Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2009.

BOB DYLAN

 

Para moitos de vós Bob Dylan, no caso de coñecelo, é un dinosaurio da música. Efectivamente é un veterano. Naceu en 1941 en Minnesota (EEUU), contando polo tanto con 68 anos. Este cantautor , que toca varios instrumentos, aínda que son identificativos da súa persoa a guitarra e a armónica, ten un amplo panel de xéneros musicais: folk, folk rock, rock, bues e countrty.

Á súa idade, o próximo 28 de abril, saíra a venda o seu último álbum. Precisamente o tema que podes escoitar é un adianto : "Beyond Here Lies Nothing".

Se tes interés en coñecer o seu tipo de música podes acceder a través da súa páxina web pinchando en BOB DYLAN  

No hay comentarios. Comentar. Más...

VACACIÓNS

20090403000035-vacaciones.jpg

Chegou o día. Unhas horas máis de clase, recollida de notas á última hora (despois de facer algo de limpeza na aula) chegan as ... VACACIÓNS.

Días de descanso, sen profes, nin alumnos-as, en fin ... pasalo ben.

Eso si, o martes 14 ás 8:20 temos unha cita.

¡Boas vacións para todos e todas!

No hay comentarios. Comentar. Más...

IDEAS PARA AS VACACIÓNS: CINE

 

Antes estes días de vacacións podemos preguntarnos ¿Que facer? Seguro que moitos teñen a contestación rápida: ¡Non facer nada! Pero o día ten 24 horas e 10 días x 24 horas = 240 horas .... ¡Bueno, que queda tempo para todo! Por esa razón propoñereivos, se o considerades oportuno, algunhas iniciativas compatibles co descanso.

A primeira, ir ao CINE. Estréase hoxe unha película de animación 3D (por eso se vades procurade ir a un cine con estas características) titulada "Monstruos contra Alieníxenas".  Ten unha duración de 1h e 34 min, de nacionalidade EEUU,  o seu director é Conrad Vernon.

Pero para que teñades unha idea do que vai aquí tedes o trailer. Se a vede, seguro que descansades e pasádelo ben.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

IDEAS PARA AS VACACIÓNS: UN LIBRO I

20090403181829-los-gigantes-de-la-luna.jpg

Se onte a miña proposta era ir ao cine, hoxe é ler UN LIBRO, pero non un libro de texto, senón un libro de lectura.

A miña proposta é dun libro en castelán (mañá será outro en galego). O seu título é "Los gigantes de la luna", de Gonzalo Moure Trenor ( Valencia, 1951) e da editorial Edelvives, da colección Ala Delta, serie Verde.

O seu argumento trata da relación entre Pablo, un rapaz moi introvertido (apodado polo seu pai como o caracol mutante), cunha rapaza saharaui, Maisma, procedente dun campamento de refuxiados, quen lle conta o segredo dos xigantes da lúa, que no será o que el pensaba: un barco cheo de prata, senón noutra cousa. Xeográficamente sitúase na costa asturiana, e ... non conto máis.

Merce a pena. ¡Seguro!

No hay comentarios. Comentar. Más...

IDEAS PARA AS VACACIÓNS: UN LIBRO II

20090403185132-i125.gif

Tal como prometín, hoxe tócalle a proposta de UN LIBRO, pero en galego. Trátase de "A espreita na penunmbra" da escritora galega María Canosa Blanco (Cee, 1978).

O seu argumento é o seguinte: Marc e a súa familia viven felices nunha bonita urbanización, pero un día un estraño suceso acaba facendo abalar toda esa harmonía: no armario do cuarto dos seus pais unha arrepiante voz, procedente do pasado, fai a súa aparición. Para fuxir dos malos agoiros que ese estraño fenómeno anuncia para todos, deciden marchar a París nunha viaxe de lecer. Así se desencadea a traxedia máis estarrecedora que poida afectar a un ser humano.

Misterio, intriga  e suspense... ¡Que máis queredes!

¡Boa lectura!

No hay comentarios. Comentar. Más...

IDEAS PARA AS VACACIÓNS: ESCOITAR MÚSICA

20090406202118-acarlos-baute-de-mi-puno-y-letra.jpg

 

A Música, unha boa compañeira para moitas cousas: días de chuvia, pasar unhos apuntes ou sen ter razón ningunha.

Nesta páxina, en ENLACES, tes unha forma práctica de escoitala (igual xa coñeces, pois non é a primeira vez que a comento), o vídeo, a música e a letra, todo xunto. Música de todos os tempos, de todos os cantantes e grupos, o que ti queiras.

