Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2008.

¡AUGA!

20080801103844-suelo-marte.jpg

"Phoenix" en Marte (NASA)

A misión exploratoria "Phoenix" que descendeu o 25 de maio nun sector do polo norte de Marte acaba de atopar auga.

Un comunicado da axencia espacial estadounidense (NASA) indicou que o mércores o brazo robótico do "Phoenix" depositou unha mostra nun instrumento que identificou vapores de auga.

A mostra onde se confirmou a presencia de auga foi extraída dunha perforación de ao redor de cinco centímetros no chan marciano e onde o brazo robótico tropezou cunha dura capa de material conxelado.

O mércores a mostra  que levaba xa dous días exposta ao ambiente marciano, foi entón cando a auga que contiña comenzou a evaporarse o que facilitou a súa observación.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PÍLLARA PAPUDA

20080731120247-marc-pillara-h.jpg

A Píllara papuda ou Charadrius alexandrinus é unha ave limícola. A súa clasificación científica sería:

Reino: Animal Filo: Cordados Clase: Aves Orde: Charadriformes

Familia: Charadridae Xénero: Charadrius

A píllara papuda é unha ave pequena, cun tamaño semellante ao dun merlo pero máis estilizada. Aliméntase en zonas de influencia de marea e aniña preto das dunas, o que a fai moi fráxil no proceso de cría.

ANABAM leva anos deseñando un plan especial de protección para este proceso. Precisamente con motivo do programa de protección dos niños de Píllara Papuda que leva a cabo na praia de Camposancos, a Asociación de Artístas da Natureza, prestouse a colaborar con esta asociación nunha campaña de divulgación desta especie a través dunha exposición de cadros centrada expresamente nesta que vive nas zonas dunares da desembocadura do río Miño.

A inaguración será hoxe, sábado, día 2 de agosto no centro Cultural ás 21:00 horas e poderá visitarse de luns a venres de 9:00 a 15.00 e de 19:30 a 21:30, e os sábados de 10:00 a 13:00. Rematará o día 11 de agosto.

Anímovos a que pasedes polo Centro Cultural.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HIDRÓXENO: ENERXÍA ALTERNATIVA

20080802082729-imageneo-imageneo-070424-gm-pila-hidzrgenz-eflex-1-c6a97097-584eb569.jpg

Pila de combustible de hidróxeno E-Flex

Dende hai anos andamos na procura de enerxías alternativas ao petróleo e que sexan verdes. A que máis soa como tal é o Hidróxeno, pero hai un problema: As pilas de combustible funcionan de forma similar ás baterías (que só almacenan enerxía) . As pilas xeneran enerxía a través da combustión do hidróxeno de forma limpa, eficiente e sostible. Esto convirte ao hidróxeno nunha fonte de enerxía "verde" xa que se obtén a partir da auga que, a súa vez, é o único residuo da combustión. O problema é que as pilas de combustible de óxido sólido necesitan dun material que permita o transporte de ións entre dous electrodos e son necesarias temperaturas de ata 800 graos centígrados para conseguir unha conductividade iónica suficientemente elevada.

Pois parace que os españois atopamos a solución. Segundo publica a revista "Science" un equipo de investigadores da Universidade Complutense desenvolveu un método que permitiría universalizar o uso do hidróxeno como enerxía alternativa, grazas a un novo tipo de material con medidas nanométricas (medidas moi reducidas, un nanómetro equivale á millonésima parte dun metro) que poderían ser utilizado en pilas de combustible para xenerar enerxía eléctrica a partir da combustión de hidróxeno a temperatura ambiente.

Os investigadores españois traballaron sobre uns materiais coñecidos como óxidos complexos para diseñar materiais artificiais denominados "heteroestructuras" (formado por películas delgadas). O resultado é unha conductividade iónica de proporcións colosais que transladadas ás pilas de combustible permitiría a soluciónao problema, xenerando enerxía a temperatura ambiente.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

XOGOS OLÍMPICOS

20080803111656-images.jpg

Os Xogos Olimpicos modernos son eventos deportivos e incluso culturais que se inspiraron nos antigos xogos gregos organizados na cidade de Olimpia entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C.

O primeros xogos da era Moderna non se podían disputar noutro lugar que non fose a patria nai das olimpiadas, e así o COI (Comité Olímpico Internacional) presidido polo Barón de Coubertín reunido en París o 24 de xuño de 1894 decide que será Atenas (Grecia) a sede dos primeiros xogos, inagurados o 6 de abril de 1896. Dende ese ano e cada catro iranse celebrando en distintas partes do mundo sendo as únicas excepcións as ediciones de 1916, 1940 e 1944, debido á Primera e Segunda Guerra Mundial.

A edición correspondente ao ano 2008 celébrase en Pekín (China), que se inagurará o próximo venres día 8 de agosto, aínda que dende o día 6 xa hai fases preliminares de fútbol feminino e masculino.

