Blogia

vgomez

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXXV

VERTICAIS: 1. AUGADUGÚ 2. CAMARIÑA 4. RADÓN 5. CIROLO 9. ESCLEROSE.

HORIZONTAIS: 3. MONCAYO 6. GAIO 7. GUADALQUIVIR 8. AQUELARRE 10. ETANOL.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLXXXV

VERTICAIS: 1. Capital e principal cidade de Burkina Faso 2. Planta arbustiva moi ramificada, con talos de ata un metro de altura, flores rosáceas e froito en drupa de cor branca ou rosada, propia das dunas e lugares areosos, e de nome científico Corema album 4. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio e de símbolo Rn 5. Porción de excremento compacta que se expulsa dunha vez 9. Endurecemento patolóxico dun tecido ou dun órgano.

HORIZONTAIS: 3. Montaña de 2.314,3 m.s.n.m., que forma parte do Sistema Ibérico, situada entre a provincia de Zaragoza (Aragón) e a provincia de Soria (Castela e León) 6. Paxaro da familia dos córvidos, de cor parda con tons azuis, brancos e negros nas ás, rabadilla branca, rabo negro e carapucha riscada de branco e negro, e de nome científico Garrulus glandarius 7. Río máis grande de Andalucía 8. Reunión nocturna de bruxos e bruxas na que supostamente aparecía o demo transmutado no corpo dun castrón 10. Alcohol de fórmula C2H5OH, incoloro e inflamable, compoñente fundamental das bebidas alcohólicas.

#DígochoEu: Como se di 🍍 en galego?

Cal é a forma correcta de dicir 🍍 piña en galego? Esther acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANDALUCÍA XIII

Continúo coa serie adicada á comunidade autónoma de Andalucía, a segunda máis extensa de España, só por detrás de Castela e León.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 3. A saber… 1. Paque Nacional de Doñana (Huelva e Sevilla) 2. Parque Nacional de Serra Nevada (Almería e Granada) 3. Parque Nacional de Serra das Neves (Málaga).

E imos coa pregunta de hoxe!

13. O Estatuto De Autonomía de Andalucía foi aprobado en decembro de 1981, pero foi sometido a revisión e aprobado no ano…

- 2006

- 2007

- 2008

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: andaltura.com e todocoleccion.net

CANTO SABES DE ANDALUCÍA XII

Continúo coa serie adicada á comunidade autónoma de Andalucía, a segunda máis extensa de España, só por detrás de Castela e León.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Genil. É o segundo río máis longo da comunidade logo do río Guadalquivir, do que é afluente. Nace na provincia de Granada da unión do río Real e do Guarnón e desemboca no termo municipal de Palma del Río (Córdoba), pola marxe esquerda no Guadalquivir. É o afluente máis grande de España con 358 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cantos Parques Nacionais ten Andalucia?

- 0

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: iagua.es e tripkay.com

#DígochoEu: En galego non tes *legañas nos ollos

*Legañas non as temos nos ollos. Entón cal é a palabra correcta!

#DígochoEu

A nosa casa, o taller que nunca para

Arqueóloga e catedrática de Prehistoria na Universidade de Granada, Marga Sánchez Romero é unha das voces máis influentes na divulgación do pasado desde unha mirada inclusiva. A súa investigación reivindica aos actores invisibilizados na evolución das sociedades: a vida cotiá, os coidados, a infancia e o papel das mulleres na prehistoria.

Autora de libros e artigos de referencia, foi comisaria de exposicións e divulgadora en medios e museos, achegando a arqueoloxía á cidadanía. O seu traballo demostra que o cotián tamén constrúe a historia e que mirar ao pasado con outras lentes axúdanos a comprender mellor o presente.

O amor xustifica que estamos vivos

Gañador de 4 premios Grammy Latinos e con máis de tres décadas de traxectoria, Andrés Cepeda é un dos músicos máis queridos e recoñecibles de Colombia. Desde os seus inicios co grupo Poligamia ata a súa exitosa carreira como solista, construíu un repertorio de rock, baladas, boleros e pop que acompañaron a varias xeracións.

Para Cepeda, a música é comunicación, terapia e compañía. De neno atopou nela unha forma de superar a súa tartamudez e, anos despois, foi a ponte que lle permitiu manter o vínculo co seu pai enfermo de Alzheimer. A súa voz cálida e as súas letras románticas converten cada concerto nun espazo de encontro, emoción e memoria. Máis aló dos premios e recoñecementos, Cepeda defende a importancia de cantar ao amor e de crear cancións que acompañen os momentos máis íntimos da vida.