Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2007.

S.I.D.A.

20071202122925-sida.jpg

É unha enfermidade que se desenvolve como consecuencia da destrucción progresiva do sistema inmunitario (das defensas do organismo), producida por un virus descuberto en 1983 e denominado Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH).

A palabra SIDA provén das iniciais de Síndrome de Inmunodeficiencia Humana Adquirida, que consiste na incapacidade do sistema  inmunitario para facer frente ás infeccións e outros procesos patolóxicos. O SIDA non é consecuencia dun trastorno hereditario, senón como resultado da exposición a unha infección polo VIH, que facilita o desenvolvemento de novas infeccións oportunistas, tumores e outros procesos. Este virus permanece latente e destrúe un certo tipo de linfocitos, células encargadas de defender o sistema inmunitario do organismo.

Hia tres vías de transmisión: a parental (transfusión de sangue, intercambio de xeringas entre drogadictos, intercambio de agullas intramusculares), a sexual (ben sea homosexualmente masculina ou heterosexual) e a materno-filial (transplacentaria, antes do nacemento, no momento do nacemento ou pola lactancia despois).

Se queres saber máis sobre o SIDA pincha en:

elmundo.es - salud

 

 

 


No hay comentarios. Comentar. Más...

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21

20071202131813-index.27.jpg

I CONCURSO DE FOTOGRAFIA AXENDA 21 ESCOLAR

 

Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 1 de decembro e o 15 de febreiro.

Temática: Paisaxe (natural e humanizado), impacto ambiental, patrimonio artístico, denuncia medioambiental, feismo, e todo o que que teña que ver co medio ambiente, sempre circunscrito á Comarca do Baixo Miño.

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.

Cada fotografía ira acompañada dun título e un pequeño texto ou pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.

Entregarase nun sobre e compañánda doutro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.

O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 3 ao 7 de marzo haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación en urna (1 por persoa na que aparezan 2 números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos entre o 3 e 7 de marzo, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo pen drive.

Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:

1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.

2º clasificado – Diploma e un MP3.

3º clasificado- Diploma e pen drive.

A entrega de premios será o último día de clase do 2º trimestre, 14 de marzo.

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.

As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.

¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DE KIOTO A BALI

20071203181257-1196659430-0.jpg
A XIII Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC) inagurouse onte día 2 de decembro en Bali (Indonesia), onde representantes de 190 países debatirán, durante dúas semanas, coa intención de acadar un compromiso global que substituirá ao Protocolo de Kioto.
Espérase acadar unha folla de ruta, que fixe  as bases de negociación e que determina a data límite de 2009 (Ano que remata o protocolo de Kioto) dun novo acordo para frear e a frontar o quentamento global. 
Seguiremos informando. 
 
 

 
No hay comentarios. Comentar. Más...

GALICIA, BASTANTE BEN EN CIENCIAS

20071204185731-microscopio-escolar-bs-23.jpg
Galicia é unha das mellores comunidades autónomas en competencia científica, segun o informe de PISA 2006( Programme for Indicators of Student).
Galicia sitúase na posición 20, xunto con Irlanda, obtendo unha puntuación de 505 puntos, frente á media de 500 da OCDE (Organización para a Cooperación e o desenvolvemento Económico), mentres que España baixa aos 488.
Por desgracia non é así noutras materias. 
Se queres coñecer polo miúdo este informe pincha en:

No hay comentarios. Comentar. Más...

SACRIFICIO DOS PORCOS

20071209141302-2007-12-16-vin-2007-12-09-00-20-00-davila.jpg
Desde o pasado sábado, 8 de decembro, sacrificar os procos a cuchilo é obxecto de sancións ata de 600 €. É preciso un aturdimento previo, para evitar o seu sufrimento.
No hay comentarios. Comentar. Más...

