Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2010.

TOUROS...

20100803105604-20100803elpepivin-1-2.gif

O debate está servido: TOUROS!!! Ante o resultado de Cataluña onde se prohiben a partir de xaneiro de 2012, a controversia chega por outra "tradición": os turos embolados (ao touro colócaselle, nas súas astas dúas bolas de fogo). É maltratar ao animal?

Teremos debate para moito tempo, pois engadiránselle a pelexa de galos, a cabra que se tira do campanario...

O vineta de FORGES do xornal El Pais de hoxe, recolle esta preocupación e o touro pídelle axuda a un animal en perigo de extinción: o burro.

Que "animales" e "burros" somos moitas veces os homes!

No hay comentarios. Comentar. Más...

POLBO

20100804001005-banner36.jpg
Varias personas ’pican’ del plato con la tapa más grande. | Efe

Penso que cada persoa presume da súa terra. Eu son ourensán, de Punxín , preto de Carballiño, onde moitas veces resido cos meus pais.

Se A Guarda ten bos polbos, Carballiño ten as mellores polbeiras para preparalo. A noticia é que onte esta localidade recibíu o visto bo do notario para entrar no libro Guinnes dos récords por conseguir preparar a tapa de pulpo máis grande do mundo, con 126 quilos.

O diámetro do prato superó en 17 centímetros a anterior marca, que ostentaba o récord de 2,03 metros de diámetro, a falta de la confirmación oficial dos responsables do Guinnes.

No prato de madeira de 2,20 metros de diametro colocáronse os 126 quilogramos de polbo, 18 litros de aceite, un quilogramo de pimentón e 2 quilogramos de sal.

Por certo o próximo domingo, 8 de agosto, como todos os 2º domingos de agosto, celebrase a Festa do Polbo, que este ano chega á 48 edicción (arriba tedes o cartel deste ano).

Estades invitados!

No hay comentarios. Comentar. Más...

3º ANIVERSARIO

20100716120715-3-aniversario.jpg

Cumpre este blog 3 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe:20.746

Visitas no último ano: 6.966                          

Promedio mensual:580

Nº artigos publicados no último ano: 322

Promedio: 27 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

Grazas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TURISMO VERDE

20100806113443-parques.jpg

Outra das posibilidades para este verán é o que denomino TURISMO VERDE, é dicir aquel que se fai directamente en contacto coa natureza. O noso país conta cun potencial enorme neste eido: 14 Parques Nacionais, 135 Parques Naturais e 38 Reservas da Biosfera, sen olvidarnos da Rede Natura 2000, os LIC e ZEPAS.

É unha forma distinta de coñecer o noso  país, as súas xentes, a súa gastronomia e cultura. Se alguén esta pensando neste tipo de turismo, aquí tedes unha guía ben completa publicada na revista Eroski Consumer:Guía de Paques Nacionais.

Boa viaxe!

No hay comentarios. Comentar. Más...

OPERACIÓN TRAXE DE BAÑO

20100806120557-1279894081-b16913c290fcfaeae06172f1428e0ddb.jpg

Eso de manter o tipo durante o ano é complicado, e dámonos conta cando poñemos o traxe de baño ou biquini para ir á praia. Ese aspecto está moi ben recollido na vineta do xenial FORGES (Antonio Fraguas Forges), no xornal El País do pasado 22 de xullo.

Pero bueno, hai que pasar un pouco desas historias e se nos paramos uns minutos a observar na praia poderemos ver un sinfín de exemplares de todo tipo. Preocuparse pola saúde está moi ben, pero eses detalles do físico non son tan importantes.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: REAL COMO A VIDA MESMA

20100809175811-20100726085013-2010-08-02-vin-2010-07-26-23-43-58-huaguilera2.jpg

A viñeta de Aguilera, publicada no xornal Faro de Vigo o pasado 26 de xullo, recolle un feito real como a vida mesma, que aparece cando hai grandes concentracións de xente: fins de semana e sobre todo nestas datas nas que Galicia está chea de festas e eventos gastronómicos, deportivos, musicais..

Á falta de WC suficientes, xunto coa facilidade de facer o que lle peta e en calquera lugar que hai neste país, engadindo a pouca preocupación de limpeza nas rúas dos nosos gobernantes locais, acontece o que acontece: cheiros a mexo polas rúas, vómitos en portais e entradas a garaxes, botellas e anacos de vidro  na rúa, excrementos de animais e de persoas nos lugares máis insospeitados ...

Hai que tomar medidas que van por colocar máis WC portátiles para dar a posibilidade a que empreguemos a educación que suponse que levamos dentro. Hai que limpar, de madrugada, as rúas con auga diariamente, sen deixar de lado a limpeza normal de día. Hai que informar con pedagoxía, por parte da policia local, e se fose preciso sancionar a aqueles que pensan que todo é chairo. E finalmente hai que pedir a cidadanía un pouquiño de POR FAVOR.

