Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2011.

O CEO DO MES: MAIO 2011

20110424095018-caballobarnard2.jpg

Nebulosa do Cabalo / Imaxe: Astromia.com

3 de maio:Lúa Nova

10 de maio: Cuarto Crecente

17 de maio:Lúa Chea

24 de maio: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Eta-Acuáridas, actividade dende o 19 de abril ao 28 de maio, con máximo o 6 de maio. Trátase de meteoros cunha gran velocidade, producindo bólidos moi luminosos e de longas traxectorias. Eta-Lyridas, actividade dende o 3 ao 14 de maio, con máximo o 9 de maio.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: XOGADORES DE GOLF ESPECIAIS

20110502185638-golf-course.jpg

Golf / Imaxe:www.womenseffort.org

Estaban xogando ao golf Moisés, Xesucristo e un ancián. 

Moisés é o primeiro en golpear. Colle o pau, prepárase e paff: A
bola remata na auga. Pero, volvéndose cara aos seus compañeiros, di : 
 
- Non pasa nada. En efecto, colle o pau, chántao no chan e as augas sepáranse
 , tralo cal pégalle de novo á bola, que remata no buraco . 
 
Chégalle o turno de Xesucristo. Colle o pau,
prepárase e paff: A bola  tamén remata na auga.

- Non vós preocupedes -di Xesús aos seus compañeiros de xogo. Diríxese cara o estanque, empeza a camiñar sobre a auga, chega a onde está a bola flotando, pégalle de novo e... ao buraco.

Por fin, tócálle o turno ao ancián, que colle o pau, prepárase e
paff: A bola vai directa á auga, pero, xusto antes de chegar, sae un peixe e come a bola. Pero antes de que o peixe caia de novo á  auga, aparece unha gaivota que come oo peixe. Tras un curto voo, á  gaivota cáelle un raio, que a fulmina no chan, onde abre o peteiro, sae a bola e métes no buraco. 
 
Entón Xesucristo vólvese cara ao ancián e dille:

- Mira, papá, se empezas con chulerías, xo non xogo.



No hay comentarios. Comentar. Más...

MÚSICA: AKIRA MIYAGAWA

 

Akira Miyagawa  é un coñecido músico, compositor e director de orquestra xapones (1961). Aquì o tedes, cos seus alumnos interpretan unha mestura do clàsico e o popula: A sinfonìa número 5 de Beethoven  e o mambo número 5 de Pérez Prado . O resultado: Fantástico!

 


No hay comentarios. Comentar. Más...

EUCALIPTO

20110503201618-eucalyptus-globulus.jpg

Eucalipto / Imaxe:np-d.com

 Eucalipto (Eucalyptus globulus)

É unha árbore da familia das mirtáceas. Existen ao rededor de 700 especies, a maioría oriundas de Australia. En España, foi introducido en Galicia en 1860 por Frai Rosendo Salvado, misioneiro en Australia mediante un envío de sementes á súa familia en Tui, polo seu valor ornamental dado o seu grande porte.

USOS:

Empréganse as súas follas (sobre todo da especie globulus) polas súas propiedades antisépticas nas vías respiratorias. Estas son moi olorosas, ricas nun aceite esencial, cun compoñente principal: eucaliptol. Este é mucolítico, é dicir, que fuidifica as secrecións pulmonares favorecendo a súa expulsión. É antitusivo e inhibe a irritación bronquial nas bronquites agudas e crónicas. Posúe igualmente unha acción antibacteriana.

É recomendado para tratar as infeccións do aparato respiratorio, xa que o aceite esencial elimínase en gran parte, por via pulmonar, o que lle permite actuar directamente sobre a gorxa e os bronquios.

En resumo é adecuado para afeccións do aparto respiratorio: gorxa, nariz, seos nasais, gronquite e gripe, e afeccións agudas dos bronquios.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMAN PLANET

20110506120702-human-planet1.jpg

Human Planet / Imaxe: oscarvegafotografia.wordpress.com

Human planet é unha nova experiencia cinematográfica producida pola BBC e Discovery Channel, filmada en máis de 80 lugares diferentes do mundo. Unha serie que amosa como o ser humano sobrevive nos lugares máis inhóspitos do planeta, montañas, desertos, selvas e como ten que convivir cos animais para sobrevivir.

Unha viaxe apasionante na natureza, un deses documentais que che fan olvidar por uns intres a vida rutinaria e os problemas diarios, atopando a tranquilidade e o relax absoluto nalgún dos lugares máis fermosos da Terra.

Se queres ver o trailer pincha AQUÍ. Na rede tedes a posibilidade de velos 8 capítulos de que consta a serie.

