Blogia

vgomez

A PERDA DE AUGA DO COMETA BORISOV

O cometa Borisov é o segundo visitante interestelar / NASA/ESA/D. Jewitt (UCLA)

O segundo "viaxeiro" chegado desde máis aló do noso Sistema Solar, 2I/ Borisov, trouxo máis certezas que o seu sucesor, o enigmático Oumuamua. Despois de confirmar que se trata dun cometa (do primeiro corpo  interestelar díxose mesmo que era unha nave espacial varada debido ao seu estraño comportamento) e facer unha radiografía de "cabeza á cola" do mesmo, agora, o Observatorio Swift Neil Gehrels da NASA logrou calcular por primeira vez a auga que perdeu no seu percorrido ao seu paso pola nosa veciñanza cósmica.

Os cometas, incluídos este, son obxectos conxelados de gases mesturados con po, a miúdo chamados "bólas de neve sucias". Ao achegarse ao Sol, o material conxelado na súa superficiese quéntase e convértese en gas. Cando a luz solar separa as moléculas de auga, un dos fragmentos é hidroxilo, unha molécula composta por un átomo de osíxeno e un átomo de hidróxeno. É así como a NASA detectou a pegada dixital da luz ultravioleta emitida por este composto no viaxeiro interestelar, segundo explica nun comunicado.

Entre setembro e febreiro pasados, o observatorio fixo seis observacións de Borisov: viu un aumento do 50% na cantidade de hidroxilo e, por tanto, auga que Borisov expulsou entre o 1 de novembro e o 1 de decembro, que foi só sete días desde o encontro máis próximo do cometa co Sol.

Na actividade máxima, Borisov arroxou 30 litros de auga por segundo, suficiente para encher unha bañeira nuns 10 segundos. Durante a súa viaxe a través do Sistema Solar, o cometa perdeu cas 230 millóns de litros de auga, suficiente para encher máis de 92 piscinas olímpicas. A medida que se afastou do Sol, a perda de auga diminuíu. Aínda que non o fixo dunha forma normal, senón máis rapidamente que calquera cometa observado anteriormente.

As medicións de produción de auga do observatorio da NASA tamén axudaron a mostrar que o tamaño mínimo de Borisov é de menos de 740 metros de ancho. O equipo estima que polo menos o 55% da superficie do cometa interestelar arroxaba material activamente cando estaba máis preto do Sol. Esa é unha gran fracción en comparación coa maioría dos cometas do Sistema Solar observados.

Borisov ten algúns trazos en común cos cometas da nosa contorna. O seu aumento na produción de auga ao achegarse ao Sol foi similar aos obxectos observados anteriormente. Outras moléculas no inventario químico deste viaxeiro interestelar, e as súas abundancias, tamén son similares aos cometas de colleita propia.

Por exemplo, con respecto ao hidroxilo e ao cianógeno, un composto de carbono e nitróxeno, Borisov produciu unha pequena cantidade de carbono diatómico, unha molécula feita de dous átomos de carbono e amidóxeno, unha molécula derivada do  amoníaco. Ao redor do 25% ao 30% de todos os cometas do Sistema Solar comparten ese rasgo.

FONTE: abc.es/ciencia

O NOME DTRIMERESURUS SALAZAR: UNHA SERPE NA HONRA DUN PERSONAXE DE HARRY POTTER



Un equipo de científicos da India descubriu unha nova especie do xénero de víboras Trimeresurus que vive nas terras baixas do oeste do estado de Arunachal Pradesh. Bautizárona  como víbora de salazar (Trimeresurus salazar) en honra a Salazar Slytherin, o cofundador e mago ficticio da Escola Hogwarts da escritora  J. K. Rowling que era capaz de falar coas serpes a través da lingua Parsel.