UNHA NOVA CATÁSTROFE

20071209211600-1197029674-0.jpg
O petroleiro "Hebei Spirit" con bandeira de Honkón, chocou contra un cargueiro surcoreano e provocou un accidente medioambiental de magnitudes descomunais, deixando 10.500 totenaldas de cru no mar, afectando xa a 20 km da costa occidental de Corea do Sur.
[foto de la noticia]

A zona afectada está situada preto das praias que forman parte do parque nacional de Taen Haean, unha zona turística e pesqueira na que existe unha industria adicada ao cultivo de algas e ostras.


 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS (mellor dito das persoas)

20071210234950-images.jpg

A celebración do 10 de decembro do Día dos Dereitos Humanos ten a súa orixe no ano 1950. Neste ano a Asamblea Xeneral das Nacións Unidas invitou a todos os Estados e organizacións interesadas a que o 10 de decembro observaran o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).

Se queres coñecer a carta de derietos EN GALEGO, pincha en:

gln.pdf (application/pdf Objeto)
No hay comentarios. Comentar. Más...

OUTONO TARDÍO

20071211000147-109luzotonal.jpgParece que chegou, tarde pero chegou o OUTONO. Temperaturas suaves, para a época do ano. Poucas chuvias. Esto está cambiando. Nesta época ía moito frío. ¿Que pasa? Seguro que o pagarenos.
No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

20071211225001-20071211elpepivin-2.jpg.gif
Xornal EL PAÍS 11/12/2007
No hay comentarios. Comentar. Más...

IDENTIFICAN UN NOVO DINOSAURIO CARNÍVORO

20071211231103-1197393275-0.jpg

Un estudante da Universidade de Bristol identificou unha nova especie dun xigantesco dinosaurio carnívoro atopados no Niger durante unha expediciópn en 1997.

A nova especie, bautizada como "Carchorodontosaurio iguidensis" pénsase que tería entre 13 e 14 m de lonxitude, máis do dobre dun autobús de dúas prantas. Só o cránio tería unhas dimensións aproximadas de 1,74 m de longo e cada un dos seus dentes sería aproximadamante o tamaño dun plátano.

Para ampliar esta información pincha en:

Identifican un nuevo dinosaurio carnívoro | elmundo.es

 


No hay comentarios. Comentar. Más...

GLACIARES DO ÁRTICO PODEN DESAPARECER NO 2013

20071212232630-1197475059-0.jpg

O Ártico podería quedarse sen glaciares durante os meses máis calurosos de aquí ao ano 2013, segun os últimos estudos realizados con superconductores e que se acaban de presentar nun congreso científico en Estados Unidos.

Se queres profundizar nesta noticia pincha en:

 Predicen que los glaciares del Ártico desaparecerán en verano en 2013 | elmundo.es

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DESASTRE ECOLÓXICO EN COREA

20071212233342-115desastre-corea.jpg
Desastre ecolóxico en Corea. (AFP)
No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO II

20071214085321-2007-12-21-vin-2007-12-14-01-28-34-quesada.jpg
O CO2 causante principal do quentamento global, é perseguido ata eliminar.
Viñeta FARO DE VIGO 14/12/2007
No hay comentarios. Comentar. Más...

UN MAPA DA VÍA LÁCTEA

20071214090228-via-lactea.jpg
Imaxen da Vía Láctea tomada polo telescopio Isaac Newton da illa da Palma

 

Un equipo de astrónomos da Universidade de Valencia participou na elaboración do maior mapa dixital da Vía Láctea realizado ata agora, cuns 200 millóns de obxectos celestes, según o profesor e mebro deste proxecto Juan Fabregat, quen sinalou que o catálogodo proxecto IPHAS (INT/WFC Photometric Ha Survey) constitúe o maior mapa dixital da Vía Láctea ata agora.

Se queres ampliar esta noticia pinche en:

Un mapa de la Vía Lactea · ELPAÍS.com

 

 

 

 


No hay comentarios. Comentar. Más...

