Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2011.

O CEO DO MES: FEBREIRO 2011

20110201141346-02-11-2011-2.jpg

Día 11 de febreiro, ás 00:00 horas: As Pléyades e a Lúa.

Para mellor visión pincha AQUÍ. Fonte: El cielo del mes.

3 de febreiro: Lúa Nova.

11 de febreiro: Cuarto Crecente.

18 de febreiro: Lúa Chea.

24 de febreiro: Cuarto Minguante.

Chuvia de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febrero, máxima o 8 de febrero.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AVES ACUÁTICAS NO ESTEIRO DO MIÑO

 

Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS HUMEDAIS. Foi escollido este día pois un 2 de febreiro de 1971 firmouse o Convenio dobre os Humedais, á beira do Mar Caspio, na cidade iraní de Ramser.

Nese convenio defínese un humedal como "Extensións de marismas e pantanos, ou superficies cubertas de auga, sexan naturais ou artificiais, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cunha profundidade en marea baixa de sis metros".

Os humedais contribúen a unha grande biodiversidade, e nos temos un moi preto de nós.

Sodes coñecedores da cantidade de aves que atopan refuxio no Esteiro do Miño?

Coñecédelas?

Fostes observalas algunha vez?

É posible que moitos participarades das vistas guiadas por ANABAM (Asosciación Naturalista do Maixo Miño) nas súas saídas ornitolóxicas.

En caso contrario, aquí detes un vídeo onde podedes coñecer algunhas desas aves e as súas características.

Por certo agora podes achegarte ao esterio, observar e participar nun concurso denominado CAMPAÑA DE TURISMO ORNITOLÓXICO NO ESTEIRO DO MIÑO e gañar 100€. Interésache?, pois pincha AQUÍ.

Valoremos o que temos e coidémolo!

No hay comentarios. Comentar. Más...

UNHA XERACIÓN PARA A EMIGRACIÓN

20110201155843-2011-02-08-vin-2011-02-01-00-40-38-davila010211-2.jpg

Parece que estou lembrando ás épocas na que parte de miña familia (tíos e padriños) marcharon cara Francia, Alemaña, Suíza... E agora, case 50 anos despois acontece cunha xeración de mozos e mozas, sobradamente cualificados, entre os 28 e 40 anos, que parecen ser destinados ao mesmo destino.

Esta xeración, a denominada "milesuristas", formada por licenciados, con idiomas e cursos fóra de España, con masters e doutorados, que no mellor dos casos gañaban 1.000 €, vivindo fóra da casa, pagando alquiler,... Non te plantexes casarte nin ter fillos! Moitos deles foron ao paro nestes últimos meses pois os recortes tamén chegan á Universidade e a Investigación.

No mellor dos casos, como o caso que me toca en carne propia pois é a miña filla, marchar fóra de Galicia, a Bilbao, onde hai varios colegas dela, e noutros parace que terán que ir a Alemaña ou así din as informacións destes días.

Unha pena! Moito traballo por parte deles, inversión por parte dos pais e tamén, que hai que dicilo, polo Estado, e para que?

Coñezo un caso próximo onde o único que atopou un doutor é marchar para EEUU, e loxicamente a súa moza foi tamén deixando un posto no País Vasco pois non había para os dous.

Galicia segue a senda da emigración, pese a quen lle pese!

Este é o tema tratado na viñeta de Davila (Faro de Vigo, 01/02/2011) que o reflicte pefectamente. Espero que pronto recuperemos a estes moxos-as, aínda que peor o van ter os veñen detrás e nesete caso vólveme tocar de novo de preto, a miña segunda filla.

Que Deus nos axude!

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVO SISTEMA PLANETARIO

20110203175031-f.jpeg

Recreación do sistema planetario de Kepler-11/Nature-NASA

O telescopio espacial Kepler, da NASA, detectou un sistema planetario composto, polo menos, por seis planetas que orbitan ao redor dunha estrela (Kepler-11) similar ao Sol e cuns tamaños entre 2,3 e 13,5 veces a masa da Terra, considerados os máis pequenos descubertos ata agora.

