Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2009.

RESULTADOS DA CONSULTA SOBRE O IDIOMA NO ENSINO

20090801235000-galego.jpg

Despois de máis dun mes que empregou a empresa Obradoiro de Socioloxía en procesar os datos da consulta aos pais sobre a autilización das linguas no ensino non universitario, o Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universiataria acaba de facer público os resultados.

Participaron 194.000 familias das 330.000 consultadas, maís do 58%. Os resultados indican, segundo a Xunta, que Galicia é bilingüe. Máis do 49% decantouse por un ensino con presenza do galego e do castelán. A porcentaxe dos que optaron polo ensino monolingüe en castelán é do 36,4%. Os que escolleron só galego, un 13,7%. Os centros públicos foron os menos participativos. Os que máis, os privados.

Esta consulta non é vinculante e non debería ter nunca ese caracter. A Xunta pretende elaborar un novo decreto que regule o idioma no ensino para o curso 2010/2011, polo que para o próximo curso seguirase como ata agora.

Para consultar todos oa datos, por niveis (E. Infantil, Primaria, Secundaria e FP) ou por Provincias, pincha en RESULTADOS CONSULTA

Penso que é unha perda de tempo e un paso atrás. O noso idioma non merecía esto!

No hay comentarios. Comentar. Más...

BANDEIRAS NEGRAS 2009

20090802110600-bandeiras-negras.gif

Case coincidentes coa publicación das denominadas Bandeiras Azuis, que premian a cualidade das augas e os servcios que prestan as praias, Ecoloxistas en Acción publican, no mes de xullo, as denominadas Bandeiras Negras 2009. O informe deste ano leva por lema "A crise unha oportunidade para a costa".

No ano 2009 concedéronse un total de 311 bandeiras negras (zonas con degradación ambiental alta e con graves ameazas para os seus ecosistemas) e 392 puntos negros (lugares con impactos puntuais ou de menor gravidade).

Lamentablemente Galicia ocupa o primeiro lugar neste listado con 55 bandeiras negras e 102 puntos negros. Séguennos Andalucia, Comunidade Valenciana e Murcia.

A nosa provincia, Pontevedra, acada 5 bandeiras negras e 24 puntos negros.

Refrente á nosa localidade, A Guarda, aparece con 1 bandeira negra e 1 punto negro, a saber:

Bandeira Negra ao dragado da canle do ferry internacional A Guarda-Caminha. Quérese manter o calado para a navegación do ferry, así que van sacar 70.000 metros cúbicos de area que usarán para rexenerar praias en toda a provincia de Pontevedra.
Punto Negro ao porto deportivo A Pasaxe. Este porto con 100 amarres en zona LIC e ZEPA. Afectará ás correntes e aos bancos de area.

Se queres coñecer a fondo este informe pincha en INFORME BANDEIRAS NEGRAS 2009

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO NO MES DE AGOSTO

20090802133954-noche1.jpg

O mes de agosto presenta un ceo coas seguintes citas:

6-8-2009: Lúa Chea

Eclipse penumbral de Lúa (un pouco antes da medianoite do 5 ao 6 de agosto.  Moi baixa magnitude)

12-8-2009: Máxima actividade da chuvia de meteoritos das Perseidas (do 17 de Santiago  ao 24 de agosto)

13-8-2009: Cuarto minguante

17-8-2009: Máxima actividade da chuvia de meteoritos das Kappa-Cygnidas (do 3 ao 25)

20-8-2009: Lúa nova

25-8-2009: Comenzo da chuvia de meteoritos das Alfa-Aurígidas (ata o 8 de setembro,   máxima actividade o 1 de setembro)

27-8-2009: Cuarto cerecente

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MESES E REFRÁNS III

20090802130520-2009-08-08-vin-2009-08-01-22-58-47-humorgogue.jpg

Humor sobre o refraneiro e o tempo: Gogue (Faro de Vigo 01/08/2009)

MAIO:

"En maio a vella queima o tallo, pero unha miguiña que quedou, para San Xoán a deixou"

"En maio o millo sementado, cal enxoito, cal mollado"

"Vai ver a túa viña se reluz o día de Santa Cruz" (3 de maio).

"Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado"

"Se a cobra cantou en marzo, neve no maio"

"Auga de maio, pan todo o ano"

"Abril chuvioso, maio pardo, San Xoán claro, enchen o carro"

"Maio ventoso, para o labrador fermoso, para o mariñeiro desastroso"

"A sardiña de maio, que a parta un raio"

 

SAN XOÁN:

"Quen xuxúa en San Xoán, ou é tolo ou non ten pan"

"A sardiña polo abril déixaa ir, polo maio ásaa no borrallo, pero polo San Xoán deixa que pingue no pan"

"Entre San Xoán e San Pedro, recolleita do centeo" (24 e 29 de xuño)

"Entre San Xoán e San Pedro, xofra sen medo"

"Polo San Pedro rega con medo, polo San Bieito rega a feito" (24 de xuño e 11 agosto)

"Do San Antonio ao San Xoán once días van" (13 e 24 de xuño)

"En San Xoán, aínda hai tres días para cardar a lan"

"A auga de San Xoán, leva o viño e non dá pan"

"Ata San Pedro, o viño treme de medo"

"Auga en San Xoán, a mexada dun can"

No hay comentarios. Comentar. Más...

II ANIVERSARIO

20090804163310-2-aniversario.jpg

Cumpre este blog 2 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007. Dende aquela  fostes moitos os que o visitastes, uns para saber o resultados de notas, outros por curiosidade, outros por interese e seguro que tamén algúns por casualidade. A todos moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás. Estes on os datos:

Páxinas vistas: 13760. Media de páxinas vistas ao mes : 590.

agosto de 2009
61
xullo de 2009
494
xuño de 2009
998
maio de 2009
888
abril de 2009
561
marzo de 2009
907
febreiro de 2009
661
xaneiro de 2009
602
decembro de 2008
525
novembro de 2008
688
outubro de 2008
887
setembro de 2008
568
agosto de 2008
332
xullo de 2008
301
xuño de 2008
1204
maio de 2008
 611
abril de 2008
479
marzo de 2008
428
febreiro de 2008
572
xaneiro de 2008
279
decembro de 2007
314
novembro de 2007
438
outubro de 2007
498
setembro de 2007
354
agosto de 2007
110
No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A LINGUA

20090805100930-carrabouxo.jpeg

Na viñeta do Carrabouxo, do xornal La Región (2/8/2009) trata o tema da Enquisa feita pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria feita ás familias sobre o uso da Lingua no ensino.

A bos entendedores poucas palabras!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DICOPOMORPHA ECHMEPTERYGIS

20090805114409-dicopomorpha-echmepterygis.jpg

Dicopomorpha echmepterygis, ese é o nome dun insecto, concretamente unha avispa parasitariaoriúnda de Costa Rica, considerada como o animal voador máis pequeno do mundo.

Ten unha lonxitude de 130 micrómetros (aprox. 1/10 parte de un milímetro). Curiosamente, as femias si poden voar, pero os machos adultos desta especie carecen de ás e son cegos. Adícanse a parasitar os ovos doutros insectos e todo o seu corpo, con sistemas dixestivo, respiratorio, reproductor e circulatorio, non ocupan nin o tamaño dunha célula paramecia. Como é lóxico, os ovos e as larvas desta avispa son considerablemente máis pequenos que o adulto. Que tamaño ...!

Fonte: Wikipedia.org

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: CANDO DEUS CREOU O BURRO

20090806124318-burro.jpg

Fomos facer unha visita técnica á viña de certa abadía do Miño lucense. Aló, o señor abade daquela parroquia coversou connosco de moitos e fermosos temas, e  quixo contarnos a "reliadade da vida" en termos de parodia litúrxica.

"... Deus creou o burro e díxolle: "Serás burro, e traballarás a cotio cargando feixes no lombo. Non terás intelixencia, comerás forraxe verde ou seca e mesmo recibirás algunha malleira. Vivirás cuarenta anos."