Este evento deportivo pode ser unha razón para achegarnos, aínda que virtualmente, a este pais enorme: CHINA, á historia dos xogos olímpicos, aos deportes que máis che gustan e aos seus máximos representantes. Por esa razón, dende hoxe, tes un enlace que che permitirá seguir minuto a minuto o que alí acontece. Se queres conectarte xa faino no enlace ou ben preme en XOGOS OLÍMPICOS-PEKÍN

No hay comentarios. Comentar. Más...

CUMPREANOS

20080803103548-aniversario.jpg

Hoxe, 5 de agosto, cumpre este blog un ano. Tal día comoa hoxe publicaba o primeiro artigo. Dende entón moitos fostes os que contactastes conmigo. A verdade é que nunca se me pasou pola cabeza que fose tanta xente, pero aquí están os números:

Páxinas vistas: 5.647             

Media de páxinas vistas ao mes : 498                             

Número de arigos: 350

Temas: 8 

Enlaces:  10

MES

PÁXINAS VISTAS

ARTIGOS

AGOSTO 2008

59

4

XULLO 2008

301

27

XUÑO 2008

1204

27

MAIO 2008

611

26

ABRIL 2008

479

38

MARZO 2008

428

34

FEBREIRO 2008

572

40

XANEIRO 2008

279

40

DECEMBRO 2007

314

21

NOVEMBRO 2007

438

33

OUTUBRO 2007

498

31

SETEMBRO 2007

345

25

AGOSTO 2007

110

5

 Este blog naceu coa idea de establecer unha canle, en primeiro lugar, cos meus alumnos-as e, en segundo lugar, con calquera que se interes polo mundo das Ciencias Naturais.

Moitos dos meus visistantes son alumnos-as interesados, fundamentalmente, en coñecer case a tempo real a súa marcha escolar (DÍA A DÍA), coñecer comunicados e noticias do noso centro e como non  outro conxunto de noticias, a maioría, relacionadas co mundo da Ciencia. Un apartado pequeno sempre adiquei a transmitir as miñas impresións e vivencias para aqueles que se poidan identificar con elas.

Un segundo grupo de visitantes son, antigos alumnos-as, compañeiros de profesión e persoas anónimas que na maioría dos casos chegaron a este blog buceando na rede.

A todos grazas e espero seguir contando con vós, pois do contario non tería sentido este blog. Eso si, disculpade moitas cousas pero eu non son profesional deste mundo da informática e teño limitacións, aínda que estou na senda de mellorar.

¡Unha aperta a todos e a todas!

No hay comentarios. Comentar. Más...

¡NON É O CASTRO DO TREGA!

20080804121938-castro-03.jpg

Levo vivindo na Guarda dende o 1 de setembro do ano 1984, é dicir vai cumplir 24 anos, case a metade da miña vida. Dous referentes deste pobo son o mar e o monte Santa Trega, onde hai un dos castros máis grandes de galicia. Onde eu nacín, e onde aínda teño aos meus pais, lugar chamado Freás, do Concello de Punxín, na provincia de Ourense, tamén temos un castro, que por certo non ten menos mérito que o que temos na Guarda. Eu diría máis, é de dimensións iguais ou superiores. Trátase do castro de San Ciprián de Lás ou da Cidade. Quérovos contar algo sobre o mesmo.

O Castro de San Ciprián de Lás, atópase nunha pequena elevación de 473 msnm, terreo que pertence aos concellos de Punxín e San Amaro, a 18 quilómetros da cidade de Ourense.

O castro divídese en dous recintos amurallados de forma elíptica case concéntricos, cun  lixeiro alongamento no eixo NE-SW, cunhas dimensións de 294 m do eixe E-W e de 420 m do eixe maior. Deste  xeito, a superficie intramurallas é de 95.900 m², distribuidos en 8.750 m² de acrópolis y 87.150 m² de anteacrópolis. Entre ambas murallas hai un foso.

A súa ocupación continuada  abarca dende o éculo II a. C. ata o século II , e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías. As excavacións comenzaron polo ano 1922 e nelas traballaron Florentino López Cuevillas, Xaquín Lourenzo entre outros. Na actualidade estase a construír un Centro de Interpretación da Cultura Castrexa. Mentres non se remate esta obra a maior parte dos achádegos atópanse no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Nas súas inmediacións atopouse, curiosamente facendo un campo de fútbol, un xacemento paleolítico.

Se algunha vez pasades por Ourense, polo Ribeiro, non dubidedes en achegarvos ata alí e comprobaredes que as súas dimensión son colosais, así como o estado de mantemento en que se atopa, podendo pasear polas súas rúas, divisar ata moi lonxe dende as torres das súas murallas, etc.

¡Algo digno e ver! Por certo, non quero quiralle mérito ao castro do Trega.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOMES PROPIOS: HUBBLE

20080807115323-hubble.jpg

Edwin Powell Hublle naceu o 20 de novembro de 1889 en Marshfield (Missouri-Estados Unidos). Estudiou Matemáticas e Astronomía, e posteriormente Dereito durante tres anos na Universidade de Oxford. Practicou atletismno e boxeo, e foi soldado na Primeira Guerrra Mundial.