Cinco dos novos planetas teñen órbitas anuais ao redor da súa estrela, que oscilan entre os 10 e os 47 días, menos que Mercurio, polo que os científicos estiman que a calor na superficie debe ser tan abrasadora como para que poida existir vida. O sexto, de maior tamaño, tamén estaría a unha distancia pequena da estrela, cunha órbita de 118 días, e sería similar a Neptuno ou Urano, aínda que non se coñece a súa masa.

A partir destes datos, un grupo de investigadores, publicaron na revista Nature un traballo onde especulan sobre a posible composición dos planetas. "Parece como se os dous máis cercanos á estrela estiveran constituídos principalmente de auga cunha fina cuberta de hidróxeno-helio-gas, os outros máis afastados teñen unha densidade menor que a da auga, o que indica que poderían estar constituídos dunha atmosfera de hidróxeno e helio".

Ao parecer este descubrimento pode aportar as claves sobre a formación e evolución do noso propio Sistema Solar.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

A MENTIRA DESCUBERTA

 

Este vídeo chegoume o outro día, o DÍA DA PAZ. A verdade é que xa tiña preparado o artigo para ese día, polo que non o subín. Quero facelo hoxe pois ten moita miga e dá para moito que pensar.

Corresponde a unha anécdota do neto de M. Gandhi, do que falaba o outro día no meu artigo. Merece a pena velo! 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: ENREDADOS

20110204161036-enredados-tangled-2010-.jpeg

 

Hoxe estréase a "ENREDADOS". Película basada no conto dos irmáns Grimm "Rapunzel", cóntanos unha historia de aventuras onde uhna fermosa xoven, cunha cabeleira de 21 metros, chamada Rapunzel, que vivía encerrada nunha torre sen porta crúzase con Flynn Raider, un ladrón que a asusta ao intentar entrar na súa morada. Rapunzel decide secuestrarlo e, a cambio da súa libertade debe axudala a saír da torre para cumprir  o sono de ver como é o mundo real.

  • Titulo Orixinal: "Tangled"
  • Director: Byron Howard, , Nathan Greno
  • Productores: Walt Disney Animation Studios
  • Guionistas: Dan Fogelman
  • Xénero:Aventura, Animación, Familiar, Fantasía
  • País:Estados Unidos
  • Duración:101 min.
  • Que disfrutedes dela!

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    MATEMÁTICAS E IMAXINACIÓN

    20110201161813-1295982993-extras-albumes-0.jpg

    3 das 12 fotografías da exposición. Fotos: Fundación La Caixa

    As matemáticas teñen moi mala fama, pero penso e por experiencia o digo, que nin son aburridas nin díficiles se chas explican ben, desempeñando un factor importante nelas a imaxinación.

    Estes días estase a celebrar unha exposición en Madrid, que pretende demostrar a afirmación anterior, denominada "Imaginary. Unha mirada matemática", organizada pola Fundación La Caixa  e a Real Sociedade Matemática Española , na que se recollen 12 figuras 3D creadas a partir do diálogo entre xeometría e álxebra, dúas das principais ramas das matemáticas.

     

    Mediante un sistema de coordenadas (x, y, z) que permite orientarse no espazo describindo relaciós xeométricas, pódense representar figuras (xeométría) con ecuacións (álxebra) dunha forma comprensible. Desa converxencia xurde unha ecuación que pode dibuxarse no espazo. De feito, moitas destas formas xeométricas fermosas y armoniosas xa existen na natureza de maneira espontánea e por acumulación de ensaios. Grazas ás matemáticas, podemos analizalas, desentrañar que ecuacións encerran e crear novas formas.

    Poderiamos resumir que MATEMÁTICAS + IMAXINACIÓN = FERMOSAS FIGURAS XEOMÉTRICAS.

    FONTE: El Mundo

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    A ORIXE DA PENÍNSULA IBÉRICA

    A revista Geology, publica a reconstrucción da historia xeolóxica da nosa península Ibérica, realizada por científicos de España, Canadá e EEUU. A partir deste estudo a orixe da península Ibérica remóntase a hai 290 millóns de anos, cando ela ocupaba o centro de Pangea, recibindo un novo traxe xeolóxico entre hai 310 e 290 millóns de anos, debido ao movemento de placas tectónicas, modificárndose a xeoloxía exterior e interior da península, cando os movementos deron lugar á destrucción do manto litosférico existente ata ese momento, situado entre 30 e 150 quilómetros de profundidade, e a formación dun novo, o actual.
     