Estamos en festas, pero eso non xustifica que todo vale!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEIXO

20100806124905-tejo.jpg

Detalle da folla e froito do teixo / 365especies.com

O teixo (Taxus baccata) é unha das árbores ximnospermas perennes máis antigas (xa abundaba no Xurásico) e máis velenosos do mundo, xa que contén un potente alcaloide chamado taxina que actúa sobre o sistema nervioso, podendo causar a morte súbita.

  Non  obstante, esta substancia tamén ten un lado bo, xa que dela obtense o taxol, que se emprega como anticanceríxeno.

Os seus froitos son a única parte da planta non velenosa, que se usan para fabricar xaropes. A súa madeira é moi apreciada para ebanistería e carpintería, así como na fabricación de arcos e ballestas.

Os exemplares máis vellos (ata 3.000 anos de idade) poden acadar os 20 metros de altura e 7 metros de diámetro.

O teixo foi unha árbore sagrada para os celtas. Os druídas fabricaban coas súa ramas bastóns "máxicos", e cos palillos desta madeira adiviñaban o futuro.

O famoso Robin Hood empregaba esta madeira para fabricar os seus arcos e os viquingos empregabana para os mástiles, para soster as velmes das súas embarcacións, xa que esta madeira é imputrescible.

En Galicia hai teixo en moitos sitios, pero a maior fraga de Europa atópase na provincia de Ourense: O Teixedal de Casaio. O teixo máis vello atópase en Fortingall (Escocia).

No hay comentarios. Comentar. Más...

ADEUS PANDEMIA DA GRIPE A

20100811104032-virus-gripe.jpg

Onte, 10 de agosto, a directora Xeral da OMS (Organización Mundial da Saúde), a xongkonesa Margaret Chan, levantou o nivel de alerta 6 pola gripe A, tras escoitar aos expertos do Comité de Emerxencia, pasando a unha fase de postpandemia.

Atrás quedan quedan 18.449 víctimas mortais en todo o mundo (271 delas en España), antivirales como o Tamiflu (moi rentable para o fabricante), aos porcos como primeiros culpables, protocolos...

O curioso é que agora o Ministerio de Sanidade de España debe destruír 6 millóns de vacinas, aínda que Chan di que a gripe A seguirá circulando como cepa común, que as vacinas almaceadas seguen sendo efectivas e recomenda que os grupos de alto risco sigan vacinándose como todos os invernos.

OMS calcula que entre o 20% e o 40% da poboación en todo o mundo infectouse co novo virus, o que lles confire certa protección para o futuro.

Dende hoxe os enlaces deste blog GRIPE A(H1N1)v GALICIA e GRIPE A  desaparecerán, espero que definitivamente.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NFC

20100812111004-images.jpeg

NFC son as inicias de Near Field Communication, unha nova tecnoloxía que está comenzando a usasrse e que é un novo sistema de validación por radio frecuencia.

Cousas tan frecuentes como acceder a un caixeiro sen insertar a tarxeta ou comprar unha bebida nunha máquina sen levar cartos en metálico, pagar o autobús pasando só o móbil por un lector, son cousas que permite esta tecnoloxía NFC.

Near Field Communication (NFC) é unha tecnoloxía de interconexión de dispositivos, similar ao coñecido bluetooth, que empezou a desenrolarse no ano 2002, a través dun acordo entre as empresas Philips e Sony.

Sen estás interesado en coñecer mellor o que é e as súas aplicacións pincha agora en NFC, unha infografía Consumer Eroski.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HOXE CHUVIA DE ESTRELAS

20100812184146-chuvia-de-estrelas.jpeg

Esta noite temos as condicións para poder ver a chuvia de estrelas denominadas PERSEIDAS, que hoxe acada a máxima actividade. Lembrade que hai que situarse en lugares afastados da contaminación lumínica. Son espectaculares e poden acadar os 400 meteoros/hora.

A orixe desta chuvia tela nun artigo publicado neste blog, no ano 2008, que agora poder recuperar pinchando en PERSEIDAS.

Boa visión a tod@s!

No hay comentarios. Comentar. Más...

MEXILLÓN CEBRA

20100813094100-mejillon-cebra.jpg

Exemplar de mexilón cebra (depredators.wordpress.com)

O mexillón cebra (Dreissena polymorpha) é un molusco bivalvo de auga doce, que tamén resiste en augas salobres, procedente do mar Negro e Caspio, onde habita en equilibrio biolóxico. Non é comestible.

A partir do século XIX estendeuse por Europa coa navegación fluvial dos ríos desa zona e nos anos oitenta do século XX empezou a invadir América do Norte co transporte marítimo de mercadurías. Actualmente colonizou numerosas augas continentais (ríos, lagos, lagoas e encoros) de América do Norte e Europa central e occidental.