Esta é unha mostra, só selecciona a inicial en maísculas, neste caso C de Carlos Baute e despois o tema a elexir, neste caso "Colgando en tus manos" e ... a disfrutar.

Imos facelo pinchando en MÚSICA

E despois outro cantante  e ... ¡Espero que o pases ben!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

TERREMOTO

20090407114620-20090406elpepuint-12.jpg

Terremoto de L’Aquila (Foto: Elpais.com)

A noticia destes últimos días está nese forte terremoto de L’Aquila (Italia) cunha magnitude de 6,3 graos na escala de Richter, así como réplicas comprendidase entre 3,8  e 4,8. Deixando a un lado os desastres materiais, o máis preocupante son o número de mortos (ao redor de 200) e numerosos desaparecidos.

Pero, sabes como se produce un terremoto?  Como se miden? Que é a magnitude dun terremoto? E a intensidade? No seguinte gráfico interactivo do xornal El País, poder obter contestación a esa pregunta, pinchando en TERREMOTOS.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

20090407111404-g12p64f2.jpg

Seguro que todos e todas coñecedes que é e por que se celebra o Día das Letras Galegas, pero seguro que poucos coñecedes o Día do Científico Galego. Imos ver.

O pasado 23 de abril de 2008, celebrouse por primeira vez, o Día do Científico Galego, iniciativa da RAGC (Real Academia Galega das Ciencias), que pretende recompensar a aqueles que contribuíron ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación en Galicia. Nesa data adicóuselle ao matemático Enrique Vidal Abascal. No presente ano, e o mesmo día 23 de abril, adicaráselle a Isidro Parga Pondal, o pai da xeoloxía da nosa comunidade.

Isidro Parga Pondal, xeólogo galego. Naceu en Laxe (A Coruña) o 17 de decembro de 1900. Estudou o bacharelato en Santiago, a carreira de química en Madrid e o doutorado en Zurich. Ao comenzo da Guerra Civil, foi purgado do seu posto de profesor, retirándose a Laxe, onde creou unha empresa mineira para a explotación do caolin. Máis tarde creou o Instituto Xeolóxico de Laxe, no que traballou ata o ano 1969, cando se retirou. Morreu en A Coruña o 4 de maio de 1986.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: O TEMPO NAS VACACIÓNS

20090408105307-2009-04-15-vin-2009-04-08-03-24-44-humoraguilera.jpg

Nesta viñeta de Javier Aguilera (Faro de Vigo 08/04/09) parodia sobre o mal tempo destas vacacións de Semana Santa.

Lembra que se queres coñecer todo sobre o tempo, en ENLACES tes dous puntos para consultar: o tempo en Galicia e o tempo no Mundo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATALAIA: MUSEO DO MAR

 

 

 

Museo do Mar da Guarda abre as súas portas

 

O xoves 9 de abril, terá lugar a apertura do Museo do Mar instalado na Atalaia, que se poderá visitar ata o domingo, de 11.00 a 14.00h, e de 16.00 a 19.00h.

            O horario de verán (sábados, domingos e festivos) será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

            Non se trata dunha inauguración, á que se procederá máis adiante, senón da súa apertura para facilitar a cantos nos visitan nestas datas unha referencia máis na súa estadía na Guarda.

O Museo do Mar é unha vella aspiración dun grupo de persoas vinculadas coa asociación naturalista ANABAM que, dende hai máis de 20 anos, dedican parte dos seus esforzos a recoller e conservar material etnográfico relacionado coa vida mariñeira.

Algunhas das pezas que se exhiben no Museo do Mar teñen un alto valor etnográfico por ser únicas e porque hai moitas décadas que caeron en desuso. Esta colección etnográfica apóiase en paneis informativos que facilitan a comprensión do seu uso, pero o plan museolóxico presenta tamén, entre outros atractivos, diversos puntos de información táctil e un audiovisual sobre o mundo do mar e da pesca na Guarda.

A réplica da Atalaia, reconstruída no lado norte do porto da Guarda, en Punta Xinete, vai ser o edifico que albergue os fondos do Museo do Mar, no que xunto coa colección de útiles e aparellos usados polos mariñeiros da vila, poderemos admirar tamén unha selección de cunchas da colección realizada polo malacólogo Ignacio Navarro formada por máis de 18.000 pezas e adquirida polo concello. Por motivos de espacio non é posible amosar todas esas cunchas, polo que o malacólogo Emilio Rolán Mosquera xunto con Ignacio Saa e Agustín Ferreira, realizaron a selección das cunchas para a súa exposición, optando por diferenciar a mostra en cuatro grupos de familias: Volutidae, Conidae, Cypraeidae y Muricidae.