En 1917 doctorouse en Física no Observatorio de Yerkes da Universidade de Chicago. Traballou no observatorio de Monte Wilson ata 1953.

Durante a súa vida utilizou para as súas observacións os mellores telescopios: Hale, Hooker, etc. As observacións realizadas durante os anos 1923 e 1924 viron a luz o 30 de decembro dese ano. Confirmou as  observacións de Emmanuel Kant sobre a existencia do que chamou "universos illas". Hubble afirmou, sen ningún xénero de dúbida, que as nebulosas observadas ata o momento con telescopios menos potentes, non forman parte da nosa galaxia. Confirmou a exsietencia de galaxias diferentes á Vía Láctea. Á súa vez, puido observar estrelas individuais no brazo espiral de Andrómeda.

En 1919 publicou a "ley de recesión da galaxias", tamén coñecida como ley de Hubble, que permitía calcular tanto o tamaño como a idade do Universo, poñendo os cementos que sostiñan as primeiras hipóteses da expansión do Universo. A súa orixe explícase actualmente por medio da teoría do Grande estoupido ou Big Bang.

Habble foi o precursor da clasificación dos tipos de galaxias, que aínda perdura sen moitos cambios. A divulgación dos seus descubrimentos quedou reflectida na súa obra "Realm of the Nebula"  (1936).

Participou no deseño dos maiores telescopios de Monte Palomar. Polas súas aportacións ao campo da Astronomía e Cosmoloxía púxoselle o seu nome ao telescopio orbital lanzado ao espazo en 1990.

 Morreu dunha trombosis cerebral en San Marino (California-Estados Unidos) o 28 de setembro 1953.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ALIÑACIÓN PLANETARIA

20080808114207--sissolar.jpg

Dado que os planetas do Sistema Solar xiran sobre ás súas órbitas con velocidades diferentes, en apariencia dende a Terra vémolos desprazarse sobre o ceo nocturno a diferencia das estrelas que tamén en apariencia parecen estar sempre fixas unhas con respecto a outras.

Algunhas veces os planetas parecen aproximarse uns a outros e cando a separación é mínima dise que están en conxunciónA chamada  aliñación non se refire a unha liña exacta na que estarán os planetas, senón que todos os obxectos celestes observaronse cara un mesmo lado do ceo comprendido nun ángulo de 26º de arco.

Pois ben, hoxe  entre as 21,15 e as 22 horas, xusto no momento do crepúsculo,  haberá unha  aliñación de catro planetas:  Mercurio, Venus, Saturno e Marte, na constelación de Leo.

 Nun primeiro momento, e como un punto brillante, poderá distinguirse Mercurio moi preto do horizonte occidental; algo máis alto e moito máis brillante divisarase Venus e, xusto encima, resplandecerá Saturno cos seus aneis, mentres que Marte aparecerá máis elevado aínda. Xa entrada a noite, poderase contemplar Xúpiter, visible na dirección da constelación de Saxitario, cara ao sureste, mentres que a Lúa poderase ver en cuarto crecente na constelación de Libra.

É importante facer constar que este fenómeno astronómico NON CAUSA NINGUNHA CALSE DE DISTURBIOS sobre o noso planeta. Para que nos fagamos unha idea, a suma total das forzas gravitatorias deses planetas e supoñendo que estiveses en lina exacta exercerían unha forza moito menñor da que a diario exerce a Lúa sobre calquera punto do noso planeta.

¡Procurade ver este espectáculo astronómico!

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR OLÍPICO

20080810110842-resize.php.gif

Viñeta de O Carrabouxo (La Región 10/08/2008)

No hay comentarios. Comentar. Más...

SABANA

20080810113055-20080808elpepusoc-3.jpg

Sabana de Garamba, na República Democrática do Congo (Foto: Gorka Lejarcegi)

En Garamba, situada ao noreste da República Democrática do Congo, atópase o Parque de Garamba, creado en 1938 e decalarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1980. É un dos reductos dos elefantes e rinocerontes. Na fotografía apreciase un solpór con treboada na sabana pura, cunh árbore denominada salchichón.

No hay comentarios. Comentar. Más...

EDUCACIÓN: RATIO ESCOLAR

20080811115403-aula.jpg

Segundo un informe do MEC (Ministerio de Educación e Ciencia) feito público no pasado xullo e que Galicia presenta as estatísticas máis favorables de toda España en canto á ratio escolar ( número de alumnos por aula). As galegas son as clases menos masificadas, polo que a atención aos escolares é, polo menos na teoría, das máis personalizadas e individualizadas de España.

En función das distintas etapas educativas, a comunidade está no primeiro, segundo ou terceiro posto cun número menor de estudantes.  No caso de educación infantil sitúase á cabeza, con só 18,3 nenos por clase. En primaria, o número de escolares por clase baixa ata os 17,7 de media. En secundaria a cociente por aula está en 20,6 mentres que en bacharelato tamén se sitúa no segundo posto con 20,5 alumnos por clase.