A vía de entrada do mexilón cebra nun ecosistema libre desta especie acontece ser a solta de auga con larvas deste molusco invasor transportada nuna embarcación ou recipiente procedente dotro lugar donde esté presente.

As larvas do mexillón cebra teñen unha gran capacidade de dispersión, o que favorece unha rápida expansión desta especie augas arriba e abaixo dende o punto onde se introducira no río, cubrindo todas as áreas húmidas en lagos, lagoas e encoros. Teñen un crecemento rápido e prácticamente cada mes reprodúcense, deste xeito pronto forman as características mexilloneiras constituídas por numerosos individuos por metro cadrado, e as súas cunchas valeiras acumúlanse nas beiras e fondos dos cauces.

O mexillón cebra aliméntase de fitoplancton, competindo con outras especies autóctonas por este alimento e incrementando o nivel de materia orgánica, afectando así á calidade das augas continentais. Polo tanto, afecta a toda a fauna e flora silvestres debido á alteración dos ecosistemas. O mexillón cebra caracterízase por causar un gran desequilibrio ecolóxico ao cubrir e tapizar todo o sustrato que atopa ao seu paso: leito fluvial, cantos rodados e rochas, vexetación de ribeira, cunchas de bivalvos autóctonos, construccións hidráulicas de todo tipo, turbinas, desagües, depósitos, cascos, motores e áncoras de embarcacións, embarcadoiros, industrias, centrais hidroeléctricas, plantas potabilizadoras de auga, encoros, canles de rego, canles de entrada e saída de centrais enerxéticas, etc.; e incluso chega a obstruír totalmente cañerías, tuberías, conductos de irrigación e conduccións hidráulicas en xeral.

A acumulación de miles e miles de valvas de especímenes mortos modifica o sustrato dos fondos dos ríos, das praias de ribeira e dos sedimentos fluviais.

Como vedes non é algo anecdótico, é un desastre ecolóxico. Unha das zonas máis afectadas en España é o río Ebro. No vídeo podedes constatar este problema.

FONTE:naturalezadearagon.com



No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: A MULLER QUE ANDABA AO REVÉS

20100814130206-377142-1.jpg

Foto: Museo virtual de vellas fotos .20 minutos.es

Era unha muller que andaba ao revés, quérese dicir, que non sabía senón atricar a todos, e máis aínda co se home que era un Xaniño que sempre había facer o que ela quixera pois era a que mandaba na casa.

Un ano, polo verán, chegou unha romaría e o home quixo ir ver, e como el tamén tiña a súa aquela, ordenou unha astucia e, cando estaba no traballo, púxose a falar coa muler e díxolle:

- Ti non quererás ir á romaría! Porque eu tampouco vou.

- Que non quererei...! Que non quererrei...! Pois si que quero ir. E ti que non vas? Vaiai se vas, tes que ir, e senón xa veremos, cando eu fale.

E, ao chegar o día, o home, que ben sabía o que facía, xa de mañá cedo, dedicouse a manter os cabalos e, cando foron horas díxolle á muller:

- Vou levar os cabalos ao monte.

-Ai!-fixo ela-.Non levas, non levas, que vas vir conmigo a romaria!

- Pero muller, como queres que vaia con tanto labor como hai?

- Pois has ir, máis que che pese. Mantén logo os cabalos.

O home fixo como que mantiña os cabalos e logo engadíu:

-Para ti aparelleiche o cabalo branco, pois o roán levareino eu, que é moi bravo.

- Non, o roán levareino eu, máis que sexa bravo, e ti levarás o branco.

- Mira que é moi bravo e vaite tirar!

- Aínda que me tire, levareino eu!

E marcharon cada un montado no seu cabalo e, cando chegaron ao pasal río grande que levaba algo de chea, o cabalo da muller quíxose espantar e tirou con ela que, abraiada ao se ver guindada nas augas, non se puido poñer de pé e levouna a corente. O home, daquela ao vela desaparecer marchou río arriba pola ribeira e atopou cun veciño que lle preguntou:

-E logo, home, que é o que che trae por aquí?

-Caeume a muller ao río no pasal.

-E como non vas na súa procura río abaixo, home?

- Non, carafio! Que ela sempre andou ao revés e ten que estar río arriba.

FONTE:Almanaque Agrícola ZZ Ano LXVII


ILLA TORALLA

20100815103507-islatoralla.jpg

Illa Toralla (Fot.: turismogalicia.blogspot.com)

Seguro que máis dunha vez contemplastes esta imaxe dende a praia do Vao, na ría de Vigo. Trátase da illa Toralla. Seguro que o máis chamativo é a enorme torre duns 70 metros de altura e que foi construída alá polos anos 60. Se fose hoxe! E incluso daquela, non sei como llo permitiron!