Son unhas imaxes fantásticas!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

GALAXIA "GANCHO"

20110507125412-1304679907-0.jpg

No centro, a galaxia NGC 2442 / AFP/ESA/NASA

A súa forma recorda a un gancho de carne así que os astrónomos non dubidaron en bautizar á galaxia NGC 2442 con ese apodo ("Meathook Galaxy"). A espectacular imaxe foi captada polo instrumento Wide Field Imager do telescopio de la Silla (Chile). A NGC 2442 é facilmente recoñecible pola súa forma de espiral asimétrica, similar a un dobre gancho.

Na imaxe, distribuída esta semana pola Axencia Espacial Europea (ESA) e a NASA, tamén se aprecian outras galaxias próximas á NGC 2442 así como outras máis remotas.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

20110509101529-europe-day-2011-es.jpg

Hoxe celébrase o DÍA DE EUROPA. A súa orixe: O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantenimento de relacións pacíficas.

Esta propuesta, coñecida como "Declaración Schuman", é considerada co o xérmolo da creación do que actualmente é a Unión Europea.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O UNIVERSO EN 3D

20110508110306-quasares-cosmos-distante.jpg

Mapa do universo distante do proxecto BOSS no que os puntos azulados brillantes son os quásares empregados para medir o hidrógeno gasoso intergaláctico / SLOAN DIGITAL SKY SURVEY

A luz emitida por 14.000 quásares, galaxias situadas a miles de millóns de anos luz de distancia con buracos nos seus centros, foron empregados por uns científicos do proyecto Sloan Digital Sky Survey (EEUU) para trazar o mapa máis completo ata agora, en 3D, do universo de hai uns 11.000 millóns de anos, cando era moi novo. O mapa é un éxito da súa estratexia de observación e non fixo máis que empezar, xa que pensan seguir tomando datos ata 2014 e extender a súa cartografía celeste con observacións de 140.000 quásares.

Pero a investigación é moito máis ambiciosa: pretende averiguar como cambiou a taxa de expansión do universo ao longo do tempo e así axudar a aclarar algo acerca da misteriosa enerxía escura, o que se considera o descubrimento cosmolóxico máis inesperado e desafiante dos últimos 20 anos.

Os resultados deste estudo foron presentados no seguinte artigo.

Universo lejano y no tan lejano

Presentación bidimensional do mapa BOSS do universo en 3-D no que os puntos negros corresponden a galaxias relativamente cercanas e no exterior representase o hidróxeno intergaláctico a uns 10.000 millóns de anos luz (as rexións coloreadas en vermello teñen máis hidróxeno e as azuis, menos) / ANZE SLOSAR / BOSS LYMAN-ALPHA COSMOLOGY WORKING GROUP

FONTE: El País


No hay comentarios. Comentar. Más...

EUROVISIÓN 2011

20110511101324-esc11-logo-cmyk.jpg

 

O LVI Festival da Canción de Eurovision celebrarase o próximo sábado,14 de maio, en Düsseldorf , Alemaña, aínda que dende onte , día 10, e mañá, día 12, celébranse semifinais para o gran dia.

A galega Lucía Pérez  será a representante española no festival, co tema "Que me quiten lo bailao".

Paises participantes en Eurovisión 2011


Paises participantes en Eurovisión 2011

Para seguir todas as incidencias deste evento pincha AQUÍ.

Sorte para nosa representante!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TERREMOTO EN ESPAÑA: LORCA

20110512100248-infobm278.global.jpg

Onte producíronse en Lorca (Murcia) dous terremotos de magnitude 4,5 e 5,1, respectivamente, que deixaron oito víctimas (cinco homes e tres mulleres) e 120 feridos (tres deles moi graves).

Datos do terremoto:

MagnitudeMw 5.1
RegionSPAIN
Date time2011-05-11 16:47:25.0 UTC
Location37.68 N ; 1.68 W
Depth2 km
Distances59 km SW Murcia (pop 406,807 ; local time 18:47:25.4 2011-05-11)
2 km E Lorca (pop 86,119 ; local time 18:47:25.4 2011-05-11)
[foto de la noticia]

Pero, sabes como se produce un terremoto?  Como se miden? Que é a magnitude dun terremoto? E a intensidade? No seguinte gráfico interactivo do xornal El País, podes obter a contestación a esas preguntas, pinchando AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAPA DE LAVA EN IO

20110513115847-280px-iosurface-gal.jpg

Imaxe de Ío na súa cor verdadeira observada pola Sonda Galileo/Wikipedia

Unha vestigación dirixida por científicos das Universidades UCLA, UC Santa Cruz e Michigan-Ann Arbor e  publicada pola revista Science  confirman a existencia dunha capa de lava en Io, a lúa volcánica de Xúpiter.