    La historia de la península Ibérica
    Esquema xeolóxico do occidente de Europa, antes da apertura do Golfo de Vizcaya / U. SALAMANCA

    Pangea
    Hai 310 millóns de anos todas as masas continentais estaban amalgamadas nun supercontinente chamado Pangea. No recadro inferior, forma que adquiríu a cordillera Varisca tralo dobramento sufrido no sector que hoxe en día é a península Ibérica / U. SALAMANCA
    FONTE: El País.
    No hay comentarios. Comentar. Más...

    LINGUA E ANIMAIS

    20110204125614-nova5.jpg


    Cando falamos de tamaños de lingua en animais, vénsenos á memoria o camaleón (réptil, do que existen 160 especies), na que pode ser tan extremadamente longa que moitas veces supera en lonxitude ao seu propio corpo, estando considerado como o animal vertebrado coa lingua máis longa.

    Agora saíulle un competidor, unha nova especie de morcego nectarívoro (2005), endémico do Ecuador, coñecido como Longirostro Andino  (Anoura fistulata), cunha lingua que pode acadar unha lonxitude do 150% en relación ao tamaño do seu corpo, convertíndose na segunga lingua máis longa dentro dos vertebrados e a primeira dos mamíferos.

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    AS DUNAS DE MARTE

    20110206131104-20110203elpepusoc-11.jpg

    Imaxes en branco e negro e en cor falseado de tres puntos das dunas setentrionais de Marte nas que se aprecia a erosión ao longo dun ano / NASA-JPL-UNIVERSITY OF ARIZONA

    Un grupo de científicos, liderados por Candice Hansen, do Instituto de Ciencias Planetarias de Tucson (EEUU), presentaron e analizaron na revista Science o descubrimento das dunas activas no Norte de Marte

    Todo xurde cando as dunas que rodean o casquete polar Norte de Marte foron fotografadas pola nave Mariner 9, da NASA, a principios dos anos setenta do pasado século, pero daquela considerouse que serían estables, cunha costra firme na superficie.

    La clave do descubrimento chegou coa MRO (Mars Reconnaissance Orbiter), tamén NASA, satélite en órbita marciana, que tomou imaxes durante catro anos terrestres (dous marcianos) e que amosan unha realidade moi distinta: as dunas sofren desplazamentos, sobre todo nas cristas, tanto graduais como repentinos.

    Os causantes son dous, por un lado o vento e por outro, o fundamental, o xeo seco (dióxido de carbono conxelado) que cubre a rexión das dunas marcianas durante o inverno, convertíndose directamente en gas (sublímación) ao chegar a primavera. Este fluxo de gas desestabiliza a area das dunas provocando avalanchas que crean novas gargantas, ocos e deslizamentos. O nivel de erosión nun só ano marciano é asombroso.

    Seguir estudando este fenómeno pasa por volver a sobrevoar unha e outra vez cada zona en diferentes estacións.

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    DÍA DA INTERNET SEGURA

     

    Estase a celebrar estes días, concretamente onte oito de febreiro o Día Internacional da Internet Segura baixo o lema “Internet é algo máis que un xogo, é  a túa vida”. Trátase dunha iniciativa que pretende educar e sensibilizar aos internautas sobre os perigos do mundo virtual.

    Con este motivos déronse a coñecer, en diferentes medios de comunicación, estudos sorprendentes e preocupates. Vexamos algúns:

    * Un de cada de 10 menores españois sufre algún tipo de acoso por Internet. O 28% das rapazas de 16 anos está máis exposto, por un 14% dos rapaces.

    Case o 10% dos menores son víctimas de "Cyberbulling" (ciberacoso), unha modalidade de acoso por Internet, que afecta sobre todo ás adolescentes de 16 anos, según un estudo realizado polo Instituto da Xuventude (Injuve). 

    * Máis do 70% dos internautas españois menores de idade son usuarios habituais de redes sociais.

    Según un estudo realizado pola Universidad de Navarra e no marco do Foro Xeneracións Interactivas da Fundación Telefónica, máis do 70% dos internautas españois menores de idade son usuarios habituais de servicios como Tuenti (un 60%) ou Facebook (un 21%).
    Tamén, un 35% dos menores ten un ou máis perfís en redes sociales.