Un aspecto máis desta illa é que boa parte dela é privada (45.000 m2) e 24.400 m2 é terreo de dominio público cedidos en concesión á Universidade de Vigo dende 2004.

Dende 1990 a ponte que a une coa praia do Vao, mantendo o  seu carácter privativo, permite o seu uso público peatonal para acceder ás dúas praias da illa.

Finalmente nesta illa aséntanse xacementos arqueolóxicos: un castro da Idade de Ferro e unha necrópolis romana.

Parece incribe que aínda perduren estes atentados á natureza nos nosos días e que se permitira no seu momento facer esta aberración ambientai. E despois tiran aquí na Guarda unha casiña!

Como non podemos pasear pola illa a única forma de coñecela é a través da páxina web que os donos da illa teñen. Se che interesa pincha AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PLANCTON

20100816112146-1281721856-0.jpg

O azul eléctrico, o plancton captado dende o satélite "Envisat" / ESA

A primeira vista, a fotografía,  podería parecer o traballo humano dunha mestura de cores. Nada máis lonxe da realidade. Trátase da imaxe captada polo satélite "Envisat" da ESA (Axencia Espacial Europea) ao norte do océano Atántico. Na imaxe distínguese Irlanda (acantilados da costa amarronados e de verde as terras do interior).

O chamativo da imaxe é ese azul eléctrico: plancton (organimos diminutos que viven libremente nas augas marinas e continentais). Neste caso concreto fitoplancton ou plancton vexetal, coñecido vulgarmente como a "herba do mar", a diferencia do zooplancton ou plancton animal que non realizan a fotosíntese.

Aínda que son organismos microscópicos, a clorofila que empregan na fotosintese tingue as augas circundantes cando se xunta en gran cantidade, que é o que permitíu ao espectrómetro de resolución media na proxección de imaxes MERIS do satélite Envisat tomar esta fabulosa imaxe.

O fitoplancton non só é a base do alimenton doutros seres mariños, senón que axuda na eliminación do CO2 e a formación do O2.

  

No hay comentarios. Comentar. Más...

E CHEGOU A CALMA

20100816123009-selectividad.png

Viñeta do xenial "Forges" (Antonio Fraguas)

Despois do ruído, das festas... chegou a calma. Para moitos unha calma perdurable no que queda de verán pero para outros unha calma "latente" pois a conta atrás xa comenzou para ese día: 1 de setembro. Faltan 14 días para o comenzo dos exames.

Non quero ser paxaro de mal agoiro, todo o contario, quero ser un realista empedernido, afrontando o problema para tratar de superalo nas mellores condicións. É o momento de estudiar a morte, repasando e concretando aspectos fundamentais.

Lembra que no referente a CCNN tes o calendario publicado neste blog hai tempo e que podes recuperalo pinchando AQUÍ. No resto de materiais pásate polo IES de 10 a 13 horas para velo nas cristaleiras.

Por certo o calendario de avaliacións empeza o  venres 3 de setembro e rematan o luns 6. A entrega de notas será o venes 3 para os alum@s de 2º de Bacharelato ás 19 horas e para o resto o martes 7 ás 13 horas.

Aproveita os días que quedan e sorte a to@s!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CARATARA DO SALTO DO ANXO

 

Unha cartarata é unha caída da auga dun río desde unha gran altura, orixinada por un desnivel moi brusco do terreo. Aquí chamámoslle fervenzas, pola gran cantidade de burbullas que se forman ao precipitarse a auga polo brusco desnivel.

A catarata máis alta do mundo é a do Santo Anxo, que ten 979 metros, producto do río Churún nunha montaña plana con paredes verticais (tepuy Auyantepuy), no Parque Nacional Canaima (Patrimonio da Humanidade), no estado de Bolívar, en Venezuela.

No vídeo podedes ver esta espectacular catarata.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A GUARDA, HORIZONTE NATURAL

20100819115716-esteiro-do-mino1.jpg

Esteiro do Miño (Imaxe: blogoteca.com)

"A Guarda, horizonte natural ". Este é o título do proxecto co que a Comisión Europea elexíu a desembocadura do Miño como o destino EDEN 2010 de España (EDEN é un  proxecto europeo que intenta fomentar modelos de desenvolvemento sostible dentro dos países que pertencen á UE), convertindo á localidade como o destino europeo de excelencia elexido en España. Esta búsqueda pola excelencia e a calidade nos destinos dos viaxeiros, desenvólvese cada ano en torno a unha temática diferente, sendo o desta edición o turismo acuático.

Os abundantes recursos naturais, arqueolóxicos, patrimoniais e gastronómicos son os aspectos máis destacados da desembocadura do Miño, que ao seu paso por A Guarda convírtese nun magnífico esteiro e importante punto de referencia a nivel nacional de todos os amantes da ornitoloxía.