Grazas á nave espacial da NASA, Galileo , que empezou a orbitar arredor de Xúpiter en 1995, descubríuse un océano de lava líquida, ou parcialmente líquida, debaixo da superficie de Io, a lúa volcánica de Xúpiter. A capa de lava oceánica sería de polo menos 50 quilómetros de espesor, máis do 10% do volume do manto da Lúa. A temperatura da lava oceánica superaría os 1.200 graos centígrados.

A misión espacial Galileo foi unha misión ao planeta Xúpiter que constaba dun orbitador e dunha sonda. A misión foi lanzada o 18 de outubro de 1989. A sonda penetrou na atmosfera de Xúpiter o 7 de decembro de 1995 sumerxéndose uns 200 km no interior da atmósfera ata ser destruída polas altas presións e temperaturas pero transmitindo importantes datos da composición química e da actividade meteorolóxica de Xúpiter. O orbitador permaneceu operativo recopilando datos científicos da atmósfera de Xúpiter, o seu campo magnético, sistema de aneis e dos principais satélites como Ío e Europa ata a fin da misión no 2003. 

No hay comentarios. Comentar. Más...

AZAFRÁN

20110516135058-azafran.jpg

 Azafrán / Imaxe:mujer.name

O azafrán é unha especia que se obtén da planta Crocus sativus , con flores cor lila, chamadas comunmente rosa de azafrán. Destas flores xurden tres estigmas (as hebras de azafrán). O azafrán é un híbrido, polo tanto as súas flores son estériles e non producen sementes, sendo o seu único medio de propagación polos seus bulbos (cebola de azarán).

O azafrán é a especia máis cara do mundo, rondando os 3.000 € o quilo. Por certo, para a obtención de só 1 quilo de estigmas precísanse cerca de 100.000 flores.

USOS:

Deixando a un lado as súas propiedades como colorante e aromatizante para a comida (grazas a un tinte chamado crocin, que lle dá á comida unha cor amarelo- dourado),  o azafrán é eficaz para mellorar o apetito, evitar náuseas, contra a depresión e ansiedade, en aplicación externa en molestias da dentición, combate a tos, mitiga os cólicos e o insomnio, contribuíndo a remediar numerosos desarreglos dos ovarios, tendo un efecto beneficioso sobre enfermidades do corazón, propiedades antitumorales, etc.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

20110517101014-lois-pereiro.jpg

Lois Pereiro / Imaxe:publico.es

Hoxe celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado neste ano a LOIS PEREIRO.

Lopis Pereiro naceu o 16 de febreiro de 1958 en Monforte de Lemos, sendo un dos referentes da poesía contemporánea galega. O seu primeiro libro Poemas 1981-1991 (Edicións Positivas) convertíao "no clásico que ten a literatura galega sen sabelo", segundo Manuel Rivas.

Durante a súa mocidade gaña o premio de poesía 0 Facho e participa nos dous libros colectivos colectivos De amor e desamor (Edicións do Castro, 1984 e 1985). En 1994 escribiu Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positivas, 1995), considerado un dos máis duros e descarnados da literatura galega. Morreu o 24 de maio de 1996 na Coruña, debido á intoxicación por aceite de colza que sufríu nos anos oitenta. Foi enterrado no cemiterio de Santa Cristina do Viso.

Para un coñecemento máis profundo da súa vida e obra pincha AQUÍ.

 

Homenaxeados no Día das Letras Galegas
2011 - Lois Pereiro
2010 - Uxío Novoneyra
2009 - Ramón Piñeiro
2008 - X. Mª Álvarez Blázquez
2007 - María Mariño
2006 - Manuel Lugrís Freire
2005 - Lorenzo Varela
2004 - X. Lorenzo Fernández
2003 - Avilés de Taramancos
2002 - Frei Martín Sarmiento
2001 - Eladio Rodríguez
2000 - Manuel Murguía
1999 - Roberto Blanco Torres
1998 - Martín Códax, Mendinho e Johan de Cangas (Poetas Medievais da ría de Vigo)
1997 - Ánxel Fole
1996 - Xesús Ferro Couselo
1995 - Rafael Dieste
1994 - Luís Seoane
1993 - Eduardo Blanco Amor
1992 - Fermín Bouza Brey
1991 - Álvaro Cunqueiro Mora
1990 - Luís Pimentel
1989 - Celso Emilio Ferreiro
1988 - Ramón Otero Pedrayo
1987 – F. Herrera Garrido
1986 – A. Iglesia Alvariño
1985 - Antón Losada Diéguez
1984 – A. Cotarelo Valledor
1983 - Manuel Leiras Pulpeiro
1982 - Luís Amado Carballo
1981 - Vicente Martínez Risco
1980 - Alfonso X o Sabio
1979 - Manuel Antonio
1978 - Antonio López Ferreiro
1977 - Antón Villar Ponte
1976 - Ramón Cabanillas
1975 - X. M. Pintos Villar
1974 - Xoán Vicente Viqueira
1973 - Manuel Lago González
1972 - V. Lamas Carvajal
1971 - Gonzalo López Abente
1970 - M. Valladares Núñez
1969 - Antonio Noriega Varela
1968 - F. López Cuevillas
1967 - Manuel Curros Enríquez
1966 - Francisco Añón
1965 - Eduardo Pondal
1964 - Castelao
1963 - Rosalía de Castro
No hay comentarios. Comentar. Más...