    Este tema é moi serio e debe ser tomado en serio. Dende o noso Centro así o consideramos, por iso cada ano fannos unha visita responsables da Garda Civil que pretenden aconsellarvos sobre teste tema. Este ano será o luns 28 de febreiro.

    Seguide os seus consellos, por favor!

     

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    DESTINO XÚPITER

    20110210152630-jupiter-from-mars2.jpg

    Xúpiter / Imaxe: astronomos.org

    A mediados do próximo mes de agosto partirá con destino a Xúpiter unha nova sonda espacial, a Juno, que chegará e poñerase en órbita en 2016, para investigar a orixe e a evolución deste xigante, comprender como se formaron os planetas gasosos e que papel xogaron no conxunto do Sistema Solar.

    Os científicos, en concreto, queren saber se ten un núcleo sólido ou é todo gas, medir a cantidade de auga e amoníaco na súa atmosfera, observar as auroras alí e cartografar o intenso campo magnético. A NASA está xa ultimando a construcción da nave e mentres tanto, planea o siguinte paso, que sería coa Axencia Europea do Espazo (ESA). Tartaríase dunha misión conxunta (aínda pendente de aprobación) enfocada neste caso a dúas particulares lúas xupiterianas xeadas: Europa e Ganímedes.

    Xúpiter, como o Sol, está feito sobre todo de hidróxeno e de helio. O colapso dunha enorme nube de gas e po debeu dar orixe á estrela e con gran parte do material sobrante formaríase o gran planeta gasoso. Estas e outras son as preguntas que pertenden ser contestadas agora con esta viaxe.

    FONTE: El Pais

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    OS HOMÍNIDOS DE HAI 3,2 MILLÓNS DE ANOS ERAN BÍPEDOS

    20110212112631-hueso-pie.jpg

    O óso fosil do homínido descuberto en Hadar (Etiopía) ubicado na posición no esqueleto do pé. CAROL WARD / UNIVERSITY OF MISSOURI

    No ano 1974  un gupo de científicos atoparon no xacemento de Hadar (Etiopía)  un fósil, increíblemente ben conservado, dunha femia dunha especie de homínido descoñecida naquel entón, ao que lle puxeron por nome "Lucy", sendo considerado dende aquela o fósil máis completo da especie "Australopithecus afarensis".

    Dende entón, a comunidad científica non logrou pechar o debate sobre se aquel homínido era bípedo estricto ou se aínda pasaba boa parte da súa vida nas ramas das árbores. Agora, o debate acaba de chegar á súa fin.

    Fósil del cuarto metatarso del pie de ’A. afarensis’. | ScienceFósil do cuarto metatarso do pé o "Australopithecus afarensis" / Sc

     

    O mesmo investigador daquel descubrimento (Donald Johanson) resolveu o enigma coñecido como localidade 333 de Hadar ou o berce da primeira familia. O achádego o óso fósil do pé dun Australopithecus afarensis, publicado na revista Science, certifica que esta especie xa camiñaba de forma bípeda, como os humanos modernos, algo que moitos científicos sospeitaban, pero ninguén puidera demostrar.

    FONTE: El País/El Mundo

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    DARWIN: 202 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

    20110212135109-darwin.jpg

    Charles Robert Darwin / Imaxe:medioambiente.net

    Estamos a celebrar o 202 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin, nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882.

    Este naturalista inglés observou e postulou, achegando evidencias relevantes, que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común por medio dun proceso denominado selección natural.

    Con este motivo os Museos Científicos de A Coruña presentaron unha nova web como recurso online sobre a teoría da evolución e o seu autor, vinculada á exposición "O asombro de Mr. Darwin" da Casa das Ciencias. Se queres coñecela só tes que pinchar AQUÍ.

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    SAN VALENTÍN NO ESPAZO

    20110213122654-1297432846-0.jpg

    As galaxias Arp 147 e o anel rosa / NASA/CXC/MIT/STScI/S.Rappaport et al

    San Valentín, que hoxe se celebra, parece que está en todas as partes, ou eso parece mirando a impresionante imaxe que ofrecía a NASA estes días.