O que si é común a todas as comunidades, segundo o citado informe, foi que no curso 2007-2008 os centros privados e concertados presentan unha maior masificación que os públicos. O 28,3% dos nenos estudan en Galicia nun centro privado concertado, unha porcentaxe que ascende sobre todo na segunda etapa de infantil (de tres a seis anos).

Se Galicia caracterízase por ter aulas semivacías nalgunhas ocasións, é lóxico pensar que os seus colexios tampouco albergan un número inxente de alumnos. Segundo o informe do  MEC, o cociente de estudantes por colexio é de 211,4, a máis baixa de España.

A pesar do positivo da educación máis personalizada ao ter menos alumnos por clase, as cifras revelan tamén que Galicia segue perdendo escolares debido á caída demográfica. Segundo o Instituto Galego de Estatística, o curso pasado matriculáronse 367.659 escolares, 4.167 menos que o anterior, cando houbo xa sete mil menos que xusto un ano antes. Fai só un decenio había en Galicia medio millón de alumnos. En canto ao número de profesores Galicia supera os 36.700.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PERSEIDAS

20080811134242-perse.jpg

As Perseidas ou "Bágoas de San Lorenzo" é unha chuvia de estrelas fugaces que todos os veráns invítannos a observar o ceo e aproximarnos un chisco máis á astronomía.

As estrelas fugaces ou meteoritos son pequenas partículas de po, non máis grandes que a cabeza dun alfinete, que se desintegran a uns 100 quilómetros de altura. A velocidade estimada que teñen as Perseidas, como término medio, é de 60 km/h e o seu brillo é producido pola ionización causada pola liberación da súa enerxía nas capas altas da atmósfera. As Perseidas reciben este nome porque o seu radiante, punto imaxinario onde se cortan as prolongaciones cara atrás dos trazos meteóricos, atópase  na constelación de Perseo.

As Perseidas, tamén se chamadas "Bágoas de San Lorenzo" pola proximidade da súa máximo  actividade á festividade de San Lorenzo (10 de agosto).

O corpo proxenitor das Perseidas é o cometa 109P/Swift-Tuttle que ten un diámetro de 9,7 quilómetros e unha órbita ao redor do Sol que dura un perído de 135 anos. A súa cola corta á órbita da Terra. Os restos da citada cola, áo entar en contacto coa atmosfera terrestre produce este fenómeno tan curioso.

Este año, por ser bisiesto, o seu avistamento, adiántese un día, á noite de hoxe luns, non sendo moi visible nesta ocasión polas condicións meteorolóxicas por un lado e porque o momento de máximo apoxeo, con cen estrelas fugaces por hora, será mañá martes, de 13,30 a 16 horas.

Teremos que conformarnos con ver as imaxes na televisión ¡Unha pena!

No hay comentarios. Comentar. Más...

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

20080808125306-images.jpg

"Amorphophallus titanum" (Foto: Seattle Parks)

É moi grande e fede. Estas son as dúas características cando falamos desta flor "Amorphophallus titanum", literalmente falo amorfo titánico, ou como tamén é coñecida: aro xigante ou flor cadáver.

A "Amorphophallus titanum", é unha herba que pode superar os 3 metros de altura. Ten un tubérculo superficia, do que brota un único talo de ata 1 m, que á súa vez presenta unha única folla e un pedúnculo floral.

A súa floración é un acontecemento, pois só o fai tres ou catro veces na súa vida (que dura sobre 40 anos). O máis grandiso desta flor que só dura 3 días son as súas medidas: 2,50 m de altura, 1 m de diámetro e uns 75 kg de peso.

A súa clasificación científica sería:

Reino: Plantas División: Magnoliophyta Clase: Liliopsida

Orde: Alismatales Familia: Araceae Xénero: Amorphophallus

No hay comentarios. Comentar. Más...

¿INVISIBILIDADE?

20080812123528-coche-invisible.jpg

As revistas Science e Mature publicaron onte, simultaneamente, un artigo dos investigadores estadounidenses Jason Valentine e Xihan Zadan da Universidade de Berkley no que manifestan que conseguiron desenvolver uns novos metamateriales que permiten a invisibilidad dos obxectos tridimensionales.

Os metamateriales son estructuras creadas artificialmente e que non se poden atopar na natureza. Tratase de compostos ordenados con propiedades físicas distintas a dos seus constituíntes. Por exemplo, o indice de refracción dun metamaterial por ser negativo mentres que o índice de refracción das partes constituíntes é sempre positivo. Algúns deles fabrícanse con técnicas de nanotecnoloxía (ciencia de fabricar e controlar estructuras e máquinas con tamaños menores a un micrón) similares ás que se empregan para fabricar micromáquinas e circuítos integrados.