OTANTHUS MARÍTIMUS

20110517113809-otanthus-maritimum.14.10.2010-9773.a.jpg

Fermoso exemplar de Otanthus maritimum na praia de Camposancos / Imaxe: ANABAM

Otanthus marítimus é o nome científico da carrasca de San Xoan ou algodonosa, unha planta pertencente á categoría de plantas de dunas e areais.

É unha planta perenne provista de numerosos talos subterráneos horizontais dos que xurden talos verticais de ata 50 cm de altura e cunha cor blanqueciña ao estar cubertos os seus talos e follas dun denso tomento aterciopelado. Talos ascendentes e leñosos na base. As follas son alternas, enteiras ou crenuladas, sésiles e cun limbo oblongo a oblongo-lanceolado de 5 a 17 mm. Flores hermafroditas, dispostas en capítulos globosos de 8 a 10 mm de ancho e rodeados de numerosas brácteas involucrais de 4-5 mm, as externas lanosas e as interiores glabras, pero co ápice lanoso. Corola tubular, amarela, de ata 4 mm de lonxitude e tubo de ata 2,5 mm. Cinco estames de anteras connadas que forman un tubo rodeando o estilo. O ovario é ínfero, unilocular e ten un só primordio seminal; estilo único con dous estigmas. O froito é un aquenio ovoide de ata 4 mm, curvado e glanduloso na base. Florece de xuño a setembro.

A asociación ANABAM iniciou no no 2001 na praia de Camposancos o PROXECTO OTANTHUS coa finalidade de recuperar esta planta. Tras varios intentos por recuperala, con plantación de milleiros de sementes, ducias de plantóns, etc., o resultado non chegaría ata que uns poucos exemplares dos que foron transplantados, procedentes das veciñas praias do outro lado do Miño, conseguiron sobrevivir. A partir do ano 2003, un ano despois de que algúns dos exemplares plantados continuasen na zona, as expectativas de recuperación da especie aumentaron considerablemente. Ese mesmo ano 2003 realizáronse as últimas plantacións desta especie.

O P.E.S. (Plan Especial de Seguemento) deste ano, que leva a cabo esta asociación, co censo  de Otanthus maritimus, deu como resultado a existencia de 19 pes, repartidos do seguinte xeito: 13 exemplares na praia do Puntal e 6 na do Forte. Isto supón un descenso do 27 % de exemplares con respecto ao último censo, efectuado no pasado mes de setembro, polo que nos acercamos á cifra crítica que había ata o ano 2001, que era duns 12 exemplares.

Lembremos que no ano 2009 había preto de medio cento, polo que en dous anos produciuse un notable descenso. As causas foron principalmente naturais, sobre todo debido ás enchentas do río que afectaron moi negativamente á superficie da praia de Campoancos.

Todos podemos colaborar: Dado no lugar que se atopan, na desembocadura do Miño, cando vaiamos á praia non os estraguemos, evitando pisotealos. 

FONTE: Anabam e Asrurnatura

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS 2011: COMUNICACIÓN E HUMANIDADES

20110518195205-royalsociety1.jpg

The Royal Society, unha das sociedades científicas máis antigas do mundo cos seus 350 anos de existencia, foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2011.

Con este fallo, feito publico en Oviedo, o xurado quixo recoñecer o traballo de divulgación cientifica e apoio aos investigadores que durante varios séculos ven de realizar esta institución británica, na que participaron científicos como Charles Darwin, Benjamin Franklin, Isaac Newton ou Christiaan Huygens.

A "Royal Society of London for Improving Natural Knowledge", na súa denominación completa, considérase que foi creada en 1660, aínda que dende algúns anos antes xa existía un grupo de cientificos que periódicamentes xuntábanse para falar das súas investigacións.

Dende as súas orixes é unha institución privada e independente, pero fai a función de Academia Nacional de Ciencias no Reino Unido e é membro do Consello Científico Británico, un equivalente ao Consello Superior de Invsetigacións Ciencíticas (CSIC) en España.