O animaliño, vendo a vida que lle agardaba, pedíu: "Señor, para vivir coma burro abóndame vinte anos". Deus, que era bo, entendeuno e concedeullo.

Logo creou o can e tamén lle dixo: "Serás can, e coidarás a casa dos homes sendo o seu amigo máis fiel. Darás xuda, cariño e compaña que poucas veces che devolverán. Comerás os ósos que che tiren e durmirás ó sereo ou no fondo da escaleira tanto de verán coma de inverno. Vivirás vinte anos."

"Señor, para este xeito de vida chégame coa metade dese tempo". Deus tamén llo concedeu.

Creou tamén a mona dicíndolle: "Serás mona, saltarás de póla en póla, farás pallasadas e divertirás á xente. Vivirás vintecinco anos".

Tamén a mona pensou que era abondo e pediulle a Deus que lle quitase quince anos, cousa que lle concedeu.

Dispois creou Deus aos outros animais e por último ao home, dicíndolle: "Serás home, o ser máis perfecto da creación, o único intelixente e racional sobre a face da Terra. Empregarás a túa mente para someter ás bestas, que estarán ao teu servizo e dominarás tamén o mundo, vivindo uns vinte anos."

O home escoitou pacientemente e ao final repuxo: "Señor, serei home, pero paréceme pouco tempo vinte anos. Por que non me dás os trinta que desprezou o burro, os dez que o can non quixo e máis os quince que a mona rexeitou?

Así o fixo Deus, e dende aquela o home vive vinte anos coma home. Despois casa e pasa trinta coma burro, traballando e cargando peso no lombo para sacar adiante a familia. Non soe recibir malleiras. Logo, os fillos vanse e vive coma un can coidando a casa durante alomenos dez anos. Ao final, chega a vello, xubílase, e vive dez anos de mona, de póla en póla ou de casa en casa facendo pallasadas para divertir aos seus netos.

Fonte: Almanaque Agrícola ZZ

No hay comentarios. Comentar. Más...

AEROXERADORES:

20090806134501-aeroxerador-sen-palas.jpg

Imaxe 3D do "Tornado Like" (Western Co)

Hai algún tempo estivemos falando das enerxías renovables, e concretatemente da eólica (vento). Daquela diciamos que a enerxía eólica era un ha das máis limpas, pero que presentaba o problema da intrusión na natureza dos aeroxeradores, polo que presentaba enfrontamentos entre ecoloxistas, paisaxistas e empresarios. A presenza das grandes aspas producía un grande impacto ambienta e paisaxístico e riscos para as aves.

Pois parece ser que parte do problema pode quedar resolto cun novo aeroxerador sen aspas. Trátase do "Tornado Like", o primero exemplo de turbina eólica sen aspas de procedencia italiana.

Funcionamiento de ’tornado’. | Western Co

As características fundamentais deste prototipo son: A falta de aspas, a súa forma cónica e as súas dimensións reducidas (3 m de altura, fonte aos 70 m dos actuais). Esto permite solucionar o problema dos riscos para as aves, menor impacto e diminución do ruído.

O funcionamento é sinxelo: O aire entra no dispositivo e xera un vórtice (que é un fluxo turbulento en rotación espiral con traxectorias de correntes cerradas) interior, creando unha nova clase de correntes continuas. Cun vento de 3 m/s asegúrase unha potencia de 100 w. Con vento máis forte pode chegar á mesma potencia dun aeroxerador tradicional.

O proxecto foi levado a cabo por Western Co, sociedade italiana de San Benedetto do Tronto, especializada en enerxías renovable.

Unha aposta interesante!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA

20090808123349-parques-e-reservas-da-biosfera.jpg

Dende esta páxina temos falados dos diferentes tipos de protección ambiental que hai en España: Parques Nacionais, Parques Naturais, Reservas da Biosfera e Rede Natura 2000 (cos LIC -Lugares de Importancia Comunitaria- e ZEPA -Zonas de Especial Protección para Aves).

