Blogia

vgomez

ILUSIÓN ÓPTICA DE MUNKER

Na imaxe superior hai 12 esferas. Parece que hai catro azuladas, catro avermelladas e catro verdes.

O autor da imaxe é David Novick, profesor de Enxeñería da Universidade de Texas (Estados Unidos), experto en ilusións ópticas.

Con todo, as 12 son marróns. Se aínda dúbidas sobre a cor das esferas, aquí podes ver a imaxe sen que as barras horizontais pasen por encima.

Este efecto óptico chámase ilusión de Munker, segundo explica o autor da imaxe. "En poucas palabras, o sistema visual humano ten unha maior agudeza para as formas que para a cor. Así que mentres as formas dos círculos e as raias vense nítidas, as súas cores, especialmente das raias, esténdense sobre as bólas".

Esta ilusión óptica "afecta á nosa percepción da cor de fondo, polo que as raias azuis sobre un círculo amarelo tenden a facer que o círculo pareza verde. Este tipo de efecto depende, por suposto, do preto que estean as franxas do primeiro plano", engade. Se achegamos esas franxas, dilúese esta ilusión óptica.

Iste noso cerebro...!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo /Verne/elpaís.com

PEIXE ROBÓTICO QUE FUNCIONA CON "SANGUE" SINTÉTICA



Científicos da Universidade de Cornell (Nova York, EE.  UU.) crearon un sistema circulatorio sintético que permite que un peixe robot poida nadar contra coriente durante máis de media hora. De momento, o equipo liderado polo enxeñeiro e experto en «robots brandos» (máquinas áxiles que imitan á natureza) Robert Shepherd implementouno nun equipo inspirado nun peixe león, pero aseguran que este mecanismo podería ser o futuro de robots máis eficientes e autónomos no futuro.

O sistema baséase nun líquido hidráulico que impulsa de forma mecánica e eléctrica ao peixe, tal e como recolle un artigo na revista Nature. Nas probas do sistema, o robot podía nadar contra unha corrente e podía mover as súas aletas pectorais, así como unha cola a semellanza dun peixe real. Os achados poderían conducir a un mellor almacenamento de enerxía, eficiencia e autonomía en futuros deseños.

O líquido circula ao redor do robot, alimentando as bombas e a electrónica a bordo a través de reaccións electroquímicas. Simultaneamente, o bombeo do líquido transmitiu o traballo mecánico ás aletas, permitindo que o robot nadase.

Nas probas, o robot puido nadar durante longos períodos de tempo (cun tempo de funcionamento teórico máximo de máis de 36 horas) e a unha velocidade de máis de 1,5 corpos por minuto contra unha corrente, o que lle outorga unha autonomía bastante importante.

FONTE: abc.es/ciencia

LETRAS GALEGAS 2020

Carvalho Calero / Imaxe: galiciaartabradigital.com

O Pleno da Real Ademia Galega (RAG) acordou, na sesión ordinaria celebrada o pasado sábado, homenaxear o 17 de maio de 2020, Día das Letras galegas, a Ricardo Carballo Calero, cadrando cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento.

Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.  O profesor ferrolán, foi unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolvendo unha traxectoria vital fondamente vencellada á historia do galeguismo no pasado século: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.

A obra de creación literaria de Carballo Calero transita os diversos xéneros canónicos e suma uns vinte libros. Como narrador publico, entre outros, A xente da Barreira (1951). Tamén cultivou a poesía, con títulos como Pretérito imperfeito (1980), entre outros. Igualmente, fixo achegas á literatura galega como dramaturgo: Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro (1971) entre outras.

Xa era hora!