Na actualidade conta cuns 1.500 membros, entre os que hai máis de 70 premios Nobel.

O galardón está dotado con 50.000 euros, a escultura creada e donada expresamente por Joan Miró para estes galardóns, un diploma e unha insignia acreditativa.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

PIRATAS DO CARIBE IV: EN MAREAS MISTERIOSAS

20110517121838-piratas-del-caribe-en-mareas-misteriosas-9268.jpg

 

Hoxe venres, chega aos cines a cuarta entrega da saga "Piratas do Caribe", co título PIRATDAS DO CARIBE: EN MAREAS MISTERIOSAS. Esta é a súa ficha técnica:

Título Orixinal: "Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides"
Xénero: Acción e venturas
País e Ano: EE.UU. - 2011
Productora: Walt Disney Pictures
Dirección: Rob Marshall
Guión: Terry Rossio e Ted Elliot
Reparto principal:
Johnny Depp, Ian McShane, Astrid Berges Frisbey, oscar Jaenada, Stephen Graham, penélope Cruz, Geoffrey Rush, Gemma Ward, Sam Claflin e Kevin McNally
Fotografía: Dariusz Wolski
Música: Hans Zimmer
Duración: 141 min

Sinopse: Johnny Depp regresa ao seu lexendario papel del Capitán Jack Sparrow nun conto repleto de acción sobre a verdade, a traición, a xuventude e a desaparición. Cando Jack crúzase cunha muller do seu pasado (Penélope Cruz), non está moi seguro de se se trata de amor ou se ela é unha estafadora sen escrúpulos que o está utilizando para atopar a lexendaria Fonte da Xuventude. Jack é capturado polo Queen Anne’s Revenge, o barco do temible pirata Barbanegra (Ian McShane). Fórzano a unirse a eles e vivirá unha inesperada aventura na que non sabe quen lle inspira máis medo: Barbanegra ou a muller do seu pasado.

Que disfrutedes dela!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

TORMENTA EN SATURNO

20110520090714-1305808138-0.jpg

Tormenta en Saturno / ESO

A pesar da apacible imaxe que transmite o planeta máis chamativo do Sistema Solar, Saturno, a realidade é que unha vez ao ano no seu interior prodúcese algo parecido a unha "revolución". Ao estrearse a primavera no hemisferio norte, algo revólvese nas nubes desembocando nunha importante tormenta.

Non é a primera vez que se detectan estas xigantescas tormentas. De feito, o primeiro rexistro deste fenómeno remóntase a 1876. Nos últimos 200 anos emeitíronse unhas dúas ducias de informes nos que se fala de manchas na superficie de Saturno.

Nun estudo publicado na revista "Science" , explícase a orixe desta nova mancha, ao sinalar que "a tormenta xenerou a xigantesca, violenta e complexa erupción de material, que se  propagou rodeando o planeta enteiro". É dicir, que o que ao principio era unha pequena mancha branca, agora é unha enorme mancha, resultado dunha tormenta ocurrida no xigantesco planeta.

A orixe da tormenta atopase no interior das nubes de auga. Foi alí onde unha masa de gas foise facendo camiño ata traspasar a habitualmente pacífica atmosfera "saturniana".

Este fenómeno foi observado pola nave espacial da NASA "Cassini" e por astrónomos afeccionados. Gracias á cámara de infravermellos instalada nun telescopio do Observatorio Europeo Austral e, aos datos aportados polo espectrómetro, os científicos van a poder analizar a impresionante tormenta en profundidade.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

MOVEMENTO 15-M

20110522095647-reflexion-15-m.jpg

Nos últimos días é comentario en periódicos e noticiarios a aparición dun movemento chamado 15-M. Din ser un movemento de carácter pacífico, e apolítico, é dicir que non representan a ningún partido, senón que son cidadáns normais que se queixan polo que está acontecendo na nosa sociedade actual, dende a crise económica ata a situación política, que moitos xa denominan como "crise política".

Dende un punto de vista sociolóxico observamos que esto é algo atípico, non é frecuente que as persoas se concentren en grandes masas para protestar polo antedito, e moito menos que o fagan sin representar a ningún partido.

Agora ben, analicemos. Por un lado encontramos un clima de malestar económico, onde hai millóns de parados que non poden atopar un emprego, e o único que observan é que os partidos políticos tan só se "tiran os trastos á cabeza". Todo este contexto o que provoca é un sentimento de frustración nas persoas. Por outro lado atopamos que todas esas persoas non saben que facer co seu voto hoxe, domingo 22 de maio, polo que chaman ao resto dos cidadáns á abstención.