Galicia conta  con:

1 só Parque Nacional: Illas Atlánticas de Galicia.

6 Parques Naturais: As Fragas do Eume, Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Enciña de Lastra, Montes do Invernadoiro, Monte Aloia e Baixa lLmia-Serra dos Xurés.

5 Reservas da Biosfera: Oscos-Eo-Terra de Burón, Área de Allariz, Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, Terras de Miño e Gers-Xurés.

Consumer Eroski acaba de publicar unha guía completa de todos os Parques Nacionais, Parques Naturais e Reservas da Biosfera de España. Un bo lugar para coñecer, máis polo miúdo, o anteriormente citado respecto a Galicia, ou de calquera outra Comunidade Autónoma. Dende hoxe haberá un ENLACE permanente, pero se agora queres ter unha idea pincha en GUÍA DE PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA.

Pode ser útil para preparar calquera traballo, para satisfacer a curiosidade ou para preparar unha viaxe. Espero que sexa útil!

No hay comentarios. Comentar. Más...

MESES E REFRÁNS IV

20090808131604-verano.gif

SANTIAGO OU XULLO:

"En Xullo arder e patacas coller"

"Por Santiago pinta o bago" (25 de xullo)

"Cando a mora madura, xa pinta a uva"

"Cando comenzan as uvas a pintar, comenzan as mozas a fiar"

"Cando o trigo vai louro, o muxo vale ouro"

 

AGOSTO:

"Non é bo mosto o que se molla en agosto"

"Chuvia no agosto, nin bo magosto, nin bo mosto, nin bo entrecosto"

"Agosto ardenteiro, herba no palleiro"

"En agosto, sol posto, noite conosco"

 

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PLANET 51

 

Planet 51, é unha película de animación do estudio Ilion, totalmente española e que compite con Pixar ou  DreamWorks (xigantes na animación). Neste proxecto traballaron 300 persoas e cun custe de máis de 55 millóns de euros.

Planet 51 conta as aventuras dun astronauta estadounidense que aterra nun planeta de vermes verdes que viven nunha época parecida aos anos cincuenta do século XX.

Eso si, para vela teremos que esperar ata novembro, pero aquí tes o trailer para que teñas unha idea.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CENTRO AMBIENTAL

Polo interes da noticia, reprodúcese a que publica ANABAM na súa páxina  www.anabam.org  e na que se dá conta pa posibilidade da creación dun Centro Ambiental preto da Armona.

Sen dúbida unha gran noticia para todos e todas e da que esperamos quitar partido profesorado, alumnado e público en xeral, non só de A Guarda, senón de toda Galicia.

As nosas felicidades a ANABAM por esta consecución.

 

 

 

De esquerda á dereita: Agustín Ferreira, en representación de ANABAM; Emilio Alonso, axente de M.A. que desempeña seu labor na comarca; Rafael Álvarez, Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos; J.Manuel Araújo, técnico da Consellería de M.A.

 

        O venres 15 de maio pasado, tiña lugar na Casa do Pobo da Entidade Local Menor de Camposancos, unha xuntanza a tres bandas (Representante desta Entidade Local; representantes da Consellería de M.A. e presidente de ANABAM) para tratar o tema da posible construción dun Centro Ambiental no Esteiro do Miño. Este centro é unha vella aspiración de ANABAM que leva varios anos xestionando, diante da Consellería de M.A., a súa construción. Parece que agora a cousa marcha xa por bó camiño e mesmo xa hai unha empresa da localidade encargada da construción do centro.

 

     A zona elixida para a súa ubicación é a mesma que xa cedera a Entidade Local no ano 2004 para este fin, ou sexa na Armona, nas inmediacións da zona coñecida como "A Noria", nun piñeiral cuxos terreos son propiedade da citada entidade. A zona foi elixida por ANABAM tendo en conta, entre outros, os seguintes puntos:

 

          -a/ Pola dispoñibilidade da Entidade Local de Camposancos a ceder unha parcela, previo convenio con Medio Ambiente, para a ubicación do centro.