Trátase dunha curiosa víbora verde que pode atoparse nas partes orientais da cordilleira do Himalaya a unha altura de ao redor de 170 metros. Unha única franxa laranxa avermellada que vai desde a parte inferior do ollo ata a parte posterior da cabeza nos machos distingue a esta especie doutras víboras verdes coñecidas e que agora foi descrita na revista Zoosystematics and Evolution.

A serpe verde non é o primeiro organismo que leva o nome dun personaxe da saga de Harry Potter: Lusius malfoyi, por exemplo, é un insecto de Nova Zelandia chamado así polo  antagonista "redimido" Lucius Malfoy; o  dementor Ampulex, é unha especie de avespa cascuda nativa a Tailandia; Eriovixia gryffindori, é unha pequena araña con forma de chapeu que leva o nome de Godric Gryffindor, outro cofundador de Hogwarts; Aname aragog e Lycosa aragogi, son dúas especies de arañas co nome de araña mascota xigante de Hagrid. Tamén está Harryplax severus, un cangrexo nativo de Guam, chamado así por Harry Potter e Severus Snape.

Estes nomes non son só por diversión (aínda que resulten bastante divertidos). Un nome pegadizo pode xerar unha atención positiva cara a estas especies e a súa contorna.

FONTE: muyinteresante.es Imaxe: Aamod Zambre and Chintan Seth, Eaglenest Biodiversity Project

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (V)

Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...

5. Liechtenstein 

Un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes. Non pertence á Unión Europea, pero si forma parte do espazo de libre circulación Schengen.

Superficie: 160 km2   Poboación: 38.557 (2019)

Capital: Vaduz           Cidade máis poboada: Schaan    

Idioma oficial: Alemán

Forma de goberno: Principado. Manarquía Constitucional

Moeda: Fr (Franco suízo)

Sen acceso ao mar, nin directo nin indirecto, debido a que os seus veciños (Suíza e Austria) tampouco teñen saída marítima, Liechtenstein é coñecido pola súa condición de paraíso fiscal e por ser un dos países máis ricos do mundo. A súa historia, monarquía e paisaxes alpinos son como sacados dun libro de contos do século XIX. E é que se este lugar non existise, alguén o inventaría. Con só 25 quilómetros de longo por 12 quilómetros de anchura no seu punto máis ancho, carece de aeroporto internacional, chegando dende Suíza nun autobús urbano. Con todo, é un rico Estado financeiro e entre as súas extravagancias figura que é o maior exportador mundial de dentaduras postizas. Case todos os viaxeiros pasan de longo por Liechtenstein camiño de Suíza, parando só para fotografar o castelo de Vaduz e que lles estampen, a maneira de lembranza, un selo no pasaporte. E é unha pena, porque o país posúe unha abafadora beleza natural para o seu diminuto tamaño. Se un penetra nos agrestes Alpes máis aló de Vaduz, de súpeto, este micro-Estado xa non parece tan pequeno. Poderemos descubrir por exemplo Malbun, a súa única estación de esquí, perfecta para principiantes, ou seguir o famoso carreiro de Fürstenteig, un rito de paso para todos os habitantes do país e un dos moitos carreiros ben sinalizados que cobren máis de 400 quilómetros. E para visitar un castelo que non sexa o de Vaduz, un podo achegarse a Burg Gutenberg, do século XIII, cunha rechamante silueta que se recorta no horizonte.

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

DOUS GUARDESES GAÑADORES NA LINGUA DE NAMORAR-2020

 

O Concurso en liña de mensaxes de amor coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, xa ten gañadores. No concurso cada participante podía enviar un máximo de dúas mensaxes de ata 350 caracteres escritas en lingua galega, ben en prosa, ben en verso.

Na categoría B (de 20 a 35 anos) hai gañadores da nosa localidade:

Segundo premio: Un vinilo dos Dire Straits, de Denís Vicente Rodríguez (A Guarda, Pontevedra)

Gústame cando bailamos
e fechamos os ollos
e as mans devalan unha sobre a outra
O arrecendo da música
quenta os corpos
que tornan
nus
para nós.
Só para nós.
Xa non hai apenas aires entre os
nosos corpos, que agora
Coma un vinilo dos Dire Straits
nun reprodutor dos anos 90.
E as mans devalan unha sobre a outra.