    A Axencia Espacial Estadounidense localizou o que parece un anel, pero non engarzado con diamantes, senón con buracos negros. O espectacular anel forma parte do sistema Arp 147 de dúas galaxias en interacción. Situado a 430 millóns de anos-luz de distancia, na constelación da Balea, o sistema Arp 147 contén os restos da colisión entre unha galaxia espiral (como a nosa)e unha elíptica. A fenomenal colisión provocou unha onda expansiva de formación de estrelas masivas que aparecen en cores azuis sobre unha estructura circular.

    Na imaxe, regularmente espaciados sobre a rexión circular, os buracos negros fannos pensar en pedras preciosas engarzadas nun anel. Na mesma imaxe obsérvase unha segunda galaxia cunha gran forma, tamén anular, rosada e alongada.

    Para conseguir esta fascinante imaxe combináronse datos obtidos por dous telescopios espaciais. Co Observatorio de rayos-X Chandra target=_blank>telescopio espacial Chandra, de raios-X, os astrónomos localizaron os buracos negros, mentres que o Bubble proporcionou unha fotografía dixital de alta sensibilidade.

    Feliz San Valentín!

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: COLONIAS DE VACACIÓNS 2011

    20110212124752-cursos-ingles.jpg

     

    A Secretaria de Estado de Educación e FP do Ministerio de Educación, convoca axudas para o Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións para o verán 2011.

    Se convocan 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, durante o mes de agosto de 2011. Os requisitos: Cursar 5º ou 6º curso de Ensinanza Primaria ou 1º curso de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, non podendo superar os 13 anos a data 31 de decembro de 2011.

    As actividades terán lugar en 11 colonias, en instalacións situadas en distintos puntos da xeografía española. Desenvolveranse en réxime de internado e impartiranse clases de lingua inglesa; estas complementaranse con actividades lúdicas, deportivas, etc., que se utilizarán como situacións de aprendizaxe dos aspectos orais da lingua inglesa.

    O prazo de solicitude remata o 7 de marzo.

    Para coñecer polo miúdo os detalles desta convocatoria, pinccha  AQUÍ.

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    MAÑÁ, MÉRCORES 16, HAI CLASES

    20110215170401-ww-i1x0w2062.gif

    Ante a confusión que poidan crear novas referente a suspensión de clases para mañá,  fago público o comunicado da Consellería de Educación, onde  queda claro que mañá SI HAI CLASES:

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar aos centros educativos a decisión de suspender no día de mañá, 16 de febreiro, as actividades extraescolares e ao aire libre nos centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, e na Mariña lucense, por mor da alerta laranxa que entra esta medianoite. Deste xeito a Consellería transmite aos centros a recomendación da Comisión de Alertas Meteorolóxicas, que celebrou hoxe a súa primeira reunión.

    Ao abeiro da aprobación do protocolo sobre adversos meteorolóxicos o pasado xoves no Consello da Xunta, hoxe quedou constituída a Comisión de Alertas Meteorolóxicas, encargada de realizar propostas decisións relativas á suspensión de actividade docente nos centros ou, de se lo caso, do transporte escolar.

    A Comisión está formada polo director xeral de Emerxencias e Interior, polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias, o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, e o director xeral de Centros.

    A Comisión de Alertas constitúese como órgano de apoio e asesoramento á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a adopción, por parte desta, das medidas que procedan ante situacións de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos.

    FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    EDWARD O. WILSON

    20110213112117-edward-wilson.jpg

    Edward O. Wilson / FUNDACIÓN BBVA

    Edgar O. Wilson (Birmingham, Alabama -EEUU-,1929). Biólogo e entomólogo, pai do concepto de biodiversidade na lingua científica.

    Obtivo o bachiller en ciencias e o master en Bioloxía na Universidade de Alabama (Tuscaloosa), doutorándose posteriormentese na Universidade de Harvard.

    A Real Academia Sueca, que concede o Premio Nobel, concedeulle o premio Crafoord, unha concesión deseñada para cubrir as áreas (bioloxía, oceanografía, matemáticas, astronomía xerais) non cubertas polos premios Nobel. Foi premio Pulitzer no ano 1979 ("A natureza humana") e en 1991 ("As formigas").

    Escribíu "O futuro da vida" e  "A creación", reclamando, neste último, a atención sobre a extinción de especies, e avogando por unha aliaxe entre ciencia e relixión ("as dúas forzas máis poderosas do mundo") para mobilizar a sociedade e os políticos. 