          -b/ Por atoparse fronte a unha das áreas ornitolóxicas máis importantes do Esteiro do Miño, cumprindo deste xeito un dos requisitos que tiñamos en mente: poder observar dende ela as aves e ampliar as infraestructuras e posibilidades de Educación Ambiental.

          -c/ Por ter un acceso doado e ser unha zona de paso habitual de persoas.

          -d/ Para facilitar a observación e obtención de información desta área aos afeccionados e usuarios, potenciando, se cabe, aínda máis os seus valores.

          -Por ser un terreo con certa altura sobre o leito do río dende o que se pode dominar e observar perfectamente a zona ornitolóxica.

 

       O centro, será de planta baixa e construído de madeira. Está previsto que conte cunha sa para exposicións, duns cen metros cadrados, un pequeno almacén e servizos adaptados para minusválidos. De cumprirse cos prazos previstos, ANABAM podería celebrar os seus 25 anos de existencia inaugurando este Centro Ambiental polo que leva traballando dende hai varios anos.

 

 

A frecha indica a zona onde está prevista a construción do centro ambiental. fronte ao lameiro da Armona, entre a praia da Lamiña e o Codesal.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ENQUISA

20090811124752-ofcios.jpg

QUE QUERES SER DE MAIOR? Esta foi a pregunta que lle fixeron a 2.000 rapaces de 4 a 16 anos, con e sen discapacidade de toda España pola Fundación Adecco.

Os resultados, unha mestura de ixenuidade, orixinalidade e fantasía. Vexamos alguns:

O 93% dos nenos NON queren ser coam os seus pais.

A profesión estrela dos rapaces: futbolista (18%) e a das rapazas: profesora (25%). Entre os nenos con discapacida a profesión elexida son oficios tradicionais e a nas rapazas oficios relacionados coa beleza.

O 51,7%  crearían o seu propio negocio e o 42,9% traballarían por conta allea.

E ante a crise: baixar os prezos, crear máis emprego, aforrar e non despilfarrar.

Como vedes haia de todo e para todos. Se queres coñecer todo o contidao da enquisa pincha en ENQUISA

No hay comentarios. Comentar. Más...

SALAMANDRA ATRA

20090811165700-salamandra-atra.jpg

A salamandra negra dos Alpes (Salamandra atra), é o animal que ten a xestación máis longa de todos os animais, superando ao elefante que tarda case dous anos. Este anfibio urodelo tarda 3 anos, 2  meses e 20 días. Esta especie non é ovípara, senón ovovivíparos e coa curiosidade de que son adultos en miniatura e que non sofre ningún tipo de de metamorfose.

No hay comentarios. Comentar. Más...

JOHN WILLIAMS

20090811131011-j-williams.jpg

 

John Williams, seguro que  así de repente... non me soa; pero se digo... "música", pois ...igual tampouco, pois non é un cantante; se digo... STAR WARS (1977) ou E.T.  (1982) ou HARRY POTTER (2001) ou ... un longo etc de películas, seguro que xa encamiñamos, aínda que para algún a fotografía... Non é ningún actor, é ...o compositor destas e de moitas máis bandas sonoras de películas, series, etc.

Moitos, en reposición da TV, veríades TIBURÓN (1975), EN BUSCA DEL ARCA PERDIDA (1981), SOLO EN CASA (1990), PARQUE JURÁSICO (1993) e xa máis recentemente MEMORIAS DUNHA GEISHA (2005) e INDIANA JONES Y EL REINO DE LA CALAVERA DE CRISTAL (2008).

Seguiriamos con multitude películas para cine e tamén para TV. O mesmo sucedería na cantidade de premios: Oscars, Grammy e Golden Globe, entre outros.

Jonhn Williams, que naceu o 8 de febreiro de 1932 en Nueva York, leva máis de 50 anos compoñendo e dirixindo orquestras. Brillante sería o meu cualificativo. Para gozar del, no vídeo, védelo dirixindo a orquestra que interperta algunhas das súas bandas sonoras.