Terceiro premio: Fuxitivas, de Silvia Pérez Rodríguez (A Guarda, Pontevedra)

Quedeime durmida
apoiada a ti,
sen darme conta, estaba xa
subida a un vagón.
Era distinto aos anteriores
tiña as portas abertas
de par en par.

Facía tempo que non me tremían as pernas
o bicar a alguén.
Eramos dúas fuxitivas,
das historias, de amor romántico.
Xa non sigo nese vagón,
ando na procura dun
que me faga sentir
igual de valente.

Se queres ver a versión musicada de Un vinilo dos Dire Straits, interpretada por Xermán Bugallo, preme AQUÍ.

Se queres ver a versión musicada de Fuxitivas, interperada por Xermán Bugallo, preme AQUÍ.

Parabéns!

FONTE: lingua.gal

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (IV)

Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...

4. Illas Marshall

Un país insular situado no océano Pacífico, na rexión da Micronesia, composta maiormente por atois coralinos nos que a elevación non supera os nove metros como máximo. Os principais son: Kwajalein, Jaluit, Majuro, Bikini e Enewetak.

Superficie: 181 km2                 Poboación: 58.413 (2018)

Capital e cidade máis poboada: Majuro     

Idiomas oficiais: Marahalés e Inglés

Forma de goberno: República

Moeda: $ (Dólar estadounidense)

As Marshall é un dos países máis novos do planeta, debido a que obtiveron a independencia completa hai só tres décadas, o 22 de decembro de 1990. Con todo, para todos os efectos son unha colonia subsidiada de Estados Unidos, que vive sobre todo da produción de copra (pulpa seca do coco necesaria para fabricar aceite de coco), a pesca de subsistencia e, cada vez máis, do turismo. As caras dos nativos reflicten a historia destas illas da Micronesia. A finais do século XVIII, tras 2.000 anos de illamento, foron visitadas, poboadas, colonizadas ou ocupadas por británicos, rusos, alemáns, xaponeses e estadounidenses (ao principio por misioneiros, despois por tropas). Hoxe, os  atois máis desenvolvidos acusan todas estas influencias, con tendas ben variadas que venden comestibles internacionais, restaurantes con pratos de distintos países e canchas de baloncesto. Nas rúas máis humildes, os  marshaleses continúan vivindo en recintos familiares rodeados de flores. O encanto das  Marshall reside nas súas illas exteriores, que conservan o aire virxinal dun paraíso no Pacífico. Como o Atol Arno, cunhas augas magníficas para a pesca de altura, ou o Atol Bikini, que tras unha tráxica historia como zona de ensaios nucleares hoxe é unha das principais zonas de mergullo de Micronesia. A súa gran atracción: mergullar con quenllas ou entre os restos afundidos do portavións Saratoga.

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

O SANTO GRIAL DOS DINOSAUROS, AÍNDA MÁIS RARO DO QUE SE CRÍA

O SANTO GRIAL DOS DINOSAUROS, AÍNDA MÁIS RARO DO QUE SE CRÍA

Dous espinosaurios cazan un Onchopristis, un peixe serra prehistórico, nas augas do sistema do río Kem Kem no que agora é Marrocos / Jason Treat, NG Staff e Mesa Schumacher / Arte:Davide Bonadonna / Fonte: Nizar Ibrahim, Universidade de Detroit Mercy

Os únicos restos conservados en todo o mundo de espinosaurio, un formidable depredador de máis de doce metros de lonxitude que viviu en África hai uns 100 millóns de anos, foron destruídos nun ataque aéreo aliado sobre Múnic, Alemaña, durante a Segunda Guerra Mundial. Así que este animal converteuse en case "munha criatura mítica, o ’santo grial’ para os  paleontólogos que saían en busca de dinosauros", explica Nizar Ibrahim, da Universidade de Detroit Mercy (EE. UU.) e explorador de  National Geographic. Só quedaron uns debuxos dos ósos destruídos, aos que se sumaron algúns restos illados atopados ao longo dos anos. Todo indicaba que se trataba dunha especie moi inusual, pero o que agora atoparon Ibrahim e o seu equipo "é aínda máis estraño e espectacular do que poderiamos imaxinar nos nosos soños máis tolos", asegura.

