Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO CLXXVI

VERTICAIS: 1. Río máis longo e caudaloso de Irlanda 3. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia e de símbolo Sb 5. Caixa onde se introduce o cadáver que vai ser enterrado 8. Peixe da familia dos gádidos, de ata corenta centímetros de lonxitude, cor castaña amarelada no dorso e prateada con reflexos nos flancos e no ventre, e de nome científico Trisopterus minutus.

HORIZONTAIS: 2.  Planta herbácea da familia das umbelíferas, con talos estriados de ata un metro, follas pinnadas, flores pequenas en umbela con pétalos brancos e froito oblongo, e de mome científico Angelica pachycarpa 3. Sigla do partido portugues, Aliança Democrática, gañador das lelección do pasado día 18 de maio 5. Inflamación da membrana conxuntiva transparente entre a pálpebra e o globo ocular 7. Comarca pertencente á provincia de Cáceres, ao pé da serra de Gata, de escasa poboación e decrecente, unha das menos avanzadas de España, subdesenvolvida economicamente 9. Montaña máis alta dos Alpes e de toda Europa, a 4.807 metros de altitude 10. Instrumento de percusión de orixe oriental que consiste nun disco metálico pendurado verticalmente que, ao ser golpeado, vibra producindo un son semellante ao dunha campá.

O CEO DO MES: XUÑO 2025

Esta ilustración mostra onde aparecerá Mercurio en relación coa Lúa. Como guía adicional, os xemelgos de Xémini, Pólux e Cástor, aparecerán alén da Lúa / Andrew Fazekas

3 de xuño: Cuarto Crecente

11 de xuño: Lúa Chea

18 de xuño: Cuarto Minguante

21 de xuño: Solsticio de verán. Comezo do verán

25 de xuño: Lúa nova

Chuvia de meteoros: Nada reseñable.

Como se construíron as pirámides?

Os grandes descubrimentos da arqueoloxía, os enigmas das pirámides, as tumbas dos grandes faraóns, as raíñas esquecidas ou os xeroglíficos… O antigo Exipto sempre foi obxecto de fascinación e misterio. No caso de Nacho Ares, un libro cambiou a súa vida para sempre: Deuses, tumbas e sabios, do xornalista alemán C. W. Ceram. Un ensaio que narra as aventuras dos intrépidos arqueólogos do pasado, empeñados en descubrir os segredos das civilizacións desaparecidas. Aos seus trece anos, Ares quedou fascinado co Antigo Exipto. Anos despois, aquel rapaz curioso estudou Egiptoloxía e acabou convertido nun “Exipto-tolo”.

Nacho Ares é un dos maiores referentes no mundo da Exiptoloxía en español. Licenciado en Historia Antiga pola Universidade de Valladolid é, ademais, diplomado en Exiptoloxía polo Centro de Exiptoloxía Biomédica da Universidade de Manchester. Dedicou gran parte da súa carreira á investigación e divulgación en diferentes medios dos enigmas históricos que rodean o Antigo Exipto. Durante dez anos, dirixiu a prestixiosa publicación ‘Revista de Arqueoloxía’ e, desde hai 16 anos, dirixe e presenta o programa ‘SER Historia’ da Cadea Ser. Tamén o podcast ‘Dentro da pirámide’. Publicou máis de 20 libros dedicados á cultura exipcia e máis de 300 artigos académicos en revistas especializadas de Arqueoloxía e enigmas históricos. En 2022 foi comisario da exposición ‘Fillas do Nilo’, dedicada a explorar a importancia do papel da muller na antiga civilización exipcia. Actualmente é comisario e director da exposición internacional ‘Tutankamon, a exposición inmersiva’, de MAD Madrid Artes Dixitais.

CANTO SABES DE ARAGÓN? VI

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1.300.000 habitantes. Exactamente 1.351.591 habitantes (2024-INE).

E imos coa pregunta de hoxe!