SPITZER

 

O JPL da NASA informa que o telescopio espacial Spitzer (lanzado o 23 de agosto de 2003) detectou os restos dun choque de dous incipientes planetas (un deles do tamaño da Lúa e o outro coma Mercurio) en torno á estrela HD 172555, a uns 100 anos luz da constelación do Pavo.

O choque cósmico puido ser parecido ao que deu orixe a nosa Lúa hai 4.000 millóns de anos cando un corpo do tamaño de Marte chocou contra a superficie terrestre.

Neste vídeo recrease como puido ser o citado choque choque.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: PARO

20090818105324-resize.php.jpeg

Nesta viñeta de O Carrabouxo, do xornal La Región (16-08-2009), faise unha crítica sobre a axuda aos parados a partires do pasado 1 de agosto e que cumpran unha serie de condicións. A verdade é que esta "axuda" son satifai a ninguén, pois non é para todos os que remataron as axudas e subvencións do paro. Hai que ler moi ben a "letra pequena" deste tipo de axuda.

No hay comentarios. Comentar. Más...

INFÓRMATE: GRIPE A

20090818170929-flu-virus.jpg

A gripe A (H1N1) de 2009 é unha pandemia (epidemia que afecta ao mesmo tempo a moitos países no mundo e, ao ser producida por un virus novo, pode ocasionar un cadro clínico de maior severidade) causada por unha variante do Influenzavirus A de orixe porcino (subtipo H1N1). Esta nova cepa viral é coñecida como gripe porcina (nome dado inicialmente), gripe norteamericana (proposto pola Organización Mundial da Saude Animal)  e nova gripe (proposto pola Unión Europea), nomenclaturas que foron obxecto de diversas controversias. O 30 de abril de 2009 a Organización Mundial da Saude (OMS) decidíu denominala gripe A (H1N1). Na nomenclatura do virus a letra A  indica a familia dos virus da gripe humana e dalgúns animais como porcos e aves e as letras H e N (Hemaglutininas e Neuraminidases) corresponden ás proteínas.

Coa volta á normalidade, despois das vacacións, xurden interrogantes nas aglomeracións como empresas, colexios, etc, así como tamén da coincidencia coa época do outono/inverno, na que aparece a gripe estacional.

Penso que ante o alarmismo o mellor é a información. Trátase dunha gripe, que non comporta máis riscos que pasala, salvo en casos de complicacións en que si pode ter especial virulencia. Por eso TODOS debemos informarnos. Dende aquí e a través dun ENLACE podedes saber todo sobre esta enfermidade, como diferenciar unha gripe estacional da A ou recibir contestación a calquera das vosas preguntas. Anímote a que entres en GRIPE A (apartado da páxina no Ministerio de Sanidade e Política Social) onde atoparás este tipo de información.

Infórmate!

No hay comentarios. Comentar. Más...

GLACIAR PERTERMANN

20090818114424-glaciar-pertermann.jpg

Glaciar Pertemann (Foto Greenpeace)

A organización ecoloxista Greenpeace que dende comenzos do verán, a bordo do rompexeos "Artic Sunrise", evalúa o impacto do cambio climático sobre o fiordo de Sermilik (Canadá), acaba de facer público o risco de dun posible colapso do glaciar "Pertermann (Groenlandia), podendo fragmentarse polo efecto das altas temperaturas, o que deixaría á deriva unha superficie xeada equivalente a illa de Manhattan (EEUU) e tamén o posterior desxeo das zonas permanentemente xeadas producindo á subida do nivel do mar.

Esta mesma organización apela aos gobernos para reducir a emisións de dióxido de carbono, un dos responsables fundamentais do cambio climático.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: O ANDALUZ E O GALEGO

20090819121646-repolo.jpg

Unha vez era un andaluz e un galego que ían xuntos no tren meténdose pullas o un ao outro, e o andaluz díxolle ao galego:

- En mi tierra vi un repollo tan grande que ocupaba una extensión de cuatro kilómetros cuadrados.

E entón o galego díxolle:

- Pois na miña terra están facendo unha caldeira tan grande que traballan nela cen latoeiros e non senten os uns aos outros golpear os martelos.