FONTE: Real Academia Galega

NON HAI NADA MÁIS IMPORTANTE CA EDUCACIÓN

 

“Meu querido compañeiro refuxiado, nunca deixes de aprender, nunca deixes de soñar. Nunca perdas a esperanza”. Así comeza a carta que Muzoon Almellehan dedica aos nenos e nenas que sofren os estragos dos conflitos armados. Ela tamén tivo que fuxir. Con 14 anos escapou de Siria coa súa familia, rumbo a un campo refuxiados en Xordania. Como equipaxe levaba só o imprescindible para ela: os seus libros do colexio. “A educación dá esperanza e estabilidade, porque a educación significa futuro”, afirma. Durante os tres anos que pasou en campos de refuxiados, loitou por concienciar ás familias de que os nenos e as nenas debían continuar estudando. A súa inspiradora historia, a súa valentía e o seu firme defensa da educación fixeron que moitos se refiran a ela como a ‘Malala siria’. En 2017 converteuse na primeira Embaixadora de boa vontade de Unicef con status de refuxiada. Na actualidade reside en Reino Unido, onde estuda Relacións Internacionais. “A miña mensaxe para os líderes mundiais e os organismos internacionais é que é deben centrar o seu esforzo en que os nenos e nenas teñan acceso a unha educación de calidade, sexa cal for a situación na que se atopen”, conclúe.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS VIII

Segunda parte dos pobos de Galicia. Un chisco máis dificil ca anterior. Teremos unha terceira parte, máis difícil!

O XEO MARIÑO QUE RODEA A ANTÁRTIDA TOCA O SEU MÍNIMO PARA UN MES DE MAIO

 

A Antártida rexistrou o pasado mes a menor cobertura de xeo mariño para maio, antesala do inverno austral, dende que se teñen rexistros.

De acordo co National Snow and Ice Data Center de Estados Unidos, a extensión do xeo mariño ao redor do continente xeado situouse en maio en 820.000 quilómetros cadrados, que ademais representa 13 % por baixo da media de 1981-2010.

A cobertura por baixo da media no leste do Mar de Weddell e o norte do Mar de Amundsen contribuíu ao baixo rexistro histórico do xeo mariño de maio, informa a NOAA.

Doutra banda, a media da extensión do xeo mariño no Ártico foi o segundo máis pequeno no rexistro de 41 anos con 701.000 quilómetros cadrados (8,5 %) por baixo da media de 1981-2010. O récord máis pequeno de maio na extensión do xeo mariño do Ártico estableceuse en 2016 nun 10,3% por baixo da media.

Durante maio de 2019, observouse unha rápida perda de xeo mariño no mar de Bering e no sur do mar de Chukchi. O Mar de Bering tivo unha extensión case récord de baixo xeo mariño por cuarto mes consecutivo.

Moi preocupante!

FONTE: farodevigo.es/cambio climático

SOPA DE LETRAS VIII

PADRÓN          SILLEDA         CANGAS          FERROL

RIBEIRA          VIVEIRO         VILALBA         CORCUBIÓN

SARRIA           ALLARIZ          MACEDA         CELANOVA

TRIVES            PONTEDEUME

QUE É, EXACTAMENTE O 5G?

 

Cada día oímos falar, maís e máis, do 5G. Pero, que é exactamente? 

O “G” en 5G significa “Xeración”. A tecnoloxía inalámbrica para teléfonos tecnicamente comezou co 1G e, ao comezo dos anos 90, expandiuse ao 2G cando as compañías comezaron á habilitar que a xente enviase SMS entre dous dispositivos.

Máis adiante, o mundo coñecería o 3G, que deu ás persoas as capacidade de realizar chamadas, enviar mensaxes de texto e navegar por internet. O 4G mellorou moitas desas posibilidades que habilitou o 3G pero a máis velocidade.

As compañías engadiron entón o LTE (Long Term Evolution, evolución a longo prazo en galego) á tecnoloxía 4G. O LTE converteuse na modalidade de 4G máis consistente e máis rápida, competindo contra outras tecnoloxías como WiMAX/Wimax. A diferenza entre WiMAX/Wimax e LTE é similar ás diferenzas entre BluRay e HD DVD: ambas teñen prestacións similares, pero era importante crear un estándar que todo o mundo puidese usar. Iso é o que conseguiu o LTE, e provocou ademais que a tecnoloxía 4G fose aínda máis rápida.

