Blogia

vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: ANTRO

interior d cova de Rafael Alberti en Ibiza, convertida en vivenda e punto de lixo / Foto: Laura Ferrer Arambarri/noudiari.es

A palabra antro provén do latín antrum, que non só significa gruta, caverna, senón tamén as cavidades entre os troncos das árbores e empregado en plural, antra, refírese ás fosas nasais e a outras cavidades corporais. O latín tomouno en préstamo o vocablo do grego ντρον (antron= cova).

No noso idiona non só se refire a unha caverna, senón a calquera establecemento escuro, repelente e de mala reputación.

En medicina, a palabra antro úsase para indicar unha cavidade como a que temos dentro dos ósos.

OS BORBÓNS EN ESPAÑA X

Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

10. ALFONSO XII

Alfonso XIII, chamado "o Africano",​ (Madrid, 17 de maio de 1886-Roma, 28 de febreiro de 1941), foi rei de España desde o seu nacemento ata a proclamación da Segunda República Española o 14 de abril de 1931. Asumiu o poder efectivo aos dezaseis anos de idade, o 17 de maio de 1902.

A inesperada morte do rei Alfonso XII o 25 de novembro de 1885, aos seus 27 anos, provocou unha crise que levou ao Goberno presidido por Práxedes Mateo Sagasta a paralizar o proceso de sucesión á Coroa á espera de que a viúva do rei, María Cristina de Habsburgo dese a luz, pois estaba embarazada naquel momento. Cando o 17 de maio de 1886 a raíña rexente deu a luz a un home, Alfonso  XIII, iste foi recoñecido de inmediato como rei, sendo un caso único na Historia.

En 1906 casou con Victoria Eugenia de Battenberg (1887-1969). Do matrimonio tiveron un total de sete fillos, cinco varóns e dúas mlleres.

Durante o seu reinado España experimentou catro problemas de suma importancia que acabarían coa monarquía liberal: a falta dunha verdadeira representatividade política de amplos grupos sociais, a pésima situación das clases populares, en especial as campesiñas, os problemas derivados da guerra do Rif e o nacionalismo catalán.

Abandonou España voluntariamente tras as eleccións municipis de abril de 1931, que foron tomadas como un plebiscito entre monarquía ou república. Alfonso pasou o seu exilio aloxado en hoteis de luxo de diferentes cidades europeas, que podía pagar grazas a diñeiro depositado previamente en contas bancarias suízas e inglesas. Ao pouco tempo separouse da súa esposa, Vitoria. Os últimos anos da súa vida pasounos en Roma.

Mañá o seguinte monarca Borbón!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Fotografía de Alfonso XIII de Kaulak/Wikipedia.es

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIX

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIX

 

VERTICAIS: 1. Vientián 2. Castelao 3. Fro 5. Texo 7. Mulhacén.

HORIZONTAIS: 1. Vigo 4. Sol 6. Rexurdimento 8. Polbo 9. Sena.

Repaso de Cultura Xeral I!

#DígochoEu: Non digas *colilla nin *pitillo

 

Tanto os fumadores coma os non fumadores estamos fartos de escoitar estas palabras: *colilla, *pitilllo. Pois non son correctas en galego! Esther Estévez Casado danos as alternativas a esas palabras!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO XLIX

ENCRUCILLADO XLIX

 

VERTICAIS: 1. Capital de Laos (República Democrática Popular Lao) 2. Apelido do autor do ensaio político Sempre en Galiza, considerado a obra canónica do nacionalismo galego 3. O arquipélago das Illas Cies está formado por tres illas principais: a illa de Monteagudo, a illa de San Martiño e a illa do...  5. Río máis longo da Península Ibérica, que desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa 7. Cunha altitude de 3.478 msnm, é a montaña máis alta da Península Ibérica.

HORIZONTAIS: 1. Municipio máis poboado de Galicia 4. Moeda oficial de Perú 6. Nome co que se coñece o século XIX (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galicia e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica 8. Molusco mariño sen cuncha da clase dos cefalópodos, de corpo globoso e oito brazos ou tentáculos con dúas filas de ventosas, chamados raxos e de nome científico  Octopus vulgaris 9. Río que pasa por París, terceiro máis longo de Francia.

OS BORBÓNS EN ESPAÑA IX

Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

9. ALFONSO XII

Afonso XII,  alcumado "o Pacificador" (Madrid, 28 de  novembro de 1857-Madrid, 25 de  novembro de 1885)  foi Rei de España entre 1875 e 1885. Era  fillo dá  raíña Isabel II e  do  seu  curmán, ou príncipe Francisco de Asís de Borbón,  aínda que diversas  fontes apunta a que ou  seu  proxenitor  verdadeiro  é ou capitán de  tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Alfonso  XII volveu a España en 1874 despois de que España pasase por unha época de extrema axitación baixo o reinado de Amadeo I e a caótica Primeira República (1873-1874). Políticos de peso viron no regreso da dinastía dos Borbóns a única salvación para o país e así se chegou aos tempos da Restauración.

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, en 1878, María das Mercedes de Orleáns e Borbón (1860-1878), morrendo esta de tifo uns meses despois de casaren. Despois casa con María Cristina de Habsburgo-Lorena (1958-1929), con quen tivo tres fillos (dúas mulleres e un home).

Querendo marcar distancias co sistema que existira en tempos de Isabel II, creouse o que se chamaba o turnismo político, un modelo de goberno no que o Partido Liberal e o Partido Conservador irían entrando e saíndo do goberno segundo conviñese para manter así certo equilibrio e asegurar a supervivencia da monarquía e do propio sistema.

Alfonso  XII morreu por tuberculose en 1885 cando o seu fillo, o futuro Alfonso  XIII, aínda estaba no ventre da súa nai.

Mañá o seguinte monarca Borbón!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Wikimedia Commons

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XLV

Nomes de constelacións!

SOPA DE LETRAS XLV

CAPRICORNIO     ORIÓN     PERSEO      PEGASO     ARIES

ANDRÓMEDA        LIBRA     ACUARIO    TAURO       LEO

CASIOPEA            VIRGO