Os sistemas creados polos investigadores posúen unha capacidade de refracción negativa, un fenómeno que se produce tamén cando, por exemplo, introducimos unha cana de palla na auga e vémola dobrada, xa que o líquido desvirtuou a traxectoria natural da luz. Así pois, e do mesma xeito que a cana aparece aos nosos ollos cunha forma diferente á que ten en realidade, os metamateriales conseguen que a luz rodee o obxecto que non absorbe nin reflicte a luz, polo cal convérteo en invisible

Para lograr este curioso efecto, os científicos utilizan dous procesos distintos. A invisibilidad comeza cando unha rede de capas de metal desvía a dirección da luz, mentres que outra estrutura de diminutos cables de prata a difumina.

Sobre as posibilidades de que estas novas estruturas de refracción negativa supoñan o paso definitivo á tan ansiada invisibilidad total, tema principal dalgunhas películas de ciencia ficción, os investigadores quixeron mostrar os seus reservas, xa que, segundo afirmaron, calquera tipo de fórmula máxica para conseguir que os obxectos desaparezan ao ollo humano aínda está moi lonxe de conseguirse.

No hay comentarios. Comentar. Más...

LO HUECO

20080817114016-1218813829-extras-ladillos-1-0.jpg

Cola dun dinosaurio (Foto: Antonio Heredia)

Lo Hueco é unha zona do municipio de Fuentes, na provincia de Cuenca. O seu nome provén , segundo contan os campesiños, de que ao pasar as mulas por alí, cambiaba o son das súas pisadas como se o chan estivese oco (hueco).

Pero agora sabemos  que o que había debaixo eran ósos ¡Si, ósos de dinosaurios! E todo pos unha casualidade. Alí estan construindo un tunel para o AVE e así atoparon o maior xacemento de Europa do Cretácico Inferior. Hai 70 millóns de anos, cando os xigantes réptiles habitaban esta zona da península.

Nestes momentos paleontólogos tratan de reconstruir a maraña de ósos nun xigantesco laboratorio nas aforas de Cuenca. Seguro que a pouco tempo teremos máis información deste impresionante achádego.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

FAUNA SALVAXE X : VICHELOCREGO

20080819114855-oropendola2.jpg

Vichelocrego (Oriolus oriolus) Foto: JL Beamonte

O vicelocrego (Oriolus oriolus), tamén chamado ouriolo ou oureol, en castelán oropéndola,  é un paxaro típico dos veráns de Galicia, que vive nas grandes árbores de folla caduca. Ten un  tamaño mediano e unhas cores características;  o macho ten o corpo e parte do rabo amarelos e o resto negro e a femia verdosa coa parte inferior branca agrisada con pencas pardas.

A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas. Son tímidos e espantadizos.O seu nome procede do seu canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego.

A súa clasificación científica é:

Reino: Animal               Filo: Cordados               Clase: Aves

Orde: Paseriformes      Familia: Oriólidas         Xénero: Oriolus

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS BURGAS

20080819125302-burgas-uno.jpg

Hai uns días, paseando por Ourense, pasei preto das Burgas. Veume á cabeza aquel dito popular: "Tres cousas hai en Ourense que non hai en España: O Santo Cristo, a Ponte Romana e as Burgas fervendo a auga". Quero hoxe darvos acoñecer un deses lugares: As Burgas.

As burgas son uns manatiais de auga que brotan a unha temperatura entre 64 e 68 ºC e cun caudal de 300 litros por minuto. Son augas mineromedicinais recomendadas para problemas de pel, reuma e artritis.

Estas aguas proceden das fracturas do terreo que permiten que a auga da chuvia se filtre a gran profundidade (2,5 - 3 km) que ademais de adquirir os minerais aumenta a súa temperatura no descenso. Aínda que a lenda di que teñen a súa orixe nun volcán situado baixo a ciudade de Ourense, ou, para os máis relixiosos, que nacen debaixo dos pés do Santo Cristo da Catedral.

As Burgas consta de tres partes: A Burga de Abaixo, que corresponde a fotografía que vos amoso, fonte de estilo neoclásico, deseñado polo arquitecto Trillo a mediados do século XIX, que consta de tres corpos, cada un co seu cano, o central máis elevado e absidiado. Nos arredores hai un xardín de mediados do século XX.

Ascendendo, atópase e unha esplanada ampla centrada por un estanque con dúas esculturas.

Finalmente na parte superior atópase A Burga de Arriba, fonte de estilo popular do século XVII. Nese mesmo lugar hai e unha réplica de catro aras atopadas da cidade que testemuñan a presencia romana en Ourense.

Outro día falareivos da Ponte.

No hay comentarios. Comentar. Más...

GÉISERES DE XEO EN ENCÉLADO

20080820121303-1218850135-0.jpg

 A sonda espacial Cassini (proxecto conxunto da NASA e da ESA,  lanzada o 15 de outubro de 1997) acaba de localizar puntos dos que xurden torrentes de xeo na superficie da lúa Encelado.

Encelado é unha lúa de Saturno descuberto en 1789 por William Herschel.  É pequena: Masa de 1,08 x 1020 kg e un Diámetro principal de 498,8 km.