- ¿Y para qué iban a haser una cardera tan grande?

- Para cocer o teu repolo!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O GUEPARDO

20090820113337-guepardo.jpg

O guepardo (Acinonyx jubatus) é o animal máis rápido a catro patas. Acada a velocidade de 72 km/h en dous segundos, podendo chegar ata os 100 km/h, aínda que so durante dous segundos.

Este mamífero carnívoro a diferencia doutros felinos non pode retarer as unllas. Parécense bastante aos leoparados, pero teñen unhas raias negras na cara.

No hay comentarios. Comentar. Más...

BISFENOL A

20090822125247-plasticos-mar-vortice-basuras.jpg

O bisfenol A, é un composto habitual en plásticos de uso común, moitos deles de uso alimentario, foi posto de novo en dúbida pola comunidad científica. Un estudo publicado na última edición de "Current Biology" evidencia por primera vez que dosis moi baixas deste composto son suficientes para causar anormalidades no desenvolvemento embrionario de ratos. Precisamente este mesmo ano os fabricantes de biberóns  deixaron de utilizalo nos seus productos.

Outro novo estudo, realizado, entre outros, por Katshuhiko Saido, profesor de la Universidad de Nihon, indica  que aínda que se considera como indestructible, o plástico descomponse con sorprendente rapidez nos océanos e libera na auga substancias potencialmente tóxicas, entre elas o bisfenol A.

Como dato, unhas 150.000 toneladas de resíduos de plástico, a maioría poliestireno extruído, son arroxadas ao mar cada año. A súa acumulación crea vastas extensións de residuos que flotan nos océanos. A franxa do pacífico chamada "Illa do lixo" ten xa unha superficie equivalente a Francia.

O volume de plástico no océano está aumentando, de maneira que o problema se converte nunha amenaza global ao Medio Ambiente.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MESES E REFRÁNS V

20090822132151-outono.gif

SETEMBRO:

"Néboa en setembro, trae o sur no ventre"

"O pan que foi ben sachado, enche o hórreo do seu amo"

"Se queres sacar mel, castra polo San Miguel" (29 de setembro)

"San Miguel das uvas maduras, moito tardas e pouco duras"

"Por San Damián ten o millo da túa man" (26 de setembro)

OUTUBRO:

"Outono chegar, porco cebar"

"Moito as de saber para cogomelos coller"

"Noroeste de serán, vendaval pola mañá"

"Cando chove e vai vento, pecha a porta e estate dentro"

 

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

XENERAL SHERMAN

20090825132543-xeneral-sherman.jpg

Non se trata, como se pode ver na foto, dun xeneral, aínda que impón. A verdade é que é á arbore máis grande do planeta, mellor dito o ser vivo con maior biomasa. Explícome:

Esta sequoiadendron giganteum ou Sequoia xigante ten uns 3.500 anos e unhas dimensións espectaculares: 83,8 m de altura e 11,1 m de diámetro do tronco na base. Atópase no Redwood National Park, Serra Nevada de California. Só hai unha árbore máis grande en altura de 115,5 m. que é un exemplar de Sequoia sempervirens, que se atopa no  Parque Nacional Redwood, ao norte de San Francisco (California).

Curiosamente o nome de Xeneral Sherman ten a súa historia: Un naturista chamado James Wolverton quen descubríu esta árbore en 1879, púxolle ese nome na honra do xeral William Tecumseh Sherman, a quen serveu  baixo as súas ordes  no 9ª  de Cabaleiría de Indiana co cargo de tenente.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

400 ANOS

20090826120535-telescopio-galileo.jpg

Os astrónomos de todo o mundo conmemoraron onte o os 400 anos do recoñecemento oficial por parte das autoridades da República de Venecia do primeiro telescopio, un invento do científico italiano Galileo Galilei (1564-1642). Era o 25 de agosto de 1609.