Sexan os resultados que sexan hoxe á noite, os partidos teñen que tomar moi boa "nota" desta situación, cambiando a súa forma de actuar e "poñéndose a traballar" en serio sobre a problemática da mocidade: as xeracións mellor preparadas que seguen a estar perdidas.

A esta situación vaille como pintado a tira de Pinto&Chinto que tedes arriba e o artigo de opinión (ámbolos dous publicados onte polo xornal La Voz de Galicia), do columnista Cesar Casal, titulado: ¿Aún siguen con la boca abierta?:

Pues ciérrenla. Si quieren explicación para lo que sucede en las plazas de España, miren en sus familias. Seguro que tienen algún caso a mano. La Voz lo publicó otra vez el 2 de abril pasado. El desempleo juvenil alcanza en España su mayor tasa en 16 años. El 43,5 por ciento de los jóvenes que desean trabajar no hallan ocupación. Peor todavía. España, escribía con acierto mi compañero Juan Oliver, «tiene la tasa de paro juvenil más alta de los Veintisiete y representa más del doble que la de Francia y el Reino Unido». Hay más: «Multiplica por 1,5 la de Italia y por ¡5,5! la de Alemania». Las exclamaciones son mías. Y añado que tenemos quince puntos más de jóvenes sin mañana que Irlanda, Eslovaquia o Chequia. ¿Adónde vamos así? A ninguna parte. Pero les dejo con El Loco de la Colina, que me acaba de poner los pelos de punta: «Quieren que abandonemos la lucha. Que nos hagamos mayores. Que dejemos de soñar el sueño de ser buenos y felices. Que nos entreguemos. Nuestra insistencia en la utopía les molesta, porque, en el fondo, saben que no hay razón ni divina ni humana que justifique la abundancia de unos frente a la miseria de otros». Amén.

No hay comentarios. Comentar. Más...

VOLCÁN GRIMSVÖTN

20110522110736-erupcion-grimsvotn2.jpg

Fotografía da erupción del Grímsvötn de 2004 (Autor: Freysteinn Sigmundsson, del Nordic Volcanological Center).

O volcán Grimsvötn entrou onte en erupción en Islandia. Os xeólogos observaron o inicio da erupción do volcán, situado no sur da illa, cunha enorme nube branca que se podía ver a quilómetros de distancia e cunha altura de 19 quilómetros, sendo probablemente vapor de auga que se formou polo derretimiento do glaciar. 

Grimsvötn é un dos volcáns máis activos da illa. Preventivamente emitíuse unha prohibición de voo nun radio de 200 quilómetros do volcán.

Tras un voo de observación, informouse que se detectaron cinzas a uns sete quilómetros de altura. Tendo en conta os ventos predominantes, estímase que a nube se desprazará en dirección a Escandinavia e que o resto de Europa probablemente non se vexa afectado. Esperemos que non cause trastornos no tráfico aéreo como o fixera no 2010 o Eyjafjalla, tamén situado en Islandia, pois Eurocontrol, confirmou que a cinsa procedente do volcán podería chegar ao norte de España o próximo xoves se a erupción se mantén como ata agora.

A última vez que o volcán Grimsvötn entrou en erupción foi no ano 2004.

No hay comentarios. Comentar. Más...

FENÓMENO NA GALAXIA CENTAURO A

20110524082727-combinacion-galactica.jpg

Na galaxia Centauro A aprécianse os dous chorros e os lóbulos cando se combinan as imaxes tomadas en diferentes lonxitudes de onda, dende raios X ata radio, pasando pola luz visible e microondas / ESO/WFI/MPIFR/APEX/NASA/CXC/CfA/WEISS/KRAFT

A galaxia Centauro A (NGC 5128) está a uns 12 millóns de anos luz da Terra e ten un burato negro cunha masa aproximada de 55 millóns de soles a partir do que saen proxectados dous chorros de partículas, de materia que sae disparada a un tercio da velocidade da luz. O mecanismo que orixinan estes chorros non están claros, pero agora un equipo de astrónomos obtiveron as imaxes deles con maior detalle feitas ata agora, o que debe axudar a explicar o fenómeno. Fixéronse as observacións con radiotelescopios, en concreto sincronizando os rexistros de nove antenas situadas en Australia, Suramérica, Suráfrica e a Antártida.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROXECTO E-GAS

20110524162838-1.jpg

Audi acaba de presentar o proxecto e-gas, unha proposta que interconecta os muiños de vento (aeroxeradores) co coche e a vivenda e permite obter un combustible limpo, xenerado a partir de enerxías renovables. A idea é aproveitar a electricidade producida polos muiños para obter hidróxeno e, con el, metano. Este gas, que é o compoñente maioritario do gas natural, poderá utilizarse para o depósito do vehículo e tamén para a calefacción da casa, con emisións moi inferiores ás da gasolina e o gasóleo.