O Laboratorio de Propulsión a barullo (JPL), que analizou as fotografías enviadas pola sonda,  indica que as imaxes revelan con detalles fracturas (que teñen unha profundidade de 300 metros) dende as cales emanan os géiseres. Nas ladeiras desas grietas hai grandes depósitos dun material fino e bloques de xeo que poden ser de varios metros ata o tamaño dunha casa.

Os científicos da misión teñen previstas dúas aproximacións de Cassini a Encélado no próximo outubro. A primeira delas levarase a só 25 km da lúa.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A PONTE

20080819131301-ponte-romana.jpg

A "Ponte Vella" sobre o Miño ao seu paso por Ourense

Tal como prometín, imos coa segunda cousa que hai en Ourense e que non hai en España: A Ponte sobre o río Míño, mellor dito a Ponte Romana, pois non será por pontes en Ourense sobre o Miño.

É de orixe romano, da época de Trajano, aínda que as características constructivas sitúano nos tempos de Augusto (século I); desa época só quedan os pilares. Daquela a calzada número 18, segundo o el Itinerario de Antonino, que unía as cidades de Braga (antiga Bracara Augusta e entón capital da Gallaecia) e Lugo (Lucus Augusti) pasaba por esta ponte.

O tamaño do seu arco central orixina constantes situacións de ruínas que provocan moitas reconstruccións que foron variando a estructura primitiva: século XIII polo Bispo Lorenzo (dándolle o perfil do actual arco central apuntado e rampas), século XVII por Melchor de Velasco (reparación definitiva), século XIX (eliminación da última das torres).

Foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1961. Recibíu varios nomes, sendo a actual a de "Ponte Vella".

Actualmente A Ponte Vella consta de 7 arcos (dos 11 primitivos), mide 370 metros de longo e o arco central ten 43 metros de ancho por 38 de alto.

En próximos días achegarémonos á terceira cousa: O Santo Cristo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A CRISE

20080822104511-2008-08-29-vin-2008-08-22-01-49-45-davila.jpg

Viñeta de DAVILA (Faro de Vigo 22/08/2008)

No hay comentarios. Comentar. Más...

O SANTO CRISTO

20080822113413-santo-cristo.jpg

Para rematar o noso paseo por Ourense ou cidade das Burgas, imos falar do Santo Cristo.

O Santo Cristo é unha imaxe gótica que representa a un Cristo moribundo, de corpo enfermo, agotado e marcado polo seu grande realismo (pelo e barba son naturais, o que deu lugar á crenza popular de que lle medran). Outra tradición, revela que no interior da chaga atopase un anaco de corda coa que o ataron, o que o convertiría nunha imaxe de relicario.

O Bispo Pérez Mariño trouxo a imaxe de Fisterra no século XIV, que foi realizada segundo a lenda, por Nicodemus e que foi recollida por uns mariñeiros no mar.

A imaxe sufríu diversas reformas ao longo dos tempos, sendo importantes ás de 1741, na que o pintor Sobreira arranxoulle os pes e os brazos e as de 1779 e 1808.

Atopase situada na capela do mesmo nome (do século XVI e ampliada no século XVII cun segundo corpo) que ten dous corpos e un impresionante retablo baldaquino (obra de Domingo de Andrade,o mesmo que realizou o de Santiago). Asi mesmo a capela forma parte da catedral de Ourense, a expresión máis importante do románico de España xunto á Catedral de Santiago. Construída ao longo dos sécuos XII eXIII. Planta de cruz latina. A fachada principal esta formada por tres portadas románicas, arcadas de medio punto. A fachada sur ten catro arquivoltas sobre columnas de fuste liso e a torre do reloxo do século XVI, na fachada norte pódese apreciar unha mestura dos estilos gótico e románico.

Xa sabedes, cando pasedes por Ourense non dubidedes visitar estes tres lugares tan importantes: As Burgas, a Ponte e o Santo Cristo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CORMORÁN MOÑUDO

20080823201944-1219335037-extras-albumes-0.jpg

Cormorán Moñudo "Phalacrocorax aristotelis"

Na fotografía de Florian Möllers/ www.wild-wonders.com, vemos un cormorán moñudo adulto (’Phalacrocorax aristotelis’) que está a mudar a súa plumaxe.

É unha ave de tamaño medio-grande.  Ten un pescozo longo e unha gorxa amarelada. Os adultos, na época de apareamento despregan unha pequena cresta "moño", de onde provén o seu nome. A súa clasificación científica sería:

Reino: Animal. Filo: Cordados. Clase: Aves. Orde: Pelecaniformes. Familia: Phalacrocoraciidae. Xénero: Phalacrocorax.

No hay comentarios. Comentar. Más...

GLÓBULOS VERMELLOS ARTIFICIAIS

20080824115245-1219341661-0.jpg

Un campo de glóbulos vermellos e un leucocito. (Ilustración: Donal Bliss | National Cancer Institute)

O sangue humana está composta dun 22 %  de elementos sólidos e un 78 % de auga. Os seus compoñentes son:

  • O plasma, no que se atopan suspendidas as células sanguíneas, incluíndo:

    • Glóbulos vermellos (eritrocitos ou hematies) - transportan osíxeno dende os pulmóns cara ao resto do corpo.