Segundo contan na revista Nature, os paleontólogos acharon os restos dun espinosaurio xuvenil na formación xeolóxica do Kem Kem, unha área de 95 millóns de anos de antigüidade no sueste de Marrocos. O esqueleto de Spinosaurus aegyptiacus comprende algo inesperado: unha cola case completa que na súa totalidade debía de medir 5,3 metros, máis ou menos a metade da lonxitude do exemplar. A cola en forma de paleta era flexible e capaz de moverse lateralmente para impulsar ao dinosauro a través da auga, dunha maneira similar á dos crocodilos modernos. É dicir, o espinosaurio, o depredador máis longo coñecido pola ciencia, era acuático e utilizaba a propulsión da cola para nadar e cazar presas nun sistema fluvial masivo. É a primeira vez que se coñece un dinosauro con esa adaptación.

Reconstrución do esqueleto da cola do espinosaurio (os ósos faltantes móstranse en branco) / Debuxos: Marco Auditore / Fotos: Gabriele Bindellini.

"Imaxínese nadar nun gran río e ser perseguido por un dinosauro depredador xigante con lombo de crocodilo e unha vela encima!", di Ibrahim. Algúns dos peixes que perseguía eran verdadeiros xigantes, incluídos os celacantos do tamaño dun automóbil.

"A cola era unha estrutura altamente especializada, similar a unha aleta, que impulsaría ao animal a través da auga. Permitiu a este dinosauro perseguir activamente presas na corrente, e esa é a primeira vez que se ve algo así nun dinosauro", explica o  paleobiólogo. Esta forma de nadar era unha vantaxe para o espinosaurio, que podía explotar unha fonte de alimento, os peixes, que non estaba dispoñible para outros dinosauros depredadores.

Durante a existencia do espinosaurio, as temperaturas cálidas (polos sen xeo, alto nivel do mar) eran a norma no mundo, pero o Sáhara tamén albergaba grandes sistemas fluviais, que se estendían por todo o norte de África. Alí é onde o espinosaurio cazaba ás súas presas. A área tamén estaba preto da costa, polo que pudo existir certa influencia mariña no ecosistema.

"Sempre quixen atopar outro esqueleto de espinosaurio", recoñece Ibrahim, ben coñecido por ser o descubridor doutras especies de dinosauros. A súa expedición, financiada pola National Geographic Society, atopouno e resultou ser aínda máis extraordinario do que cría.

FONTE: Judit de Jorge/abc.es/ciencia

A CEPA EUROPEA DO COROAVIRUS, MOITO MÁIS CONTAXIOSA QUE A ORIXINAL

Hai apenas uns días, publicouse un estudo levado a cabo por investigadores da universidade chinesa de Zhejlang e segundo o que o virus SARS CoV-2 adquiriu xa as mutacións suficientes como para modificar substancialmente a súa patoxenicidade. En concreto, os investigadores acharon que algunhas cepas, precisamente as que chegaron primeiro a Europa e despois a Estados Unidos, podían ser ata 270 veces máis virulentas que as que proliferaron durante as primeiras semanas en China, onde se orixinou a pandemia.

Agora, un equipo de científicos do Laboratorio Nacional dos Alamos, en Estados Unidos, corrobora ese traballo e afirma identificar unha nova cepa do coroavirus que conseguiu volverse a dominante en todo o mundo, moito máis contaxiosa que as versións que se propagaron durante os primeiros días da pandemia. A falta dunha revisión por pares, os investigadores publicaron o seu achado e as súas conclusións no servidor biorXiv.