O obxectivo principal do Museo do Mar é recuperar, conservar e difundir o patrimonio relacionado coa vida mariñeira e realizar unha mostra representativa das cunchas máis curiosas e vistosas que poden atoparse en todos os mares do mundo.

A Atalaia

O Museo del Mar localízase ao final do paseo marítimo, preto do Dique norte, convertido hai un ano nun fermoso mural de referencia pictórica nos peiraos galegos O edificio vén dado pola réplica da Atalaia, obra dos anos 90, para recordar a torre defensiva construida polos portugueses no século  XVII, cuxos restos derruíronse na primeira mitade do século XX.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fonte de información: www.Galiciasuroeste.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

DENGUE

20090409213631-aedes-aegypti-.jpg

  Mosquito Aedes aegypti

Nos últimos días a palabra DENGUE foi repetitiva, concretamente foi noticia en Arxentina, que admitiu un gran brote desta enfermidade, que comenzou en xaneiro e da que xa se contabilizan cinco mortos.. Pero, que é o DENGUE?

O dengue é unha enfermidade viral transmitida pola picadura do mosquito Aedes aegypti. Preséntase de dúas formas: febre do dengue (enfermidade grave de tipo gripal que afecta aos nenos maiores e aos adultos, pero que rara vez causa a morte) e a febre hemorráxica do dengue (FHD, forma máis grave, na que aparecen hemorraxias e ás veces un estado de choque que leva á morte. No caso dos nenos é sumamente grave).

Suelen aparecer nos trópicos, Africa e centroamérica, aínda que nos últimos tempos apareceron en Europa e Norteamérica.

O nome ven dos catro virus que a producen (DEN-1, DEN-2, DEN-3 ou DEN-4). Esta enfermidade infecciosa maniféstase polo inicio dunha repentina febre, dores de cabeza, musculares e nas articulacións e erupcións na pel. Tamén poden aparecer gastritis, con dores abdominais, náuseas, vómitos e diarrea. Precisamente, en moitos casos, ao non aparecer erupcións na pel, poden ser diagnosticados como gripe ou outras infeccións virales.

Non hai medicamento específico para tratar o dengue e tampouco vacina, aínda que se fixeron moitos adiantos.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ERLENMEYER

20090409113956-emilerlenmeyersr2.jpg

Richard August Carl Emil Erlenmeyer (1825-1909). Químico Alemán. Foi alumno de Liebig e Giessen, por quen decidíu cambiar os seus estudos de Mediciña pola química. Foi axudante de Fresenius e farmacéutico. Propuxo o termo aromáticos para os compostos bencénicos, estableceu a existencia de dobres e triples enlaces entre os átomos de carbono, descubríu varios compostos orgánicos como o ácido isobutírico e estableceu a estructura doutros, como os ácidos lácticos. Enunciou a "regra de Erlenmeyer" (tautomería ceto-enólica). En 1861 deseñou o matraz cónico de fondo plano que leva o seu nome. Xunto con Robert Bunsen, investigou no campo dos fertilizantes.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PEL CONTRA PEL

20090413142254-200902-tve-escarabajoverde.jpg

Neste vídeo de RTVE, do programa Escarabajo verde, titulado : "Piel contra piel"  faise o seguinte plantexamento:

1ª Postura :Lucir unha prenda de pel ou calquera artigo confeccionado con pel auténtica é unha aberración e quen o fan amosan a súa total insensibilidade  cara o mundo animal.

2ª Postura: Usar a pel que provén dos matadeiros é unha forma de reciclar e vestirnos con peles, aínda que sexan de animais criados só para ese fin, sempre será máis sostible que facelo con fibras artificiais ou plásticos que moitas veces son derivados do petróleo.

En que lugar da balanza estás?

Espero que despois de velo poidas contestar á pregunta. Eso si, se non o tedes claro, ao lado do vídeo tedes unha segunda parte, para poder saber máis do tema.

Se estás disposto pincha en Escarabajo verde

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESTAMOS DE VOLTA

20090413152724-noticia-13341-normal.jpg

¡Estamos de volta! Despois de 10 días de vacacións, comenza o terceiro trimestre do curso, o último.