EEUU SÚMASE FINALMENTE Á FOLLA DE RUTA PARA LOGRAR UN NOVO KIOTO EN 2009

20071216202529-secejeconu2ok.jpg

Por fin ás 14.30 horas de Indonesia (as 8.30 en España) do pasado sábado adoptouse a Folla de Ruta de Bali. Cuado as negociacións parecían estar a punto de romperse, EEUU levantou o seu veto tras quedarse absolutamente só, aprobándose un documento de catro folios que conteñen a axenda e os principios que deben rexir as conversas de aquí ao 2009, para elaborar un novo Protocolo de Kioto que continúe o actual.

Se queres coñecer a noticia polo miúdo pincha en:

EEUU se suma finalmente a la hoja de ruta para lograr un nuevo Kioto en 2009 | elmundo.es

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR SOBRE A CUMBRE CLIMÁTICA DE BALI

20071217233140-20071217elpepuvin-2.jpg.gif
Viñeta de RAMÓN do xornal EL PAIS 17/12/2007
No hay comentarios. Comentar. Más...

PRADEIRA SUMERXIDA

20071217234016-113praderas.jpg
Juan Cuetos/OCEANA
No hay comentarios. Comentar. Más...

A 1400 ANOS LUZ DA TERRA

20071218235235-1197956169-0.jpg

Estela dun buraco negro dunha galaxia que está arrasando unha constelación vecina. (Foto: NASA/EFE)

Un torrente de partículas dun buraco negro arrasa unha galaxia veciña.

Os telescopios da NASA detectaron un buraco negro dunha galaxia cun torrente de partículas que está arrasando unha constelación veciña. Os expertos advirten que nada pode sobrevivir ao torrente de partículas e que hai centos de millóns de estrelas no seu percorrido; algunhas, con planetas.

Se queres ampliar a noticia pincha en:

El torrente de partículas de un 'agujero negro' arrasa una galaxia vecina | elmundo.es

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOTAS DA 1ª AVALIACIÓN

Tedes as notasEnfadado desta 1ª avaliación especificadas (probas, libreta, prácticas, negativos, proba de avaliación e nota definitiva). Lembrade que entre paréntese aparece a nota redondeada que sairá no boletín de cualificación que se entregarán o venres 21 ás 11 horas na vosa aula de referencia polo profesor/a titor/a.
Para velas, agora en durante todo o curso, pinchade en  DÍA A DÍA, enlace que está na parte dereita da portada.
No hay comentarios. Comentar. Más...

¡BOAS VACACIÓNS!

20071219173144-arbol-navidad.jpg
Desde esta humilde páxina, quérovos desexar a todos (alumnos-as, profesores-as, pais-nias e persoal non docente) que pasedes unhas boas vacacións, que recarguedes pilas para volver (lembrade que o martes 8 de xaneiro de 2008 empezamos) e que secumplan todos os vosos soños para ano que vai escomenzar.
 
FELICES FESTAS

E UN PRÓSPERO ANO 2008
No hay comentarios. Comentar. Más...

UN PREMIO MERECIDO

20080107111441-foto-grupo.jpg
Un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda obteñen un premio nunha convocatoria de recursos educativos innovadores


Antonio Lomba Baz, profesor de Tecnoloxía
Javier Crespo González, proesor de Xeografía e Historia
Leonardo Francisco Vergara , profesor de Matemáticas
Ramón Quiroga Barro, profesor de Lingua Galega
Manuel Carrera Martinez, profesor de tecnoloxía
Ramón Delgado Sotorrio, profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 

O Diario Oficial de Galicia do día 18/12/2007 publicou unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino non secundario financiados con fondos públicos. Os galardóns foran convocados por Educación e máis Industria no mes de xuño.

Na modalidade de materiais curriculares web o 1º premio foi para o traballo: “A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial”, realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda, coordinados por Antonio Lomba Baz, profesor de Tecnoloxía.

 

Se queres ver o traballo pincha en:

A AUGA, APROVEITAMENTO ENERXÉTICO NA GALICIA PREINDUSTRIAL
No hay comentarios. Comentar. Más...