Hai que felicitarse, pero eso de "excelencia" aínda hai que "ganalo" e despois "mantelo". Moito queda por facer na protección, difusión, respecto, limpeza... e todos temos que poñer algo da nosa parte para que esto chegue a bo porto.

Felicidades!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: CENTURIÓN

20100820115712-centurion.jpg

 

Hoxe estréase a pelícua  anglo-americana: CENTURIÓN. Con guión e dirección de Neil Marshall, conta, entre outros, con intérpretes como Michael Fassbender, Andreas Wisniewski, Dave Legeno e Olga Kurylenko. Do xénero de aventuras, ten unha duración de 97 minutos.

A película desenvólvese na Gran Bretaña do ano 117 d.C. e conta a  tráxica historia de Quintus Dias, único supervivinte dun salvaxe ataque a un forte fronteirizo romano, que se une á lexendaria IX Lexión do xeneral Virilo na súa marcha cara ao norte para aniquilar ás aterradoras tribus coñecidas como os pictos.
Tras un ataque  sorpresa, Virilo cae prisioneiro e Quinto terá que loitar por sobrevivir tras as liñas inimigas con outros cantos soldados.

Un apasionante ‘thriller", bruto, entretido, con persecucións interminables e con moito sangue. Unha combinación de romanos e amor que non pega moito!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANDALGALORNIS

 

A revista "PLoS ONE" acaba de publicar a descripción do Andalgalornis steulleti, ese primitivo e terrible animal coñecido como "ave do terror". Vivíu hai 6 millóns de anos en Sudamérica, medía 1,5 metros de altura e pesaba uns 40 quilos.  Tiña un enorme cráneo de 37 centímetros, cun peteiro-gancho como o dun falcón.

Vendo o vídeo podedes facervos unha idea das súas características.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PASEANDO POLA AUGA

20100820130148-paseando-pola-auga.jpg

 

Foto captada o pasado 19/08/2010 na praia da Armona-Lamiña, tendo por fondo Caminha, onde unga gaivota parece camiñar sobre a auga. O truco radica que está sobre unha pedra a punto de ser asulagada pola marea.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMBIOS PRESENTACIÓN BLOG

20100822184505-cambios.jpeg.bmp

Dende hoxe esta blog cambia pequenos aspectos na súa presentación: unha cor distinta, reloxo con día da semana, mes e ano, aspectos atmosférico de A Guarda (aínda que para máis precisión tedes os enlaces: O tempo en Galicia e O tempo no mundo) e as noticias da portada dun xornal galego La Voz de Galicia.

Cada día un chisco máis!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CROQUES

20100822214150-digitalis-purpurea.jpg

Croques / Imaxe:Elvirapais.com

Croques Digitalis purpurea

(En castelán: Dedaleira, digita)

Outros nomes: Belitroques, sanxoáns, estraloques, dedaleira.

A dedaleira ou croques é unha planta herbácea que en Galicia atópase adoito e que normalmente dura dous anos. No primeiro ano bota unha roseta de follas basais e no segundo  emite o talo florífero que pode chegar ata os 2 metros de altura.

As follas son grandes, pilosas, ovaladas ou lanceoladas, coa marxe dentada, pecioladas as inferiores e subsésiles ou sésiles as da parte superior.

Flores en acios longos e unilaterais, pentámeras, con cáliz verdoso e corola bilabiada, de 3 a 5 centímetros, longamente tubulosa e e cor púrpura (raro branca), androceo con 4 estames didínamos e xineceo con ovario bicarpelar súpero.

Froito en cápsula ovoide que se abre por dúas valvas deixando saír numerosas sementes de pequeno tamaño.

Florece de maio ata o mes de agosto.

USOS

A folla figura en numerosas Farmacopeas, ademais da española, debido ás súas interesantes propiedades cardiotónicas. Toda a planta é moi tóxica en non se debe empregar en autotratamentos.

Emprégase como medicinal o po da folla, a partir do cal se preparan infusións ou as tinturas que, aplicadas a doses terapéuticas, actúan sobre o corazón enfermo producindo un aumento da contractibilidade  do miocardio, redución do ritmo do corazón e diminución da excitabilidade.

Ademais das accións sobre o corazón, é necesario destacar a acción diurética, pouco marcada nas persoas sas, pero manifesta nos casos de edemas e estase venoso.

A tintura da dedaleira foi moi empregada por prescripción facultativa para o tratamento da insuficiencia cardíaca e alteración dos ritmos, pero a estreita marxe entre a dose terapéutica e a tóxica unida á dificil eliminación dos principios activos, determinou que se deixase de utilizar, empregándose desde entón perparacións farmacéuticas de dixitoxósido e doutros dixitálicos semisintéticos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AMAZONAS

20100823114716-imario-amazonas.jpeg


Ata non hai moito tempo (xuño de 2007) o río máis longo do mundo era considerado o Nilo, pero dende esa data, grazas a aportación dun equipo de científicos que determinou o seu nacemento nos Andes do sur de Perú, pasou a ocupar ese 1º posto o río Amazonas con 6.800 quilómetros.