6. De la superficie de Aragón (tal como dixemos, 47.717 km2) cal é a provincia de maior extensión? E de poboación?

- Zaragoza

- Huesca

- Teruel

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: diariodelaltoaragon.es e es.wikipedia.org

Descobren un novo e estraño monstro mariño prehistórico 'escondido' nun museo de Canadá

Represntación do Traskasaura sandrae

Más de tres décadas despois do seu descubrimento en 1988 na illa de Vancouver, uns fósiles inusuais de elasmosaurio  (un réptil mariño de pescozo longo que habitou durante o Cretácico superior) foron oficialmente clasificados como unha nova especie: Traskasaura sandrae.

O achado foi publicado na revista Journal of Systematic Palaeontology. Cunha antigüidade estimada en 85 millóns de anos, estes restos destacan por presentar unha combinación única de características primitivas e avanzadas que non se observou en ningún outro elasmosaurio coñecido.

Segundo o estudo, liderado por investigadores de Canadá, Estados Unidos e a Universidade de Chile, esta peculiar morfoloxía suxire que Traskasaura estaba adaptado para cazar desde arriba, descendendo sobre as súas presas con precisión.

O animal medía aproximadamente 12 metros de longo e posuía un pescozo excepcionalmente longo con polo menos 36 vértebras cervicais ben conservadas, aínda que se estima que puido ter máis de 50 en total. Os seus dentes eran pesados, afiados e robustos, o que suxire que se alimentaba de presas de caparazón duro como os ammonites.

Exhibición del Traskasaura no Museo e Centro Paleontolóxico de Courtenay e Distrito

Robin Ou’Keefe, da Universidade Marshall en EE. UU., coautor do estudo, destacou que a estrutura ósea do animal revela unha notable capacidade para nadar en dirección descendente, o que apoiaría a hipótese da súa singular estratexia de caza.

Aínda que os primeiros fósiles foron recuperados en 1988, non foi ata o achado recente dun esqueleto parcial en excelente estado de conservación, incluíndo o dun exemplar xuvenil, que os científicos puideron esclarecer a verdadeira identidade do réptil.

En 2002 fíxose unha primeira descrición dos restos, pero os investigadores entón optaron por non propoñer un novo xénero, dada a natureza fragmentaria do esqueleto adulto.

Desde entón, os fósiles de Traskasaura sandrae cobraron notoriedade, ao momento de ser adoptados como símbolo fósil oficial pola provincia canadense de Columbia Británica. Agora, grazas aos novos descubrimentos, esta misteriosa criatura prehistórica conta coa súa merecida clasificación dentro do rexistro fósil.

FONTE: David Padilla/marca.com

A ORIXE DAS PALABRAS: QUE CHE DEAN MORCILLAS

Posiblemente nalgunha ocasión, cando alguén vos amola, resultado molesto ou desesperante, utilizariades a expresión ‘que che dean morcillas’ con ánimo de resolver categórica e bruscamente a conversación e/ou librarvos desa persoa.

Pero, cal é a procedencia desta expresión? Antigamente a rabia ou hidrofobia era unha enfermidade moi contaxiosa (propiciada pola insalubridade de rúas e augas) e amplamente estendida nalgunhas cidades por animais abandonados (sobre todo cans vagabundos, aínda que algunhas fontes indican que tamén se daban casos nos gatos) chegando en ocasións a converterse nunha perigosa epidemia de saúde pública.

Como método para a súa erradicación dábase para comer a eses animais rueiros unhas morcillas, as cales contiñan estricnina no seu interior (un potente e mortal veleno) e desta maneira tentábase eliminalos co fin de controlar a transmisión da enfermidade.

Este procedemento desapiadado cos devanditos animais deu paso a finais do século XIX, tanto en Madrid como noutras cidades, á creación das canceiras e á profesión de laceiro, que era o que se ocupaba de capturar aos cans rueiros e confinalos, acabando así coa mortal práctica da morcilla.