Este sistema de conexión servirá, tamén, para almacear electricidade, aínda que en forma de gas, que se verterá á rede de suministro e estará dispoñible cando se necesite. Non é tan limpo como a propia electricidade, porque xenera emisións ao empregalo, pero permite recoller os excedentes de enerxía que se xeneran nos momentos de fortes correntes de vento. En Alemaña, a capacidade de almaceamento da rede eléctrica é de só 0,04 TWh (tera vatios hora), pero a do gas ten unha capacidade potencial de ata 217 TWh.

Tras tres anos de investigación, o proxecto e-gas vai camiño de convertirse nunha realidade. O fabricante alemán está contribuíndo á construcción de muínos de vento no Mar do Norte, que é unha das zonas xeográficas con maior producción eólica do mundo. Vanse instalar catro turbinas eólicas, cada unha cunha potencia de 3,6 MW (mega vatios), e estímase que aportarán ao ano 53 GWh (xiga vatios hora), o equivalente ás necesidades enerxéticas dunha cidade media.

Parte da electricidade volcarase directamente á rede e parte utilizarase para producir hidróxeno (H2) mediante electrólise, extraendo e separando o hidróxeno e o osíxeno que forman a auga (H2O).

De la electricidad al hidrógeno 
Outra das ventaxas do proxecto é a súa versatilidade de uso. Nun primeiro paso,  utilizarase o metano para os coches e as vivendas. Aínda que a longo prazo, cando os vehículos eléctricos e de células de combustible se xeneralicen, poderase empregar directamente a electricidade e o hidróxeno nestes modelos. De momento, Audi anunciou que no 2013 empezará a producir en serie modelos que podan funcionar con metano, denominados TCNG (Turbo Compressed Natural Gas).

Del hidrógeno al metano 
O próximo xullo iniciarase en Werlte, Alemaña, a construcción dunha factoría de e-gas que producirá hidróxeno e metano a escala industrial. Estará conectada a outra planta que obtén biogás a partir de resíduos, e que aportará a concentración de CO2 necesaria para xenerar metano a partir de hidróxeno. Así, este CO2 non se emitirá á atmosfera. Este proceso coñécese como reacción Sabatier, e xenera auga como producto residual. O CO2 pode collerse tamén do ambiente, aínda que con maior custe e complexidade técnica.

A planta producirá ao ano 1.000 toneladas métricas de e-gas, para  o que consumirá 2.800 toneladas métricas de CO2. Según os datos preliminares, esta planta podrerá alimentar a 1.000 coches eléctricos que recorrerán 10.000 quilómetros ao ano, e a 1.500 de e-gas que circulen 15.000 quilómetros.  

Aínda que a composición do gas natural varía segundo o país, en España está formado, de media, por un 86% de metano (CH4) e un 12% de etano (C2H6), principalmente. Véndese por quilos e custa hoxe en día 1,013 euros/quilo. En automoción denomínase CNG (Compressed Natural Gas).

O CNG é distinto doutro gas que se usa tamén como combustible para vehículos e é máis popular: o GLP ou gas licuado de petróleo, composto, en promedio, dun 70% de butano (C4H10) e un 30% de propano (C3H8). Esta é a composición, por exemplo, do Autogas que suministra Repsol nas súas estacións de servizo. Véndese por litros e actualmente sae a 0,72 euros/litro.

Estes dous gases ofrecen unhas emisións inferiores ás da gasolina (C8H18) e ao  gasóleo (C12H26), tanto de CO2 como doutros elementos como partículas (PM) e óxidos de nitróxeno (NOx), que empeoran a calidade do aire nas cidades. E son máis limpos porque, como se aprecia nas súas fórmulas químicas, teñen menos cadeas carbónicas.

A grandes rasgos, os coches de gasolina emiten máis CO2 que os de gasóleo, pero bastante menos partículas e NOx.  O GLP produce, aproximadamente, un 10% menos CO2 que o gasóleo, un 68% menos NOx e ata un 99% menos partículas. O CNG é aínda máis limpio, acada case un 20% de reducción de CO2 frente ao gasóleo en prácticamente no bota ao ambiente NOa nin partículas.

Segundo Audi, un A3 alimentado con e-gas tería unhas emisións medias de CO2 inferiores a 30 gramos por quilómetro. E sinalan que estas emisións serían de ciclo completo, é dicir, que estarían incluídas tamén as xeneradas na construcción dos muíños e a planta. Un coche eléctrico alimentado con electricidade procedente dunha fonte renovable emitiría uns catro gramos de CO2 por quilómetro, tamén en ciclo completo.