En calquera caso, o río Amazonas é o río máis caudaloso do mundo, transportando máis agua que o Nilo, Yangtze (3º río máis longo do mundo, situado en Ásia) e Misisipi (4º río máis longo do mundo, situado en Norteamérica) xuntos, cun promedio anual de 230.000 m³/s, acadando ata 300.000 m³/s na temporada de chuvias, apaortados polo sistema fluvial formado por máis de 1.000 ríos afluentes de importancia, sendo máis de 25 os que superan os 1.000 km de lonxitude. Todo este sistema fluvial sustenta a selva amazónica, a maior selva do mundo e que posúe un enorme valor ecolóxico.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: DGT

20100824111924-2010-08-30-vin-2010-08-23-23-15-34-quesadaboa1.jpg

A DXT (Dirección Xeral de Tráfico) comenzou onte unha "campaña", que durará toda a semana, para "controlar" a velocidade, sobre todo nas estradas convencionais, que ao parecer é onde máis accidentes se producen (+70%).

A esta de velocidade, súmase a de alcohol, cinto de seguridade, casco... Non sei ata que punto cumpre a función prevista ou se  ten un afán recadatorio, pois no resto de estradas xa estan uns "fielatos" que son os radares fixos facendo unha labor que non precisa presencia física dos axentes.

O humorista Quesada, no xornal Faro de Vigo de onte, recolle na súa viñeta esta situación, que aínda que pareza edperpéntica ten visos de realidade: facer soplar nunha aldea remota a un tractorista...

Todo o que sexa pola seguridade vial ADIANTE, pero penso humildemente que detrás hai tamén algo máis: CARTOS!!!

Que Deus nos pille confesados!

No hay comentarios. Comentar. Más...

OBSERVACIÓN DO CEO NOCTURNO

20100824110905-constelaciones1.gif

Constelacións / Imaxe:estrelloria.iespana.es

O próximo venres, 27 de agosto os veciños e visitantes do concello de A Guarda terán a oportunidade de vivir unha nova actividade medioambiental, desta vez no Puntal da Praia do Muíño. Trátase dunha observación a simple vista do ceo nocturno, no que participará unha astrónomo experto, que explicará as principais constelacións que se poden ver nunha noite de verán. Acompañado dun láser verde, e coa axuda da imaxinación, tentará debuxarnos no ceo as principais figuras mitolóxicas que eran capaces de distinguir os pobos da Antigüidade, especialmente gregos e chineses.

Para esta actividade, que dará comezo ás 22.30 horas, é preciso inscrición previa chamando ao teléfono 986.614.546 ou a través dun email: turismo@aguarda.es

Participa!


No hay comentarios. Comentar. Más...

AXUDAS PARA MERCAR LIBROS PARA O CURSO 2010-2011

20100827090237-libros.jpeg

No vindeiro curso 2010-2011, que está a piques de comenzar, continuará o sistema de préstamo de libros de texto, como en pasados cursos, en secundaria, pero pola aplicación do decreto do plurilingüismo, hai unha serie de textos que hai que cambiar como son os das materias de matemáticas, tecnoloxía e física e química que se impartiran en castelán e que o IES non pode prestar, xa que non están nese idioma.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará nos vindeiros días a orde de axudas para a adquisición de libros que cambian de idioma, e que só afecta a matemáticas, tecnoloxías e física e química, para os estudantes de 3º e 4º de primaria, así como os catro cursos de secundaria, e poderán solicitarse a partir do 1 de setembro.

As familias poderán presentar as solicitudes para optar ás axudas no mes de setembro nos centros docentes sostidos con fondos públicos nos que estean matriculados os seus fillos e fillas, presentando unha solicitude diferente por cada un dos nenos.

Os centros tramitarán as solicitudes no momento da matrícula ou posteriormente. Os formularios tamén poderán obterse a través do apartado de gratuidade solidaria de libros de texto- plurilingüísmo no enderezo web http://www.edu.xunta.es.

O sistema informático recuperará de forma automática os datos asociados ao NIF do solicitante, e que constan na base de datos informática da Consellería de Educación. Co fin de axilizar o proceso, e unha vez estea introducida a solicitude, este ano o sistema permite a xeración dun vale por cada alumno ou alumna beneficiario.

O centro educativo entregará os vales ás familias, que poderán con el adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os materiais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexa ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.