A súa duración será ata o día 23 de xuño (martes). Contaremos cun festivo, o 1º de maio (venres) e un día non lectivo o 4 de maio (luns), o que fará unha longa ponte.

Haberá que poñer toda a carne no asador, no refrente ao estudo, pois do contrario aparecera a sombra de SETEMBRO, sinónimo de suspensos, estudo e poucas vacacións.

¡Que sexa un bo trimestre para todos e todas!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

UNHA NOVELA: A TREBOADA DE C

20090414172705-portada-c.jpg

Climántica, o próxecto de Educación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, acaba de publicar no apartado novelas  de bibliotecas as versións en galego e en castelán da primeira novela da colección Contos Climánticos A treboada de C do escritor Agustín Agra.

Agustín Agra Barreiro (Noia, 1966) é licenciado en Bioloxía, profesor desta materia no Instituto de Ensino Secundario Cotarelo Valledor de Vilaxóan. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. No ano 2004, gañou o primeiro premio do concurso de narracións curtas Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro con “Os límites do inimaxinable”, obtendo, así mesmo, o primeiro accésit da edición de 2005 con “Na Caeira”. Ten publicado os libros O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is (Xerais 2006), premio Merlín de Literatura Infantil 2006, e Cazaría salvaxe (Fóra de Xogo, Xerais 008).

Esta novela pódela ler neste blog, consta deconsta de 24 relatos de temática ambiental, conducidos e relacionados polo cambio climático. 

A miña proposta é adicarlle diariamente entre 5 ou 10 minutos a cada relato. Proba lendo o 1º relato, e se che gusta xa sabes ... a seguir.

No seguinte enlace tes a forma de acceder, despois pincha en cada capítulo e móvete coas frechas verdes do fondo. Se o prefires en castelán, tes a opción.  Tamén tes a posibilidade de descargar cada capítulo. Ti mesmo.

Preparado, pois pincha en A TREBOADA DE C  e a disfrutar.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MAN ESPACIAL

20090416121531-2009-04-22-img-2009-04-15-14-50-12-manonasa.jpg

Fotografía captada polo telescopio espacial da NASA "Chandra"

Esta é a imaxe captada polo telescopio espacial "Chandra" da NASA, onde aparece unha extensa nebulosa que asemella a unha gran man humana. Ao parecer esta imaxe procede dos electróns e ións emitidos polo púlsar B1509.

Un púlsar é unha estrela que emite radiacións a intervalos breves e regulares, como se se tratase dun radiofaro.

A ese fenómeno engádenselle os nós de material que se desprenden dunha nube de gas veciña, e que debuxan no espazo os "dedos" da man cósmica.

¡Sorpresas do espazo!

No hay comentarios. Comentar. Más...

¡EUREKA!

20090417124920-1239902259-0.jpg

"Cataratas do sangue" (Foto: Science)

¡Eureka! Esa foi a palabra que pronunciaron os investigadores das universidades de Harvard e Cambridge, cando atoparon bacterias nun lago subterráneo baixo un glaciar da Antártida, onde non hai osíxeno, en completa escuridade, a auga cunha salinidade catro veces maior que a do mar e a -10º C.

O lugar é coñecido como "As cataratas do sangue", pois a auga ten unha coloración vermella, procedente da oxidación que flúe por debaixo do glaciar. Este insólito habitat funciona como un perfecto mecanismo biolóxico dende hai entre 1,5 e 4 millóns e podería explicar a existencia de vida noutros planetas do noso sistema solar, que os científicos da NASA  buscan en Marte e na Lúa Europa de Xúpiter. Esta información foi publicada  hoxe pola revista "Science".

¡Sorpresas da ciencia!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DE INTERESE PARA OS ALUMNOS QUE ESTUDIEN MÚSICA NOS CONSERVATORIOS

20090417172438-musica.jpg

No DOGA do pasado 7 de abril, publicoude a Orde pola que dictan instruccións para as validacións académicas entre as ensinanzas profesionais  de música e danza e a ESO, o bacharelato e a ESO para persoas adultas.

Se estás cursando estas ensinanzas nalgún conservatorio esta noticia interésache, pois podes validar (non cursar)  algunha materia da ESO ou bacarelato como música ou algunha optativa.

Se estás interasado pincha en DOGA: VALIDACIÓNS

No hay comentarios. Comentar. Más...