O proxecto e-gas presentousese en sociedade en Hamburgo, nomeada Capital Verde de 2011, os pasados días 12 e 13 de maio. É unha alternativa prometedora para países que conten cunha ampla rede de xeneradores eólicos, como España.

A ratio de eficiencia actual é do 54%, aínda que o obxectivo é acadar o 60%, entre outras cousas, aproveitando a calor disipada en cada un dos procesos.

FONTE: El País

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

BANDEIRAS AZUIS 2011

20110525191952-bandera-azul-del-2007-400x300.jpg

A presenza dunha Bandeira Azul nunha praia recoñece e estimula o esforzo dalgunhas comunidades locais por conseguir que dita praia cumpra determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridad, así como, que conte cunha información e xestión ambiental adecuadas.

España obtivo 603 bandeiras azuis en 2011 manténdose á cabeza dos 36 países, o que significa que unha de cada seis bandeiras das 3.554 concedidas ondearán en España.

A nosa comunidade, Galicia, obtivo 130 bandeiras, situándose á cabeza de España. Pontevedra obtivo 51 bandeiras. A Guarda mantén as 2 bandeiras do ano pasado: O Muíño e a Area Grande.

Se queres coñecer o listado completo das praias con bandeira azul pincha AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN 2011

20110526164533-10641-la-neurobiologia-comparte-el-premio-principe-de-asturias.jpg

 Por orde de esquerda a dereita: Arturo Álvarez-Buylla, Joseph Altman e Giacomo Rizzolatti. Premio Príncipe de Asturias de investigación e Técnica 2011 / Imaxe:europapress.es 

Os neurocientíficos Joseph Altman (EEUU,1925), Arturo Álvarez-Buylla (México, 1958) e Giacomo Rizzolatti (Ucrania,1937) foron galardoados co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2011.

Estes tres científicos son considerados referentes mundiais da neuroloxía por proporcionar probas sólidas para a rexeneración de neuronas en cerebros adultos (neuroxénese), e polo descubrimento das chamadas neuronas espello.

As súas investigacións abriron esperanzadoras vías a unha nova xeración de tratamentos para combatir enfermidades neurodexenerativas ou asociadas ao cerebro, como o Alzheimer, o Parkinson ou o autismo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANOMALOCÁRIDO

20110526100148-1306325928-extras-portadilla-0.jpg

O anomalocárido atopado tería un aspecto similar ao da imaxe / Nature

Un equipo de paleontólogos (Perter Van Roy, da Universidade de Ghent e o seu equipo) descubríu un grupo de criaturas, extintas dende haci centos de millóns de anos, que chegaron a acadar tamaños insospeitados ata agora e que sobreviviron á extinción que houbo ao remate do Cámbrico, unha era xeolóxica na que a vida aínda non saíra dos océanos.

Trátase dun novo anomalocárido, de máis dun metro de longitude, atopado en Fezouata, no sueste de Marrocos, nunha rica rexión fosilera, e que viviron 30 millóns de anos despois de cando se suponía que tivera lugar a súa extinción.

Fósil del anomalocárido encontrado en Marruecos. |Nature

                                        Fósil do anomalocárido atopado en Marrocos / Nature

Os estraños anomalocáridos, do grupo que deu lugar aos artrópodos, que nos lembra ao calamar polo seu aspecto, estendéronse polo planeta coa explosión de vida mariña do Cámbrico, hai entre 540 e 500 millóns de anos. Tiñan os ollos saltóns e dous membros dianteiros cheos de espiñas, que seguro que utilizaron para coller ás súas presas ye levalas á boca. Tamén tiñan un par de aletas que usaban para nadar.
Ata agora pensábase que o grupo desaparecera coa primeira gran extinción na Terra, ao final do Cámbrico, pero non foi así. Viviron tamén a comenzos do Ordovícico, ao menos 30 millóns de anos máis.
Segundo o citado investigador, os anomalocáridos descubertos son sen dúbida os depredadores carnívoros máis grandes que existiron ata ese momento.
No hay comentarios. Comentar. Más...

É O GALEGO UNHA LINGUA MINORITARIA?

 

Remata o mes de maio, o mes das Letras Galegas. Pero, realmente aportou algo para o noso idioma? Ou só se quedou nun acto conmemorativo e non reivindicativo?

Entre os detractores do uso do galego están os que din que é unha lingua minoritaria, que non serve para nada, que o que importa é saber inglés. Para eles especialmente e para todos, en xeral, aquí tedes este vídeo que non ten desperdicio.

Valoremos o noso, a nosa cultura, o noso idioma, a nosa riqueza!

No hay comentarios. Comentar. Más...