O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informática simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PORTÁTILES DO PROXECTO ABALAR

20100827170627-coremain.jpg

Sede corporativa de Coremain en Santiago de Compostela / El Correo Gallego

Unha empresa galega, coa súa sede corporativa en Santiago, Coremain, foi a elixida no concurso aberto pola Consellería de Educación para dotar de computadores portátiles aos seus alumn@s, dentro do Proxecto Abalar, frente a grandes compañías internacionais especializadas en alta tecnoloxía, da talla de Toshiba ou Dell. En total, serán 15.000 unidades de ultraportátiles por un importe de 4,6 millóns de euros, algo menos dos 4,88 que establecía a Xunta como orzamento máximo.

A Consellería de Educación presentou esta iniciativa, que se enmarca no proxecto Abalar, o pasado mes de marzo e a previsión é que o próximo curso 14.500 estudantes de quinto de primaria e de primeiro de ESO traballen na aula cos seus ultraportátiles. O investimento previsto para o 2010 é de doce millóns de euros, porque á compra de computadores hai que sumar a de canóns proxectores, lousas dixitais, así como para fomentar a formación en novas tecnoloxías.

O Ministerio de Educación, dentro do proxecto Escola 2.0, achega 4,3 dos 12 millóns, e o obxectivo final é que no 2013 teñan os seus portátiles todo o alumnado de quinto e sexto de primaria e primeiro e segundo de secundaria. Este plan que aposta polas novas tecnoloxías non se limita a achegar ordenadores, senón que tamén inclúe contidos multimedia.

Como xa se informou, o noso IES foi seleccionadao para a implantación o próximo curso 2010/2011 deste proxecto. Esperemos que todo se atope preparado a principios de curso!

FONTE: La Voz de Galicia.


HUMOR: XUBILACIÓN

20100828121747-27ago10opipareja2.jpg

A verdade e que a crise esta presente ata no futuro. Si, nas futuras pensións, que de chegar alá, cobraremos ou non cobraremos. Nesa está o Goberno con modificacións de anos de cotización para "aseguralas".

Este tema é tratado na viñeta de onte de PAREJA no xornal dixital "SIGLO XXI".

Que Deus nos colla confesados!

No hay comentarios. Comentar. Más...

REAL COMO A VIDA MESMA: PROBLEMAS COAS MATEMÁTICAS?

20100827115807-vineta23.jpg

Contestación real nun exame de matemáticas (masquemates.blogspot.com)

Onte recibín un correo que quero compartir con tod@s, pois aínda que é moi gracioso, tamén é unha "realidade  penosa" que persoalmente fun constatando, primeiro como alumno e despois como profesor, debido aos diferentes plans de estudos polos que fomos pasando neste país. Por certo, manteño o idioma no que mo enviaron. Aquí o tedes:

La semana pasada compré un producto que costó  158 €. Le di a la cajera 200 € y busqué en el bolsillo 8 € para evitar recibir más monedas. 
La cajera tomó el dinero y se quedó mirando la máquina registradora, aparentemente sin saber qué hacer.
 
Intenté explicarle que ella tenía que darme un billete de 50 € de vuelta, pero ella no se convenció y llamó al gerente para que la ayudara.
 
Tenía lágrimas en sus ojos mientras que el gerente intentaba explicarle lo que ella, aparentemente, continuaba sin entender. 
 ¿Por qué cuento esto? 
Porque me di cuenta de la evolución de la enseñanza en las matemáticas desde 1950, que fue así: 



1)Enseñanza de matemáticas en 1950: 

 Un cortador de leña vende un carro de leña por 100 pts . El costo de producción de ese carro de leña es igual a 4/5 del precio de la venta. ¿Cuál es la ganancia? 

2) Enseñanza de matemáticas en 1970:
 

Un cortador de leña vende un carro de leña por 100 pts . El costo de producción de ese carro de leña es igual al 80% del precio de la venta. ¿Cuál es la ganancia? 

3)Enseñanza de matemáticas en 1980:
 

Un cortador de leña vende un carro de leña por 100 pts . El costo de producción de ese carro de leña es de 80 pts .  ¿Cuál es la ganancia? 

4)Enseñanza de matemáticas modernas en 1985:

  Un leñador cambia un carro "P" de leña por un conjunto "M" de monedas.
El cardinal del conjunto "M" es igual a 100. y cada elemento vale 1. 
Dibuja 100 puntos gordos que representen los elementos del conjunto "M".  El conjunto "F" de los gastos de producción comprende 80 puntos gordos del conjunto "M".
 
Representa el conjunto F como subconjunto del conjunto "M", estudia cuál será su unión y su intersección, y da respuesta a la cuestión siguiente:
¿Cuál es el cardinal del conjunto "B" de los beneficios?  
Dibuja "B" con color 
rojo.
 