    • Glóbulos brancos (leucocitos) - axudan a combatir as infeccións e asisten no proceso inmunolóxico. Os distintos tipos de glóbulos brancos son:

      • Linfocitos
      • Monocitos
      • Eosinófilos
      • Basófilos
      • Neutrófilos (granulocitos)

    • Plaquetas (trombocitos) - axudan na coagulación do sangue.

  • Glóbulos de graxa

  • Sustancias químicas, entre as que se inclúen:

    • Carbohidratos
    • Proteínas
    • Hormonas

  • Gases, entre os que se inclúen:

    • Osíxeno
    • Dióxido de carbono
    • Nitróxeno

Durante todo o ano, pero máis especialmente en períodos de vacacións, multiplícanse as campañan de doazón. Pois ben, esto, nun prazo medio-longo, podería rematar, xa que segundo publica a revista "Blood"  un equipo de investigadores de California conseguíu crear no laboratorio hematíes a partir de células nai embrionarias.

O equipo está dirixido polo prestixioso científico Robert Lanza, e conta cun grupo de investigadores da empresa Advanced Cell Tecnologies, e coa participación da Universidade de Chicago e da clínica Mayo (as tres en EEUU).

Aínda que por agora non hai unha maquinaria lista para fabricar en serie unidades para ser transfundidas a persoas, este traballo achega moito máis a posibilidade de,que nun futuro próximo, poder contar cun reposto sanguíneo en cualquera momento e a ventaxa de poder xerar células en condiciones libres de patógenos libres. Deste xeito, non teremos que preocuparnos da hepatite, o sida e outras enfermidades infecciosas.

¡Un futuro prometedor!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO-DATAS

20080825114557-7w3epipzl9qluxjxkkv30.jpg

Recórdovos as datas e horas das probas extraordinarias de setembro (de calquera xeito figuran nas cristaleiras do IES dende principios de xullo):

DÍA 1 DE SETEMBRO : Adicado a pendientes de anos anteriores.

1º ESO: Entre paréntese figura a aula.

HORA

MATERIA

8:30-10:00

ING (21)

10:00-11:30

TEC (5)

11:30-13:00

EPV (3)

13:00-14.30

CCNN (4)

16:00-18:30

LCL (2)

18:30-20:00

MAT (2)

 

 2º ESO: Entre paréntese figura a aula.

HORA

MATERIA

8:30-10:00

ING (19)

10:00-11:30

TEC (13)

11:30-13:00

CSXH (1)

13:00-14.30

CCNN (3)

16:00-18:30

LCL (2)

18:30-20:00

MAT (1)

  DÍA 2 DE SETEMBRO: Adicado á proba extraordinaria deste curso.

1º ESO:

HORA

MATERIA

8:30-10:00

CCNN

10:00-11:30

CSXH

11:30-13:00

LCL

13:00-14.30

LGL

16:00-18:30

MAT

18:30-20:00

2FR-POR

 2º ESO:

HORA

MATERIA

8:30-10:00

CCNN

10:00-11:30

CSXH

11:30-13:00

LCL

13:00-14.30

LGL

16:00-18:30

MAT

18:30-20:00

2FR-POR-OBMA-OBCO

DÍA 3 DE SETEMBRO: Adicado á proba extrordinaria deste curso.

1º ESO:

HORA

MATERIA

8:30-10:00

ING

10:00-11:30

EF

11:30-13:00

-

13:00-14.30

-

16:00-18:30

-

18:30-20:00

-

 

2º ESO:

 

HORA

MATERIA

8:30-10:00

ING

10:00-11:30

EF

11:30-13:00

MUS

13:00-14.30

-

16:00-18:30

TEC

18:30-20:00

-

 

DÍA DE ENTREGA DE NOTAS: 5 DE SETEMBRO ÁS 13:30 HORAS

¡Sorte a todos e todas!

No hay comentarios. Comentar. Más...

OBRADOIROS DE NATUREZA

20080826104447-po-378.jpg

Praia do Muíño ( A Guarda)

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, dentro da programación de actividades para este ano 2008 organiza, na Praia do Muíño, uns Obradoiros de Natureza que terán lugar o mércores 27 e o domingo 31 de agosto a partir das catro da tarde.

 

Os obradoiros van dirixidos a rapaces de 4 a 16 anos.

Estas xornadas representan unha aposta amena e pedagóxica pola educación para a sustentabilidade e o respecto polo noso medio natural e ademais enmárcanse nas actividades relacionadas coa Bandeira Azul.

 

¡Animo e a participar nesta iniciativa tan interesante!

No hay comentarios. Comentar. Más...

BALANCE

20080827112504-juegos-olimpicos.jpg

Os xogos olímpicos 2008 acaban de rematar e é hora de facer balance en todos os aspectos dos mesmos.