Segundo escriben os científicos, a nova cepa fixo a súa aparición en Europa en febreiro e emigrou rapidamente á costa este de Estados Unidos. Desde mediados de marzo, é a variante do virus dominante en todo o planeta.

No seu estudo,  Bette  Korber e os seus colegas advirten que, ademais de propagarse máis rápido, esta cepa do virus é capaz de facer que as persoas sexan vulnerables a unha segunda infección tras pasar a enfermidade.

Os científicos sinalan o feito de que, no seu maior parte, as investigacións dos científicos que traballan no desenvolvemento de tratamentos e vacinas baseáronse nas primeiras secuencias xenéticas do virus, conseguidas pouco despois da súa aparición, polo que poderían non ser efectivas contra esta nova versión do  Sars  Cov-2.

A mutación que caracteriza esta cepa céntrase, precisamente, nas espículas que sobresaen da superficie do virus e que lle permiten axustarse ás células humanas. Os autores aseguran que "sentían a necesidade urxente de dar unha alerta temperá", para que as vacinas e medicamentos que están en desenvolvemento en todo o mundo teñan en conta a mutación e poidan ser efectivos contra a cepa  mutante.

O estudo tamén sinala que en todos os lugares onde a nova cepa aparecía, infectaba a moitas máis persoas que as versións anteriores do virus saídas de Whuhan, ata o punto de prevalecer en moitos países en cuestión de poucas semanas. Ese dominio sobre as cepas anteriores demostra, segundo os investigadores, que é moito máis infecciosa, aínda que aínda non se sabe moi ben por que.

O estudo levou a cabo a partir da análise computacional de máis de 6.000 secuencias de coroavirus de todo o mundo, recompiladas por unha iniciativa alemá para compartir todos os datos de Influenza. En todas as ocasións, os investigadores comprobaron como a nova versión terminaba por converterse na dominante. O equipo identificou 14 mutacións diferentes no xenoma do coroavirus, composto por uns 30.000 pares de bases de ARN, pero centráronse no chamada D614G, que é precisamente a responsable dos cambios nos picos do virus.

O estudo, que se estende ao longo de 33 páxinas, detalla cando xurdiu a nova cepa do virus, como se distribuíu polo mundo e canto tardou en converterse na versión dominante. Un dos primeiros países en ver o novo virus foi Italia, durante a última semana de febreiro, case ao mesmo tempo que a cepa orixinal, á que substituíu rapidamente. En Estados Unidos, a cepa orixinal chegou a Washington a finais de febreiro, pero para o 15 de marzo xa fora substituída pola nova versión. O mesmo sucedeu en Nova York.

Se o virus segue sufrindo mutacións mesmo durante os meses de verán, advirte o estudo, podería superpoñerse mesmo aos primeiros tratamentos médicos e vacinas deseñados a partir das primeiras versións do virus, polo que a súa efectividade podería verse limitada seriamente contra esta nova cepa do SASRS Cov-2.

O estudo non indica especificamente que a nova versión do virus sexa tamén máis letal que a orixinal. O que si é certo é que as persoas infectadas coa cepa mutada teñen unha maior carga viral que o resto. E que o novo virus propágase con moita máis velocidade que o orixinal. O cal, segundo os investigadores, podería ser suficiente para que as persoas que xa pasaron a enfermidade e volvéronse inmunes, poidan con todo volver infectarse coa nova versión.

FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia Imaxe: isglobal.org

MÁIS MÚSICA DE CONFINAMENTO

Desde as súas casas e dirixidos polo seu director, Israel Alonso, os músicos da Banda Unión Musical de Tenorio de Cerdedo/Cotobade, romperon o silencio imposto polo confinamento e volveron a facer soar os seus instrumentos a través das redes. Os seus 37 músicos gravaron un vídeo multipantalla no que interpretan o pasodobre "Currando", composto en 1985 por José Bugallo Diz. 

Grazas!