cm (28-12 = 16).

Dinnos que nese momento, as candeas son iguais, polo que a outra candea nese momento mide tamén 16 cm. E como a súa duración é de 11 horas, aínda deben quedarlle 8 horas para consumirse totalmente (11-3 = 8), polo que deducimos que se queima a razón de 16/8 = 2 cm por hora.

Agora podemos obter a súa altura cando estaba completa: 11 horas por 2 cm que queima cada hora, son 22 cm o que tiña orixinalmente.

Espero que o resolverades!

#DígochoEu: Non digas ao, ho!

 

Escríbese ’ao’ pero o galego non sempre se le tal cal se escribe!  

#DígochoEu

DALLE AO MIOLO!

Colocamos no xardín dúas velas de distinta altura. A máis longa mide 28 cm e tarda en consumirse 7 horas, mentres que máis curta, que é máis grosa, tarda en consumirse 11 horas. Acendémolas as dúas á vez cando empeza a festa e ao cabo de 3 horas, cando se van os amigos, apagámolas. Nese momento teñen as dúas a mesma altura. Que altura tiña a vela máis curta en orixe?

Mañá a solución!

FONTE: Carlo Frabetti/elpais.com

CANTO SABES DE SUÍZA? VIII

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Franco Suízo. É a moeda de curso legal en Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio". O franco suízo (CHF) dividese en 100 céntimos. O seu valor con respecto ao euro é 1 € =0,9924 CHF

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é proximadamente a superficie de Suíza?

- 31.000. km2

- 41.000. km2

- 51.000. km2

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: colnect.com/es e es.wikipedia.org