Que che dean morcilla é unha locución que ten múltiples sinónimos como que che dean por saco, que te fodan, que te folda un peixe, vaite fritir morcilla/espárragos, vaite á porra (ou a outro sitio máis escatológico) … está visto que o repertorio do noso idioma ten unha vasta amplitude de formas para que podamos librarnos dos nosos semellantes.

FONTE: Alfred López/20minutos.es    Imacxe: horchataypalomitas.wordpress.com

CANTO SABES DE ARAGÓN? V

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 47.000 km2. Exactamente 47.720 km2. Para que te fagas una idea, algo máis que Asturias (41.635 km2) o algo menos que o país europeo Eslovaquia (49.035 km2).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é aproximadamente a poboación de Aragón?

- 930.000 habitantes

- 1.000.000 habitantes

- 1.300.000 habitantes

- 1.500.000 habitantes

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipesis.org e heraldo.es

Cúbit: a unidade fundamental de información cuántica

Cando se fala de computación cuántica en medios ou charlas, tarde ou cedo xorde unha palabra que parece sacada dunha novela de ciencia ficción: cúbit. Non falta quen asenta coa cabeza coma se entendese, aínda que por dentro estea a pensar o mesmo que moitos: “Iso que é exactamente?”. A pesar do seu nome curioso, os cúbits son a base real e técnica dos computadores cuánticos, e entendelos non é só posible, senón tamén revelador.

Un cúbit (abreviatura de bit cuántico) é un sistema cuántico con dous estados propios ben definidos, que pode ser manipulado fisicamente. O importante é que, a diferenza do bit clásico, o cúbit non está limitado a representar un 0 ou un 1 de maneira fixa, senón que pode atoparse nunha superposición de ambos os estados. En palabras sinxelas: un bit pode ser 0 ou 1, mentres que un cúbit pode estar nunha combinación de 0 e 1 ao mesmo tempo.

A teoría que permite describir un cúbit é a mecánica cuántica. O seu comportamento non pode entenderse dentro das regras da física clásica. En matemáticas, un cúbit represéntase como un vector unitario nun espazo vectorial complexo bidimensional. Os estados básicos do cúbit denomínanse |0⟩ e |1⟩ (ket cero e ket un), equivalentes ao 0 e 1 clásicos. A posibilidade de estar nunha superposición é o que fai ao cúbit radicalmente distinto e poderoso.

Representación gráfica dun cúbit en forma de esfera de Bloch /  Wikipedia

O nome cúbit foi proposto por Benjamin Schumacher, quen describiu unha forma de codificar información cuántica utilizando o menor número posible de estados, no que agora se coñece como compresión de Schumacher. Segundo el mesmo explicou, o termo naceu como unha broma durante unha conversación con William Wootters, pola súa semellanza fonética con “cubit” (cóbado, en inglés).

Máis tarde xurdiron termos relacionados como ebit (unidade de entrelazamiento cuántico) ou qutrit (análogos do cúbit con tres estados posibles). A necesidade de novos termos mostra como a linguaxe tamén evoluciona cando se topa con fenómenos tan distintos como os da mecánica cuántica.

Unha diferencia clave entre bit e cúbit é a súa natureza: o bit clásico só pode estar nun estado á vez, mentres que o cúbit pode estar en ambos simultaneamente grazas á superposición. Pero isto non queda aí. Outra diferenza é o paralelismo cuántico, que permite que os cúbits procesen múltiples combinacións de información á vez. Por exemplo, dous cúbits poden representar simultaneamente os estados 00, 01, 10 e 11.

Ademais, os cúbits poden estar entrelazados. O entrelazamiento cuántico é un fenómeno polo cal o estado dun cúbit depende do estado doutro, sen importar a distancia que os separe. Se un par de cúbits entrelazados é medido, o resultado dun afecta directamente ao outro, mesmo se están separados por quilómetros. Este fenómeno ten implicacións profundas, como na teleportación cuántica e a seguridade en comunicacións.

FONTE: Eugenio M. Fernández Aguilar /muyinteresante.com