O 5G será construído sobre os cimentos que o 4G LTE creou. Vai permitir enviar textos, realizar chamadas e navegar por internet como de costume, ademais de aumentar radicalmente a velocidade de transferencia. O 5G fará máis sinxelo que a xente descargue e suba contido en Ultra HD e vídeo en 3D. Tamén deixará un pouco de espazo para os miles de dispositivos conectados a internet que van empezar a popularizarse. Imaxina aumentar a túa conectividade utilizando en lugar dunha mangueira de xardín doméstico a dun camión de bombeiros. A diferenza será notoria.
 

De verdade é o 5G tan, tan rápido comparado co 4G? Dito de maneira breve: si. A velocidade será significativamente maior. Na actualidade, a velocidade de transmisión do 4GLTE chega ata o  xigabit por segundo. Iso significa que se tarda ao redor dunha hora en descargar unha película relativamente corta en HD. O problema é que a xente de cando en cando experimenta a velocidade máxima de 4G porque o sinal pode ser alterada por demasiadas cousas: edificios, microondas, outros sinais de wifi... a lista segue e segue.

O 5G aumentará a velocidade de descarga ata 10  xigabits por segundo. Iso significa que unha película enteira en HD pode ser descargada en cuestión de segundos. Tamén reducirá a  latencia de maneira significativa (ofrecendo por tanto tempos de carga menores). Permitirá, en resumo, darlle á rede as necesidades de conectividade que require para alimentar centos de miles de dispositivos conectados en fogares e lugares de traballo.

 Como funciona? Xa hai varios grandes consorcios de  teleoperadoras traballando para crear estándares globais de 5G. Aínda que a maioría destes estándares aínda non solidificaron de todo, os expertos esperan que sexa retrocompatible (co 4G e o 3G) ademais de engadir interoperabilidade ao longo e ao ancho do globo.

Por dicilo dunha maneira moi simple, os teléfonos móbiles son realidade radios de dobre sentido. Cando chamas a alguén, o teléfono converte a voz nun sinal eléctrico. Transmítea entón ata a torre de telefonía máis próxima usando ondas. A torre  rebota o sinal a través da rede de torres ata que finalmente alcanza ao receptor. O mesmo ocorre cando envías outro tipo de datos (por exemplo fotos ou vídeo por WhatsApp).

Normalmente cando unha nova tecnoloxía de transmisión inalámbrica chega ao mercado (como ocorre co 5G), asígnaselle unha frecuencia máis alta. Por exemplo, o 3G ocupa a frecuencia de bandas ata os 20 Mhz. No caso do 5G, probablemente acabe na banda que chega ata o 6 Ghz. A razón pola que estas novas tecnoloxías ocupan bandas superiores é porque  usualmente estas non están xa ocupadas e ademais moven información a máis velocidade. O problema, en cambio, é que os sinais con frecuencias máis altas non viaxan tan lonxe como as máis baixas, así que se necesitarán varias antenas (Mimos) que probablemente se usen para ampliar o sinal alá onde se ofreza 5G.

Cando estará dispoñible? Aínda que as operadoras e fabricantes de móbiles están facendo os seus primeiros anuncios relacionados con su implantación, non esperes, con todo, que chegue xa. A maioría de expertos predín que non estará completamente dispoñible ata 2020. Na actualidade Samsung é a empresa con mási familias de patentes neste campo, cun total de 1.194, seguida da china Huawei, con 986, que ten un gran problema con Estados Unidos.

Merecerá a pena. Se hai algo que ultimamente parece poñer a case todo o mundo de acordo é que este tipo de conexión é cada vez máis necesaria. E se queremos que unha visión do futuro onde miles de millóns de dispositivos permanecen conectados á rede, fai falta un novo protocolo. Iso será o 5G.

Para ampliar esta información, o vídeo da parte superior tena.

FONTE: es.gizmodo.com