ENERXÍA EÓLICA II

20090418113405-eolica-marina.jpg

O pasado día 13 de marzo falamos da enexía eólica dun xeito xeral. No día de hoxe imos tratalo dun xeito específico, atendendo as aplicacións domésticas (o que se denomina mini-eólica), aos sistemas mixtos de eólica-solar, e futuristas (plantas eólicas mariñas e turbinas eólicas fururistas). Penso que deste xeito queda completo esta revisión desta fonte de enerxía limpa, rentable e sostible.

Se estás interesado pincha en TODO SOBRE E. EÓLICA

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATENCIÓN: EXÁMES DE MATERIAS PENDENTES

20090417170028-estudiar.gif

Chegan as datas para poder recuperar as materias pendentes de cursos anteriores. As probas serán no mes de maio: 12 (martes), 13 (mércores) e 14 (xoves), en horio de tarde (entre as 16 e as 20,30 horas).

Nos taboleiro están expostas as horas, as materias e as aulas onde se celebran as probas. Sería bo consultalas o antes posible.

Para os alumnos con CIENCIAS NATURAIS pendentes de 1º ou 2º ESO será o mércores, 13 de maio, ás16 horas no LAB de Ciencias. A esa mesma hora tamén están convocados os alumnos  pendentes de BIOLOXÍA-XEOLOXÍA de 3º ESO. Lembrade que nesta proba os alumnos que superaron a 1ª parte, só terán que examinarse da 2ª. Os que suspenderon a 1ª parte examinaranse das dúas (1ª e 2ª).

Tal como reza o debuxo, hai que empezar a estudiar e non deixalo para o último día.

No hay comentarios. Comentar. Más...

RECUSOS PARA O ENSINO

20090418115425-coopera.png

Acaba de xurdir unha nova páxina web sobre cooperativismo dirixida a centros, profesorado e alumnado de primaria, secundaria e FP. Nela podedes consultarse as convocatorias a premios sobre cooperativismo e as seccións que conteñen recursos educativos para diferentes niveis: ideas para traballos en grupo, unidades didácticas, cómics e aventuras interactivas, xogos cooperativos, información e manuais de autoemprego etc.

Eu botarialle unh vistazo! E ti? Se queres pinha en O Cooperativismo no Ensino

No hay comentarios. Comentar. Más...

BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL

20090421235902-325399-400.jpg

 A  UNESCO acaba de poñer en marcha onte a  Bilioteca Digital Mundial (DM), un  servizo que permite acceder gratuitamente, a través de Internet, aos fondos das grandes bibliotecas internacionais e en varios idiomas, entre eles o español.

A BDM permite consultar documentos conservados nas  máis prestixiosas bibliotecas de calquera parte do mundo, e non só libros, senón manuscritos, mapas, películas, etc.,  dispoñibles sen ningún tipo de restricción.

¡A cultura ao alcance de todos!

Se queres coñecela pincha en  BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DA TERRA

 

O "Día da Terra"  celébrase hoxe en todo o mundo, cun planeta  "que tamén se atopa en crise", e que se celebra dende 1970, cun único obxectivo primordial: propiciar o desenvolvemento du nha conciencia ambiental en todo o planeta.

Este vídeo intenta, dalgún xeito, contar a Historia do Universo e de como encaixamos nel, como parte dun todo.

¡Nas nosas man s está entregarlle este planeta ás xeracións vindeiras!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

20090423164514-416-30477-a-isidro-parga-pondal.jpg

Hoxe  23 de abril, celébrase, por segundo ano, o Día do Científico Galego, iniciativa da RAGC (Real Academia Galega das Ciencias), que pretende recompensar a aqueles que contribuíron ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación en Galicia. Este ano adícaselle a ISIDRO PARGA PONDAL.

Isidro Parga Pondal, xeólogo galego. Naceu en Laxe (A Coruña) o 17 de decembro de 1900. Estudou o bacharelato en Santiago, a carreira de química en Madrid e o doutorado en Zurich. Ao comenzo da Guerra Civil, foi purgado do seu posto de profesor, retirándose a Laxe, onde creou unha empresa mineira para a explotación do caolin. Máis tarde creou o Instituto Xeolóxico de Laxe, no que traballou ata o ano 1969, cando se retirou. Morreu en A Coruña o 4 de maio de 1986.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MINERAIS E ROCHAS

 

Estes días estivemos tratando en clase este mundo fascinante dos minerais e das rochas. Como recordaredes as rochas son agredasos de minerais, e estes, os mineris, son elementos ou compostos químicos que se orixinaron nun proceso terrestre.