No aspecto deportivo , España acadou no medalleiro o posto 14, con 18 medallas distribuídas do seguinte xeito:

OURO

PRATA

BRONCE

 5

10 

 3

 

Comparativamente cos anteriores, celebrados en Atenas 2004, obtivemos unha medalla menos, quedando lonxe das 22 de Barcelona 1992.

Os galegos que participaron obtiveron resultados dispares pero en conxunto moi satisfactorios: 2 ouros, 2 platas e 5 diplomas olímpicos.

Dende o punto de vista organizativo, perfecto. Hai que recoñecer que fixeron un bo traballo. A fastuosidade e a precisión foron a tónica dominante en todos os xogos olímpicos, máis evidentes nos actos de inaguraciíon e clausura.

 Dende o punto de vista tecnolóxico, foi grandioso. Como dato indicar que foron capaces de manipular o clima, evitando así que chovera durante os actos de clausura. Para conseguilo empregaron cohetes cargados de diatomita (producto químico secante).

Dende o punto de vista cultural China abríuse ao mundo e o mundo coñeceu a China e a súa cultura. É un paso moi importante.

Dende o punto humano, pouco, moi pouco. China segue a estar cuestionada no respecto polos dereitos humanos, pola liberdade política. As xogos olímpicos remataron  pero os chinos teñen que seguir facendo verdadeiros maratóns diarios para saír  adiante. A maior parte dos chinos non tiveron xogos olímpicos. Os xogos olímpicos foron para o mundo non para os chinos. Esperemos que pouco a pouco piodan conseguir eso que outros xa temos : a liberdade.

E agora a esperar ata dentro de 4 anos: 2012 LONDRES. Moito teñen que traballar os británicos para mellorar a Pekín.

Durante algún tempo seguirá activo o enlace destes xogos para que poidades consultar calquera aspecto dos mesmos. Lembrade que é XOGOS OLÍMPICOS-PEKÍN

No hay comentarios. Comentar. Más...

SINAL-CONSELLO

20080828180224-dscn1263.jpg

Nunha das rúas do pobo, nun cruce preto dun centro de ensino atópase  esta sinal que alerta  dunha escola e o perigo dos cativos na entrada e saída do mesmo. Pero  póde observarse unha adicatoria no fondo da mesma: NO IR. Pódese establecer unha serie de hipóteses sobre a citada mensaxe.

Unha mala experiencia nese centro concreto. Unha mala experiencia escolar en xeral. Un resultado a longo prazo negativo (non lle servíu para o que el ou ela pensaba que lle iba a servir).De calquera xeito o autor ou autora non éra un neno pois está a unha certa altura.

A verdade é que os estudos moitas veces non certifica automaticamente un bo traballo. Por desgraza vemos moitas persoas con grandes carreiras nas listas do paro. Pola contra debemos de pensar que a cultura é fundamental. Unha persoa sen cultura pode ser enganada facilmente e normalmente está relegada aos peores postos de traballo e a unha consideración moi baixa. Non significa esto que todos e todas teñan que ir á universidade. Cada un debe facer a mellor escolla, pero o que si temos que  facer é aproveitar mínimimamente os estudos obrigatorios que nos darán unha cultura básica e elemental. Despois cada un que tome a súa decisión.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MARTA

20080829114342-martes2.jpg

A Marta  ou Martaraña (Martes martes) é un mustélido carnívoro. Posúe unha cabeza pequena, un fuciño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espesa e suave, máis escuro polo lombo que polo ventre. Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. O seu peor inimigo é o home, que a apreza pola súa fina pel.

A súa clasificación científica é:

Reino:Animal.    Filo:Cordados.    Clase:Mamíferos.   

Orde:Carnívoros.   Familia: Mustelidae.    Xénero: Martes.

 


MENOS XEO NO ÁRTICO

20080831185218--40948732-051026artico.gif

O ártico está apiques de acadar o máximo histórico de desxeo. Este é un feito que ven de ser confirmado polas imaxes do satélite Envisat difundidas esta semana pola Axencia Espacial Europea (ESA). Segundo o Centro Nacional de Datos sobre Neve e Xeo (NSDC) de Boulder (Colorado, EE.UU.), que monitorea día a día a rexión ártica, a capa de xeo ártico ocupa agora unha extensión de 5,2 millóns de quilómetros cadrados, só 430.000 máis que o ano pasado polas mesmas datas, e case 2 millóns de quilómetros cadrados menos que no período 1979-2000. Dado que o pico máximo de desxeo anual rexístrase sempre a mediados de setembro, alcanzar ou ata superar a perda do 2007 é máis que probable.

O paso do Noroeste, a ruta descuberta fai un século por Amundsen entre as illas máis próximas á costa este de Canadá que comunica o Atlántico e o Pacífico, é navegable desde hai semanas. Nos últimos días abriuse tamén a ruta máis directa e próxima ao Polo norte, pola canle de Parry e o estreito de McClure, que permanecía parcialmente selada polo xeo.

É a segunda vez en milenios que ocorre, sucedeu outra vez: fai só un ano.

No hay comentarios. Comentar. Más...