    Hai uns días, Wilson, de 81 anos, na actualidade profesor honorario e conservador do museo de zooloxía comparada en Harvard, recibíu o premio Fronteiras do Coñecemento, da Fundación BBVA, na categoría de Ecoloxía e Bioloxía da Conservación.

    Este especialista en formigas, chegou a dicir que "se o ser humano desaparecese o mundo continuaría, pero sen os insectos dubido que a especie humana durase máis de tres meses". 

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    EXPLOSIÓN SOLAR

    20110216121940-1297775916-0.jpg

    Imaxe captada polo observatorio SDO / NASA

    O observatorio da NASA SDO (Solar Dynamics Observatory), sigue recollendo espectáculares imaxes da nosa estrela: O Sol. Ás últimas fotografías amosan unha gran explosión solar que tivo lugar o pasado domingo (día 13 de febreiro).

    Aínda que os astrónomos consideran que algunhas partículas do plasma resultantes destas xigantescas laparadas chegasen ao campo magnético da Terra, indicaron que non foron perigosas

    De calquera xeito, foi unha boa ocasión para que os habitantes das rexiones polares puiedan disfrutar das auroras no ceo.

    FONTE: El Mundo

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    CONTO: O GATO

    20110220233738-angora-01-2.jpg

    Dous amigos andan pola Cañiza, provincia de Pontevedra, tomando unhos chatos de tardiña. Ao chegar á praza dille un ao outro:

    - Marcho para a casa. Faise tarde, vai frío e aínda teño que preparar unha bolsa de auga quente para metela na cama porque estas noites de friaxe non me dan quecido os pés.

    - Iso xa non se leva, dille o amigo. Ou pos calefacción, que é algo cara dende logo, ou compras un gatiño que lle chaman de Agora. É un animaliño con moito pelo, acaríñalo e faiche compaña, mantelo cunha latiña de penso ao mes e vaise contigo aos pés da cama para darche calor natural durante toda a noite. Compra o gato e déixate de botas de auga.

    Ao cabo de dúas semanas víronse na feira e o dos pés fríos estaba irrecoñecible. A cara e as mans rabuñadas de todo, algunha roupa esgarfellada, un ollo tapado cunha venda e coa apariencia de que pelexara cun xabaril no medio dun silveiro. Un nazareno, vai.

    - Pero, que che pasou? -dixo o colega. Foi ise cabrón do gato. Dixo o outro moi enfadado e mesmo soltou unha blasfemia berrando coma un poseso.

    -Pero home. Non che expliquei...?

    -Pois eu non sei como fixen. O funil no cu aínda llo din metido, pero cando botei a auga fervendo, pensei que me devoraba.

    FONTE: Almanaque Agrícola ZZ. Ano LIX

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    VELOCIDADE DE ROTACIÓN DO NÚCLEO TERRESTRE

    20110222161737-manto.png

    Capas da Terra / Imaxe:raritacomosiempre4.blogspot.com

    A revista Nature Geoscience publica un artigo onde un grupo de xeofísicos descubríu que o núcleo da Terra rota moito máis de vagar do que se pensaba previamente, afectando ao noso campo magnético.

    O citado estudo, levado a cabo polo Departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Cambridge, indica que o núcleo da Terra xira moito máis de vagar do grao anual que se pensaba, xa que en realidade a velocidade de rotación é menor dun grad cada millón de anos.

    O núcleo interno da Terra medra moi lentamente a medida que o fluído exterior vaise solidificando sobre a superficie do núcleo externo e a diferencia na velocidade hemisférica leste-oeste deste proceso queda conxelada na estructura do núcleo interno.

    Para obter estes resultados, os científicos empregaron ondas sísmicas que atravesaron o núcleo interno, 5.200 quilómetros baixo a superficie da Terra, comparándoas co tempo da viaxe das ondas reflictidas na superficie do núcleo.

    FONTE: El Mundo

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    O MOUCHO: AVE DO 2011

    20110223095450-mochuelo-portada-180.jpg

    Moucho / Imaxe:SEO/BirdLife

    A Sociedad Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife), unha entidade científica e conservacionista, elixe cada ano unha especie para chamar a atención sobre a situación de determinadas especies de aves que se atopan en perigo. Esta actividade vense realizando dende o ano 1988.