Aquel invento tamén foi o comenzo de quebradeiros de cabeza para el. A inquisición púxoo no punto de mira por defender a teoría heliocéntrica (O Sol é o centro do universo e a Terra xira ao seu redor). En 1633 foi condeado, polos inquisidores, e forzado a abxurar (retractarse) de xeonllos e con ameazas de tortura, da teoría de Copérnico.

Pero a inquisición non puido deter o avance da ciencia. Galileo descubríu, que a Lúa non era lisa, pois tiña montañas e vales, que moitas e novas estrelas aparecían onde antes había escuridade, que a Vía Láctea non era unha mancha leitosa, senón un conxunto case infinito de puntos luminosos, e que o planeta Xúpiter xa non estaba só, senón acompañado de catro pequenos puntos que xiraban ao seu redor.

Este feito cambiou para sempre o mundo da astronomía!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MESES E REFRÁNS VI

20090827121915-castanas.jpg

NOVEMBRO OU MES DE SANTOS:

"Se queres ter allo fino, plántao polo San Martiño" (11 de novembro)

"As castañas polo San Martiño, teñen sede e queren viño"

"Castañas, viño novo e chourizos, no mes de Santos son vicios"

"En novembro, cavar non se che lembre; a aixada de cavar emprégaa en aburatar"

"Polo San Martiño veranciño, por Sta. Isabel inverno e encher"(11 e 19 de novembro)

"Polos Santos, o que sementa millo come cardos"

"Meu santiño Santo André, eu como foi non sei, fomos dous e viñemos tres" (10 de novembro)

 

DECEMBRO OU NADAL:

"As castañas no Nadal saben ben pero pártense mal"

"Se Nadal nada, sinal de boa anada"

"Se o Nadal vén mollado, o xaneiro vén xeado"

"Día de San Nicolao, está a neve de pao en pao, e non no chao" (6 de decembro)

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CABALIÑO DE MAR

20090827173754-cabalino-de-mar.jpg

Este peixe do xénero Hippocampus, é do que hai ao redor de 100 especies distribuídas polas augas de todo o mundo, ten unha característica curiosa na súa reproducción: No apareamento macho e femia entrelázanse coas colas (que son prensiles), a femia traspasa da súa cloaca os ovos maduros á bolsa ventral dos machos, que actuará de incubadora. Conforme van entrando os ovos van sendo fertilizados. Despois dun prazo que oscila entre 10 días e 6 semanas, dependendo da especie e da temperatura das augas, o macho expulsa as crías para iniciar unha vida independente dos proxenitores.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MÚSICA: ROSANA

 

 

Rosana

"A las buenas y a las malas". Este é o último traballo da cantante e compositora Rosana (Rosana Arbelo,  que naceu en Arrecife-Lanzarote-Illas Canarias en 1963), o sexto  da súa carreira.

Este último traballo constitúe un himno á vida, algo recurrente nesta artista, que atopa poesía nos detalle e nos invítanos a seguir voando aínda que as forzas non nos acompañen ás vaces coa intensidade desexada.

No vídeo podedes ver e escoitar o tema "Para nada". Espero que che guste!

Se queres saber máis ela e a súa obra pincha en ROSANA.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: A SOLUCIÓN AO PROBLEMA

20090828112330-guardaiacivil.jpg

Un cabo da Garda Civil estaba certo día cun compañeiro nunha recta dunha estrada galega facendo un control de tráfico. Ao lonxe, viron achegarse un coche que viña de lado a lado da estrada; ás veces nas beiravías e mesmo baixando ata a cuneta.

- Ai, Virxe do ceo, como guía aquela muller, que non se sabe se via ou vén- di o cabo.

Acénanlle, para fronte a eles e o número dille case con mágoa:

- Pero señorita, vostede sabe a chea de infraccións  que cometeu dende que a vimos? Vostede pensou no perigo que representa na estrada conducindo así? Imos ter que quitarlle o carné de conducir!

- Moitas grazas señor garda. Agradézollo. A ver se mo sacan logo vostedes. Eu xa fun ao exame vinte e seis veces e aínda non o din sacado! - díxo a muller.

No hay comentarios. Comentar. Más...