5)Enseñanza L O G S E :
 

Un leñador vende un carro de leña por un importe de 100 pts . Los gastos de producción se elevan a 80 pts , y el beneficio es de 20 pts .
Actividad: subraya la palabra "leña" y discute sobre ella con tu compañero
 

6) Enseñanza de matemáticas en 1990:
 

Un cortador de leña vende un carro de leña por 100 pts . El costo de producción de ese carro de leña es de 80 pts . Escoja la respuesta correcta, que indica la ganancia:

 ( 20 pts )           ( 40 pts )                ( 60 pts )                ( 80 pts )            ( 100 pts )

7)Enseñanza de matemáticas en 2000:
 

Un cortador de leña vende un carro de leña por 100 €. El costo de producción de ese carro de leña es de 80 €. La ganancia es de 20 €. 
¿Es correcto?   

                 (Si)                 (No)

  
8)Enseñanza de matemáticas en 2008:
 

Un cortador de leña vende un carro de leña por 100 €. El costo de producción de ese carro de leña es de 80 €. 
Si Ud. sabe leer coloque una X en los 20€ que representan la ganancia.

   (20 €)            (40 €)           (60 €)                               (80 €)           (100 €)

9)Enseñanza de matemática curso 2009/10:
 

 No hay que preocuparse si no saben responder el ejercicio anterior: llevarán a los profesores a la Oficina de Supervisión del Ministerio de Educación y les exigirán, a los profesores, repetir la prueba en vista de que la pregunta es de alta dificultad. 
Además, también se puede utilizar, como elemento de apoyo, chuletas, libro o cualquier método o sistema para copiar en el examen sin que por ello sea expulsado de dicho examen ni suspendido, ya que, según la Universidad de Sevilla,  están en su derecho.

 

10) PRÓXIMA REFORMA:

El enunciado sería algo así...

  
«Ebaristo, labriego y leñador, burgues, latifundista espanyol facista spekulador i intermediario es un kapitalista insolidario y centralista q sa enriquezio con 100 pabos al bender espekulando un mogollón d leña. Bibe al hoeste de Madrid esplotando ha los magrevies. Lleba a sus ijos a una esjuela de pago
»


Analiza el testo, vusca las faltas desintasis, dortografia, de puntuazion, y si no las bes no t traumatices q no psa nda.

 
Ejcribe tono, politono o sonitono con la frase ?QUE LISTO EL EBARISTO? y envia unos sms a tus colejas komentando los avusos antidemocráticos d Ebaristo i conbocando una manifa expontanea d protesta. Si bas a la manifa sortearan un buga guapeado. SALU
 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DETECTADO UN NOVO SISTEMA PLANETARIO

20100827092022-1282844005-0.jpg

Ilustración dos dous planetas descubertos por Kepler (NASA/AMES/JPL-CALTECH)

 A revista Science, publica esta semana o achádego dun equipo de astrofísicos norteamericanos, que detectaron un novo sistema planetario, no que habería dous astros (o Kepler-9b e  o Kepler-9c) do tamaño de Saturno orbitando en torno a unha estrela similar ao Sol, e un máis que, de confirmarse a súa existencia, tería unha masa similar á da Terra.

Neste traballo, os científicos empregaron os datos enviados polo telescopio espacial Kepler, da NASA, e que foron recollidos durante seis meses.

O Kepler-9b e o Kepler-9c terían un período orbital de 19,2 e 38,9 días, respectivamente, con lixeiras variacións. A posibilidade dun terceiro planeta sería só de 1,6 días  de período orbital (pensemos que o da Terra é dun ano), o que indicaría que estando tan pretos da estrela (a menos distancia que Mercurio do Sol) estarían moi quentes, e o terceiro, similar ao noso estaría queimándose, o que faría imposible a vida.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MICROHYLA NEPENTHICOLA

20100827135457-1282838386-0.jpg

Microhyla nepenthicola / AP

Ata agora a ra máis pequena do mundo descuberta ata gora é a "Leutherodactylus iberia", cunha envergadura máxima de 10 milímetros, e  que habita na illa de Cuba.

Un ejemplar de la rana Eleutherodactylus Iberia

Pero agora parece que se saíu unha competidora. É a ra máis pequena coñecida ata agora de Asia, África e Europa. Trátase da "Microhyla nepenthicola". Este anfibio, descuberto por investigadores da Universidade de Malasia no ano 2004 no parque nacional de Kubah (Borneo) e feito público agora chega a medir entre 9 e 11 milímetros cando é adulta. As cores laranxa e vermello desta especie fana inconfundible, como podedes apreciar na fotografía superior. O seu nome débese á planta da que depende para dobrebivir: a "Nepenthes ampullaria". 

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: COMENZA O CURSO

20100831104859-tira311.jpg

Mañá comenza o curso, pero non só para profes e estudiantes, senón tamén para os políticos que teñen un curso duro e complicado con eleccións municipais á vista, como mínimo.

A viñeta de Pinto & Chinto, de hoxe, do xornal La Voz de Galicia, fai referencia precisamente a esto.

Esperemos que tanto o curso esolar e o político vaian ben, pois será beneficioso para todos.

No hay comentarios. Comentar. Más...