Nestes vídeos podedes repasar e ver algo máis sobre este tema e clarificar os distintos tipos de rochas, así como o ciclo das mesmas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: O PARO

20090425105052-2009-05-02-vin-2009-04-25-04-50-21-humordavila.jpg

O paro, ese gran problema que afecta xa a máis de 4 millóns de españois, é o tema elexido por Davila na súa viñeta do xornal "Faro de Vigo" de hoxe, tomando a idea dunha película rodada na ría de Vigo "Los lunes al sol".

A verdade é que o tema non é para risas!

No hay comentarios. Comentar. Más...

AMPLIACIÓN DE PLAZO

20090426101907-20090129110301-img035.jpg

O pasado venres remataba o prazo de presentación de fotografías para o II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA  convocado pola A21EG dos IES A Sangriña.

Comunícase que o prazo amplíase ata o último día lectivo deste mes, o próximo xoves 30 de marzo.

Aínda estás a tempo. Participa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O SON

 

Estivemos estes días en clase falando do SON, que consiste na propagación da vibración dos corpos a través dun medio material (gasoso, líquido ou sólido).

Neste vídeo peténdese recordar as ideas básicas, a modo de repaso, así como un coñecemento gráfico do sentido do oído. Espero que sexa útil.

No hay comentarios. Comentar. Más...

LUAR NA LUBRE

 

Tema "Camariñas"de Luar na Lubre, interpretado pola invitada Luz Casal

LUAR NA LUBRE nace no ano 1986, na cidade de A Coruña, convertíndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita en Galicia.
O seu proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raiz galegas polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias.

O seu último traballo é deste ano e leva por título "Ao vivo". Un dos temas del é o que vedes e oídes hoxe. Por certo ao remate do mesmo tedes a posibilidade de escoitar outros temas deste e doutros traballos da formación.

Se queredes saber máis cousas deste grupo pincha en Luar na Lubre - Páxina oficial


No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A GRIPE PORCINA

20090428204717-gripe.php.jpg

O tema da viñeta de humor de "O Carrabouxo", do xornal La Región do 27-04-2009, trata da gripe porcina que está a causar tantos problemas en todo o mundo e que ten como foco emisor México.

Esta é unha enfermidade respiratoria  altamente contaxiosa que padecen os porcos. Prodúcea un dos múltiples virus da gripe do tipo A que existen. O índice de mortalidade nos humanos e  baixo (entre o 1 e o 4 %). Os síntomas desta enfermidade son moi similares aos da gripe humana (tos, febre, dor de cabeza e músculos). Non se contaxia ao inxerir animais enfermos ou productos derivados, xa que o virus morre a temperaturas superiores aos 70ºC.

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIA POLO RUÍDO

20090429181713-sinruido.jpg

Hai máis dunha década que se fala do RUÍDO como contaminante, sen embargo, dificilmente atópase considerado na educación ambiental, xa que esta centra o seu interese no ecolóxico.

Cada día é máis frecuente escoitar acerca da CONTAMINACIÓN ACÚSTICA. Os innumerables e potentes ruídos da cidade producen irritabilidade, atordamento e falta de concentración no traballo. O nivel de ruído en que se desenvolve  a nosa vida inflúe negativamente no rendemento do noso traballo e na nosa saúude.

Por iso celébrase hoxe o Día Internacional da Conciencia polo Ruído. Esta xornada pretende chamar a atención deste tipo de contaminación, oculto, que non se nota axiña, pero que pasara factura a un curto prazo.

E un consello: O estudo é un traballo para o que se necesita a máxima concentración; un ambiente ruidoso é moi prexudicial. A música de fondo fai o mesmo efecto que un ruído cando temos que concentrarnos no estudo.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MÚSICA: SE NON ESTÁS

El sueño de Morfeo é un grupo asturiano composto por Raquel (voz), Juan Luis Suárez e David Feito (guitarra), que levan algúns anos traballando xuntos e elaborando cancións de sólidas estructuras pop-rock aliñadas con fortes aromas flolk, apoiados pola chamativa voz de Raquel.

O próximo 26 de maio preséntase o seu novo traballo, o terceiro, que se titula "Cosas que nos hacen sentir bien".

Hoxe preséntase o clip deste novo disco: "Si no estás", e ti podes hoxe escoitalo aquí. Espero que vos guste!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...