    Este ano 2011 a ave elexida é o moucho  (Athene noctua), un pequeño cazador nocturno, que atopa problemas sobre todo no mundo rural.

    Esta é a súa clasificación científica:

    Reino: Animalia
    Filo: Chordata
    Clase: Aves
    Orde: Estrixiformes
    Familia: Strigidae
    Xénero: Athene
    No hay comentarios. Comentar. Más...

    SEGREDOS DO CABALIÑO DO DEMO

    20110224095245-4707194619-5db4a9325a.jpg

    Ischnura Hastata / Imaxe: flickr.com

    Non acada os 3 cm e poucas veces afástase das charcas e lagoas onde habita, pero a Ischnura Hastata, unha variedade de libélula localizada en América, encheu nos últimos meses as páxinas de revistas científicas de todo o mundo.

    Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo, baixo a dirección do profesor Adolfo Cordero Rivera, acaba de indentificarla como a primeira especie de libélula capaz de reproducirse sen necesidade de macho. O fenómeno só se dá no arquipélago das Azores, permanecendo rodeado de enigmas que os expertos afánanse en desvelar.
    Cando as femias dunha especie reprodúcense sen necesidade do macho fálasese de partenoxénese. O fenómeno é común entre os insectos e incluso observouse nalgúns vertebrados como as lagartixas. Ata este descubrimento as libélulas figuraban como a única excepción á regra, agora so seu caso toma interés para convertirse nun dos maís complicados. La Ischnura Hastata, distribuída por toda América, amosa unha capacidade partenoxénica nas Azores, pero non no resto do continente ou  nos arquipélagos das Galápagos e no Caribe, onde tamén se localiza.

    FONTE: Faro de Vigo.

    No hay comentarios. Comentar. Más...

    CINE: OS OSCAR 2011

    20110228095612-indice.jpeg

     

    Na pasada noite celebrouse a entrega da 83 edición dos Oscar. A película gañadora foi "O discurso do Rei", un filme de Tom Hooper que narra a historia dun neno que medra eclipsado polo seu irmán maior e despreciado polo seu pai, debido á súa tartamudez inmune aos tratamentos dos logopedas máis prestixiosos. Ese pai é Jorge V, ese irmán, Eduardo VII e ese neno, Alberto Federico Arturo Jorge de Windsor, futuro Jorge VI de Inglaterra.

    Esta película tamén acaparaou as estatuiñas ao mellor director (Tom Hooper), mellor actor (Colin Firth) e mellor guión orixinal (David Seidler).

    Outros gañadores desta edición foron: Mellor actriz secundaria (Natalie Portman) por "Cisne negro", mellor actor secundario (Christian Bale) por "The Fighter", mellor actriz secundaria (Melissa Leo) por "The Fighter", mellor pelícua en fala non inglesa "Nun mundo mellor" (Dinamarca), mellor guión adaptado (Aaron Sorkin) por "A rede social", mellor película documental "Inside Job" de Charles Ferguson e Audrey Marrs, mellor curto documental "Strangers No More" de Karen Goodman e Kirk Simon, mellor montaxe (Angus Wall y Kirk Baxter) por "A rede social", mellor dirección de fotografía (Wally Pfister) por "Orixe", mellor banda sonora orixinal " A rede social" de Trent Reznor e Atticus Ros, mellor canción orixinal ("We Belong Together"), de "Toy Story 3", de Randy Newman, mellor dirección artística  (Robert Stromberg e Karen O’Hara) por "Alicia no país das marabillas", mellor deseño de vestiario (Colleen Atwood) por "Alicia no país das marabillas", mellor maquillaxe (Rick Baker and Dave Elsey) por "O home lobo", mellor son (Lora Hirschberg, Gary A. Rizzo and Ed Novick) por "Orixe", mellor montaxe de son (Richard King) por "Orixe", mellores efectos especiais (Paul Franklin, Chris Corbould, Andrew Lockley e Peter Bebb) por "Orixe", mellor película de animación ("Toy Story 3") de Lee Unkrich, mellor cortametraxe de ficción ("God of Love") de Luke Matheny, mellor corto de animación ("The Lost Thing") de Passion Pictures Australia e Oscar honorífico a Kevin Brownlow, Francis Ford Coppola, Jean-Luc Godard e Eli Wallac.

     

     

    No hay comentarios. Comentar. Más...